Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Folla Pexegueiro 006eue
Folla do pexegueiro
Folla Loureiro 014eue
Folla de loureiro

Anatomía das follas das plantas vasculares

Desde o punto de vista da histoloxía, ou sexa, dos tecidos e outras formacións da folla, este órgano está formado por:

Cucurbita ficifolia Folla Cidrra 010eue
Folla de cidra

A epiderme é unha camada de células transparentes moitas veces recuberta por unha cutícula dun material semellante á cera que reduce a perda de auga por transpiración; nas plantas de climas áridos, a cutícula pode ser tan espesa que dá ás follas unha consistencia coriácea.

Os intercambios gasosos entre a folla e o medio ambiente son efectuados principalmente por medio de pequenos orificios na epiderme chamados estomas, formados por dúas células en forma de feixón, e que poden controlar a abertura, por exemplo para reducir a transpiración. Os estomas son xeralmente máis numerosos na parte inferior da folla.

Folla Roseira 004eue
Folla de roseira

Moitas plantas presentan na epiderme (non só das follas, senón tamén do talo ou das flores) apéndices formados por tricomas, ou sexa "cabelos" que poden ser uni ou multicelulares e poden ter orixe non só na epiderme, senón tamén noutros tecidos da folla. O conxunto destes apéndices chámase indumento'. Algunhas destas estruturas poden ter funcións especiais como, por exemplo, a produción de compostos químicos que poden servir para protexer a planta contra os animais ou para os atraer e, por exemplo, facilitar a polinización).

O interior da folla - mesófilo - está formado por parénquima, un tecido de células semellantes e moi permeables que posúen normalmente gran cantidade de cloroplastos. Neste caso o tecido pasa a chamarse clorénquima. A función principal deste tecido é realizar a fotosíntese e producir as substancias nutritivas que permiten a vida da planta. Pero este tecido pode tamén posuír células especializadas na reserva de auga ou outros fluídos -follas carnosas-, como as das crasuláceas.

O mesófilo pode estar formado por dous tipos diferentes de parénquima:

  • o tecido en estacada, formado por células alongadas e dispostas transversalmente á superficie da folla, para lle dar consistencia; e
  • o tecido esponxoso, formado por células máis redondeadas.

As canles dos estomas atravesan a estacada e terminan no tecido esponxoso.

A cor das follas pode variar, de acordo cos pigmentos existentes nas súas células. Estas diferentes coloracións poden ser características da propia especie ou variedade, pero tamén poden estar causadas por un virus ou por deficiencias nutritivas. Nos climas temperados e boreais, as follas de moitas especies poden mudar de coloración coas estacións do ano e caer -follas caducas- na época en que existe menos luz e na que a temperatura é baixa; a planta sen follas pasará o inverno nun estado de metabolismo reducido, alimentándose das reservas nutritivas que tivese acumulado.

No interior das follas das plantas vasculares existen ademais nerviacións onde se encontran as canles por onde circula o zume, os tecidos vasculares, o xilema e o floema.

Forma das follas das plantas vasculares

A forma das follas é xeralmente característica das especies e axuda na súa identificación. As formas típicas de folla das plantas vasculares son:

  • redondeada
  • oval ou ovalada, cando a parte máis estreita se encontra preto do pecíolo ou da vaíña;
  • lanceolada, en forma de lanza;
  • acicular, en forma de agulla;
  • alongada, como as follas das gramíneas.

A forma da marxe tamén mostra algunhas variantes:

  • lisa;
  • dentada (como as follas das roseiras;
  • difusa (como raspada)
  • lobada (dividida en lobos);
  • fendida (como as follas da sobreira; ou
  • partida (a división do limbo chega ata o nervio central).

A lámina das follas tamén pode encontrarse dividida en folíolos, pinas ou pínnulas iguais (follas compostas), como son os casos das frondes (follaxe das palmeiras e dos fentos). Nestes casos, o eixo da folla, ou sexa, o nervio central pode ser máis groso, formando un raque.

As follas compostas tamén poden ser palmiformes, cando as pinas saen todas do mesmo pecíolo (como na mandioca).

Formas de inserción das follas das plantas vasculares

Segundo a súa inserción no talo, as follas poden ser:

  • alternas;
  • opostas (dúas follas saíndo do mesmo );
  • verticiladas (varias follas saíndo do mesmo nó ou verticilo);
  • en roseta (varias follas saíndo da extremidade dun talo).

Adaptacións especiais das follas

Algunhas plantas, coma os cactos, teñen as follas transformadas en espiñas. Nestes casos son os talos, carnudos e chatos, os que exercen a función fotosintética.

As follas dos talos subterráneos (as da cebola, por exemplo) poden estar transformadas en órganos de reserva de nutrientes.

O caso máis extremo parece ser o das plantas carnívoras. Nelas a folla está transformada nunha trampa, coma se dun predador se tratase.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de follas de Galicia
Folla Morango 012eue

Folla da amorodeira

Folla de magnolio

Folla Xeranio 003eue

Folla de xeranio

Folla Avutilón 008eue

Folla de avutilón

Véxase tamén

Outros artigos

Bandeira do Canadá

A bandeira do Canadá, tamén coñecida en inglés como The Maple Leaf (a bandeira da folla de pradairo») e en francés como l'Unifolié («a bandeira cunha soa folla»). oficialmente chamada Bandeira Nacional do Canadá, é unha bandeira vermella cun cadrado branco no seu centro, dentro do cal hai unha folla de pradairo vermella de 11 puntas. A súa adopción en 1965 marcou a primeira vez que unha bandeira nacional era adoptada oficialmente en Canadá para substituír á bandeira do Reino Unido. A Red Ensign («Estandarte Vermello») canadense fora empregada extraoficialmente dende os anos 1890 e foi aprobada nun decreto de 1945 para usarse en "calquera lugar ou ocasión na que sexa desexable izar unha insignia canadense distintiva".En 1964, o Primeiro ministro Lester B. Pearson organizou un comité para que tratara o asunto, provocando un serio debate acerca dun cambio de bandeira. Tendo tres opcións, elixiuse o deseño da bandeira da folla de pradairo, creado por George F. G. Stanley e John Matheson baseado na bandeira do Royal Military College. A bandeira fixo a súa primeira aparición o 15 de febreiro de 1965; esa data é celebrada anualmente dende entón como o Día da Bandeira Nacional do Canadá.

Caducifolio

Aplícase o adxectivo caducifolio (do latín decidere, caer) ás árbores ou arbustos que perden a súa follaxe durante unha parte do ano, a cal coincide na maioría dos casos coa chegada da época desfavorable, a estación máis fría nos climas temperados ou polares; algunhas árbores perden a follaxe durante a época seca do año nos climas áridos. Estas árbores coñécense, tamén, como árbores de folla caduca ou deciduas.

Moitas árbores e arbustos caducifolios florecen durante este período, xa que isto aumenta a efectividade da polinización. A ausencia de follas beneficia a dispersión do pole polo vento ou, no caso das plantas polinizadas por insectos, consegue que as flores sexan máis visibles por estes. Así e todo, esta estratexia non carece de riscos, xa que as flores poden resultar danadas pola xeada.

Cando as follas das árbores e arbustos caducifolios finalizan o período vexetativo e co cambio de cor da follaxe fican na árbore de nomínanse marcescentes. Dáse case sempre durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das follas novas na seguinte primavera. É común en moitas especies de carballos, especialmente no cerquiño(Quercus pyrenaica), o (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e mailos carpes (Carpinus ssp.). No sur de Galicia ás veces tamén se dá no carballo común.

Carballo (árbore)

Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero Quercus da familia Fagaceae. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies caducifolias coma persistentes. Os Querci (carballos) esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Cómpre ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.

Diferentes especies de carballos son moi frecuentes en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies habituais en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.

As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

Envés

En botánica, chámase envés ou revés á cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta. A epiderme do envés tende a ser diferente á da face ou cara superior; case sempre presenta unha cutícula máis fina, maior densidade de estomas e, frecuentemente tamén, maior abundancia de tricoma (pelos epidérmicos). Case sempre é de cor máis clara cá face.

Esgrima

A esgrima é un deporte de combate no que se enfrontan dous contrincantes, que deben intentar tocarse cunha arma branca, que na esgrima moderna son tres: sabre, espada e florete. As persoas que practican esgrima coñécense como tiradores.

Espada

Unha espada (do latín "spatha", que tamén serviu para denominar á espada romana de cabalaría, que é longa e recta) é unha arma branca dun ou dous gumes que consiste basicamente nunha folla recta cortante, punzante —ou ambas cousas—, con empuñadura, e de certa envergadura ou "marca" (denomínase marca a unha lonxitude a partir de aproximadamente do medio metro). Segundo a definición estrita non serían espadas os sabres, as catanas etc.

Nun senso meirande, téndese a entender por espada calquera arma branca de certa envergadura, independentemente do estilo da folla. O deseño e a construción da espada pode variar moito, segundo a lonxitude da folla, a súa forma, os seus gumes, as súas empuñaduras, a súa procedencia, etc. De acordo coas características que posúen, reciben unha determinada denominación que identifica, clasifica e encadra ao arma dentro dun tipo particular.

Teñen a súa folla metálica afiada nun ou nos dous gumes se é de tallo, ou sen gumes e con puntas agudas e duras se é de punzar, ou con ambas características. A empuñadura facíase de moitos e diversos materiais, sobre todo se eran espadas para "cinguir" ou de "parada" aristocráticas, pero adoitábase empregar a madeira ou corno recubertos -ou non- de coiro ou cordelería.

Sendo a súa aparición moi temprana (IV milenio a. C.), a súa folla fíxose inicialmente de cobre (moi débil), posteriormente de bronce, ferro e finalmente aceiro temperado. A factura e o manexo da espada permanecen constantes ao longo dos séculos, pero as técnicas varían entre culturas e períodos como resultado das diferenzas no deseño e propósito da folla. Os nomes dados a moitas espadas na mitoloxía, literatura e historia reflicten o alto prestixio do arma (ver listado de espadas).

Estado de Washington

::Este artigo trata sobre o estado norteamericano de Washington, para outros lugares ver Washington

Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos, Washington, DC. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamado Estado de Washington, e Washington, a capital nacional, Distrito de Columbia.

Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormes bosques, cuxas árbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estado Evergreen State, que significa "de folla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder na industria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan os lagos, o que crea un terreo propicio para a instalación de encoros; o maior do país, o Encoro de Grand Coulee, localízase no Río Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente no turismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante de avións do mundo, a Boeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.

Florete

O florete é un tipo particular de arma, semellante á espada, que se utiliza na esgrima. É unha das tres armas que se empregan neste deporte e polo tanto, unha das súas especialidades.

Folla beta

A folla β, lámina β ou folla pregada β é un tipo de estrutura secundaria regular das proteínas, só un pouco menos frecuente ca a estrutura secundaria en hélice alfa. A folla beta está constituída por cadeas (ou febras) beta conectadas lateralmente por polo menos dúas ou tres pontes de hidróxeno, formando unha folla xeralmente pregada e torcida. Unha cadea β é un tramo de cadea polipeptídica de xeralmente entre 3 e 10 aminoácidos de longo cun eixe cunha conformación case totalmente estendida. As asociacións de maior nivel das follas β están implicadas na formación de agregados de proteínas e fibrilas observadas en moitas enfermidades humanas, como poden ser as amiloidoses como a enfermidade de Alzheimer.

Folíolo

En botánica, chámase pínnula ou folíolo a cada unha das pezas nas que as veces se atopa dividido o limbo dunha folla. Cando o limbo foliar está formado por un só folíolo, é dicir non está dividido, dise que a folla é unha folla simple. Cando o limbo foliar está dividido en folíolos dise que a folla é composta.

Segundo o número de folíolos ou pínnulas dunha folla composta podemos diferenciar:

Follas paripinnuladas: aquelas cun número par de pínnulas.

Follas imparipinnuladas: aquelas cun número impar de pínnulas.Unha folla pinnulada pode ter a súa vez as pínnulas divididas en pínnulas, estas follas frecuentes por exemplo en moitos fieitos, chámanse bipinnuladas (poden ser incluso tripinnuladas, catripinnuladas...)

Freixo

Os freixos son arbores pertencentes ao xénero Fraxinus da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:

Fraxinus excelsior, o freixo común, común no norte;

Fraxinus angustifolia, o freixo de folla estreita, común no sur.Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.

José Folla Yordi

José Folla Yordi, finado na Coruña o 1 de abril de 1918, foi un avogado e político galego.

Mondariz

Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.742 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.

O tambor de folla de lata

O tambol de folla de lata (en alemán: Die Blechtrommel) é un filme de 1979, producido por Alemaña, Francia, Polonia e Iugoslavia. Foi dirixido polo alemán Volker Schlöndorff, cun guión adaptado do libro homónimo de Günter Grass. O filme gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e a Palma de Ouro no Festival de Cannes.

Foi emitido na TVG o 2 de novembro de 2001.

Pecíolo

O pecíolo (do latín "petiolus", forma diminutiva de "pes" "pedis", pé, tronco dunha planta) é o rabiño que une a lámina dunha folla á súa base foliar ou ao talo. Falta nas follas sésiles e pode ser unha característica determinante para a identificación da planta.

Perennifolio

Os termos perennifolio e perennnifolia, derivados do latín perennis, duradeiro, perenne, e folium, folla, emprégase en botánica para cualificar as árbores e aos arbustos que posúen follas vivas ao longo de todo o ano, en contraposición aos termos caducifolio e caducifolia.

Nas árbores caducifolias e nos arbustos caducifolios, todas as follas morren cada ano durante a estación fría e volven a brotar follas novas á chegada da estación cálida.

Nas árbores e arbustos de folla perenne, en cambio, só morren unha parte das follas cada inverno e outras, as máis novas, permanecen na planta e únense ás novas que brotan cada primavera, de maneira que o período vital de cada folla pode durar varios anos, polo que tamén se denominan sempreverdes.

Pétalo

En botánica, o pétalo é unha folla florar que forma parte da corola dunha flor. É a parte interior do perianto, o cal comprende as partes estériles dunha flor.

Nunha flor "típica" os pétalos son rechamantes e coloreados, e rodean as partes reprodutivas.

O número de pétalos nunha flor é indicativo da clasificación da planta: dicotiledóneas, que típicamente teñen catro ou cinco pétalos; e monocotiledóneas, que teñen tres ou algún múltiplo de tres pétalos. A función principal dos pétalos ou a corola é a de atraer aos polinizadores.

Existe unha considerable variación na forma dos pétalos entre as plantas. Os pétalos poden estar unidos na base, formando un tubo floral. Nalgunhas flores, o perianto enteiro forma unha cunca (chamada tubo de cáliz) rodeando o xineceo, con sépalos, pétalos, e estames unidos ao bordo da cunca.

As flores dalgunhas especies carecen ou reduciron moito os seus pétalos. Son chamadas apétalas. Exemplos de flores con periantios moi reducidos poden ser vistos entre as gramíneas. Isto é característico de plantas polinizadas polo vento que non necesitan atraer a polinizadores (chamadas plantas anemófilas).

Raíz

A raíz é un órgano das plantas, carente de follas, que serve para fixar a planta ó chan, de onde absorbe as materias nutritivas para o seu crecemento. Amais de absorber auga e sales minerais, ten outras dúas funcións: fixar firmemente a planta ao solo e almacenar substancias de reservas.

É común pensar que ás árbores, en especial as grandes, teñen unhas raíces moi profundas; mais é falso. As raíces teñen un crecemento en dirección inversa ás das pólas. Se estas medran en vertical, as raíces fano en horizontal. As raíces dunha árbore de sesenta metros non profundan na terra máis de tres metros; en cambio, esténdense horizontalmente por un terreo semellante a un campo de fútbol.

A pesar de estaren normalmente as raíces soterradas, estas necesitan osíxeno (o que hai na terra) para sobrevivir. De aí que sexa moi pouco frecuente que haxa árbores que poidan vivir en terreos anegados (os mangleiros tropicais), pois a auga impide a presenza de osíxeno no solo. As árbores que son quen de medrar en terreos pantanosos teñen dous tipos de raíces:

Unhas que descenden en arco desde o tronco e ancoran a árbore na lama.

Outras, denominadas pneumatophoros ou raíces respiratorias, expostas ó aire para captar osíxeno.No outono, nas zonas temperadas do planeta, dáse a caída da folla e, tamén, a morte de tódolos pelos das raíces.

Sabaxáns, Mondariz

San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) .

Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.

Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada .

O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira .

O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.