Flavio Honorio

Flavio Honorio, nado en Constantinopla o 9 de setembro de 384 e finado en Rávena o 15 de agosto de 423, foi un emperador romano.

Flavio Honorio
Consular diptych Probus 406
Nacemento9 de setembro de 384 e 384
 Constantinopla
Falecemento15 de agosto de 423 e agosto de 423
 Ravenna
CausaEdema
SoterradoAntiga Basílica de São Pedro
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiTeodosio I
NaiAélia Flacila
CónxuxeMaria (imperatriz) e Termância
IrmánsGala Placidia, Arcadio e Pulquéria
Honorius - Miliariense - RIC 0369.1
Neste miliarense de prata Honorio é celebrado como gloria dos romanos e porta un halo.

Traxectoria

Fillo de Teodosio I e maila súa primeira esposa Elia Flacila, en 393 foi nomeado augustus polo seu pai, e, antes de morrer en Milán no 395, declarouno emperador da pars occidentis do Imperio, e a seu irmán maior Arcadio, da pars orients. Contaban dez e dezaoito anos de idade respectivamente, polo que non asumiron persoalmente o poder. No caso de Honorio o poder exerceuno Flavio Estilicón, xeneral de orixe vándala, casado con Serena, sobriña de Teodosio.

Rexencia de Estilicón (395-408)

Co tempo Honorio demostrou ser un home de carácter débil e non moi intelixente, lonxe das calidades coma gobernante de seu pai. Algúns historiadores conclúen que podería ter sufrido algún tipo de retardo mental. Sempre estivo en mans de personaxes fortes que lle foron fieis e leais. Casou dúas veces, con María e Termancia, ámbalas dúas fillas de Estilicón, pero non tivo descendencia nin estas foron nunca recoñecidas coma augustas, polo que non se teñen moedas e retratos delas.

Nestes anos prodúcense incursións masivas de continxentes xermanos en territorios do imperio. Os visigodos, despois dunha tentativa de Estilicón de vencelos en Grecia, no 398, apouséntanse nas terras da Iliria, cedidas polo emperador Arcadio. No ano 400 invaden Italia e Estilicón tarda en reaccionar dous anos, pero ao final vénceos en Pollentia (a actual Pollencia) e máis tarde en Verona, polo que Alarico, o rei dos visigodos, se retira de novo a Iliria. Pero aquel intento fracasado de Alarico tivo coma consecuencia o traslado da corte de Milán a Rávena en 402. Rávena era unha cidade máis segura debido ás súas murallas e máis os pantanos e baixos que a rodeaban. A influencia de Milán comezou deste xeito a verse minguada, así coma a do seu bispo.

Os suevos lánzanse sobre Italia a través dos Alpes. Estilicón logra detelos, pero deixando desprotexida a fronteira do Rin, pola que no 404 se lanzan os ostrogodos, mandados por Radagaiso, pero de novo Estilicón os vence. Son de novo os suevos os que penetran na Galia co seu xefe Hermenerico á fronte. Ségueno os vándalos con Gunderico e un continxente importante de alanos. Estilicón rexeitara as invasións concentrando as súas tropas dispoñibles en Italia, e desprotexendo todo o Imperio. Esta situación deu lugar a que en Britannia, as tropas nomeasen emperador a quen máis tarde se denominaría Constantino III.

Este usurpador pasou coas tropas a Galia, empurrando a suevos, vándalos e alanos cara o sur, a Hispania. Os britanos mentres tanto tíñanse que defender dos pictos e piratas saxóns como podían, e os escotos aproveitaron a ocasión para establecerse de xeito permanente en territorio britano. O usurpador Constantino nomea o seu fillo Constante augustus e envíao a Hispania para loitar contra os bárbaros, mentres el faille fronte a unha invasión dos burgundios, aos que vence e fainos os seus aliados, pero das tropas do Rin.

Mentres tanto, Estilicón organiza unha expedición cara a Galia, pero as súas tropas amotínanse, e Honorio non atopa mellor solución que ordenar a decapitación do seu mellor xeneral.

Usurpacións na Gallia e Hispania e o Saco de Roma (408-410)

John William Waterhouse - The Favorites of the Emperor Honorius - 1883
Os favoritos do Emperador Honorio, de John William Waterhouse, 1883.

A morte de Estilicón no 408 non lles gustou a moitos godos que formaban parte do exercito romano, así como certas medidas antiarianas tomadas polos sucesores de Estilicón. Decenas de miles de godos uníronse a Alarico, quen aproveitou a ocasión para invadir de novo Italia, chegando ás mesmas portas de Roma. Alarico pediu terras para os godos en Italia, xa que non era consciente de que a descomposición do Imperio o facía dono e señor de Italia, pero a fama de Roma aínda pesaba moito nas conciencias dos bárbaros. Pensábase que Roma aínda era capaz de montar un exército e varrer os godos de Italia. Pero a realidade era outra, e non había medios para lles facer fronte.

A esta petición de Alarico, Honorio negouse, e Alarico cercou Roma, tentando deste xeito que Honorio cedese. Pero este estaba a salvo en Rávena, polo que se negou de novo e Alarico no 410 entra en Roma despois de que a cidade se rendese. Era a primeira vez en oitocentos anos que un exército inimigo entraba na cidade eterna. A impresión en occidente foi enorme. Pero Alarico só estivo uns días na cidade, e máis coma turista que coma vencedor. Levou, entre outros, a Gala Placidia, irmá de Honorio, coma refén, que máis tarde casaría co seu cuñado Ataúlfo. Diríxese cara ao sur, tentando de atravesar o Mediterráneo cara a África, e apoderarse de Sicilia. A frota que o tiña que transportar asolágase e vese obrigado a volver, pero colle unhas febres e morre. Os visigodos elixen o seu cuñado Ataúlfo como xefe. Este leva as tropas visigodas ao norte.

Mentres tanto, a situación no resto do Imperio degrádase. Constante, o fillo do usurpador Constantino, é asasinado en Hispania, e Máximo na provincia Tarraconense proclámase emperador. Na Galia, aparece un novo emperador, os irmáns Xovino e Sebastián, en Italia, é un emperador monicreque dos visigodos Prisco Atalo. Honorio non fai nada para tentar de solucionar a desastrosa situación que está a caer no Imperio. Pero atopa nun xeneral, Constancio, que ía deter estas graves ameazas para o Imperio Romano é unha relativa recuperación.

Ascensión e poder de Constancio (411-423)

Constancio diríxese á Galia e vence a Constantino en Arlés. O hispano Máximo foxe de Hispania e se refuxia alén das raias xermanas, desaparecendo. De Xovino, quen chegara a un acordo cos visigodos para defender a terra, Ataúlfo chega a un acordo co xeneral Constancio para se dirixir a Hispania e librala dos bárbaros. Entrega a Xovino, quen é inmediatamente executado.

Os visigodos diríxense a Hispania e son conscientes entón de que se poden converter nun pobo cun reino independente. O posto de rei empeza a ser teimado por algúns, xa que pouco despois da súa chegada, Ataúlfo é asasinado. Sixerico, o seu sucesor, durou sete días, sendo logo nomeado Valia, que se dirixira a África en busca de provisións, quen de novo se dirixe a Honorio para acadar este aprovisionamento a cambio da devolución de Gala Placidia. Era o ano 416.

Morte (423)

No ano 421, Constancio é elevado a categoría de augustus, pero aínda que morre pouco despois, o seu fillo chegaría a ser emperador co nome de Valentiniano III. Este fillo tívoo con Gala Placidia, casada con Constancio á súa volta de Hispania. Mentres tanto, Honorio esmorece en Rávena, onde no ano 423 morre de hidropisía.

Xuízos sobre Honorio

O seu tempo estivo subliñado polas grandes invasións bárbaras, pero dentro dos anais do imperio Romano non se atopa un emperador máis desastroso. A Galia, Hispania e Britannia xa nunca volverán ao Imperio. Entre as súas derradeiras decisións estivo chegar a un acordo con Valia para formar o Reino de Tolosa, que lle entregaba parte do sur da Galia a cambio de que os visigodos acabasen cos vándalos e alanos en territorio hispano. O recoñecemento por parte de Roma deste reino, acelerou dun senso irremediable o derrube do imperio Romano de Occidente.

Imperio Romano

Segue a:
Teodosio I
Flavio Honorio
Precede a:
Xoán Primicerius
Imperio do Occidente
Aquitania

Aquitania (en éuscaro: Akitania, en francés: Aquitaine, en occitano: Aquitània, en poitevino-santoñés: Aguiéne), antigamente Guyenne ou Guienne (en occitano: Guiana), é unha das 26 rexións de Francia, na parte suroeste da Francia metropolitana, ao longo do Océano Atlántico e os montes Pireneos.

O nome da rexión provén do nome da antiga provincia romana de Aquitania ou "país das augas". Na Idade Media foi un reino e máis tarde un ducado, cunhas fronteiras considerablemente meirandes que os modernas. A súa capital é Bordeos.

Arcadio

Flavius Arcadius, en galego Arcadio (377/378 - 1 de maio de 408) foi Emperador do Imperio Romano de Oriente desde 395 ata a súa morte en 408.

Fredebaldo

Fredebaldo ou Fridibaldo (fl. 409-417), tamén coñecido como Fredebal, Fredbal ou Fredbalus, foi rei dos vándalos silingos na Bética, dende antes do 411 e ata o 417. Fredebaldo liderou ós silingos durante a repartición da Hispania do 411, e foilles concedida a Bética, a provincia máis fértil. Pouco se sabe dos anos seguintes, até que no 417 foi derrotado militarmente e capturado polas forzas do rei visigodo Walia, quen o enviou á corte do emperador Flavio Honorio, en Rávena. Descoñécese o seu destino posterior e a data do seu falecemento, así como a súa descendencia, se a tiver.

Gala Placidia

Gala Placidia, nada en Tesalónica en 388 e finada en Roma o 27 de novembro de 450, foi unha nobre romana, filla do emperador Teodosio I e da súa segunda esposa Gala, filla á súa vez de Valentiniano I, emperador de Occidente.

Honorio

O nome Honorio pode referirse a:

Flavio Honorio, emperador romano.

Honorio I, papa da igrexa católica.

Honorio II, papa da igrexa católica.

Honorio III, papa da igrexa católica.

Honorio IV, papa da igrexa católica.

Olallo, antipapa

Olallo, nado sobre o 380 e finado sobre o 450, foi un antipapa de orixe romana en oposición ao papa Bonifacio I entre o 27 de decembro de 418 e o 3 de abril de 419.

Paulo Orosio

Paulus Orosius, chamado tamén Paulo Orosio ou simplemente Orosio, nado aproximadamente en 383 e falecido quizais en 420, foi un historiador e teólogo da Gallaecia, posiblemente natural de Bracara Augusta (o que hoxe se coñece como Braga, Portugal).

Saqueo de Roma (410)

O saqueo de Roma ocorrreu o 24 de agosto de 410. A cidade foi atacada polos visigodos liderados polo rei Alarico. Daquela, Roma xa non era a capital do Imperio Romano de Occidente, sendo substituída nesa función por Mediolanum en 286 e por Rávena en 402. Porén, a cidade mantiña o seu status de "cidade eterna" e de centro espiritual do Imperio. O saqueo tivo un enorme impacto tanto para os aliados como para os inimigos do Imperio.

Esa foi a primeira vez en case 800 anos que Roma caía ante un inimigo estranxeiro. O anterior saqueo de Roma fora conseguido polos galos liderados por Breno en -390 ou -387/6. O saqueo de 410 é considerado como un fito na caída do Imperio Romano de Occidente. Xerome de Estridón, que vivía en Belén daquela, escribiu que "A cidade que tomara o mundo enteiro foi tomada."

Teodosio I

Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, foi emperador romano e emperador bizantino de 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello.

The Roman Imperial Coinage

The Roman Imperial Coinage (nalgúns volumes omítese no título o artigo "The"), abreviado como RIC (en galego: "A moeda imperial romana"), é un monumental catálogo británico de moeda imperial Romana que abrangue a produción monetaria desde o tempo da Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade Tardía, no ano 491 d. de C. É o resultado de décadas de traballo (desde 1923 ata 1994) a modo de continuación do anterior catálogo de oito volumes compilado no século XIX polo numismático Henry Cohen.Este traballo tómase como estándar para a identificación das cuñaxes realizadas baixo a autoridade dos emperadores romanos.

Xoán Primicerius

Xoán ou Ioannes Primicerius, finado en Aquileia no 425, foi un emperador romano. Ocupou o trono do Imperio Romano de Occidente entre o 423 e o 425, recoñecido polo senado de Roma, pero non polo Imperio Romano de Oriente.

Ælle de Sussex

Ælle (tamén Aelle ou Ela) (pronunciado /'ælə/ en inglés) aparece nas fontes temperás como o primeiro rei dos saxóns do sur e o fundador do reino de Sussex, reinando na rexión inglesa de Sussex desde aproximadamente o ano 477 até talvez o ano 514 como máximo. A información sobre este monarca é bastante limitada e non se pode afirmar con certeza se Ælle existiu realmente.

Segundo as fontes, Ælle e tres dos seus fillos chegaron procedentes do continente europeo ao lugar onde se atopa Selsey Bill —o lugar exacto atópase baixo o mar e é probabelmente un banco de area coñecido como the Owers— e combateron contra os britanos. Dise que en 491 os saxóns lograron unha vitoria fronte aos nativos no lugar onde se atopa a localidade de Pevensey, onde mataron o último dos seus opoñentes. Aínda que os detalles que contan estas tradicións non poden ser verificados, os nomes dos lugares de Sussex evidencian claramente que esa zona foi pronto colonizada e de forma exhaustiva polos saxóns, apoiando a idea de que foi unha das súas primeiras conquistas.

Segundo Beda, monxe de Northumbria autor da crónica do século VIII Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Ælle foi o primeiro rei anglosaxón que logrou manter o seu "imperium" ou señorío sobre o resto de reinos anglosaxóns. Na Crónica anglosaxoa de finais do século IX (duns catrocentos anos máis tarde), Ælle é presentado como o primeiro bretwalda ou gobernante de Britania, aínda que non hai probas de que nese tempo xa existise ese título. A morte de Ælle non está rexistrada e non se coñece quen o sucedeu como rei de Sussex.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.