Frades

Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Coordenadas: 43°2′24″N 8°16′38″O / 43.04000, -8.27722

Frades
Escudo de Frades
Ponte Carreira, Gafoi, Frades
Situacion Frades
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación2.385 hab. (2018)
Área81,7 km²
Densidade29,19 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloCimadevila
Política (2019[2])
AlcaldeRoberto Rey Martínez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Frades
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes87,86%
Na rede
concellodefrades.es
alcaldia@frades.dicoruna.es

Demografía

Segundo o INE en 2014 tiña 2485 habitantes (2706 no 2009, 2841 no 2006, 2871 no 2005, 2920 no 2004, 2975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense».

Censo total 2014 2485 habitantes
Menores de 15 anos 176 (7,08 %)
Entre 15 e 64 anos 1566 (63,02 %)
Maiores de 65 anos 743 (29,9 %)
Evolución da poboación de Frades   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3328 3766 4624 3655 2920 2566 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en San Amaro, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi, á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes.

Ten un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao sueste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. Outros cursos menores son o Maruzo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío. Ten clima oceánico, con máis de 1400 mm de precipitacións anuais e unha temperatura media de 12 ºC.

Historia

No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira.

Patrimonio

Patrimonio civil

O pazo de San Martiño de Galegos é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
Actualmente o pazo pertence a unha orde relixiosa, á que lle foi doado. Conserva os escudos dos Mosquera Pimentel e dos Enríquez Novoa e a antiga capela cunha torre pequena máis moderna.

O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo.

Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá).

O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar.

Patrimonio relixioso

Na igrexa de Céltigos apareceu unha pedra cunha inscrición do ano 969, facendo referencia á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. A pedra servía de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio.

A igrexa de Papucín conserva a estrutura románica, pero foi reconstruída. No testeiro da ábsida ten un pequeno escudo incrustado. Está situada preto do casal de Quintá de Arriba.

A igrexa de Gafoi conserva unha porta románica, con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior xadrezada. No chan do adro hai unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval.

A ermida de San Nicolás está no alto do monte do mesmo nome. En Moar está a ermida de San Roque, rodeada dunha fraga. En San Amaro está a ermida da Madalena, con dúas pedras con inscricións sobre a porta relativas á súa construción en 1668.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Frades.
Casa concello Frades 11

Casa do concello.

Ponte Carreira. Gafoi (Santa Mariña). Frades. Galicia 009

Estrada principal de Ponte Carreira, parroquia de Gafoi.

Ponte Carreira. Gafoi (Santa Mariña). Frades. Galicia 005

Estatua en homenaxe á muller rural, parroquia de Gafoi.

Ponte Carreira. Gafoi (Santa Mariña). Frades. Galicia 006

Detalle da anterior estatua.

Lugares de Frades

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Frades.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Abellá, Frades

Santo Estevo de Abellá é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 449 habitantes (231 mulleres e 218 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 528 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.

Arcos de Frades, Pol

Santiago de Arcos de Frades é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 47 habitantes, deles 23 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Añá, Frades

Santa María de Añá é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 147 habitantes (76 homes e 71 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 186 habitantes.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Céltigos, Frades

San Xulián de Céltigos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 129 habitantes (67 homes e 62 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Frades, A Estrada

Santa María de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 a súa poboación era de 180 persoas (95 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 172 persoas.

Frades, Frades

San Martiño de Frades (do latín Fratres "irmáns", posiblemente monxes dunha congregación relixiosa), é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 130 habitantes (68 mulleres e 62 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 184 habitantes.

Frades, Mondariz

San Martiño de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 329 habitantes (155 mulleres e 174 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 409 habitantes.

Frades, Sarria

San Xulián de Frades é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 13 habitantes (7 homes e 6 mulleres) distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 15 habitantes.

Gafoi, Frades

Santa Mariña de Gafoi é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 283 habitantes (147 mulleres e 136 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 357 habitantes.

Galegos, Frades

San Martiño de Galegos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 223 habitantes (115 mulleres e 108 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Ledoira, Frades

San Martiño de Ledoira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o IGE en 2018 tiña 146 habitantes (72 mulleres e 74 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Manuel Ponte

Manuel Ponte Pedreira, coñecido co sobrenome de Xastre, nado no Fontao (Abellá, Frades) o 20 de agosto de 1911 e finado na mesma aldea o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Mesos, Frades

Santo Salvador de Mesos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 91 habitantes (49 homes e 42 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Moar, Frades

Santaia de Moar é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 286 habitantes (144 mulleres e 142 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 393 habitantes.

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Papucín, Frades

Santa María de Papucín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 287 habitantes (150 homes e 137 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 338 habitantes. A súa economía baséase na agricultura.

Nesta parroquia sitúase o Complexo Municipal, coa piscina e a Área Recreativa.

Sacerdote

O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade.

Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.

O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En Galicia recibe popularmente os nomes de crego, cura, párroco ou, debido á influencia dos frades bieitos, abade.

Vitre, Frades

San Xoán de Vitre é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 167 habitantes (87 mulleres e 80 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.