Fran Vázquez

Francisco Vázquez González, coñecido habitualmente como Fran Vázquez, nado en Saramagal (Veascós, Carballedo, Lugo) o 1 de maio de 1983, é un xogador profesional de baloncesto galego. Actualmente milita no Tecnyconta Zaragoza da [[Liga ACB. É un pivote ou ala-pivote con grande mobilidade, a pesar de medir 2,09 metros. A potencia de salto, o acerto nos lanzamentos desde fóra da zona, os mates e, sobre todo os tapóns, son as súas principais virtudes.

Fran Vázquez
Estudiantes vs Unicaja Málaga - Fran Vázquez - 01
Tecnyconta Zaragoza  – No. 17
Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de maio de 1983 (36 anos)
Galicia Saramagal, Galiza
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Canteira Chantada (Breogán)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Orlando Magic
Carreira 2001−presente
Historial de equipos
Unicaja Málaga (2001−2005)
Bilbao Basket (2002−2003)
Auna Gran Canaria (2003-−2004)
Akasvayu Girona (2005−2006)
FC Barcelona (2006−2012)
Unicaja Málaga (2012−2016)
Iberostar Tenerife (2016−2018)
Tecnyconta Zaragoza (2018−presente)
Premios e galardóns
Euroliga (2010)
Liga ACB (2009)
Copa do Rei (2005, 2007, 2010)
MVP Copa do Rei (2010)
1× Supercopa ACB (2010)

Traxectoria

Estudou no Grupo Escolar da Barrela e aos 13 anos foi para Chantada, onde comezou a súa vida deportiva como porteiro do equipo de fútbol das categorías inferiores do Chantada. Ao cabo dun tempo, deixa a práctica do fútbol e decántase polo baloncesto, dado o seu impoñente físico. Logo de comezar no deporte da canastra nas escolas deportivas do seu concello, no 1999 vai vivir e instruírse á desaparecida residencia de rendemento deportivo Siglo XXI, en Lugo.

Alí é observado polos observadores do Unicaja, os que tempo despois levaríano para Málaga. Dende equipos filiais do Unicaja, foi cedido durante un ano (temporada 2003-2004) ao Auna Gran Canaria. Neste equipo comezou a despuntar como xogador profesional, o cal propiciou que o seu equipo de orixe o chamase de volta. De novo na escuadra malagueña, conquistou con Unicaja a Copa do Rei de Baloncesto 2005 ante o Joventut de Badalona.

No verán do 2005 acudiu ao Draft da NBA, sendo seleccionado por Orlando Magic na primeira rolda no posto número 11. Esta era, pois, a segunda mellor posición que lograba un xogador peninsular neste evento, superado soamente polo catalán Pau Gasol, elixido no posto número 3 no ano 2002. Mais Vázquez renunciou á liga estadounidense para fichar polo club catalán Akasvayu Girona, sendo, xunto con Raúl López, a incorporación estrela para o curso baloncestístico 2005-2006. Tras unha temporada pouco gloriosa neste equipo, o chantadino pasou a formar parte do cadro de xogadores do Futbol Club Barcelona, onde conseguiu gañar a Copa do Rei en febreiro de 2007 ante o Real Madrid.

O 7 de xaneiro do 2007 pasou a formar parte da historia da ACB, ao conseguir o record de tapóns nun mesmo partido, nada menos que 12, ademais de conseguir un triplo-dobre nese mesmo partido, é dicir, tivo máis de 10 en tres apartados diferentes: puntos, rexeites e tapóns. Foi internacional coa selección de baloncesto de España, quedando fóra do cadro campión do mundo por mor dunha lesión pouco antes da disputa do campionato, como xa lle sucedera a Jose Calderón, cando non puidera xogar cos "Júniors de Ouro" o europeo de Lisboa'99, cando España quedara campioa.

Foi requirido polos Orlando Magic para xogar con eles na tempada 2008-2009, catro anos máis tarde de ser elixido no Draft da NBA, para formar parella de xogo interior co pivote americano Dwight Howard, o último campión do concurso de mates da NBA, logo de que xa se dera por perdida a súa oportunidade de atravesar o charco para iniciar o soño americano. Con todo decidiu ficar no Barça, conseguindo no 2010 a Euroliga.[1]

Notas

  1. O Barça logra a súa segunda Euroliga tras derrotar ao Olympiacos por 86-68[Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andray Blatche

Andray Maurice Blatche, nado o 22 de agosto de 1986 en Syracuse, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Andrew Bogut

Andrew Michael Bogut, nado o 28 de novembro de 1984 en Melbourne, Victoria, é un xogador de baloncesto australiano que na actualidade xoga nos Sydney Kings da National Basketball League australiana. É fillo de croatas emigrantes a Australia. Mide 2,13 metros e xoga de pivote.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Danny Granger

Danny Granger Jr., nado o 20 de abril de 1983 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou dez tempadas na National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 m e xogaba na posición de ala.

Francisco García (baloncestista)

Francisco Alberto García, nado o 31 de decembro de 1981 en Santo Domingo, é un xogador dominicano de baloncesto profesional que é axente libre.

Francisco Vázquez

O nome de Francisco Vázquez pode referirse a:

Francisco Vázquez de Coronado, conquistador castelán (1510-1554).

Francisco Vázquez Enríquez, avogado e político galego, alcalde de Santiago de Compostela (finado en 1951).

Francisco Vázquez Saco, eclesiástico e escritor galego (1897-1962).

Francisco Vázquez Díaz, Compostela, escultor galego (1898-1988).

Francisco Vázquez Vázquez, político galego alcalde da Coruña (n. 1946).

Francisco Vázquez Chantada, profesor e escritor galego (n. 1956).

Francisco Jaime Vázquez Díaz, político galego alcalde de Montederramo (1956-2010).

Francisco Vázquez González, xogador de baloncesto galego, máis coñecido como Fran Vázquez (n. 1983).

Fútbol Club Barcelona (baloncesto)

O Futbol Club Barcelona é un equipo profesional de baloncesto que actualmente xoga na liga ACB. Sección de baloncesto do Futbol Club Barcelona, foi fundada en 1926, polo que é o equipo máis antigo da competición. O Barça xoga os seus encontros como local no Palau Blaugrana, sendo o seu actual presidente Josep Maria Bartomeu.

É o segundo club de España en baloncesto en número de títulos conseguidos, e un dos de maior prestixio de Europa. O equipo viviu os seus mellores anos nas décadas de 1980 e 1990, pero o seu maior éxito, a Euroliga, conseguiuno en 2003 e 2010. Ademais dun total de 7 títulos europeos, gañou dezaoito ligas e vinte e tres Copas do Rei.

Joey Graham

Joseph "Joey" Graham, nado o 11 de xuño de 1982 en Wilmington, Delaware, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga ACB 2013-14

A tempada 2013-14 da Liga ACB foi a 31ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 12 outubro de 2013, e rematou o 25 de maio de 2014. Os playoffs comezaron o 29 de maio de 2014 e remataron o 26 de xuño de 2014.

Marcin Gortat

Marcin Janusz Gortat, nado o 17 de febreiro de 1984 en Łódź, é un xogador profesional de baloncesto polaco que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Marvin Williams

Marvin Gaye Williams, Jr., nado o 19 de xuño de 1986 en Bremerton, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA).

Ronny Turiaf

Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que é axente libre.

Saramagal, Veascós, Carballedo

Saramagal é un lugar da parroquia de Veascós, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 23 habitantes (12 mulleres e 11 homes).

En Saramagal naceu o xogador de baloncesto Fran Vázquez.

Selección de baloncesto de España

A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.

A Selección española está considerada, no ano 2006, a terceira mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só están as seleccións de Estados Unidos e Arxentina.

A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.

A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.

O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.

A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006.

O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.

Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.

A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.

Selección de baloncesto de Galicia

A selección galega de baloncesto é o equipo de básquet formado por xogadores galegos, e que compite a nivel internacional, independentemente de que o faga ou non contra outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIBA.

Travis Diener

Travis Lyle Diener, nado o 1 de marzo de 1982 en Fond du Lac, Wisconsin, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Wayne Simien

Wayne Anthony Simien, Jr., nado o 9 de marzo de 1983 en Leavenworth, Kansas, é un ex-xogador americano de baloncesto profesional. Foi membro dos Miami Heat que conseguiron o seu primeiro campionato da NBA na tempada 2005-06.

Álex Abrines

Alejandro "Álex" Abrines Redondo, nado en Palma o 1 de agosto de 1993, é un xogador profesional de baloncesto balear, que xoga para o FC Barcelona da Liga ACB . Cunha estatura de 1,98 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.

Primeira Rolda
Segunda Rolda

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.