Forcarei

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2018 tiña 3.451 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é forcareiés[1].

Coordenadas: 42°35′31″N 8°21′3″O / 42.59194, -8.35083

Forcarei
Bandeira de Forcarei
---
Escudo de Forcarei
Concelloforcarei
Casa do Concello.
Situacion Forcarei
Situación
Xentilicio[2]Forcareiés[1]
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación3.451 hab. (2018)
Área168,4 km²
Densidade20,49 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloForcarei
Política (2019[3])
AlcaldesaVerónica Pichel (PSdeG[4])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Forcarei
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes85,70%
Na rede
http://www.forcarei.net

Xeografía

Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.

Evolución da poboación de Forcarei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7751 8987 9040 7114 4616 4108 4044 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 3.451 (2018)
Menores de 15 anos 259 (7,50 %)
Entre 15 e 64 anos 1.728 (51,07 %)
Maiores de 65 anos 1.464 (42,42 %)

No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo.

Historia

En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Patrimonio

Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.

Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.

A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.

Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.

Sendeirismo

Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".

A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.

A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín

Forcarei na literatura popular

  • No convento de Acibeiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.
Forcarei 01-02b

Escudo na fachada da casa do concello.

Forcarei 01-04

Placa altimétrica.

SoutelodeMontes2

Vista de Soutelo de Montes.

Forcarei 02-05

Monumento á vaca de Maxín Picallo.

Lugares de Forcarei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.

Notas

  1. 1,0 1,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Resultados eleccións 2019
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Forcarei". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Madanela de Montes, Forcarei

Santa María Madanela de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 653 habitantes (346 mulleres e 307 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 635 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 578 habitantes, sendo 272 homes e 306 mulleres.

Aciveiro, Forcarei

Santa María de Aciveiro (do latín acifu- 'acivro' + -ario, sufixo abundancial, 'lugar con abundancia de acivros') é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 329 habitantes (164 mulleres e 165 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 405 habitantes.

Castrelo, Forcarei

Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.

Chano Piñeiro

Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (fusionado co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

Dúas Igrexas, Forcarei

Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.

Forcarei, Forcarei

San Martiño de Forcarei é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 815 habitantes (387 mulleres e 428 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 872 habitantes.

Meavía, Forcarei

San Xoán de Meavía é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 293 habitantes (148 mulleres e 145 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 307 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 238 habitantes, sendo 117 homes e 121 mulleres.

Desta parroquia era o pintor Xesús Muras (1958-2008).

Millarada, Forcarei

San Amedio de Millarada é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 456 habitantes (233 mulleres e 223 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 669 habitantes.

Pardesoa, Forcarei

Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 191 habitantes, sendo 86 homes e 105 mulleres.

Pereira, Forcarei

San Bartolomeu de Pereira é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 158 habitantes (80 homes e 78 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 137 habitantes, sendo 64 homes e 73 mulleres.

Quintillán, Forcarei

San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 181 habitantes, sendo 84 homes e 97 mulleres.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

San Miguel de Presqueiras, Forcarei

San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.

Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei

Santa Mariña de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

Segundo o IGE en 2014 tiña 125 habitantes (52 homes e 73 mulleres). En 2004 tiña 195 habitantes (120 mulleres e 75 homes), 27 menos ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Serra do Candán

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).

Ventoxo, Forcarei

San Nicolao de Ventoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 123 habitantes (63 homes e 60 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 103 habitantes, sendo 50 homes e 53 mulleres.

Xestoso, Silleda

Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.