Fociño

O fociño[1] é, nalgúns animais (incluídos seres humanos), a parte baixa da cara (queixo), a boca e as fazulas. Nalgúns animais, se o nariz está moi xunta á boca, considérase parte do fociño, entre eles, os gatos, cans, seres humanos etc.

Grey Wolf 4
Fociño dun lobo

Fociños de cans

Os fociños dos cans varían amplamente de forma e van dos extremadamente longos e delgados (dolicocefálicos) aos practicamente inexistentes por planos (braquicefálicos) como o Carlino. Algunhas razas teñen fociños que en certo xeito lembran o lobo orixinal en forma e tamaño, e outros acurtáronse en certo xeito (mesocefálicos) como os sabuxos.

Afghan Hound

Lebrel Afgán dolicocéfalo

Canis lupus laying

Testa dun lobo, coa que a dos cans é comparada

AmericanCockerSpaniel wb

Cocker americano mesocefálico

Pug 600

Can Carlino braquicefálico

Outros animais

  • En elefantes, en forma de trompa (é o fociño máis longo do mundo)
  • En crocodilos, nos que se di que os ollos tamén forman parte do fociño.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fociño.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Bozal
Aguaneiro

O aguaneiro ou aguaneira[Cómpre referencia] tamén chamado rato do almiscre, toupa de río e toupeira da auga, (Galemys pyrenaicus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae que habita nas zonas montañosas do norte da Península Ibérica e sur de Francia. É un insectívoro semiacuático que habita as proximidades de regatos e torrentes, de hábitos principalmente nocturnos, cuxa signo de identidade máis característico é o seu fociño con forma de trompeta.

Alce

O alce ou ante (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador.

Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.

Bambi

Bambi é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Caniformes

Os caniformes (Caniformia) son unha suborde da orde dos carnívoros. Típicalmente posúen un longo fociño e unllas non retráctiles (en contraste cos outros carnívoros coma os feliformes). Os pinípedes (focas, leóns mariños e morsas) evolucionaron cos ancestros caniformes e por conseguinte están asignados a este grupo.

Coiote

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

O coiote (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; desde Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da verba náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.

A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.

O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a ras do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.

Crocodilo

Crocodilo pode ser calquera das 13 ou 14 especies existentes (e outras fósiles) dos réptiles da familia Crocodylidae (crocodílidos). O termo tamén é usado ás veces sensu lato para incluír todos os membros da orde Crocodilia. Discútese se o xénero Tomistoma pertence a Crododylidae ou a Gavialidae. O maior réptil hoxe na face da terra pertence a esta familia e é o crocodilo de auga salgada, que se encontra desde a India a Australia.

As diferenzas externas máis obvias entre os crocodilos e os aligátores son visibles na cabeza. Os crocodilos teñen cabezas máis estreitas e máis longas, e os morros teñen máis forma de V que de U. A mandíbula superior do aligátor é máis ancha que a inferior, e os dentes da mandíbula inferior encaixan en pequenas depresións da mandíbula superior. As mandíbulas superior e inferior dos crocodilos son da mesma anchura, e os dentes da mandíbula inferior quedan ao bordo ou pola parte externa da mandíbula superior cando pechan a boca. Nos crocodilos, cando pechan a boca o longo cuarto dente da mandíbula inferior encaixa nunha amosega da parte externa da mandíbula superior, polo que é moi visible. Os crocodilos teñen dedos máis palmados nos pés traseiros e poden tolerar mellor a auga salgada, xa que teñen glándulas do sal especializadas, que están presentes pero non son funcionais nos aligátores. Os crocodilos son os máis agresivos dentro dos crocodilianos. Diferéncianse da familia dos gaviálidos por teren un fociño máis ancho.

Equidna de fociño curto

O equidna de fociño curto (Tachyglossus aculeatus) é unha das catro especies existentes de equidna e o único membro do xénero Tachyglossus. O equidna de fociño curto está cuberto de peluxe e espiñas e ten un característico fociño e unha lingua especializada que emprega para capturar ás súas presas a gran velocidade. Como os outros monotremas que existen, o equidna de fociño curto pon ovos. Os monotremas son o único grupo de mamíferos que poden facelo.

Esta especie vive en Australia, onde é o mamífero nativo máis espallado, e nas rexións costeiras e terras altas do suroeste de Nova Guinea, onde é coñecido como mungwe nas linguas dadibi e chimbu. Non se atopa en perigo de extinción, pero actividades humanas coma a caza, a destrución do hábitat e a introdución de especies depredadores e parasitos estranxeiros, diminuíron a distribución do equidna de fociño curto en Australia.

Equidna de fociño longo

O Equidna de fociño longo é un dos dous xéneros (xénero Zaglossus) de equidnas, monotremas espiñosos que viven en Nova Guinea. O equidna de fociño longo tamén habita en Australia. Hai tres especie existentes e dúas extintas neste xénero. O equidna é un dos dous tipos de mamíferos que poñen ovos, sendo o outro o ornitorrinco. Os equidnas son os sobreviventes dos mamíferos máis antigos e foron uns dos primeiros en amosar sinais de evolución.

O equidna de fociño longo aparece na lista de especies ameazadas pola World Conservation Union.

Equidna de fociño longo de Attenborough

O equidna de fociño longo de Attenborough (Zaglossus attenboroughi), tamén coñecido como equidna de fociño longo de Sir Davis é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Recibe o seu nome na honra de Sir David Attenborough, o eminente naturalista. Vive nas Montañas Ciclopes en Papúa, provincia de Indonesia, preto das cidades de Sentani e Jayapura.

É o membro máis pequeno do seu xénero, sendo máis semellante en tamaño ó equidna de fociño curto que ós outros membros do seu xénero. O macho é meirande que a femia, e poden diferenciarse polas esporas das patas traseiras. O equidna non é un animal social, que só se xunta con outros da súa especie unha vez ó ano (en xullo) para emparellarse. A femia deposita os ovos despois de oito días, e as crías estarán na bolsa da nai preto de oito semanas ou ata que as súas espiñas se desenvolvan.

Ten hábitos nocturnos, e pode facerse unha bóla de espiñas cando se sente ameazado, de forma parecida a como o fan os ourizos. O equidna pesa entre 5 e 10 kg, e pode atoparse en toda Nova Guinea, sendo máis común nas zonas montañosas.

Equidna de fociño longo occidental

O equidna de fociño longo occidental (Zaglossus bruijni) é unha das catro especies existentes de equidnas e unha das tres especies de Zaglossus que viven en Nova Guinea. Orixinalmente descrito como Tachyglossus bruijni, é a especie tipo de Zaglossus.

Equidna de fociño longo oriental

O Equidna de fociño longo oriental (Zaglossus bartoni), tamén coñecido como Equidna de fociño longo de Barton, é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Vive principalmente en Papúa Nova Guinea en terreos elevados a 2000 ou 3000 metros.

Pode ser distinguido doutros membros do seu xénero polo número de gadoupas nas patas traseiras: ten cinco nas patas dianteiras e catro nas traseiras. O seu peso varía entre 5 e 10 kg e o seu corpo mide entre 60 e 100 cm. Ten unha densa peluxe negra. A especie é o monotrema máis grande e de movementos máis lentos. Faise unha bóla de espiñas para defenderse de ameazas.

Hai catro subespecies recoñecidas:

Z. bartoni bartoni

Z. bartoni clunius

Z. bartoni smeenki

Z. bartoni diamondiA poboación de cada subespecie está xeograficamente illada. As subespecies diferéncianse entre elas polo tamaño do corpo.

Esturión

O esturión, Acipenser sturio Linnaeus, 1758, tamén coñecido como sollo, ou sollo rei, é unha especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser, é dicir, o esturión propiamente dito.Trátase dun peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade. Porén, hoxe en día os individuos de máis de 2 a 3 m raramente son capturados.Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.

Haplorrhini

Os haplorrinos (Haplorrhini), do grego antigo ἁπλῶς haplôs, "simple", e ῥίς ῥινός rhís, rhinós, "nariz"), son unha ampla suborde de primates entre os que se inclúe o ser humano. Chámanse así porque carecen dunha membrana ao redor do rinario (zona de pel sen pelo que existe ao redor das fosas nasais dalgúns mamíferos) e de vibrisas no fociño, ao contrario que os primates estrepsirrinos (Strepsirrhini), como os lémures. Estas dúas características aparecen tamén en moitos outros mamíferos: ratas, cans etc. O rinario adoita estar dividido verticalmente en dúas seccións e hai autores que consideran o suco de debaixo do nariz dos haplorrinos un vestixio desta segmentación.

Todos os haplorrinos posúen un útero de cámara única, fóra diso os tarsios, que posúen útero bicorne como os estrepsirrinos. Adoitan parir unha única cría e o tempo que pasan con ela é máis longo que o dos estrepsirrinos. O corpo ademais tende a ser máis grande que en aqueles, e posúen un diámetro cerebral maior e unha visión máis desenvolvida, distinguindo cores e chegando a ser case todos diúrnos.

Nariz

O nariz ( pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio. De conformación moi diversa pódese indicar que consta basicamente de dúas bolsas ou cavidades, unha no caso dos ciclóstomos, situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por cavidade, no caso dos peixes e un nos outros vertebrados.En todos os vertebrados, agás os ciclóstomos e os peixes non crosopterixios, as cavidades nasais comunícanse a través do teito da boca coa farinxe e formas as coanas, o que permite que, ademais de cumprir a función olfactiva, sirvan como vías respiratorias. No interior destas bolsas hai células olfactivas. Nas aves, o nariz está moi pouco desenvolvido. Nos mamíferos está ben desenvolvido, agás nos mariños e nos primates superiores, e, como nos crocodilos, existe un conduto nasofarínxeo que leva o aire por riba do padal secundario até a farinxe.Nos seres humanos, o nariz está situado centralmente na cara; na maioría dos outros mamíferos atópase na parte superior do fociño. A forma do nariz humano está determinada polo óso etmoide e polo tabique nasal.

Peteiro

O peteiro ou bico é unha formación córnea nas aves. Está composto polo maxilar superior e o maxilar inferior ou mandíbula.

O peteiro é o único xeito que teñen as aves para consumir alimentos. As aves non teñen dentes, así que engolen o seu alimento enteiro. A forma do pico dunha ave depende da súa dieta. Por exemplo, os papagaios usan os seus peteiros agudos para cascar froitas e noces, os colibrís teñen un peteiro en forma de tubo para extraer o néctar das flores. Noutras aves os machos emprégano para atraer ás femias (como o tucano e cálao). O do pelicano é longo, agudo e recto, para penetrar con pouca resistencia na auga, e cun pregue de pel no maxilar inferior para apañar nel peixes. As aguias e outras aves rapaces posúen o peteiro afiado e en forma de gancho, co fin de desgarrar doadamente a carne dos animais dos que se alimentan.

Os peteiros non son exclusivos das aves, pois estes tamén se atopan nos monotremas (ornitorrinco e equidna), tivérono algúns terápsidos antigos (como o listrosauro) e posúeno algúns moluscos cefalópodos coma as luras. Así mesmo, tamén se lle dá o nome de bico, ao fociño alongado e afiado dalgúns cetáceos, como, por exemplo, os golfiños e os zifios.

Quinorrincos

Os quinorrincos ou cinorrincos (Kinorhyncha, do grego κίνηω kīneō "mover" e ῥυγχος rhynchos "fociño") son un filo de animais pseudocelomados mariños de pequeno tamaño (1 mm o menos), que viven nos sedimentos, a profondidades que poden alcanzar os 6 000 m.Xunto cos loricíferos (Loricifera) e os priapúlidos (Priapulidae) constitúen o clado dos Scalidophora ou Cephalorhyncha Segundo os autores.Téñense descrito unhas 150 especies.

Ra

Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.

Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga. Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.

Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados. O cágado (tamén chamado cabezolo, cabezudo, cagote, cagulo, cullarapo, cullareto, culler, ou relo) é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da agua. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Puerto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath de Camerún e Guinea Ecuatorial).

Raposo

Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo ou golpe é un mamífero omnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.

Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas. Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas. A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.

Señor Popo

O Señor Popo (ミスター・ポポ, Misutā Popo) é un personaxe de ficción do manga e anime Dragon Ball, creado por Akira Toriyama no ano 1984.

É o axudante de Kamisama, o Deus da Terra de Son Goku, e é o encargado de atender ós visitantes. Na serie, adestra a Son Goku nas arte marciais e ensínalle a Sala da Alma e do Tempo. Está caracterizado como un home gordo de pel negra e beizos vermellos que vai vestido con roupa propia da cultura árabe; non ten fociño e os seus ollos son redondos e pequenos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.