Fisioloxía

A fisioloxía[1] (do grego φύσις (physis) que quere dicir "natureza" ou "orixe", e -λογία (-logia) que significa "estudo de")[2] é unha póla científica das funcións e mecanismos implicados nun sitema vivente.[3][4] Como póla da bioloxía, céntrase no estudo dos organismos, sistemas biolóxicos, órganos, células e biomoléculas e en como realizan as funcións químicas e físicas que existen nun sistema vivo.[5]

Para entender as funcións fisiolóxicas é fundamatal a investigación dos fenómenos biofísicos e bioquímicos fundamentais, os mecanismos coordinados de control homeostáticos e a comunicación continua entre as células.[6]

O estado fisiolóxico é a condición normal das funcións do corpo, mentres que o estado patolóxico céntrase nas anormalidades que ocorren por mor das doenzas animais, incluíndo os humanos.[7] Segundo o tipo de organismos investigados, o campo pode dividirse en fisioloxía animal (incluíndo ós humanos), fisioloxía vexetal, fisioloxía celular e fisioloxía microbiana.[5]

O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é concedido pola Real Academia das Ciencias de Suecia a aqueles que acadasen logros significativos nesta disciplina.

Claude Bernard and his pupils. Oil painting after Léon-Augus Wellcome V0017769
Óleo que amosa a Claude Bernard, o pais da fisioloxía moderna, cos seus pupilos.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fisioloxía.
  2. "physiology". Online Etymology Dictionary.
  3. hvs1001@cam.ac.uk. "What is physiology? — Faculty of Biology". www.biology.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
  4. Prosser, C. Ladd (1991). Comparative Animal Physiology, Environmental and Metabolic Animal Physiology (4th ed.). Hoboken, NJ: Wiley-Liss. pp. 1–12. ISBN 978-0-471-85767-9.
  5. 5,0 5,1 Hall, John (2011). Guyton and Hall textbook of medical physiology (12th ed.). Philadelphia, Pa.: Saunders/Elsevier. p. 3. ISBN 978-1-4160-4574-8.
  6. Widmaier, Eric P.; Raff, Hershel; Strang, Kevin T. (2016). Vander's Human Physiology The Mechanisms of Body Function. Nova York: McGraw-Hill Education. pp. 14–15. ISBN 978-1-259-29409-9.
  7. Medical News Today (ed.). "What is physiology?".

Véxase tamén

Bibliografía

  • Widmaier, E.P., Raff, H., Strang, K.T. Vander's Human Physiology. 11th Edition, McGraw-Hill, 2009.
  • Marieb, E.N. Essentials of Human Anatomy and Physiology. 10th Edition, Benjamin Cummings, 2012.
Bioloxía

A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas.

A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, no nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía. A bioloxía do desenvolvemento estuda a vida ao nivel do desenvolvemento ou ontoxenia do organismo individual.

Subindo na escala para grupos de máis dun organismo, a xenética estuda como funciona a herdanza entre os proxenitores e máis a súa descendencia. A etoloxía estuda o comportamento dos individuos. A xenética poboacional traballa ao nivel da poboación, en tanto que a sistemática traballa con liñaxes de moitas especies. As relacións de individuos, poboacións e especies entre si e cos seus hábitats son estudadas pola ecoloxía e pola bioloxía evolutiva. Unha nova área, altamente especulativa, a astrobioloxía (ou xenobioloxía) estuda a posibilidade de vida para alén do noso planeta.

Corpo

Con respecto aos seres vivos, un corpo é o material físico íntegro dun individuo. O termo "corpo" a miúdo é utilizado en relación coa aparencia, cuestións de saúde e mais a morte. O estudo dos traballos do corpo é a fisioloxía.

Feces

As feces ou excrementos ou materia fecal son o conxunto de produtos de refugallo da dixestión, que se expulsan polo ano (ou a cloaca, no caso das aves) en forma xeralmente sólida ou, en caso de enfermidade, en forma máis ou menos líquida. Están formadas polos restos dos alimentos non absorbidos polo aparato dixestivo, como a fibra alimentaria e outros compoñentes, células do epitelio intestinal que se descaman, microorganismos e outras substancias que non logran atravesar a mucosa intestinal.

Pel

A pel é o órgano de revestimento externo do corpo humano e de moitos animais. Nos humanos é o maior órgano do corpo, responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Por extensión, denomínase pel á superficie externa doutras realidades, como das froitas ou da propia terra, así como o material elaborado con este tecido animal para a confección de roupa, con ou sen pelo (como sería o caso da pel de visón ou do coiro, por exemplo).

Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina

O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é un premio atribuído anualmente pola Real Academia das Ciencias de Suecia que recompensa as persoas que se destaquen nas áreas de investigación da Fisioloxía ou da Medicina. É un dos premios internacionais de investigación científica instituídos en 1901 por Alfred Nobel, coñecidos como Premios Nobel.

Premios Nobel

Os Premios Nobel foron instituídos por Alfred Nobel, un industrial sueco, inventor da nitroglicerina. Son atribuídos anualmente no día 10 de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel, ás persoas que fixeron investigacións importantes, inventaron técnicas pioneiras, ou deron contribucións destacadas á sociedade.

Inicialmente eran concedidos pola Fundación Nobel, cos cartos cedidos por Alfred Nobel. Son propostas por institucións nacionais e internacionais e outorgados pola Real Academina Sueca correspondente.

As Matemáticas non dispoñen dun premio correspondente, polo que foi creado o Premio Abel en Noruega como correspondente ós Premios Nobel.

Alfred Nobel ficou sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, e inventou unha forma de lembrarse. Creou premios para que fosen concedidos a aqueles que serviron ao ben da Humanidade, máis propiamente a aqueles que proporcionaron á Humanidade beneficios no campo da física, química, fisioloxía ou medicina, literatura e paz. Nobel nunca creou un premio para Economía, aínda que moitos economistas famosos afirman ter recibido o Nobel de Economía. Véxase máis abaixo.

Sistema tegumentario

O sistema tegumentario ou tegumento é con frecuencia o sistema orgánico máis extenso dun animal posto que o recobre por completo, tanto externamente, como numerosas cavidades internas. A súa función é a de separar, protexer e informar o animal do medio que lle rodea; en ocasións actúa tamén como exoesqueleto. Está formado pola pel e as faneras.

Campos de estudo da bioloxía

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.