Foedus

Foedus é o nome que recibe o pacto que estabelecía o Imperio Romano con diversos pobos e con diferentes fins. Normalmente eran de tipo político e militar dándose axuda mutua a cambio dalgunha garantía.

No caso concreto dos vándalos, alanos e suevos, que cruzaran os pasos pirenaicos no outono do 409 e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xermánicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza de facto no marco dos territorios que ocupaban.

Parece bastante seguro que o foedus se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na Hispania, Flavio Constancio e para ambas as partes o tratado era do máis conveniente. Desde o punto de vista xermánico porque o bandoleirismo non era forma de vida posíbel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarían a facer os vándalos. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantía a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e podería atender os asuntos que reclamaban a súa presenza na Italia e facer fronte á sublevación da Galia que estaba o ocorrer naqueles intres.

Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigándoos á contrapartida habitual nos foedus, que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia Tarraconense, que se debe entender como un intento de afastar os xermánicos do Mediterráneo, derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da Hispania.

Gallaecia-Dioclecianus
Situación dos conventos xurídicos da Gallaecia tras a reorganización administrativa do emperador Diocleciano

Por mutuo acordo procederon estes ao repartimento, mediante sorteo, de tres lotes equivalentes entre tres grupos de poboación numericamente equilibrados. Aos alanos correspondeu a Cartaxinense e a Lusitania, a rexión máis ampla, pero tamén a mais pobre. Os vándalos silingos asentáronse na Bética, territorio máis reducido pero máis rico. Por fin, ao conxunto formado por vándalos asdingos e suevos foilles adxudicada a provincia da Gallaecia.

Suevos e vándalos asdingos repartíronse a provincia, que tras a reorganización de Diocleciano, comprendía a actual Galiza até o Douro, e, cara o leste, boa parte da meseta norte. A división faise seguindo os meridianos actuais, correspondéndolles aos vándalos a meseta e terras chás, mentres que os suevos ocuparon os límites do Macizo Galaico até o mar,pero non ocuparon toda a súa extensión, xa que eran un pobo cun número moi limitado de individuos, e, segundo as fontes, estabelecéronse na súa maior parte no Convento Xurídico Bracarense, isto é, centrándose en Braga, as terras que abranguen entre o Miño e o Douro cara o océano.

Década de 370

A década de 370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 370 e remata o 31 de decembro de 379.

Década de 410

A década de 410 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 410 e remata o 31 de decembro de 419.

Eurico

Eurico (cara a 420-484) foi rei dos visigodos (logo de asasinar ao seu irmán Teodorico II) desde 466 ao 484. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos.

O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.

Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa, aínda que nominalmente en Arlés. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha gran extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.

Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático ariano.

Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Godos

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.

Guerras latinas

As guerras latinas foron unha serie de enfrontamentos que tiveron lugar na Antigüidade na península itálica. Os contendentes foron a cidade de Roma, constituída en República, e os pobos itálicos do Lacio (latinos e faliscos) debido ó interese de Roma por sometelos. Foron principalmente dous os enfrontamentos entre latinos e romanos, moi separados no tempo; ambos os conflitos foron moi breves.

Guerras samnitas

As Guerras Samnitas foron unha serie de conflitos armados da Antigüidade que enfrontaron principalmente ao pobo itálico dos samnitas, que dominaban os Apeninos ao sur do Lacio, contra a incipiente República Romana polo control da Italia central. No intervalo entre o 343 e o 290 a. C. producíronse tres guerras entre ambos contendentes, que propiciaron o completo sometemento dos samnitas ao poderío romano.

Hermerico

Hermerico, finado no ano 441, foi o primeiro rei do reino suevo de Galicia, gobernando dende o 409 até o seu retiro no ano 438. A súa relixión era o paganismo xermánico e foi inimigo do Imperio Romano ó longo da súa vida. De acordo cos manuscritos Historia Suevorum do historiador Isidoro de Sevilla, o seu reinado durou trinta e dous anos, mais outro manuscrito cifra a duración do seu reinado en catorce anos.

Reino suevo

O reino suevo ou reino suevo de Galiza configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Reino visigodo

O reino visigodo (en gótico: Gutþiuda Þiudinassus) foi unha entidade política que xurdiu no ano 419 tras asinar a paz os visigodos cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa.

O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre Hispania e sobre a Galia con notable éxito. No ano 475 selou a paz co emperador de Oriente Xulio Nepote e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o Loira e Xibraltar.

No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por Clodoveo, tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron Septimania e unha parte da Provenza fóra da Península Ibérica e a capital acabou trasladándose oficialmente a Toledo no 554, entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de Leovixildo ao poder. No ano 585 os visigodos conquistan o Reino de Gallaecia e pouco despois con Recaredo convértense ao catolicismo arrenegando do arianismo, no 624 os visigodos toman as posesións bizantinas da Bética, finalmente no ano 711 desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.

Requila

Requila (? 448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza, substituíndo o seu pai Hermerico. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais Hidacio foi un cronista cristián (mais non ariano) contemporáneo a el.

Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en 441). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo foedus con Roma e alianzas coas tribos bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes) no río Genil (Singilis). Conquistou as capitais provinciais de Mérida en 439 e Sevilla en 441.

Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ó xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas.

A súa morte produciuse en Mérida en 448 e sucedeuno o seu fillo Requiario.

Teodorico I, rei visigodo

Teodorico I (?, ? - Campos Cataláunicos, preto de Châlons-en-Champagne, 451), nome xermánico composto polas palabras theud (pobo) e ric (poder, soberano) que significa «soberano do pobo», tamén chamado Teodoredo, foi o rei dos visigodos durante o período do reino visigodo de Tolosa, entre os anos 418 e 451. Suposto fillo ilexítimo de Alarico I, foi escollido como novo monarca despois da morte de Walia. O seu reinado viuse marcado pola sinatura da alianza cos romanos en 418, estabelecendo un réxime de foedus derradeiros anos do reinado anterio. Malia a alianza, Teodorico non respetou sempre esta alianza, que o supeditaba ó emperador romano, e va buscou unha maior independencia política. Máis aínda, intentou estender os dominios visigodos alén das rexións do sur da Galia, arredor de Tolosa. As accións militares erradas contra os romanos nas décadas de 420 e 430 foron detidas pola acción do xeneral Aecio. Teodorico intentou consolidar o seu poder fronte os romanos a través dunha política exterior con outros pobos bárbaros da parte occidental do Imperio Romano, desenvolvida durante a década seguinte a través de alianzas matrimoniais que tiveron máis ou menos éxito.

Ó final do seu reinado, por mor da ameaza dos hunos no norte da Galia, acabou uníndose en coalición militar co exército romano dirixido por Aecio, de igual forma que moitos outros exércitos bárbaros. Neste contexto, convértese nun dos participantes da batalla dos Campos Cataláunicos no verán do 451, durante a cal morreu, supostamente a mans dun caudillo dos ostrogodos, que eran aliados dos hunos. Foi sucedido polos seus fillos, primeiro polo primoxénito, Turismundo, conseguindo, en certa forma, unha sucesión hereditaria entre os seus descendentes. Porén, a sucesión real non foi pacífica senón que se caracterizou de intrigas e asasinatos entre familiares.

Walia

Walia, Wallia ou Valia, finado no ano 418, foi un rei dos visigodos entre os anos 415 e 418. Sucedeu a Ataúlfo trala morte deste en 415 e a morte de Sixerico asasinado a mans dos seus seguidores. Asinou con Roma un tratado (foedus) co que se comprometía a expulsar da península Ibérica aos pobos bárbaros que penetraran dende o ano 409.

Sucedeuno o xenro de Alarico I, Teodorico I.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.