Forxa

A forxa é un proceso de conformado de materias férreos por medio do uso combinado de calor e presión. Este procedemento provoca un aliñamento das impurezas do material mellorando as súas propiedades na dirección perpendicular ao esforzo. Tradicionalmente a peza de ferro ou aceiro previamente aquecida na fragua era sostida polo ferreiro coas pinzas e golpeada cun martelo contra a bigornia. Isto hoxe só se fai en produción artesanal: o máis normal é utilizar prensas hidráulicas. Os procesos de embutido e laminación tamén se basean neste principio.

Bochumer Verein-08-50124
Forxado de acuñado aberto (con dous matrices) dun lingote para ser posteriormente procesado nunha roda.
A Forxa, As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez

A Forxa é un lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 tiña 15 habitantes dos cales 8 eran homes e 7 eran mulleres.

A Forxa, Bande, Láncara

A Forxa é un lugar da parroquia de Bande, no concello lugués de Láncara, na comarca de Sarria. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2007 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller), o que non supón ningún cambio con respecto ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

A Forxa, Cabovilaño, A Laracha

A Forxa é un lugar da parroquia de Cabovilaño no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

A Forxa, O Buriz, Guitiriz

A Forxa é un lugar da parroquia do Buriz no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2012 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres), o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 15 habitantes.

A Forxa, Vilaquinte, Carballedo

A Forxa é un lugar da parroquia de Vilaquinte, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 1 habitante, 1 muller.

Anano (mitoloxía)

Os ananos aparece frecuentemente nos mitos e lendas nórdicos e xermánicos. Son seres cos seus propios xefes e con atribucións diversas; non son fermosos, mais de intelixencia superior, moitos deles coñecen o futuro e teñen grandes barbas.

Arte marcial

Unha arte marcial é un conxunto de técnicas, filosofías e tradicións de combate cuxo obxectivo é someter ou defenderse mediante a técnica. Cada arte marcial é herdeira dunha determinada tradición e constitúe un todo coherente en que as técnicas son debidamente encadradas por conceptos filosóficos e por rituais tradicionais. Os diferentes estilos e escolas de artes marciais exclúen o emprego de armas de fogo e outro armamento moderno. En cada especialidade ou loita, temos a graduación en niveis de acordo coa evolución do practicante tanto no campo práctico (técnicas) como tamén no filosófico. Case sempre por medio de "cinto" ou "cordóns" con cores variadas, podemos ter a referencia do estadio do discípulo/alumno.

Na actualidade as artes marciais practícanse por diferentes razóns, que inclúen a saúde, a protección persoal, o desenvolvemento persoal, a disciplina mental e a forxa de carácter. Ademais, posto que o significado estrito é o de "artes militares", aplícase por extensión a todo tipo de forma de loita corpo a corpo e ás artes militares históricas. Por esta asociación coa loita e coas armas, inclúe coñecementos relativos a sistemas que tradicionalmente se consideraron modalidades deportivas (por exemplo, o boxeo, a esgrima, o tiro con arco e a loita libre).

Casa Calvet

A Casa Calvet é un edificio deseñado por Antoni Gaudí, un dos arquitectos máis salientables do modernismo catalán. Atópase no número 48 da rúa de Casp, no Eixample de Barcelona, e data do ano 1899. Está catalogada como Ben Cultural de Interese Nacional.

O edificio foi construído para Andreu Calvet, un fabricante téxtil, e serviu tanto para o negocio, ó cal destinou a planta baixa e o soto, como para vivendas, nos andares superiores.

A Casa Calvet está considerada a obra máis conservadora do arquitecto. Segundo os expertos, a explicación atópase no feito de que Gaudí tiña que encaixar o edificio entre outros preexistentes e tiña que ter en conta que estaría situado nun barrio elegante. A simetría, o equilibrio e a orde que caracterizan a Casa Calvet non son habituais na obra gaudiniana. Malia isto, pódense ollar elementos modernistas, como por exemplo os dos frontóns curvilíneos do acabado da fachada, o balcón con tribuna de vidro e forxados que sobresae por riba da entrada ou a forma dos outros balcóns. As columnas que flanquean a entrada lembran carretes de fío, e constitúen unha alusión ó negocio téxtil da familia Calvet.

Cómpre destacar tamén os bustos dos tres santos patróns de Vilassar de Dalt, de onde eran os Calvet: Pedro de Verona (na honra do pai do dono), Xenxo de Arles, o notario, e Xenxo de Roma o actor. Foi o primeiro edificio galardoado polo Concello no Concurso anual de edificios artísticos (1899).

Os traballos de forxa son obra de Josep Perpinyà.

Castro de Baroña

O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Ferreiro

Os ferreiros son persoas que crean obxectos de ferro ou aceiro por forxa-lo metal, ou sexa, a través da utilización de ferramentas como fol, engra e martelo, dobra e corta, e moldea noutra forma o metal.

Xeralmente o metal é quecido ata que brilla vermello ou laranxa, como parte do proceso de forxamento. Os ferreiros producen cousas como portóns de ferro forxado, grelladores, grades, lustres, luminarias, mobiliario, esculturas, ferramentas, implementos agrícolas, relixiosos e obxectos decorativos, utensilios de cociña, e armas.

Forxa, Porqueira, Porqueira

Forxa é un lugar da parroquia de Porqueira no concello de Porqueira, na provincia de Ourense. No ano 2008 tiña 143 habitantes (68 homes e 75 mulleres).

Forxa (homónimos)

A forxa é o proceso de conformado de materias férreos a través do uso combinado de calor e presión. O topónimo galego Forxa pode referirse a:

Forxa, lugar da parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

Forxa, lugar da parroquia de Porqueira, no concello de Porqueira;

A Forxa, lugar da parroquia de Vilaquinte, no concello de Carballedo;

A Forxa, lugar da parroquia do Buriz, no concello de Guitiriz;

A Forxa, lugar da parroquia de Bande, no concello de Láncara;

A Forxa, lugar da parroquia de Cabovilaño, no concello da Laracha;

A Forxa, lugar da parroquia de Lendo, no concello da Laracha;

A Forxa, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez;

A Forxa, lugar da parroquia de Punxín, no concello de Punxín.

Hefesto

Na mitoloxía grega, Hefesto (en grego Ἥφαιστος Hêphaistos, quizais de φαίνω phainô, ‘brillar’) é o deus do lume e da forxa, así como dos ferreiros, os artesáns, os escultores, os metais e a metalurxia. Era louvado en tódolos centros industriais e manufactureiros de Grecia, especialmente en Atenas. O seu equivalente na mitoloxía romana era Vulcano.

Hefesto era feo e tolleito. Mesmo o mito di que, ó nacer, Hera -súa nai- viuno tan feo que o tirou do Monte Olimpo e deixouno eivado. Tanto é así, que camiñaba coa axuda dunha vara e, nalgunhas vasillas pintadas, os seus pés aparecen do revés. Na arte, é representado coxo, suorento, coa barba desaliñada e o peito descuberto, inclinado sobre a súa bigornia, a miúdo traballando na súa forxa.

A aparencia física de Hefesto indica arsenicose, é dicir, envelenamento crónico por arsénico que provoca coxeira e cancro de pel. O arsénico engadíase ó bronce para endurecelo e a moitos dos ferreiros da Idade de Bronce padeceron esta enfermidade.

Latón

O latón é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas. Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado. En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³. O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.

No presente, case o 90% do latón é reciclado. Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño, algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'. O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.

Lendo, A Laracha

San Xián de Lendo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 431 habitantes (221 mulleres e 210 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

O Buriz, Guitiriz

San Pedro do Buriz é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 380 habitantes (196 mulleres e 194 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 421 habitantes.

Palau de la Música Catalana

O Palau de la Música Catalana é un auditorio de música situado na rúa Sant Pere més Alt no barrio da Ribera de Barcelona, España. Foi proxectado polo arquitecto barcelonés Lluís Domènech i Montaner, un dos máximos representantes do modernismo catalán. A construción levou a cabo entre os anos 1905 e 1908, con solucións na estrutura moi avanzadas coa aplicación de grandes muros de cristal e a integración de todas as artes, escultura, mosaicos, vitrais e forxa. O edificio, sede central do "Orfeón Catalán", fundado en 1891 por Lluís Millet e Amadeu Vives, foi sufragado por industriais e financeiros cataláns, ilustrados e amantes da música, estamento que sesenta anos antes xa financiara o teatro de ópera e ballet Gran Teatro do Liceo.

En 1997 a Unesco incluíu o edificio na súa relación do Patrimonio da Humanidade.

Porqueira

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Torre da Forxa

A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.