Floyd Landis

Floyd Landis, nado en Farmersville, Lancaster County, Pensilvania o 14 de outubro de 1975, é un ciclista estadounidense, profesional dende o ano 1999.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Floyd Landis
Floyd Landis stage 18 Tdf 2006
Nacemento14 de outubro de 1975
 Farmersville
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónciclista
Floyd-landis-toctt
Landis no Tour de California en 2006.
14 de outubro

O 14 de outubro é o 287º día do ano do calendario gregoriano (288ºnos anos bisestos). Quedan 78 días para finalizar o ano.

Algarve

O Algarve é unha rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, constituída dende 2003 como Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional (CCDR). Ten unha superficie de 5.412 km² e 451.005 habitantes (2011). A actual rexión do Algarve correspóndese na súa totalidade coa antiga provincia do mesmo nome e co distrito de Faro.

O Algarve divídese en 16 concellos, e a súa capital é a localidade de Faro. A principal actividade económica da rexión é o turismo, atraído polas praias e o patrimonio cultural.

David de la Fuente

David de la Fuente Rasilla, nado o 4 de maio de 1981 en Reinosa (Cantabria), é un ciclista español.

Dopaxe

A dopaxe (doping, en inglés) é o termo empregado polo xeral para definir o uso de substancias ou métodos para mellorar o rendemento físico no contexto do desenvolvemento da actividade deportiva. O emprego de axentes dopantes adoita estar prohíbido. O Código Mundial Antidopaxe, redactado pola Axencia Mundial Antidopaxe (AMA, ou WADA en inglés) foi redactado en 2003, con posteriores modificacións en 2009 e 2014, onde se establecía a definición de dopaxe coma calquera infracción da normativa antidopaxe descrita en dito código. Desde o 1 de xaneiro de 2015 comezou a estar vixente o Código Mundial 2015, que introduciu importantes modificacións respecto das anteriores versións.

O uso de substancias ten a súa orixe hai séculos, desde o momento en que se creou o concepto de deporte.

Eritropoetina

A eritropoetina ou EPO (tamén chamada hematopoetina ou hemopoetina) é unha hormona glicoproteica que controla a formación de células sanguíneas vermellas ou eritropoese. Funciona como unha citocina para os precursores dos eritrocitos na medula ósea.

Prodúcena as células intersticiais dos riles, que están en estreita asociación cos capilares peritubulares e as células epiteliais tubulares. Prodúcena tamén as células de Ito perisinusoidais do fígado. A produción hepática é a que predomina no feto e no período perinatal, pero a produción renal predomina nos adultos. Ademais de regular a produción de glóbulos vermellos (eritrocitos) ten outras funcións biolóxicas como por exemplo, xoga un importante papel na resposta do cerebro aos danos neuronais, e está implicada no proceso de curación de feridas.Cando se usa EPO exóxena como substancia dopante que aumenta o rendemento, clasifícase como axente estimulante da eritropoese (ESA). A EPO exóxena pode detectarse no sangue, porque ten pequenas diferenzas coa proteína endóxena, como por exemplo, no tipo de modificación postraducional.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Grandes Voltas

As Grandes Voltas, en ciclismo, é o nome que reciben as tres carreiras por etapas máis importantes: Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España.

París-Niza

París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañalo tránsito da carreira do norte ao sur de Francia.

Por mor da Segunda Guerra Mundial, a París-Niza desaparece trala edición de 1939. En maio de 1946 vólvese a celebrar, pero non ten continuidade os anos seguintes.

En 1951, o xornalista Jean Leulliot recupera a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 toma o nome de « Paris-Côte-d'Azur ». En 1954 retoma o nome orixinal de « París-Niza », que só se modifica en 1959 cando se disputa como París-Niza-Roma. Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.

Dende 1982 ata 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asume a dirección da carreira, que é traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002, a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.

Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.

A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.

Robert Hunter

Robert Hunter, tamén coñecido como Robbie Hunter, nado o 22 de abril de 1977 en Xohanesburgo, é un ciclista surafricano especialista en espríns.

Tour de Francia 2005

O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.

Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou ate a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.

No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue. Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe. A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.

Tour de Francia 2006

O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.

Tour de Francia 2007

O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.

Óscar Pereiro

maill

Óscar Pereiro Sío, nado en Petelos (Mos) o 3 de agosto de 1977, é un ciclista galego retirado, profesional entre os anos 2000 e 2010, cuxo principal éxito foi acadar a vitoria na clasificación xeral do Tour de Francia 2006, converténdose no quinto ciclista español que gañaba a prestixiosa carreira francesa. Trala súa retirada como ciclista profesional, debutou como futbolista disputando unha tempada co equipo filial do Coruxo Fútbol Club, ó tempo que comezaba a colaborar como comentarista deportivo radiofónico na COPE. Ó ano seguinte deixou o fútbol para probar sorte no mundo dos rallys, disputando varias probas da edición 2012 do Campionato de España, ó tempo que comezou a traballar como colaborador do programa de televisión Punto Pelota.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.