Fito (sinal)

Un fito é un sinal de tráfico situado á beira dunha vía de comunicación (estrada, vía férrea ou camiño) para indicar lugares e distancias. Indica a nomenclatura da vía e máis a distancia desde o inicio da mesma, ou o lugar que se atravesa.

Teñen a súa orixe nos miliarios, columnas xeralmente de granito situadas nas vías romanas. Na idade moderna usáronse tamén leguarios (situados cada legua). Os fitos actuais adoitan ser de metal e están instalados cada quilómetro, cun máis destacado cada dez quilómetros.

N-541
Fito quilométrico na estrada N-541 ó seu paso por Sacos (Cerdedo-Cotobade).

Galería de imaxes

Hitos kilómetricos de España

Modelos de fitos quilométricos xenéricos das vías de España.

Fito Santo Antoniño

Fito quilométrico da estrada N-550 en Santo Antoniño (Perdecanai, Barro).

Leguario Cerponzóns

Fito de legua no Cunchido (Cerponzóns, Pontevedra).

Portela da Cruz

Fitos no límite entre a provincia de Pontevedra e a provincia de Ourense.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Fito

O termo fito pode referirse a:

Marco, pedra cravada no chan para indicar os límites dun terreo;

Fito, sinal situado á beira nunha vía de comunicación para indicar lugares e distancias;

Fito, xogo consistente en darlle a un pau ou ferro cravado cunha peza de chumbo;Como hipocorístico do antropónimo masculino Adolfo, pode referirse a:

Fito Domínguez, cantante galego (1946-2012);

Fito Páez, cantante arxentino (n. 1963);

Fito Cabrales, cantante vasco, líder da banda Fito & Fitipaldis;

Miliario

Os miliarios (procedente do latín milliarium) son columnas cilíndricas, ovaladas ou paralelepípedas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1450 metros) e indicar o trazado das vías construídas por eles para a explotación pesqueira, comercial ou militar.

Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma. A maioría dos miliarios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. Noutros non se conservan restos de inscrición, o que leva a pensar que poderían ter un texto pintado de modo que se puidese modificar a dedicatoria.

Na antiga Gallaecia consérvanse 674 miliarios e inscricións viarias. Boa parte pertencen ás catro vías do Itinerario de Antonino que percorrían o traxecto entre Braga e Astorga (a vía XVII, vía XVIII, vía XIX e vía XX), amais doutras vías menores entre vilas, mansións e outros lugares.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.