Forno

Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos.

A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).

Jean-François Millet (II) 005
Forno nunha pintura de Millet.

Tipos de fornos

Lareira en desuso
Boca dun forno de pan.
Cociña de leña. Forno
Forno en Galicia.
  • Forno de leña. Funcionan a partir de materiais forestais, o cal representa un grave risco ecolóxico na actualidade.
  • Forno de gas. Son unha boa opción xa que teñen unha cocción similar aos de leña. En canto ás implicacións ecolóxicas é aínda mellor xa que estes non mandan ao ambiente gases dunha combustión non controlada.
  • Forno eléctrico. Aínda cando os fornos eléctricos son totalmente automatizados, a cocción non é a óptima e o consumo de electricidade é alto.
  • Forno solar. O funcionamento radica no máximo aproveitamento dos recursos solares para obter enerxía calorífica. Aínda que chega a funcionar en días nubrados, os tempos de cocción son elevados.
  • Forno de microondas. Funciona mediante a xeración de ondas electromagnéticas que interaccionan coas moléculas de auga contidas nos alimentos. A interacción consiste en aproveitar as propiedades resonantes das moléculas de auga que absorben a enerxía das ondas electromagnéticas, elevando a súa temperatura.

Usos

O forno convencional de cociña utilízase para enfornar, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe a carne, o peixe, o pan, os pasteis e outras sobremesas. Nalgúns países como na cociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominan ao tandoor (ao forno).

Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecer arxila.

Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, talles como madeira, pintura sobre metal etc.

Outro tipo de fornos utilízanse para a cremación.

Galería de imaxes

Toaster oven

Forno tostador.

Lehmbackofen

Forno de leña.

Tatakua

Forno tradicional paraguaio de ladrillos cocidos.

PompeiiOven

Forno de terracota atopado en Pompeia.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Alto forno eléctrico
  • Forno de arco eléctrico
  • Forno de indución
  • Forno (de abellas)
  • Forno de reverbero
  • Tandoor
Arxila

A arxila está constituída por agregados de silicatos de aluminio hidratados, procedentes da descomposición de minerais de aluminio. Presenta diversas coloracións segundo as impurezas que contén, sendo branca cando é pura. Xorde da descomposición de rochas que conteñen feldespato, orixinada nun proceso natural que dura decenas de miles de anos.

Bascuas, Lugo

Santa María de Bascuas é unha parroquia do concello de Lugo situada a 9 quilómetros da capital da provincia na comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 88 habitantes (46 homes e 42 mulleres).

Discorre por esta parroquia parte do Camiño Primitivo de Santiago. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial, construída enriba dun antigo asentamento castrexo, un antigo forno no que se facía pan para os peregrinos, unha pequena capela consagrada á Virxe, restos dunha antiga torre defensiva medieval e diversos petróglifos.[Cómpre referencia]Nesta parroquia encóntrase unha canteira de tamaño medio na que se extrae granito.

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Cemento (construción)

O cemento (derivada do latín cæmentu) é un material cerámico que, en contacto coa auga, produce unha reacción exotérmica de cristalización de produtos hidratados, gañando así resistencia mecánica. É o principal material usado na construción como aglomerante. É unha das principais mercancías mundiais, servindo mesmo como indicador económico dun país.

Existen diversos tipos de cemento, diferentes pola súa composición, polas súas propiedades e polos seus usos. En xeral, desde un punto de vista químicos, trátanse todos de mesturas de silicatos e aluminatos de calcio.

Espasante, Ortigueira

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 849 habitantes.

Ferro

O ferro (do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido.

É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Se se engade carbono dáse orixe a varias formas de aceiro.

Este metal de transición atópase no grupo 8B da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da codia terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, soamente o aluminio é máis abundante. Tamén é un dos elementos máis abundantes do Universo. O núcleo da Terra está formado principalmente por ferro e níquel (NiFe), xerando un campo magnético.O ferro foi historicamente importante, e un período da historia recibiu o nome de Idade de Ferro.

Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.

Fornax

Fornax ou Forno é unha constelación austral que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Fornax Chemica (latín para forno químico).

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Gastronomía

Gastronomía é o estudo da relación entre cultura e alimento. A miúdo pénsase erroneamente que o termo gastronomía unicamente ten relación coa arte de cociñar e os pratos en torno a unha mesa. Isto é só unha pequena parte do campo de estudo desta disciplina e non sempre se pode afirmar que un cociñeiro sexa un gastrónomo.

Guitiriz

Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guitiricense.

O Forno, Artes, Carballo

O Forno é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 65 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 33 homes e 32 mulleres.

O Forno, O Buriz, Guitiriz

O Forno é un lugar da parroquia do Buriz no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2012 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), 6 menos que no ano 2000.

No lugar atópase o castro das Quenllas do Forno, de planta completamente circular. Presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que bordean o castro, agás polo norte.

O Forno, Sancovade, Vilalba

O Forno é un lugar da parroquia de Sancovade, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

O pan na cultura popular galega

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do pan na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Recóllese non só a información referida expresamente ó pan, senón tamén a referida á fariña e a actividades directamente relacionadas, como sementar, segar, etc.; as referidas ó millo e á broa recóllense no artigo o millo na cultura popular galega.

Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con fariña, auga, sal e lévedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodríguez, tamén denomina o millo aínda na terra. Pero ademais é un elemento de referencia para designar moitas outras realidades.

Pastel

Este artigo trata sobre a torta, para o lapis ou a técnica de pintura véxase Pastel (arte).

Un pastel, bolo ou torta é un alimento doce que polo xeral se prepara no forno. Combinan fariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos. Tamén se pode poñer froita natural ou en zume. Para facelos máis divertidos decóranse con doces, con crema, confeitos e caramelo.

Sancovade, Vilalba

Santiago de Sancobade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 1.130 habitantes (541 homes e 589 mulleres) repartidos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación a 1991 cando tiña 846 habitantes.

Terracota

A terracota (do italiano terra cotta "terra cocida") é a arxila modelada e endurecida ao forno, fundamento dos traballos de cerámica, utilizada tanto para recipientes como para a realización de esculturas e decoración arquitectónica. Ata en Etruria, durante os séculos III e II a.C., utilizouse para a elaboración de sarcófagos. En Merimde foi empregada desde o cuarto milenio a.C.

Toques

Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.

Vidro

Na súa forma pura, vidro é un material transparente, relativamente forte, resistente, esencialmente inerte e bioloxicamente inactivo, que pode ter superficies moi lisas e impermeables. Estas propiedades desexables conducen a un gran número de usos. O vidro é fráxil e quebra en anacos afiados. Estas propiedades poden modificarse, ou mesmo mudar enteiramente, coa adición doutros compostos ou con tratamento de calor.

O vidro é un material duro, fráxil e transparente. A pesar de comportarse como sólido, é un líquido arrefecido, amorfo (sen estrutura cristalina). O vidro común obtense por fusión, arredor dos 1.250 ºC, de dióxido de silicio , (SiO2), carbonato de sodio (Na2CO3) e carbonato de calcio (CaCO3). A súa manipulación só é posible mentres está fundido, quente e maleable.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.