Frómista

Frómista é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 846 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°16′2″N 4°24′24″O / 42.26722, -4.40667

Frómista
Escudo de Fromista
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
Xeografía
Altitude780 msnm
Superficie46,59 km²
Demografía
Poboación846 hab. (2012)
Densidade18,16 hab./km²
Xentiliciofromisteño/a
Outros datos
Código postal34440
AlcaldeFernando Díez Mediavilla (PP)
www.fromista.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arquitectura románica en Galicia

A arquitectura románica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións erixidas en Galicia durante os primeiros séculos da baixa Idade Media. Sen dúbida, a obra fundamental do Románico galego é a Catedral de Santiago de Compostela, modelo de igrexa de peregrinación, con conxuntos escultóricos (Pórtico da Gloria) de entre os máis senlleiros da Europa occidental.

Arte románica

A arte románica foi o estilo artístico predominante na Europa cristiá dende mediados do século XI ata finais do século XII, abarcando tamén parte do XIII. O románico supón a arte cristiá, agrupando as diferentes opcións que se utilizaran na temperá Idade Media (romana, prerrománica, bizantina, xermánica e árabe) e conseguindo formular unha linguaxe específica e coherente aplicada a tódalas manifestacións artísticas. Non foi produto dunha soa nacionalidade ou rexión, senón que xurdiu de forma paulatina e case simultánea en Italia (artista principal: Benedetto Antelami), Francia, Alemaña e España. En cada un destes países xurdiu con características propias, aínda que con suficiente unidade como para ser considerado o primeiro estilo internacional cun ámbito europeo.

Xorde como consecuencia da prosperidade material e da renovación espiritual que inspirou a construción de gran número de igrexas e de edificios relixiosos. As primeiras construcións fixéronse en Lombardía, Borgoña e Normandía. Dende alí difundiuse por toda Europa, debido a:

Expansión das ordes relixiosas (Cluny e Císter) que constrúen mosteiros. Estes son fonte de riqueza e centro cultural e urbano da sociedade.

As peregrinacións (a través do Camiño de Santiago).

Aumento da influencia da Igrexa.Debido ás relacións entre relixiosos e nobres, os reis, nobres, bispos e abades dos mosteiros impulsaron a construción das grandes igrexas e ás veces eran aldeáns os que as custeaban e construían. As obras realizábanas artesáns especializados como arquitectos, canteiros, pintores etc. A arte románica foi sobre todo unha arte relixiosa, que reflectía os valores da nova sociedade feudal, que á vez era guerreira e cristiá.

Basílica de Santo Isidoro de León

A real colexiata basílica de Santo Isidoro ou, simplemente, Santo Isidoro de León, é un templo cristián situado na cidade de León, en España. É un dos conxuntos arquitectónicos de estilo románico máis destacados de España, pola súa historia, arquitectura, escultura, e polos obxectos suntuarios románicos que se puideron conservar. Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado ós pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.

Na súa orixe foi un mosteiro dedicado a san Paio, aínda que se supón que anteriormente se asentaba nos seus cimentos un templo romano. Co traslado dos restos de santo Isidoro, bispo de Sevilla (doutor das Españas), a León, cambiouse a titularidade do templo.

O edificio da igrexa conserva algúns vestixios románicos da primeira construción de Fernando I e Sancha. O panteón e as dúas portas da súa fachada sur, chamadas Porta do Cordeiro e Porta do Perdón, máis a Porta Norte ou Capitular, son as primeiras manifestacións da arte románica nos territorios leoneses. Co transcurso do tempo fixéronse modificacións e engadidos góticos, renacentistas e barrocos.

É Monumento Histórico Artístico desde o 9 de febreiro de 1910.

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Galería de imaxes do Camiño Francés

O Camiño francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo punto final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Igrexa de San Martiño de Frómista

A igrexa de San Martiño de Tours é un templo católico ergueito na segunda metade do século XI en Frómista, na provincia de Palencia (Castela e León, España), e situado no Camiño de Santiago. Pertence ao estilo románico e está considerado como un dos principais prototipos de románico europeo e o mellor exemplo do románico no Camiño de Santiago.

Irmandamento

Irmandamento (derivado do verbo irmandar) é o proceso político polo que dúas localidades distintas establecen un vencello común, que pode ser simplemente simbólico ou de intensidade moito máis forte. As razóns máis visibles do irmandamento son as de etimoloxías similares para os topónimos (v. Lalín, Santiago de Compostela, A Pobra de Trives, Palas de Rei, Monterrei, Beade ou Gondomar), inda que tamén se pode deber a unha grande proporción de emigrantes dunha das localidades na poboación da outra (v. irmandamentos con Arxentina, Cuba, Francia e Alemaña ou Burela no sentido inverso), unha historia semellante (v. Baiona a Real), a unha similitude cultural ou económica (v. Tomiño), a unha busca común de recursos ou a outros motivos.

La Barraca

La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Tivo o seu nacemento ó pouco de instaurarse a Segunda República Española e dirixiuse a levar o teatro clásico español ás zonas con pouca actividade cultural na península, cousa que se facía nas vacacións universitarias.

A idea de Lorca era facer unha rexeneración do teatro a partir de afeccionados, e lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España.

A súa vida estendeuse ata a guerra civil, con oito programas que combinou de diverso xeito, percorrendo España.

Acadou testemuñas exitosas en todos os ambientes, sendo hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes dos que tivo a escena teatral española.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Partido Regionalista de Castilla y León

O Partido Regionalista de Castilla y León (Partido Rexionalista de Castela e León en galego) (PRCAL) é un partido político español creado polo groso da militancia e cargos públicos do extinto Partido de Castela e León (PCAL) despois de abandonar esta denominación a formación Partido Castellano na que se integraba, proveniente da refundación de Tierra Comunera, é un partido rexionalista e castelanista da comunidade autónoma de Castela e León.

Pedro González Telmo

Non confundir con Santo Elmo ou Santelmo: Erasmo de Formia.

Pedro González Telmo ou Elmo, coñecido como San Telmo, nado quizais en Frómista, quizais en Astorga antes de 1190 e falecido o 14 de abril de 1246 en Tui, foi un relixioso católico latino español.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Santillana del Mar

Santillana del Mar é un municipio de Cantabria, encadrado na costa occidental da comunidade, entre os municipios de Suances, Torrelavega, Alfoz de Lloredo e Reocín.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

Unidad Comunera Castellana

Unidad Comunera Castellana (UNCC) (Unidade Comuneira Castelá en galego) foi un partido político nacionalista de carácter castelanista. Tivo a súa sede en Frómista.

Inscribiuse como partido o 14 de febreiro de 1983, e foi fundado polos palentinos José Antonio Mata Martín, Juan Bautista Martín de la Torre, José María Valladolid Manzano, Blas Esteban Carrillo Pérez e Jesús Núñez Domingo. Aínda que o ámbito de actuación do partido abranguía todo o territorio castelán, na práctica UNCC apenas estaba estendido fora da provincia de Palencia. Contou con escasa actividade.

Ideoloxicamente, Unidad Comunera Castellana era un partido de centro e nacionalista que buscaba o recoñecemento das singularidades que posuía a "nacionalidade castelá no seu conxunto", composta por Castela a Vella, Castela a Nova e a Rexión de León. Neste sentido, Unidad Comunera Castellana aceptaba en boa medida o concepto de Castela que se divulgaba dende a editorial castelanista Riodelaire, especialmente nos libros dos escritores Juan Pablo Mañueco e Antonio Hernández Pérez.

As ideas que recollía Unidade Comunera Castellana foron case totalmente compartidas por outros partidos posteriores como Unidad Nacional Castellana (UNC), partido co que UCC mantiña grandes afinidades, ou Tierra Comunera, partido este último que pode sen problemas considerarse herdeiro de UNCC e de UNC. Pero mentres que Tierra Comunera fixo do pendón morado o principal sinal do castelanismo político, Unidad Comunera Castellana sempre defendeu a bandeira cuartelada de Castela e León como lexítimo símbolo de Castela, desbotando por completo o pendón morado.

Aínda que UNCC nunca se disolveu oficialmente, dende a creación de Tierra Comunera a súa actividade foi diminuíndo ao tomar TC o seu relevo. Algúns dos fundadores de Unidad Comunera Castellana logo tomaron outros rumbos políticos. José Antonio Mata presentouse ás eleccións autonómicas de 1987 polo Partido Autonómico Nacionalista de Castilla y León (PANCAL) encabezando a candidatura pola provincia de Palencia. José María Valladolid foi un dos fundadores en 1990 de Unidad Palentina, un dos partidos que despois formarían Unidad Regionalista de Castilla y León (URCL). En 1992, o último grupúsculo de UNCC participou na creación de Unidad Regionalista de Castilla y León, se ben non se integrou finalmente nesa formación. Pola súa banda Juan Bautista Martín de la Torre foi candidato de Tierra Comunera nas eleccións xerais de 1993, pasando así a formar parte a Unidad Comunera Castellana do partido Tierra Comunera.

Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 1983 presentouse só na provincia de Palencia, onde obtivo 1.953 votos.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.