François Rabelais

François Rabelais nado en La Devinière, preto de Chinon, cara a 1494 e finado en París o 9 de abril do 1553, foi un médico e escritor francés, humanista do Renacemento. Rabelais renovou, á luz do pensamento antigo, o ideal filosófico e moral do seu tempo. A súa obra foi incluída no Index Librorum Prohibitorum.

François Rabelais
Francois Rabelais - Portrait
François Rabelais
AlcumeAlcofribas Nasier e Seraphin Calobarsy
Nacemento1494
 Seuilly
Falecemento9 de abril de 1553
 París
SoterradoParís
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Montpellier e Universidade de Poitiers
Ocupaciónescritor, médico escritor, monxe e novelista
PaiAntoine Rabelais
Coñecido/a porAbbaye de Thélème e Pantagruel

Traxectoria

François Rabelais era fillo de Antoine Rabelais, senescal de Lerné e avogado. A data do seu nacemento é moi controvertida, algúns preferíndolle o ano 1483 ao ano 1494. Recibiu unha formación de Teoloxía. Máis tarde, Rabelais incorporouse ao convento franciscano do Puy-Saint-Martin en Fontenay-le-Comte, converténdose en monxe en outubro de 1520. Manifesta moi pronto unha curiosidade humanista. Pedro Lamy iníciao aos estudos gregos e anímao a escribir a Guillaume Budé. Rabelais interesouse polos autores antigos, e corresponde máis tarde con outros humanistas famosos. En 1523, a raíz dos comentarios de Erasmo sobre o texto grego dos Evanxeos, a Sorbona intenta impedir o estudo do grego. Ao final deste ano, os superiores de Rabelais e de Pedro Lamy confiscan os seus libros de grego. Aínda que os seus libros estéanlle devoltos aos poucos, Rabelais soluciónase a cambiar de orde monástica. Sostido por Geoffroy d' Estissac, que o acolle na súa Abadía de Maillezais, Rabelais presente unha petición ao papa neste sentido, xustificándoo pola excesiva austeridade da norma de Francisco de Asís.

Faise beneditino, e dedícase á persoa de Geoffroy de Estissac, converténdose no seu secretario. Acompáñao así durante xiras de inspección das súas terras e abadías. Rabelais trasládase a continuación ao priorado de Ligugé, residencia habitual de Geoffroy de Estissac, onde se fai amigo de Jean Bouchet. Ao mosteiro próximo a Fontenay-le-Comte, entrevístase co nobre abade Antoine Ardillon. Rabelais non se dobrou facilmente ás normas monacais e non permaneceu enclaustrado no mosteiro.

Cara a 1528, tomou a roupa de sacerdote secular para visitar distintas universidades. Vai en primeiro lugar a París, onde comeza os seus estudos de medicina. Ten dous nenos.

Obra

  • Pantagruel (Les horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé géant Pantagruel; 1532).
  • Gargantua (La vie très horrifique du grand Gargantua, père de Pantagruel, fils de Grandgousier; 1534).
  • Le Tiers Livre ( O terceiro libro) 1546.
  • Le Quart Livre (O cuarto libro) 1552.
  • Le Cinquième Livre' (O quinto libro) 1564, póstumo.
  • Pantagrueline Prognostication.
9 de abril

O 9 de abril é o 99º día do ano do calendario gregoriano e o 100º nos anos bisestos. Quedan 266 días para finalizar o ano.

Anarquismo

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas non desexables, innecesarias e nocivas. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.

A intención é desenvolver e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidariedade recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de medios concordantes con eles como son os conceptos da autoxestión, a acción directa e de base.

Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenvólvese no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón converteuse nun movemento que está presente de forma continua en múltiplos temas contemporáneos.

Ateísmo

O ateísmo é o rexeitamento á crenza na existencia dunha ou máis deidades. En sentido estrito, é a postura expresa na que non existe ningún deus. Nun sentido máis amplo, é a ausencia de crenza en que exista algunha deidade. Oponse o teísmo, que na súa forma máis xeral é a crenza na existencia de polo menos unha deidade.O termo ateo provén etimoloxicamente do latín athĕus e este de o grego ἄθεος, que significa 'sen deus(es)' e foi empregado de forma pexorativa para referirse a quen rexeitaba aos deuses adorados pola súa sociedade. Co xurdimento e a difusión do librepensamento, o escepticismo científico e o subsecuente incremento da crítica da relixión, diminuíu o alcance do termo. As primeiras persoas en identificarse a si mesmas coa palabra «ateo» viviron na Ilustración durante o século xviii. A revolución francesa, notable polo seu "ateísmo sen precedentes", presenciou o primeiro gran movemento político da historia en avogar pola supremacía da razón humana.Os argumentos a favor do ateísmo abarcan desde aspectos filosóficos a perspectivas sociais e históricas. As razóns para non crer en deidades inclúen argumentos de ausencia de evidencia empírica, o problema do mal, o argumento das revelacións inconsistentes, o rexeitamento a conceptos infalsables e o argumento da non crenza, entre outros. Aínda que algúns ateos adoptaron filosofías seculares (como o humanismo e o escepticismo), non existe unha ideoloxía ou conxunto de conduta único ao que todos os ateos se adhiran. Moitos deles sosteñen que o ateísmo é unha cosmovisión máis parsimoniosa que o teísmo e que por tanto a carga da proba non recae en quen non cre na existencia de deuses, senón que é o crente quen debe xustificar o seu teísmo.Dado que as nocións de ateísmo varían, as estimacións precisas de cantos ateos existen no globo son unha tarefa complexa. Segundo unha estimación feita en 2007, os ateos representaban o 2,3 % da poboación mundial, ademais dun 11,9 % de non relixiosos (ateos non incluídos). Nunha enquisa de WIN/GIA de 2012 preguntouse «Independentemente de se asiste a un lugar de culto ou non, diría vostede que é unha persoa relixiosa, non relixiosa ou un ateo convencido?». O 59 % da poboación mundial identificouse como relixiosa, un 23 % non relixiosa e un 13 % declarouse atea convencida. Os ateos están concentrados principalmente en Asia Oriental, especialmente China (47 %) e Xapón (31 %), e en Europa Occidental (en media 14 %), onde sobresae Francia (29 %). En comparación co mesmo estudo realizado en 2005, en sete anos a relixiosidade diminuíu nove puntos porcentuais mentres que os ateos aumentaron tres nos países en común.

Biblioteca General Salvat

Biblioteca General Salvat é unha colección literaria española, publicada por Editorial Salvat en 1972. É continuación da Biblioteca Básica Salvat, e inclúe tamén unha escolma de cen volumes en lingua castelá.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Filosofía

A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

A filosofía' busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Guillaume Rondelet

Guillaume Rondelet, coñecido tamén como Rondeletius e como Rondellet, como el mesmo escribiu ás veces, nado o 27 de setembro de 1507 en Montpellier, e morto o 30 de xullo de 1566 na vila de Réalmont (hoxe no departamento de Tarn, rexión de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos, Francia), foi un médico e naturalista francés, célebre polos seus traballos sobre os peixes, por formar en medicina a numerosos alumnos, logo médicos famosos, e por ser un destacado taxonomista prelinneano.

Gustave Doré

Gustave Doré, nado en Estrasburgo o 6 de xaneiro de 1832 e finado en París o 23 de xaneiro de 1883, foi un ilustrador e pintor francés. A súa valía foi recoñecida internacionalmente durante a súa vida.

Henrique Harguindey

Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946, é un escritor e tradutor galego.

Index Librorum Prohibitorum

O Index Librorum Prohibitorum ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista daquelas publicacións que os laicos da Igrexa católica catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.

Foi creado no ano 1559 pola Sagrada Congregación da Inquisición da Igrexa católica (posteriormente chamada a Congregación para a Doutrina da Fe). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de 1948, con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o Papa. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os autores víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se desexaban evitar que algunha engrosase a lista.

A trixésima segunda edición, publicada en 1948, contiña aproximadamente 4.000 títulos censurados por varias razóns: herexía, deficiencia moral, sexo explícito, inexactitudes políticas, entre outras. Autores notables foron incluídos nesta lista: Laurence Sterne, Voltaire, Daniel Defoe, Nicolao Copérnico, Honoré de Balzac, Jean-Paul Sartre, André Gide, o sexólogo holandés Theodor Hendrik van de Velde, autor do manual de sexo O matrimonio perfecto.

Algúns dos títulos integraron este índice por ter un contido político definido: en 1926, a revista Acción Francesa, que adoptaba os dereitos polas causas dese país, foi posta na lista.

Os efectos deste índice sentíronse por todos lados, máis aló do mundo católico. Durante moitos anos, en lugares como Quebec, España, Italia e Polonia (países católicos), foi moi difícil atopar copias destes libros, especialmente lonxe das grandes cidades. Como lista oficial foi abandonada en 1966 baixo o papado de Paulo VI, seguidamente do final do Concilio Vaticano II e en gran parte debido a consideracións prácticas. No entanto, quedou como un pecado para os católicos o feito de ler libros que eran inxuriosos contra a fe e/ou a moral.

Na primeira edición (1559) aparecían tres listas que agrupaban:

Tódalas obras e escritos dun autor prohibido.

Libros específicos dun autor prohibido.

Escritos específicos dun autor incerto.

Jean du Bellay

Jean du Bellay, nado en 1492 ou 1498 en Souday e morto o 16 de febreiro de 1560 en Roma, foi un eclesiástico e diplomático francés.

Lingua poitevina-saintongeais

O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia.

Marco Ferreri

Marco Ferreri, nado en Milán o 11 de maio de 1928 e finado en París o 9 de maio de 1997 foi un director de cinema, guionista e actor italiano.

Miguel de Cervantes

Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".

Pierre de Ronsard

Pierre de Ronsard nado no Castelo de la Possonière, Couture-sur-Loir o 11 de setembro de 1524 e finado probablemente en Saint-Cosme-en-l'Isle, preto de Tours o 27 de decembro de 1585, foi un escritor e poeta francés do século XVI. Coñecéuselle como «o príncipe dos poetas e poeta dos príncipes» (« Prince des poètes et poète des princes ») de Francia e liderou, xunto ao tamén poeta Joachim du Bellay, o grupo poético do Renacemento francés coñecido como A Pléiade.

Robert Crumb

Robert Crumb, nado en Filadelfia, Pensilvania o 30 de agosto de 1943, é un historietista e ilustrador estadounidense. Foi un dos fundadores do cómic underground e é quizais a figura máis destacada deste movemento, e, aínda que é un dos máis coñecidos autores de cómic, a súa carreira desenvolveuse sempre á marxe da industria.

Século XVI

século XV < século XVI > século XVII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1501 e o 31 de decembro de 1600.

Xogo da Ola

O xogo da Ola é un xogo popular celebrado no entroido en varias vilas galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.