Folgoso do Courel

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.018 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».

Coordenadas: 42°35′16.4″N 7°11′46.76″O / 42.587889, -7.1963222

Folgoso do Courel
Bandeira de Folgoso do Courel
---
Escudo de Folgoso do Courel
Igrexa de Vilamor, Folgoso do Courel
Igrexa de Vilamor.
Situacion Folgoso do Courel
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Quiroga
Poboación1.018 hab. (2018)
Área192,8 km²
Densidade5,28 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloFolgoso do Courel
Política (2019 [2])
AlcaldesaDolores Castro Ochoa (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Outros: IG-VIVO 2
Eleccións municipais en Folgoso do Courel
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes88,24%
Na rede
http://www.folgosodocourel.es/

Poboación

Censo total 1.018 (2018)
Menores de 15 anos 40 (3.93 %)
Entre 15 e 64 anos 529 (51.96 %)
Maiores de 65 anos 449 (44,11 %)
Evolución da poboación de Folgoso do Courel   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6413 5785 5479 1397 1.233 1.211 1.160 1.136 1.106 1.089 1.060 1025 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.

Patrimonio natural

Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.

A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.

Patrimonio arqueolóxico

No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.

Da época da romanización de Galicia consérvase unha Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso do Courel.
Concello de Folgoso do Courel

Casa do concello

Placa altimétrica de Folgoso do Courel

Placa altimétrica de Folgoso do Courel

Igrexa de San Pedro de Esperante, Folgoso do Courel

Igrexa de San Pedro de Esperante

Pombal, Folgoso do Courel

Interior dun antigo pombal construído na súa totalidade con pedra

Lugares de Folgoso do Courel

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Folgoso do Courel". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Castelo do Carbedo

O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel).

Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores.

Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago.

Castro Portela, Vilamor, Folgoso do Courel

Castro Portela é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada na serra do Courel, moi preto do río Lor. En 2008 tiña unha poboación de 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres).

Comarca de Quiroga

A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Courel

O topónimo galego Courel pode referirse a:

Serra do Courel, cordilleira montañosa no sueste da provincia de Lugo;

Folgoso do Courel, concello da provincia de Lugo;

Folgoso do Courel, parroquia de dito concello;

Folgoso do Courel, lugar de dita parroquia;

Seoane do Courel, parroquia de dito concello;

Seoane do Courel, lugar de dita parroquia;

Pedrafita do Courel, lugar da parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel;

Courel, lugar da parroquia de Sa, no concello do Páramo;

O Courel, lugar da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto.

Esperante, Folgoso do Courel

San Pedro de Esperante é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 97 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 53 homes e 44 mulleres. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 117 habitantes (64 homes e 53 mulleres).

Nesta parroquia, no lugar do Carbedo, foi atopada unha Tabula Hospitalis, unha peza en bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia.

Folgoso do Courel, Folgoso do Courel

Santa María de Folgoso do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 316 habitantes (171 homes e 145 mulleres), 43 menos ca en 2007 (192 homes e 167 mulleres).

Folgoso do Courel, Folgoso do Courel, Folgoso do Courel

Folgoso do Courel é un lugar da parroquia de Folgoso do Courel, no concello lucense de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. Tiña 179 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE, dos cales 92 eran homes e 87 eran mulleres.

É a capital do concello, ao que dá nome.

Hórreos, Folgoso do Courel

San Pedro de Hórreos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 14 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 10 homes e 4 mulleres. O que supón un aumento dun habitante respecto ao ano 2007 cando tiña 13 habitantes (9 homes e 4 mulleres).

Lugares de Folgoso do Courel

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Folgoso do Courel

Meiraos, Folgoso do Courel

Santa María de Meiraos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes, deles 62 eran mulleres e 61 eran homes, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

Noceda, Folgoso do Courel

San Pedro de Noceda é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 126 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 62 homes e 64 mulleres. O que supón unha diminución de 30 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 156 habitantes (74 homes e 82 mulleres).

O Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel

O Carbedo é un lugar da parroquia de Esperante, no concello lucense de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. Tiña 4 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE, dos cales 2 eran homes e 2 eran mulleres.

Dá nome ao castelo do Carbedo.

Parada, Seoane do Courel, Folgoso do Courel

Parada é un lugar da parroquia de Seoane do Courel, no concello lugués de Folgoso do Courel, na comarca de Quiroga. Segundo o IGE, no 2008 tiña 20 habitantes (9 homes e 11 mulleres), o que supón unha diminución de 14 habitantes con respecto ao ano 1999.

Neste lugar naceu en 1930 o poeta Uxío Novoneyra.

Seceda, Folgoso do Courel

San Silvestre de Seceda é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2014 tiña 26 habitantes, deles 13 eran homes e 13 eran mulleres.

Seoane do Courel, Folgoso do Courel

San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a guerra civil a capital do concello.

Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo este e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.

Serra da Trapa

A Serra da Trapa é unha pequena aliñación montañosa da serra do Courel, que se estende en dirección NNL-SSO entre as parroquias de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón e Vilamor, en Folgoso do Courel.

O seu cumio de maior altura é o monte Legua ou Pena dos Catro Cabaleiros, que acada os 1.301 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Vilamor, Folgoso do Courel

San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 134 habitantes (75 homes e 59 mulleres), 22 menos ca en 2007 (86 homes e 70 mulleres).

Visuña, Folgoso do Courel

Santa Eufemia de Visuña é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 28 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 15 homes e 13 mulleres. O que supón unha diminución de 22 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 50 habitantes (26 homes e 24 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.