Foso

Un foso[1] (do latín "fossa"), en arquitectura militar, é unha escavación profunda e regular, destinada a impedir ou dificultar o acceso do agresor á liña de defensa dunha fortaleza. A terra, retirada durante a súa escavación, pode ser utilizada para erguer muros de defensa.

O tipo de enchedura pode ser "seco" ou "mollado". Unha característica moi importante é que dificulta moito os intentos de minar os alicerces dos muros mediante túneles con vista a colapsalos, por unha banda obrigando a profundizar máis na escavación e por outra, no caso de haber auga, esta asolagaría eses túneles ou causaría que se tiveran que reforzar moito.

Bodiam Castle fromthe south
Foso no Bodiam Castle.
Baddesley
Foso no pazo de Baddesley Clinton en Warwickshire, Inglaterra.

Historia

Europa

Xa aparecen fosos nos castros galegos. O seu uso xeneralízase no século XIV e século XV en Inglaterra, comezando a arrodear pazos para disuadir incluso aos intrusos máis resoltos.

Construíronse cales para desviar a auga de regueiros e ríos co fin de encher a gabia. Os fosos requirían mantemento. Cumpría dragalos para evitar que se puidera acabar formando un vao cos sedimentos, obxectos caídos accidentalmente ou guindados polos inimigos.

As pontes desmontábeis permitían atravesar o foso. No comezo eran soamente simples pontes de madeira, facilmente desmontábeis se o inimigo intentaba asaltar a fortificación. Foron substituídas por pontes levadizas e pénsiles.

Coa evolución da técnica de fortificación, constrúense tamén fosos secos. Neste caso o obstáculo constitúeo o propio foso ao establecer unha zona despexada onde o asaltante se converte nun albo doado para o fogo cruzado dos defensores encerrados na fortaleza e parapetados tralas murallas. Os baluartes sitúanse de xeito que a súa artillaría poida varrer o foso en caso de acadar este os asaltantes.

No foso, a parte do mesmo que dá ao interior da fortaleza é chamada a escarpa e a parede que dá ao campo inimigo a contraescarpa. Sobre a contraescarpa discorre normalmente o camiño cuberto e no interior do foso sitúanse as fortificacións auxiliares como revelíns, contragardas e outras construcións saíntes coma os muros corno (hornworks en inglés ou hornabeques en castelán).

Os fosos tiñan ás veces no interior longos paus de madeira, para evitar que os inimigos o atravesasen nadando.

Resto do Mundo

Malia asociárense comunmente cos castelos europeos, tamén foron usados nos shiros ou castelos xaponeses, dos que aínda quedan varios exemplos no Xapón. Ademais os indios de América do Norte da cultura do Misisipi escavavan fosos coma defensa externa das súas aldeas fortificadas. Os restos dun foso do século XVI seguen sendo visíbeis no Parque Arqueolóxico estatal de Parkin, ao leste de Arcansas.

Outros usos

Os fosos utilízanse tamén para separar animais de espectadores en moitos zoos modernos. Tamén en recintos deportivos e de espectáculos, coma no anfiteatro do parque de Castrelos en Vigo.

En 2004 suxeriuse a cobnstrución dun foso de dúas millas ao largo da fronteira sur da Faixa de Gaza para evitar que se puidera facer un túnel dende territorio de Exipto cara a cidade fronteiriza de Rafah.

Fortbourtange

Fortaleza Bourtange, nos Países Baixos, con varios fosos inundábeis.

Caesarea moat

Foso seco en Cesarea, Israel.

Curtain wall

Foso en Campeche, México.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para foso.

Véxase tamén

Outros artigos

Baía de Botnia

A baía de Botnia (sueco: Bottenviken, finés: Perämeri) está na parte máis ao norte do país, o Golfo de Botnia, que á súa vez forma parte norte do Mar Báltico. A terra que rodea a baía segue subindo despois de que se eliminara o peso dos glaciares da idade de xeo e dentro de 2.000 anos a baía será un gran lago de auga doce. A día de hoxe a baía está alimentada por varios grandes ríos, e non está afectada por mareas, polo que ten pouca salinidade. Conxélase cada ano ata durante seis meses. Comparado con outras partes do Báltico ten pouca vida vexetal ou animal.

Castelo de Fornelos

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Ribeira (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.

Castelo de San Sebastián (Vigo)

O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII situada en Vigo.

Castelo de San Xurxo de Lisboa

Coñécese como Castelo de San Xurxo (en portugués: Castelo de São Jorge) ás ruínas dun castelo no outeiro de San Xurxo (portugués: Castelo de São Jorge), en Lisboa. Primitivamente coñecido simplemente como Castelo dos Mouros, érguese en posición dominante sobre o máis alto outeiro do centro histórico, proporcionando aos visitantes unha das máis fermosas vistas sobre a cidade e sobre o estuario do río Texo, polo que o goberno portugués fai grandes esforzos en conservalo.

O recinto do castelo conta con aproximadamente 6 000 m². A edificación consta de varias torres e garitas, un foso e dous patios grandes.

Castro de San Cibrao de Las

O castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica proceden de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras.

Polo seu tamaño pode ser comparado co de Santa Trega e coas citanias do norte de Portugal, poboamentos galaicos ou galaico-romanos da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización e as súas grandes dimensións. Entre os expoñentes máis significativos pódense citar a citania de Briteiros, o castro de Mozinho e o de Sanfíns.

Catedral de San Basilio

A Catedral da Intercesión da Virxe sobre o foso (en ruso Собор Покрова, что на Рву), máis coñecida coma Catedral de San Basilio, é un templo ortodoxo localizado na Praza Vermella da cidade de Moscova, Rusia. É coñecida mundialmente polas súas cúpulas en forma de bulbo (aceboladas). Malia a crenza popular, a Catedral de San Basilio non é nin a sé do Patriarca Ortodoxo de Moscova, nin a catedral principal da capital rusa, pois en ambos os dous casos é a Catedral de Cristo Salvador.

A construción da catedral foi ordenada polo tsar Iván o Terríbel para conmemorar a conquista do Khanato de Kazán, e realizouse entre 1555 e 1561. En 1588 o tsar Fiódor Ioánnovich ordenou que se agregase unha nova capela na banda leste da construción, sobre a tumba de San Basilio, o Louco por Cristo, santo polo cal se comezou a chamar popularmente a catedral.

San Basilio atópase no extremo sueste da Praza Vermella, xusto fronte á Torre Spásskaya (a Torre do Salvador) do Kremlin e mais da Igrexa de San Xoán Bautista en Dyákovo.

Nun xardín fronte a igrexa xace unha estatua de bronce, erixida en honra a Dmitri Pozharski e Kuzmá Minin, quen reuniron voluntarios para o exército que loitou contra os invasores poloneses durante o coñecido coma Tempo de Dificultades.

O concepto inicial era construír un grupo de capelas, cada unha dedicada a cada un dos santos en cuxo día o tsar gañara unha batalla, porén a construción dunha torre central unifica estes espazos nunha soa catedral.

A lenda di que o tsar Iván deixou cego o arquitecto Póstnik Yákovlev para evitar que proxectase unha construción que puidese superar esta, aínda que semella claro que non se trata máis ca dunha fabulación, xa que Yákovlev participou, pasados uns anos, na construción do Kremlin de Kazán.

Cómpre non confundir a Catedral de San Basilio co Kremlin de Moscova, que está situado a carón desta na Praza Vermella, e polo tanto non forma parte del. Con todo moitos medios confunden ambas as dúas construcións.

Daniel (profeta)

Daniel (en hebreo: דָּנִיּאֵל; en árabe: دانيال) é o profeta, autor e protagonista principal do Libro de Daniel, que se acha incluído tanto no Tanak como na Biblia.No libro de Ezequiel noméase certo Daniel como unha persoa de excepcional sabedoría e rectitud (Ez. 14: 14, 20 e 28: 3). Tamén aparecen mencionados outras dúas personaxes co mesmo nome, a saber: Daniel, fillo de David (1 Cr 3:1 e 2 Sam 3:3) e Daniel fillo de Itamar, de familia sacerdotal, un dos exiliados que retornaron con Esdras en 458 a.C. (Esd 8:2).

Escarpa

Unha escarpa, en xeomorfoloxía, é un declive moi pronunciado do terreo. Por extensión tamén se denomina escarpa a superficie inclinada ou ribazo dun foso xunto a unha muralla.

Normalmente acostuma a ser unha área de transición entre diferentes provincias fisioxeográficas que envolve unha elevación aguda (superior a 45º), caracterizada pola formación dun canón ou unha costa pronunciada. O termo vén do italiano scarpa.

As escarpas xeralmente fórmanse pola erosión diferencial de rochas cristalinas ou polo movemento vertical da codia terrestre ao longo dunha falla xeolóxica. Noutras palabras ramplas que xorden nos bordos dos altiplanos.

Estadio Municipal de Balaídos

O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

Forte de San Damián

O Castelo de San Damián, tamén coñecido como Forte de San Damián, é unha fortaleza situada en Ribadeo, a carón da ría de Ribadeo.

Foso (homónimos)

O termo foso pode referirse a:

Foso, a escavación longa e profunda que rodea unha fortaleza ou outro edificio para impedir o paso de persoas ou animais.

Foso, a cavidade que está situada no chan dun garaxe ou taller mecánico e que permite acceder á parte inferior do vehículo situado enriba.Foso, parte situada debaixo do escenario dos teatros onde se coloca a orquestra.

Illa de Santa Comba

A Illa de Santa Comba tamén coñecida como "Illa do Medio" é unha illa galega, situada na provincia da Coruña, na costa norte do concello de Ferrol (parroquia de Covas). É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, cuxas orixes remóntanse ao século XII, é propiedade da Igrexa, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval.

Muralla de Santiago de Compostela

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

O Sequeiro, Valdoviño

Santa María do Sequeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 686 habitantes (352 mulleres e 334 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, 23 menos ca en 1999. Ten unha superficie de 3,8 km², cunha densidade de 180,52 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Parque de Castrelos

O Parque de Castrelos, coñecido tamén coma Finca da Marquesa ou Parque Municipal Quiñones de León, é un gran parque situado en Vigo que corresponde á antiga quinta do Pazo de Castrelos, hoxe sede do Museo Quiñones de León. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un auditorio, zonas boscosas etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor paisaxístico e botánico polo que foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como faias, tulipeiros, eucaliptos e camelias aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.

Península de Almina

A península de Almina é un promontorio español situado no norte de África, en pleno estreito de Xibraltar. Ocupa unha gran parte da cidade autónoma de Ceuta, conformando o leste desta.

A península está separada do resto da cidade por un pequeno istmo no que se encontra o foso de San Felipe (s. XV-XVII), atravesado por tres pontes, este foso pertence ao Conxunto Monumental das Murallas Reais de Ceuta.

Na punta deste promontorio, coñecida como punta Almina, encóntrase o monte Hacho, considerada unha das lendarias columnas de Hércules. A poucos metros da costa atópase a chamada illa de Santa Catalina, que hoxe en día se encontra unida totalmente á península.

Salto de lonxitude

O salto de lonxitude é unha proba do actual atletismo consistente en percorrer a máxima distancia posible no plano horizontal a partir dun salto tras unha carreira. A carreira previa debe realizarse dentro dunha área existente para iso, que finaliza nunha táboa de batida que indica o punto límite para realizar o impulso. A caída ten lugar sobre un foso de area. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida ata a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta, e consta de catro partes: carreira, impulso, voo e caída.

Os competidores realizan tres saltos cada un e os oito mellores pasan á seguinte rolda doutros tres saltos. Sempre se ten en conta o salto máis longo. En caso de empate gañará, entre os dous atletas, o que realice o segundo salto máis longo.

É proba olímpica na categoría masculina desde a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A categoría feminina da proba debutou nos Xogos celebrados en Londres en 1948. Porén esta proba xa se realizaba nos Xogos Olímpicos da Antigüidade, polo menos desde o ano 708 aC incluída dentro da proba do péntatlon.

Torre de Marce

A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.

Úrsula (cráter)

Úrsula é un gran cráter da superficie da lúa do planeta Urano, Titania. Ten ó redor de 135 km de ancho, e está cortado pola Belmont Chasma. O seu nome está tomado da comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.Úrsula ten un foso central dun diámetro aproximado de 20 km. É probablemente o cráter máis recente de entre os grandes cráteres que posúe Titania. O cráter está rodeado de suaves planicies, as cales amosan a densidade máis baixa de cráteres de impacto de entre tódolos accidentes xeolóxicos de importancia de Titania, exceptuando que están cortadas pola Belmont Chasma. Estas planicies poden ser depósitos de material expulsado no impacto que produciu o cráter Úrsula ou tamén poderían ser produto do criovulcanismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.