Foz

Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».

Coordenadas: 43°33′N 7°18′O / 43.550, -7.300

Foz
Bandeira de Foz
---
Escudo de Foz
Foz, Galicia (Spain)
Vista de Foz.
Situacion Foz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación10.002 hab. (2018)
Área100,3 km²
Densidade99,72 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019 [2])
AlcaldeFranciso Cajoto Caserío (PSdeGA-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 7
Outros: FPF 1
Eleccións municipais en Foz
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,08%
Na rede
http://www.concellodefoz.es

Xeografía

Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.

Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.

Historia

Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos ártabros.

Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.

Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.

Cultura

Toponimia

Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

  • O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.

Patrimonio arquitectónico

San Martiño de Mondoñedo, Foz
Vista dos absidiolos semicirculares e contrafortes de San Martiño.

Festas de interese

Fuegos artificiales de San Lorenzo 2017
Fogos de artifícios durante as festas de San Lourenzo en Foz.

Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.

Poboación

Censo total 2014 9899 habitantes
Menores de 15 anos 1219 (12,31 %)
Entre 15 e 64 anos 6361 (64,26 %)
Maiores de 65 anos 2319 (23,43 %)
Evolución da poboación de Foz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6514 7824 8216 8795 9619 9970 9968 9978 9966 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

Casa concello Foz 3
Casa do concello.

Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.

A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.

Paro rexistrado
Sector #
Agricultura 35
Industria 62
Construción 115
Servizos 474
Sen emprego anterior  47
Total 733 (349 homes e 384 mulleres)
Fonte:SEPE. Marzo de 2014 [5]

Foz na cultura popular

Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
Fozpeonil

Rúa peonil e praza no centro de Foz.

Fozcentro

Rúa comercial no centro da vila.

Castro de Fazouro

Castro de Fazouro.

San Martiño de Mondoñedo exterior ábsida románico lombardo

Ábsida románica exterior San Martiño.

San Martiño de Mondoñedo interior

Interior de San Martiño.

Lugares de Foz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Foz". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Estadisticas municipios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Adelán, Alfoz

Santiago de Adelán é unha parroquia do concello de Alfoz. Tiña 333 habitantes repartidos en 2004. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 255 habitantes, sendo 116 homes e 139 mulleres.

A superficie da parroquia é de 16,08 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Carballido, Mor e As Oiras, xunto cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.

Bacoi, Alfoz

Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².

A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.

Belfast

Belfast (en irlandés: Béal Feirste) é unha cidade irlandesa, capital de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, a súa maior cidade e a segunda da illa de Irlanda. A súa poboación en 2001 era de 276.459 habitantes e de 579.554 na área metropolitana. A cidade está situada na foz do río Lagan entre montañas.

Belfast sufriu o peor do Conflito de Irlanda do Norte porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Burela

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é burelao, burelense ou burelés.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Carballido, Alfoz

San Sebastián de Carballido é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 356 habitantes distribuídos en 17 entidades de poboación e un lugar, cunha densidade media de 43'7 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 142 homes e 148 mulleres.

Ten unha superficie de 8,14 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Adelán, Bacoi e cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.

Castelo da Frouxeira

O castelo da Frouxeira é unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. As súas ruínas están declaradas Ben de Interese Cultural.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Club Deportivo Foz

O Club Deportivo Foz é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1960 no concello de Foz. Na tempada 2018-2019 xogará en Preferente Galicia.[Cómpre referencia]

Comarca da Mariña Central

A comarca da Mariña Central é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Mondoñedo, que é a súa terceira cidade en poboación, tras Foz e Burela. A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Estado do Paraná

O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste con Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Lisboa

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Montes dos Cabaleiros

Os montes dos Cabaleiros pertencen ás serras setentrionais de Galiza e están localizados ao norte da serra do Xistral. Ao sur, limitan coa montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela.

Son montes de escasa altura que describen unha curva de orientación NE-SO.

O lugar de maior altura é o Monte Neda, con 798 metros sobre o nivel do mar.

Morcín

Morcín é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 2.811 habitantes.

Limita ao norte con Ribera de Arriba, ao oeste con Quirós e Santo Adriano, ao leste con Mieres e ao sur con Riosa. Trátase dun concello rural con tradición mineira e gandeira.

Está formado polas parroquias de Argame, La Foz, Peñerúes, La Piñera, San Esteban, San Sebastián e Santolaya. A capital do concello é Santolaya.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ribamontán al Mar

Ribamontán al Mar é un concello situado ó leste da Baía de Santander, na costa central de Cantabria (España), e a 32 quilómetros de Santander. Limita ó leste co concello de Bareyo e polo sur co de Ribamontán al Monte e coa foz do río Miera, que establece unha fronteira natural co concello de Marina de Cudeyo. Ten unha poboación de 4.496 habitantes e unha superficie de 36,94 km², o que fai unha densidade de 121,71 hab/km² (2012).

San Martiño de Mondoñedo, Foz

San Martiño de Mondoñedo é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central. Ten unha superficie de 5 km², e 19 entidades de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 599 habitantes (296 homes e 303 mulleres), 63 menos ca en 2007 (326 homes e 336 mulleres) e 109 menos que en 1999.

Val

En xeoloxía, un val é un accidente xeográfico que forma unha depresión lonxitudinal, cercada polo tanto por áreas mais altas, como montañas ou outeiros. O seu tamaño pode variar duns poucos quilómetros cadrados a centenas ou mesmo millares.

Un val moi encaixado de vertentes abruptas chámase garganta ou foz.

Os vales fórmanse por diversos procesos xeográficos: os vales glaciares, que normalmente teñen a forma en "U" formáronse hai decenas de millares de anos pola erosión dos glaciares, mentres que os vales en forma de "V" foron normalmente formados polos ríos. Vales de tipo Rift, como o Gran Val do Rift, foron formados pola expansión da costra terrestre debido á actividade tectónica baixo a superficie da Terra. Polo común, os vales son xeralmente formados pola actividade fluvial, onde a acción da auga corrente causa a erosión do terreo.

Vilaronte, Foz

San Xoán de Vilaronte é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo que se estende nunha superficie de 12 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2013 tiña 733 habitantes, deles 347 eran homes e 386 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.