Folgoso, Abegondo

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 3,54 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Coordenadas: 43°11′41″N 8°19′19″O / 43.1947235, -8.3220532

Folgoso
Igrexa e cruceiro de Folgoso (Abegondo)
Cruceiro e Igrexa parroquial de Santa Dorotea.
Parroquia de Folgoso do concello de Abegondo
ConcelloAbegondo
Área3,54 km²
Poboación103 hab. (2016)
Densidade29,1 hab./km²
Entidades de poboación10

Sitios de interese artístico e cultural

Igrexa de Santa Dorotea

A igrexa de Folgoso está entre o lugar da Cancela e da Igrexa. É dun estilo barroco do século XVIII. E da tipoloxía rural habitual na bisbarra, cunha planta rectangular e unha soa nave. Ten no seu interior un retablo barroco, mais o resto da decoración é sobria. A fachada principal está rematada por unha espadana dobre cun cume en pináculos[1][2].

Cruceiro de Folgoso

O cruceiro áchase preto da igrexa, fóra do muro perimetral da igrexa de Santa Dorotea. É unha obra pedesta de base cadrada e un arranque de fuste de sección cadrada. O último terzo do cruceiro faise con esquinas biseladas e mostrando un capitel con volutas e follas de acanto. Os laterais do cruceiro está decorados con rostros de querubíns. Na cruz atopa polo anverso a imaxe de Cristo e polo reverso a imaxe da Virxe, ambas as dúas figuras realizadas nun talle primitivo[1][2].

O pazo de Folgoso

O Pazo de Folgoso describiuse por primeira vez no ano 1700 e encrávase na Aldea de Abaixo, Folgoso, Abegondo. Aparecía daquela como unha torre e un escudo. Nese templo parroquial tiñan os señores do pazo as súas sepulturas brasonadas que no escudo da torre apenas podíanse ler "Martínez Barbeito". Arestora o pazo asemellase a unha casa labrega tradicional, inda que a parte en forma de "torre" se lle segue a dar ese nome, e como mostran as pegadas nos muros indicando seren unha construción militar[1][2].

Arqueoloxía

Os Ullos

No lugar de San Bartolomé foron descubertas por obras de oleoduto, nun 450 metros de cavadas, 24 anacos de cerámica medieval e un lítico do Calcolítico-Idade de Bronce. Porén, nesa zona non foi descuberta ningunha estrutura arqueolóxica asociada a ese material. A construción do oleoduto destruíu parcialmente o xacemento[1].

Casarío de San Bartolomé

No lugar de San Bartolomé localizouse un xacemento de fragmentos líticos e cerámica durante as obras de construción dun oleoduto dende A Coruña a Vigo. En 240 metros da vía do oleoduto recolléronse fragmentos de cerámica, no que 68 restos pertencen á Idade Media e dous ao Calcolítico e Idade de Bronce. Nese mesmo tramo tamén se atoparon oito obxectos líticos do Calcolítico/Idade de Ferro. O xacemento foi alterado polas obras do oleoduto e de naves industriais próximas[1].

Mámoas

Existen varias mámoas descubertas[1]:

  • Mámoa 3 de San Bartolomé
    • Esta mámoa non ten restos de estruturas pétreas. Ten unha masa tumularia moi espallada, con forma alongada en sentido leste-oeste, por mor dos traballos agrícolas realizados nesa zona. O cono de violación foi colmado por causa deses traballos agrícolas na zona. O estado de conservación é malo.
  • Mámoa 5 de San Bartolomé
    • É un enterramento tumulario de planta circular no que non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Consérvase medianamente ben.

Galería de imaxes

Abegondo Parroquias

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abegondo

Lugares e parroquias

Parroquias de Abegondo

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Orden del DOG nº 184 de 2012/9/26 - Xunta de Galicia". Diario Oficial de Galicia (en castelán) (184). 26 de setembro de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 [1] Turgalicia.es

Véxase tamén

Outros artigos

A Aldea de Arriba, Folgoso, Abegondo

A Aldea de Arriba é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 10 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 5 homes e 5 mulleres.

A Braña, Folgoso, Abegondo

A Braña é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña.

A Igrexa, Folgoso, Abegondo

A Igrexa é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 4 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 3 homes e 1 muller.

A Lameira, Folgoso, Abegondo

A Lameira é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 13 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 8 mulleres.

A Travesa, Folgoso, Abegondo

A Travesa é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 16 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran homes e 9 mulleres.

Beche, Folgoso, Abegondo

Beche é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 9 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 4 homes e 4 mulleres.

Cancela, Folgoso, Abegondo

Cancela é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña.

Coedo, Folgoso, Abegondo

Coedo é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña.

Galería de imaxes de Abegondo

Galería de imaxes do concello de Abegondo na provincia da Coruña.

O Vao, Folgoso, Abegondo

O Vao é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 9 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 6 mulleres.

Vilar, Folgoso, Abegondo

Vilar é un lugar da parroquia de Folgoso no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Tiña 23 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 10 eran homes e 13 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.