Flandres

Flandres[1][2][3] (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% da Bélxica).

Vlaanderen
Flandres
Bandeira de Flandres
Bandeira
Flemish Region in Belgium and Europe
EstadoFlag of Belgium.svg Bélxica
CapitalBruxelas
 • Poboación1 006 749 (2005)
Cidade máis poboadaBruxelas
Lingua oficialNeerlandés e, en Bruxelas, Neerlandés e Francés
Forma de gobernoVlaamse Regering
Ministro-Presidente de Flandres
Kris Peeters (CD&V)
Fundación
Federación1993
 • Total13.521 km²
 • Total6 058 368 (2005) hab.
 • Densidade449.56 hab./km²
Xentilicioflamengo / flamenga
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Código ISOVLG

Divisións administrativas

A rexión de Flandres está dividida en 5 provincias (as provincias posúen un total de 308 concellos):

A cidade de Bruxelas forma parte da rexión de Flandres, máis só para os habitantes flamengos e as institucións locais (os cales viven en ambas as dúas rexións, a rexión da Valonia e a de Flandres). A cidade constitúe tamén a capital da rexión.

Cidades

As principais cidades da rexión son (censo do 2007):[4]

  • Antuerpen (466.484)
  • Gent (234.602)
  • Bruxas (116.500)
  • Leuven (95.232)
  • Mechelen (78.480)
  • Aalst (78.184)
  • Kortrijk (73.376)
  • Ostend (69.845)
  • Hasselt (69.455)
  • Sint-Niklaas (69.277)
  • Genk (64.071)
  • Roeselare (56.797)

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flamengo.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 121. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524.
  4. "Datos do censo". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2006.

Véxase tamén

Outros artigos

.be

.be é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bélxica. O dominio está activo desde 1989 e foi administrado por Pierre Verbaeten da Katholieke Universiteit Leuven. No ano 2000, o seu control foi transferido para a DNS Belgium.

Os nomes dos dominios son rexistrados directamente nun segundo nivel. Algunhas institucións académicas belgas, tales como a Vrije Universiteit Brussel e a Université Libre de Bruxelles, empregan nomes de terceiro nivel baixo ac.be, aínda que outras abandonaron esta práctica, como a Katholieke Universiteit Leuven, a Universiteit Gent e a Université Catholique de Louvain.

Todo rexistro co .be ten que se facer a través dun axente rexistrador.

O partido de extrema dereita Vlaams Belang fixo unha proposición no Parlamento da rexión de Flanders demandando a creación do dominio .vl (por "Vlaanderen", Flandres en neerlandés) pero a súa proposición non prosperou ao non recibir apoio dos outros partidos. Só os estados recoñecidos pola ONU poden escoller un dominio de dúas letras. En outubro de 2008, o goberno flamengo expresaba a súa intención de obter un dominio de tres letras para Flandres, algo como .vla, .vln ou .fla.

Antuerpen

Antuerpen, ou Anveres, (en neerlandés: Antwerpen, en francés: Anvers) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxes do río Escalda. Antuerpen é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 501 000 habitantes.

O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade prodúcense o 80 % dos diamantes brutos e o 50 % dos diamantes lapidados do mundo. De acordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Antuerpen moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.

Auguste Beernaert

Auguste Beernaert, nado en Ostende o 26 de xullo de 1829 e finado en Lucerna o 6 de outubro de 1912, foi un político belga.

Bruxas

Bruxas (Brugge en flamengo, Bruges en francés; provén do noruegués antigo "Bryggia", ponte ou peirao) é unha cidade do noroeste de Bélxica, capital da rexión de Flandres Occidental. Atópase a 90 quilómetros da capital Bruxelas, conta no seu núcleo urbano cunha poboación de 117.000 habitantes.

Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Condado de Flandres

O condado de Flandres foi unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).

Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384. En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.

Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.

De Vlaamse Leeuw

De Vlaamse Leeuw é o himno oficial da rexión de Flandres, no Reino Federal de Bélxica. A letra é obra de Hippoliet Van Peene (1811—1864), quen claramente se inspirou na canción Sie sollen ihn nicht haben, / den freien Deutschen Rhein, / So lang sich Herzen laben / An seinem Feuerwein. A música, de Karel Miry (1823—1899), está influída pola Sonntags am Rhein de Robert Schumann.

Ducado de Borgoña

O Ducado de Borgoña foi un dos estados máis importantes da Europa medieval, que foi practicamente independente entre 880 e 1477.

Non debe ser confundido co condado de Borgoña, outro territorio de Francia.

A partir de 1006, o ducado foi un apanaxe (feudo concedido a un príncipe, en compensación de que só o primoxénito herdaría a coroa) gobernado sucesivamente por dúas liñaxes de sangue real, Capetos directos e Valois.

Como consecuencia do matrimonio do duque Filipe II o Atrevido con Margarida de Flandres, os Valois-Borgoña deron tal extensión ás súas posesións nos Países Baixos entre 1363 e 1477 que fixo que pretenderan converter ao seu Estado borgoñón nun estado independente. Porén, este crecemento tan rápido conduciu á formación dunha coalición encabezada pola Confederación Suíza e o duque de Lorena que infrinxiu unha serie de derrotas ao último duque Carlos o Temerario, quen finalmente encontrou a morte baixo as murallas de Nancy.

A Borgoña propiamente dita convértese incluso nun Goberno e unha Xeneralidade do reino de Francia. O seu territorio correspondía principalmente aos actuais departamentos de:

Côte-d'Or, con Dijon e Beaune,

Saona e Loira (Saône-et-Loire), con Chalon-sur-Saône,

e unha parte de Yonne, con Auxerre.O seu territorio aumentaría coa adición de Bresse e do Bugey, cando Savoia cedeu a Henrique de Borbón, rei de Francia e de Navarra, as súas posesións na beira dereita do Ródano.

En canto ás posesións dos duques de Borgoña nos Países Baixos, foi Carlos V, neto de Carlos o Termerario, quen fará deles unha entidade política independente.

Grazas á súa riqueza e vasto territorio, o ducado foi tanto política como economicamente moi importante. Tecnicamente eran vasalos do rei de Francia, pero os duques de Borgoña souberon manter unha política propia.

Flandres Occidental

Flandres Occidental (West-Vlaanderen en neerlandés, Flandre Occidental en francés, West Flandres en inglés) é unha provincia da Bélxica, localizada na rexión de Flandres. A súa capital é a cidade de Bruxas.

Flandres Oriental

O Flandres Oriental (Oost-Vlaanderen en neerlandés, Flandre orientale en francés, East Flandres en inglés) é unha provincia da Bélxica, localizada na rexión de Flandres. A súa capital é a cidade de Gante.

A provincia fai fronteira (dende o norte e no sentido horario) cos Países Baixos, coa provincia de Antwerp, coa provincia do Brabante Flamengo, a provincia de Hainaut e coa provincia de Flandres Occidental.

Gante

Gante (Gent en neerlandés, Gand en francés) é unha cidade da rexión de Flandres, Bélxica. É a capital e a maior cidade da provincia de Flandres Oriental. A cidade naceu como un asentamento entre os ríos Scheldt e Lys e se converteu na Idade Media nunha das cidades máis ricas do norte de Europa. Hoxe en día é unha cidade con moito comercio e actividade grazas ao seu porto e á súa universidade. A cidade atópase unida ao mar pola canle Ghent-Terneuzen e posúe a terceira estación de tren con máis actividade da Bélxica.

Cunha poboación de 233.120 habitantes no 2006, Gante é a terceira cidade do país en poboación despois de Antwerpen e Bruxelas. O actual alcalde da cidade é Mathias le Clercq, do partido Open Vld.

Guerra de Flandres

A guerra dos oitenta anos ou guerra de Flandres foi unha guerra de secesión, entre os actuais estados dos Países Baixos e España, iniciada en 1568 e que finalizou en 1648, co recoñecemento da independencia das sete Provincias Unidas, hoxe coñecidas como Países Baixos (ou "Holanda").

Os países que hoxe se coñecen como Bélxica e Luxemburgo formaron parte das dezasete provincias que permaneceron leais aos Habsburgo hispanos. As Provincias Unidas emerxeron da guerra como unha potencia mundial grazas á súa poderosa armada e frota mercante, e experimentaron un importante auxe económico e cultural.

Para a coroa castelá a independencia das Provincias Unidas representou unha gran perda de prestixio e o mantemento económico da guerra contribuíu en gran parte a provocar as sucesivas bancarrotas da coroa castelá ao longo dos séculos XVI e XVII, e o afundimento da súa economía.

Imperio Latino

En 1204, os cabaleiros da Cuarta Cruzada estableceron un estado cruzado coñecido como Imperio Latino ou Romania, con base en Constantinopla, tras saquear a cidade. Proclamábanse como os sucesores cristiáns do Imperio Bizantino. Balduíno IX, conde de Flandres, foi coroado como o seu primeiro emperador o 16 de maio de 1204.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Sancho I de Portugal

Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.

Tour de Flandres

O Tour de Flandres (De Ronde van Vlaanderen) é unha clásica ciclista disputada en Bélxica durante a primavera, o primeiro domingo de abril. A súa primeira edición tivo lugar no ano 1913 e só se veu interrompida dende 1915 ata 1918 debido a Primeira Guerra Mundial.

O seu percorrido é un dos mais espectaculares que existen no ciclismo en ruta, con un gran número de curtas e duras subidas (os denominados muros), sendo algúns destes tramos enlastrados, como o famoso Koppenberg.

Dende 1989 estivo incluída no calendario da extinta Copa do Mundo de ciclismo. Na actualidade forma parte do UCI ProTour. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo

Yves Chauvin

Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Comunidades, rexións e provincias de Bélxica
Comunidades
Rexións e provincias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.