Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".[5]

Coordenadas: 42°20′25″N 8°27′5″O / 42.34028, -8.45139

Fornelos de Montes
Bandeira de Fornelos de Montes
---
Escudo de Fornelos de Montes
Casa consistorial de Fornelos de Montes
Casa do Concello.
Situacion Fornelos de Montes
Situación
Xentilicio[1]Fornelense ou fornelán/fornelá.
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación1.640 hab. (2018)
Área83,1 km²
Densidade19,74 hab./km²
Entidades de poboación26
Capital do concelloFornelos de Montes
Política (2019[2])
AlcaldeEmiliano Lage Rodríguez (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Fornelos de Montes
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes63,74%
Na rede
fornelos.com

Xeografía

O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).

A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.

Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.

Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).

Poboación

Censo total 2018 1.640 habitantes
Menores de 15 anos 147 (8.96 %)
Entre 15 e 64 anos 962 (58.66 %)
Maiores de 65 anos 531 (32.38 %)
Evolución da poboación de Fornelos de Montes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.795 2.817 2.691 2.377 2.092 1.976 2.002 1.906 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Prehistoria e Idade Antiga

O concello de Fornelos conta con restos megalíticos (mámoa de Borraxeiros), neolítico (un túmulo), da Idade de Bronce (petróglifos de Cerdeiras, tapados na actualidade por un recheo) e castrexos (monte da Cidade en Calvos, castro de Castrove en Laxe e monte Castelo en Calvos).

Hai tamén restos da dominación romana (ponte de Bustelo, reconstruída na Idade Media). O historiador José Montero Aróstegui[6] tivo ocasión de ver aquí unha torre arruinada:

(...) cuyos techos, paredes, puertas y ventanas parecen de arquitectura roma y en una de las ventanas léese la siguiente inscripción: "Casa da len y pairte facida por os reyes godos, era Cesaris"; y en otra: "Chistus Rex venit in pace".

As ruínas desta torre situábanse en Vilán, igual que un sartego aberto nunha pena e unha sepultura antropoide.

Idade Media

O territorio estivo en boa parte ligado á casa dos Soutomaior, mesmo no século XVIII dispuñan do Señorío Xurisdicional nas freguesías de Calvos, Fornelos, e parte da de Traspielas. Dado que daquela a freguesía de Verducido (A Lama) era moito máis grande que hoxe en día, incluíndo as freguesías das Estacas e A Laxe, pois o Catastro de Ensenada menciona que o lindeiro oriental de Verducido era Abelenda (Avión) e o meridional Barcia de Mera.

O lugar de Freaza, aínda que situado en Traspielas, pertencía á xurisdición de Sobroso.

Fornelos de Montes pagaba 240 reais por dereitos de señorío -que nesta parroquia recibían no nome de "caballerato"-. Verducido pagaba 1.200 reais, facéndoo as antigas familias que repoboaron o seu territorio. A luctuosa era pagada en tódalas freguesías, agás a de Calvos.

Idade contemporánea

Coa abolición dos señoríos e a chegada da reforma política das Cortes de Cádiz de 1812 constituíuse unha unidade administrativa que abranguía os concellos de Soutomaior e Fornelos, separados en 1869-70. Porén, xa nos períodos de 1812-14 e 1820-23 o concello de Fornelos de Montes estivo separado do de Soutomaior. A unidade consagrouse na reforma efectuada polo Real Decreto de novembro de 1833, debida a Javier de Burgos. Segundo ese decreto, a Xurisdición de Soutomaior abranguía as parroquias de Anceu, Calvos, Barbudo, Estacas, Fornelos, Forzáns, Insua, Laxe, Pazos, Traspielas, Soutomaior, Xesta e Berducido.

En 1835 a poboación das parroquias de Fornelos era de 670 veciños e 2.305 habitantes (Calvos, 158 veciños e 441 habitantes; Traspielas, 59 veciños e 171 habitantes; Estacas, 65 veciños e 300 habitantes; Fornelos, 340 veciños e 1.176 habitantes; Laxe, 48 veciños e 217 habitantes).

Segundo o dicionario de Madoz de 1845 había 542 casas, con 636 veciños e 2.722 almas (Calvos, 100, 168 e 441 respectivamente; Estacas, 70, 50 e 320; Fornelos, 200, 256 e 1.280; Laxe, 113, 103 e 500; Traspielas, 59, 59 e 171).

A época de maior demografía foi cara a 1910, con 3.047 habitantes, pero co desenvolvemento da industria en Vigo e o aumento da demanda de man de obra, e debido tamén á perda de importancia da agricultura, a poboación foi reducíndose e avellentándose.

Patrimonio

A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.

O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.

Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.

Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.

Fornelos de Montes, panorámica
Panorámica.

Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.

Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Fornelos de Montes.
Embalse de Eiras - Fornelos de Montes - Pontevedra

Encoro de Eiras

Fornelos de montes, Galiza

Igrexa

Lugares de Fornelos de Montes

Artigo principal: Lugares de Fornelos de Montes.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Fornelos de Montes". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas Monteagudo, Xosé-Henrique. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua e cultura galegas. Universidade de Vigo. 2016. Páxina 48. En liña.
  6. Álvarez Gallego, G.: Geografía de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

A Airoa, A Laxe, Fornelos de Montes

A Airoa é un lugar da parroquia da Laxe, no concello pontevedrés de Fornelos de Montes, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2017 tiña 39 habitantes (20 homes e 19 mulleres).

A Curuxeira, Calvos, Fornelos de Montes

A Curuxeira é un lugar da parroquia de Calvos, no concello pontevedres de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. Tiña 112 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 51 eran homes e 61 eran mulleres.

A Laxe, Fornelos de Montes

San Xosé da Laxe é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (63 mulleres e 53 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 42 homes e 44 mulleres.

As Estacas, Fornelos de Montes

Santa María das Estacas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 166 habitantes (94 mulleres e 72 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 141 habitantes, sendo 65 homes e 76 mulleres.

Calvos, Fornelos de Montes

Santo Adrián de Calvos é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 398 habitantes (224 mulleres e 174 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación (Coruxeira, Alén -de Arriba, e de Abaixo-, Cima de Vila e O Pereiral), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 428 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 318 habitantes, sendo 142 homes e 176 mulleres.

Cima de Vila, Calvos, Fornelos de Montes

Cima de Vila é un lugar da parroquia de Calvos, no concello pontevedres de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. Tiña 97 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 44 eran homes e 53 eran mulleres.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Eleccións municipais en Fornelos de Montes

Corporacións democráticas en Fornelos de Montes desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — UCD

1983 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — CD

1987 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — CDS

1991 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — PSdeG-PSOEModelo:Fornelos de Montes 2003

2007 Alcalde: Serafín Ángel Martínez Martínez — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Emiliano Lage Rodríguez — PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Emiliano Lage Rodríguez — PSdeG-PSOECandidaturas: Emiliano Lage Rodríguez (PSdeG-PSOE), Juan Manuel Batista Oviedo (PP) e José Antonio Freaza Pérez (BNG).

Fornelos de Montes, Fornelos de Montes

San Lourenzo de Fornelos de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 597 habitantes (280 homes e 317 mulleres), 60 menos ca en 2004 (352 mulleres e 305 homes) e 110 menos ca en 1999. Ten 6 entidades de poboación.

Galería de imaxes da comarca de Vigo

Galería de imaxes da comarca de Vigo.

A comarca de Vigo comprende os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Galería de imaxes de Fornelos de Montes

Galería de imaxes do concello de Fornelos de Montes na provincia de Pontevedra.

Lugares de Fornelos de Montes

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Fornelos de Montes

Manuel Lueiro Rey

Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego. Formou parte da chamada Xeración do 36.

Oitavén, Fornelos de Montes

San Vicente de Oitavén é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes. Segundo o IGE en 2010 tiña 182 habitantes (91 mulleres e 91 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 233 habitantes.

Premio Lueiro Rey de poesía

O Premio de poesía Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello de Fornelos de Montes dende 2013.

Serafín Martínez Martínez

Serafín Ángel Martínez Martínez é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Traspielas, Fornelos de Montes

Santa María de Traspielas é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes. Segundo o IGE en 2010 tiña 289 habitantes (152 mulleres e 137 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 379 habitantes.

Ventín, Fornelos de Montes

San Miguel de Ventín é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 242 habitantes (128 mulleres e 114 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 270 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 225 habitantes, sendo 109 homes e 116 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.