Foxo

Un foxo é unha cavidade de forma arredondada que se fai no terreo: focha, fochanca. Tamén pode ser unha gabia ou cuneta, cada un dos sucos fondos que están a ambos os lados dunha estrada.

Como topónimo pode referirse a:

Véxase tamén

  • Foxo de lobo, burato no terreo para cazar animais, que se disimula con pólas e folla.
A Veiga, Lalín

San Ramón da Veiga é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 95 habitantes (51 homes e 44 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes.

Bendoiro, Lalín

San Miguel de Bendoiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 294 habitantes (156 mulleres e 138 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Nesta parroquia formouse a Banda de música de Bendoiro e naceu o sindicalista Luís Frade.

Campos do Foxo, San Xurxo de Moeche, Moeche

Campos do Foxo é un lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Tiña 20 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 10 homes e 10 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

Castromaior, Abadín

San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).

Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 196 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación (2004): A Arnela (7), O Barral (33), Billetes (19), Celme (30), Egoeiras (22), Fontefeal (20), Fraga (13), As Paredes (35), Rega do Foxo (1) e Roxoa (16), sendo a súa densidade media de 16,4 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.

Corredoira, Cerdedo-Cotobade

San Gregorio de Corredoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.

Couzadoiro, Ortigueira

San Cristovo de Couzadoiro é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Covelo

Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «covelense».

Cristimil, Lalín

San Xurxo de Cristimil é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 177 habitantes (91 homes e 86 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.

No lugar de Sanxurdo fundouse a Banda de música de Sanxurdo. Ademais, nesta parroquia naceu o agrarista Ramón González Vigide.

Loureda, Arteixo

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

O Foxo, As Somozas, As Somozas

O Foxo é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 25 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran home e 12 eran mulleres.

O Foxo, Cambás, Aranga

O Foxo é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 6 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran homes e 2 eran mulleres.

O Foxo, O Val de Xestoso, Monfero

O Foxo é un lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 7 eran homes e 6 eran mulleres.

O Foxo, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal

O Foxo é un lugar da parroquia de Posmarcos no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres).

O gran foxo

O gran foxo (en francés: Le Grand Fossé) é o vixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado orixinalmente en francés en 1980. Foi o primeiro título de Astérix en ser escrito polo ilustrador Albert Uderzo, logo da morte do cocreador e escritor de Astérix René Goscinny en 1977.Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola Editorial Bruño en 2008, nun volume conxunto cos títulos A odisea de Astérix e O fillo de Astérix.

Rodís, Lalín

San Xiao de Rodís é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), 27 menos ca en 1999.Ten catro entidades de poboación,

Está situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.

Río do Foxo, Valdoviño, Valdoviño

Río do Foxo é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 11 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 6 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 36 habitantes.

Valongo, Cerdedo-Cotobade

Santo André de Valongo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 131 habitantes (58 homes e 73 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 159 habitantes. A parroquia inclúe os terreos da desaparecida parroquia de San Lourenzo da Escuadra.

Viascón, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Viascón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.

Vizoño, Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.