Foro Asturias

Foro Asturias, rexistrado como Foro de Ciudadanos para unha posible implantación estatal, é un partido asturiano fundado o 19 de xaneiro de 2011 como unha escisión do Partido Popular do Principado de Asturias. O ex-ministro conservador Francisco Álvarez-Cascos é a figura impulsora desta iniciativa, en resposta á imposibilidade de presentarse como candidato do Partido Popular nas eleccións autonómicas de Asturias de 2011. Cristina Coto é a presidenta da formación dende 2015.

Sinfoto175azul
Logo da formación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carmen Moriyón

Carmen Moriyón Entrialgo, nada en Xixón o 25 de outubro de 1966, é unha médica e política asturiana. Encabezou a lista de Foro Asturias á alcaldía de Xixón nas eleccións municipais de España de 2011, obtendo 9 concelleiros, converténdose na primeira alcaldesa non socialista de Xixón desde as eleccións de 1979 grazas ao apoio do Partido Popular na súa investidura.

Cristina Coto

Cristina Coto de la Mata, nada en Sotrondio o 6 de marzo de 1970, é unha avogada e política asturiana, presidenta de Foro Asturias dende 2015.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións autonómicas de Asturias

As eleccións autonómicas de Asturias celebráronse en nove ocasións desde a chegada da democracia ao Principado de Asturias.

En sete delas resultou vencedor o Partido Socialista Obrero Español, noutra o Partido Popular, e noutra Foro Asturias.

Á parte dos xa citados, outros seis partidos obtiveron representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias: Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Unión Renovadora Asturiana, Centro Democrático y Social, Partíu Asturianista e Partido Comunista de Asturias.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 celebráronse o 22 de maio para elixir os 45 deputados da VIII lexislatura. Coincidiron coas eleccións municipais dos 78 concellos asturianos e as parroquias rurais, así como con outras eleccións autonómicas e locais.

A Federación Socialista Asturiana foi o partido con máis votos, pero Foro Asturias foi o gañador por escanos, sendo elixido finalmente o seu candidato Francisco Álvarez-Cascos como presidente do Principado de Asturias para a lexislatura.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 celebráronse o 25 de marzo de 2012 para elixir os 45 deputados da IX lexislatura asturiana. Coincidiron coas eleccións andaluzas. O presidente do Principado de Asturias, Francisco Álvarez-Cascos, no cargo desde xullo de 2011, comunicou o adianto das eleccións o 30 de xaneiro de 2012, tras ter estado seis meses no Goberno.As anteriores eleccións foran convocadas en maio de 2011, podendo o Goberno resultante exercer a súa función como máximo até 2015.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015 celebráronse o 24 de maio de 2015 para elixir os 45 deputados da X lexislatura asturiana. As eleccións celebráronse coincidindo coas doutras 12 comunidades autónomas, así como coas Eleccións municipais de España de 2015.

Federación Socialista Asturiana

A Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE) é unha organización política de corte socialdemócrata que constitúe a federación asturiana do Partido Socialista Obrero Español.

Tras a creación do PSOE o 2 de maio de 1879, iranse organizando grupos socialistas nas principais localidades asturianas. Desta maneira xorde en 1891 a agrupación local de Xixón, á que lle segue a de Oviedo en 1892, e as de Mieres e Sama de Langreo (Langreo) en 1897. Entre os anos 1899 e 1901, o socialismo arráigase en Asturias, celebrándose o 27 de xaneiro de 1901 no Centro Obreiro de Oviedo o Congreso fundacional da Federación Socialista Asturiana do Partido Socialista Obreiro Español (FSA-PSOE). Manuel Vigil Montoto é elixido presidente do primeiro Comité Provincial.

En 1934, a FSA formou parte da alianza obreira formalizada na UHP e estivo a favor do pacto subscrito entre o sindicato socialista UXT e a Confederación Rexional do Traballo de Asturias, León e Palencia da organización anarcosindicalista CNT. A UHP —á que se lle irían sumando logo outras organizacións obreiras— tivo unha importancia significativa na Revolución de 1934.

Durante a guerra civil, o socialista Belarmino Tomás presidirá o Consello Interprovincial de Asturias e León, transformado logo en Consello Soberano de Asturias e León.

Tras o franquismo e coa Transición Española, a FSA recobra protagonismo. Nesa época Felipe González dará un mitin no estadio de El Molinón de Xixón ao que asisten 25.000 persoas.

A FSA consegurirá alcanzar a Presidencia do Principado en 1983 con Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos. En 1991 sucédelle Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio, quen tras presentar a dimisión polo escándalo do Petromocho será substituído por Antonio Trevín Lombán en 1993. Tras unha lexislatura na oposición, a FSA consegue en 1999 da man Vicente Álvarez Areces acceder de novo ao goberno autonómico. Tras as eleccións do 2011 que obtivo un escano menos que Foro Asturias, aínda que con máis votos, no 2012, Javier Fernández Fernández, da FSA, tornouse presidente de Asturias tras as eleccións adiantadas por Francisco Álvarez-Cascos.

Foro

O termo foro pode referirse a:

Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral.

Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa.

Foro, praza das urbes da antiga Roma que constituía o centro da vida pública, o exemplo máis salientable é o do Foro Romano, a cerna da cidade de Roma. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos foros:

O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano

Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións.

Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza.

Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual:

Foro de internetEn dereitoO aforamento, a denominación utilizada en Dereito para designar os privilexios ou normas especiais que se aplican a unha ou varias persoas (aforados) por algún motivo, particularmente a súa condición de pertenza a un colectivo privilexiado o de xurisdición privativa:

Foro eclesiástico

Foro militar

Foro parlamentario

Foro universitarioEn políticaForo, foi un partido fundado por Eduard Punset.Foro Asturias, partido político asturiano liderado por Francisco Álvarez-Cascos

Foro Social Mundial, encontro anual de organizacións cidadáns favorables ao altermundismoComo topónimo Foro pode referirse a:

Foro, lugar da parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar;

O Foro, lugar da parroquia de Reinante, no concello de Barreiros;

O Foro, lugar da parroquia de Folladela, no concello de Melide;

O Foro, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez;

O Foro, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba;

O Foro, lugar da parroquia de Covas, no concello de Viveiro.Como hipocorístico pode referirse a:

Telesforo Lorenzo Gama, xogador galego de fútbol, coñecido como Foro (n. 1921).

Francisco Álvarez-Cascos

Francisco Álvarez-Cascos Fernández, nado o 1 de outubro de 1947 en Madrid, é un político español.

Javier Fernández Fernández (político)

Javier Fernández, nado en Mieres o 7 de xaneiro de 1948, é un político asturiano pertencente ao PSOE. É secretario xeral da Federación Socialista Asturiana desde o 4 de novembro de 2000 e Presidente do Principado de Asturias desde o 26 de maio de 2012.

Joan Tardà

Joan Tardà i Coma, nado en Cornellà de Llobregat o 26 de setembro de 1953, é un político e profesor de secundaria catalán, militante de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).

Graduado en Filosofía e Letras, é profesor de Lingua e Literatura no instituto de educación secundaria Esteve Terras.Militante do PSUC dende 1974 a 1976. Dende a súa fundación, participou na Asemblea dos Comisarios e Concelleiros da Esquerda Nacionalista, integrouse na organización política Nacionalistes d'Esquerra (NE) e no Comité de Solidariedade cos Patriotas Cataláns, creado en Cornellà a principios dos anos oitenta. Ó disolverse NE, afiliouse a Esquerra e foi presidente en Cornellà durante o período 1996-1999.

Formou parte do primeiro concello democrático de Cornellà de Llobregat, en 1979, elixido como independente na candidatura do PSUC. En 1999, foi elixido concelleiro do municipio, onde liderou a candidatura de Esquerra, e no 2003 foi re-elixido no cargo, ó cal renunciou en setembro de 2004. Deputado pola provincia de Barcelona nas eleccións xerais de 2004, 2008 e 2011. É o voceiro do grupo ERC-RI-CATSÍ no Congreso dos Deputados.

Destacou no seu traballo parlamentario polas súas intervencións en catalán, o cal o enfrontou moitas veces co presidente da Cámara, Manuel Marín, e polas propostas sobre a Lei de memoria histórica. En decembro de 2008, protagonizou unha controversia durante o Día da Constitución ó berrar nun acto de JERC "morte ó Borbón", alegando que era un clamor popular de 1714 durante a guerra de sucesión española.

En novembro de 2013, unha debate nas redes sociais sobre un erro no momento de votar unha emenda levou ó deputado a denuncia nunha carta insultos e ameazas. A polémica xurdíu cando Vítor Suárez, activista do asturiano, recriminou o seu voto en contra da modificación do orzamento de Foro Asturias, que propuxo un orzamento de estado de 143.000 € para a Academia da Lingua Asturiana, Tardà xustificou a súa decisión dicindo que fora un "erro procesual".

Nas eleccións xerais en 2015, Joan Tardà foi número dous na lista de Barcelona, por Esquerra Republicana de Catalunya.

Mercedes Fernández

María Mercedes Fernández González, coñecida como Cherines, nada en Xixón o 4 de agosto de 1960, é unha avogada, profesora universitaria e política española. É titora de Dereito Procesal do centro asociado da UNED en Asturias.

Tapia

Tapia (en español e oficialmente Tapia de Casariego e en eonaviego Tapia) é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con El Franco e ao sur e ao oeste con Castropol. O concello cobre unha superficie de 66 km² e contaba cun total 4290 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 65,01 hab./km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Xunta Xeral do Principado de Asturias

A Xunta Xeral do Principado de Asturias (Xunta Xeneral del Principáu d'Asturies en asturiano, Junta General del Principado de Asturias en castelán) é o órgano supremo de representación do pobo asturiano, segundo recolle o Estatuto de Autonomía de Asturias. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias e desempeña o papel lexislativo.

A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias. O Presidente do Principado é elixido pola Xunta Xeral entre os seus membros e este encárgase de designar o Consello de Goberno cuxo labor é controlado pola cámara. Así mesmo, tamén lle corresponde á Xunta Xeral aprobar os orzamentos da comunidade autónoma.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.