Filo

En bioloxía, filo (en latín científico Phylum, plural Phyla)[1] ou, en botánica, división (do latín Divisio), é o rango de clasificación que está entre o reino e a clase.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios filos poden agruparse en superfilos, e as entidades dun filo poden organizarse en subfilos (e estes á súa vez en infrafilos).

Niveis de clasificación (de xeral a concreto):

Reino
[Subreino]

[Infrarreino]

[Superfilo]
Filo
[Subfilo]
[Infrafilo]
[Superclase]
Clase

(Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

Notas

  1. Do grego φυλον, "liñaxe", "estirpe", plural φυλα).

Véxase tamén

Outros artigos

Animais

Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares.

Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considearada (sistemática evolucionista ou cladista), os animais son consensuadamente descritos como organismos eucariotas, heterótrofos, pluricelulares e tisulares caracterizados pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de clorofila e de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente metamorfoses).

Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos fungos (Fungi) e as plantas (Plantae). É un dos catro reinos do dominio Eukaryota, e a el pertence o ser humano.

A mobilidade é a característica que máis chama a atención dos membros do reino dos animais, pero non é exclusiva do grupo, o que dá lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino dos protistas (Protista). (Véxase protistas e protozoos).

Na fala coloquial emprégase o termo animal contrapoñéndoo ao termo humano, pero débese ter en conta que desde o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.

Anélidos

Os anélidos (Annelida, do latín annelus, "anel pequeno", e o elemento -ida, plural de -idus, do grego -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto") son un gran filo de animais invertebrados triploblásticos, protóstomos, esquizocelomados, con simetría bilateral, corpo segmentado en aneis e carentes de apéndices articulados.

O corpo dos anélidos está composto por numerosos metámeros ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.

Describíronse máis de 16.700 especies, que inclúen os vermes mariños poliquetos, as lombrigas de terra e as samesugas. Encóntranse na maioría dos ambientes húmidos, sobre todo no mar, pero tamén en auga doce, e incluso hai especies terrestres.

Cómpre aclarar que na linguaxe popular adoita reunirse a varios grupos de invertebrados baixo o nome de vermes, termo sen ningún valor taxonómico; moitas das semellanzas entre estes filos de vermes son converxencias evolutivas sen ningún valor filogenético. Non todos os vermes son anélidos. Existen diversos invertebrados co corpo brando, alongado e cilíndrico que non pertencen ao grupo dos anélidos. É o caso, por exemplo, dos nematodos ou dos platihelmintos, e dalgúns artrópodos, como os cempés, as larvas (bechos) das moscas ou as eirugas que dan lugar ás bolboretas.

Artrópodos

O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.

Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón), que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.

Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.

A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.

Cianobacterias

O filo Cyanobacteria (cianobacterias, cianófitas ou cianófitos) inclúe as algas azuis, organismos acuáticos procariontes e fotosintéticos en forma de filamento, mais formando capas de materia verde-azulada en augas paradas e eutróficas. A maioría das especies atópanse en auga doce, mais algunhas son mariñas ou de solo húmido. Outras especies son endosimbiontes en liques ou en varios protistas, fornecendo enerxía aos seus hospedeiros.

Foron durante moito tempo clasificadas como algas, ben na división Cyanophyta, ben na clase Cyanophyceae (por iso se lles chamou cianofíceas) e estudadas polos botánicos. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación filoxenética con ningún dos grupos de algas, a non ser como probábeis antepasados bacterianos dos cloroplastos —ver teoría da endosimbiose— e atópanse clasificados como un filo co nome Cyanobacteria (ou división, para os botánicos) dentro do dominio Bacteria.

O rexistro fósil das cianobacterias indica que estes seres fotosintéticos apareceron no eón Arqueano e deben ter sido responsábeis da aparición do osíxeno na atmosfera terrestre —o que parece ter acontecido hai preto de 2.500 millóns de anos—, permitindo así a orixe da vida eucarionte (e a aparición dos organismos heterótrofos) —ver estromatólito— e dando lugar ao que se chama actualmente o eón Proterozoico (que significa aproximadamente dos “animais primitivos”).

Existen cianobacterias unicelulares, coloniais e filamentosas. Algunhas especies producen células diferenciadas:

heterocistos, especializados na fixación de nitróxeno, e

acinetos, especializados no amoreamento de substancias de reserva (por exemplo, o amidón cianobacteriano).A parede celular é unha estrutura con catro constituíntes, que se tinxe como unha bacteria gramnegativa:

Unha capa fina de citoplasma por fóra da membrana celular;

Unha capa ríxida composta de mureína (un peptidoglicano);

Dúas capas de polisacáridos; e, por veces;

Unha capa espesa e xelatinosa, que agrega as células en colonias (ou filamentos ríxidos).As cianobacterias non posúen flaxelos, mais algunhas poden moverse coa axuda de fibras en espiral na parede celular. Na maior parte das especies, a “maquinaria” fotosintética atópase en pregamentos da membrana celular, chamadas tilacoides. Algunhas poden sintetizar materia orgánica usando sulfuro de hidróxeno, como fan outras bacterias autotróficas.

Respecto aos pigmentos fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe clorofila xuntamente con varias proteínas chamadas ficobilinas, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen clorofila b ademais da a e son verdes (ver Proclorófitas máis abaixo).

Algunhas cianobacterias segregan cianotoxinas, entre as cales a anatoxina, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, ácido domoico, microcistina LR, nodularina R e saxitoxina.

Clase (bioloxía)

En bioloxía (botánica e zooloxía), a clase é un grupo taxonómico que comprende varias ordes de plantas ou animais con moitos caracteres comúns.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos Seres Vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias Clases poden agruparse en Superclases, e os individuos dunha Clase poden organizarse en Subclases (e estes á súa vez en Infraclases).

Niveis de Clasificación (de xeral a concreto)

(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

Clasificación científica

Clasificación científica ou clasificación biolóxica é a maneira en que os biólogos agrupan e categorizan especies extinguidas ou actuais de organismos. A clasificación moderna ten as súas raíces no sistema de Carl von Linné, que agrupou as especies de acordo con características físicas compartidas. Estas agrupacións foron revisadas dende a época de Linneo para mellorar a consistencia co principio de descendencia común de Charles Darwin. A sistemática molecular, que utiliza a análise do ADN xenómico, levou a moitas revisións recentes e é probable que o continúe facendo. A clasificación científica pertence á ciencia da taxonomía ou bioloxía sistemática.

Cnidarios

Os cnidarios (Cnidaria, do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga') son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples, que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a unha característica diagnóstica que presentan estes animais: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito. Durante un tempo chamáronse tamén celentéreos.

Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, cunha larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de anos atrás. Dentro deste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.

Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

División (botánica)

En bioloxía, chámase división nos reinos das plantas ou dos fungos ao equivalente dun filo no dos animais.

As divisións principais das plantas establécense seguindo a orde de evolución e probablemente sexa: os musgos (división Bryophyta), as herbas (división Filicophyta), os Equiseta (división Sphenophyta), o Cycad (división Cycadophyta), o Xinkgo (división Ginkgophyta), as coníferas (división Pinophyta), o Gnetophytes (división Gnetophyta), e as anxioespermas (división Anthophyta).

As anxioespermas son as plantas con flor, que dominan o mundo das plantas (o 80% de tódalas plantas vasculares son anxioespermas).

Equinodermos

Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα). son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.

Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600 millóns de anos, e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.

Filoloxía

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Insectos

A dos insectos (Insecta) é unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos.

A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.

Moluscos

O dos moluscos (Mollusca) constitúe un dos grandes filos do reino animal.Son invertebrados protóstomos, celomados, triblásticos, con simetría bilateral (aínda que algúns poden presentar unha asimetría secundaria) e non segmentados, de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha.

Os moluscos son os invertebrados máis numerosos despois dos artrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como as ameixas, ostras, luras, polbos, lesmas e unha gran diversidade de caracois, tanto mariños como terrestres. Calcúlase que poden existir cerca de 100 000 especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que abarca desde o cámbrico inferior até a actualidade.Os moluscos colonizaronn practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas de até máis de 3 000 m sobre o nivel do mar até profundidades oceánicas de máis de 5 000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais, e adoitan seren elementos comúns dos litorais de todo o mundo. E o filo mariño máis numeroso, e contén un 23 % de todas os organismos mariños descritos.

O filo usualmente divídese en nove ou dez clases, das que dúas están totalmente extintas. Os gasterópodos (caracois e lesmas) son, con diferenza, os moluscos máis numerosos polo que concirne a especies clasificadas, e suman o 80 % do número total de especies de moluscos coñecidas. Os moluscos cefalópodos, como as luras, sepias e polbos, encóntranse entre os invertebrados cun sistema neurolóxico máis avanzado. As luras xigantes (xénero Architeuthis) e as luras colosais (xénero Mesonychoteuthis) disputan o título de invertebrado máis grande coñecido.

O estudo científico dos moluscos denomínase malacoloxía. O termo malacoloxía vén do grego μαλακός malakos, 'brando' e -λογία, de λόγος logos 'estudo', e empezou a usarse en francés en 1814, e do francés pasou ás demais linguas europeas.Falando desta disciplina cómpre dicir que o interese do home polos moluscos é moi grande, e moi antigo, e que durante os séculos XVIII e XIX se formaron importantes coleccións malacolóxicas e conquiliolóxicas (de cunchas) tanto de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como de coleccionistas privados, e aínda hoxe en día coleccionar cunchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son un dos grupos zoolóxicos mellor estudados despois dos vertebrados.

Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosas enfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan como hospedadores intermediarios, sobre todo de platihelmintos trematodos.

Nematodos

Os nematodos (Nematoda, do grego νεμα nema, "fío", e o elemento do latín científico -oda, plural de -odus, adaptación dos gregos -ειδής eidēs ou -οιδος oidos, "con aspecto de"), tamén coñecidos como nematelmintos (Nemathelminthes) e polo nome popular de vermes cilíndricos, son un filo de animais invertebrados triploblásticos pseudocelomadoss que comprende máis de 25.000 especies rexistradas, o que o fai o cuarto do reino animal polo que se refire ao número de especies, e un número estimado moito maior, talvez 500.000.O seu nome alude a que son vermes moi alongados e de corpo estreito de sección circular e rematados en puntas. Son organismos esencialmente acuáticos, aínda que proliferan tamén en ambientes terrestres. Distínguense doutros vermes por seren pseudocelomados, a diferenza dos anélidos, que son celomados ao igual que os animais superiores.

Existen especies de vida libre, mariñas, no solo, e especies parasitas de plantas e animais, incluído o hombe, ao que provocan enfermidades como a ascaridíase, triquinose, a filaríase, a anisaquíase, a anquilostomíase, a oxiuríase, a estronxiloidíase, a toxocaríase etc. Porén, o número de especies que parasitan directamente ao ser humano e as que parasitan plantas (nematodos fitoparasitos) son un grupo moi pequeno en comparación co número de especies do filo Nematoda.

Placentarios

Os placentarios (Placentalia) ou euterios (Eutheria) son unha infraclase dos mamíferos.

Poríferos

As esponxas ou poríferos (Porifera) son un filo de animais invertebrados acuáticos que se encontran dentro do subreino dos parazoos. Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo, das cales 150 viven en auga doce. Estableceuse que estes animais existían no Precámbrico anterior, aínda que foron recoñecidos no século XVIII.

Durante moitos anos consideráronse plantas pero posteriormente, ó observar que no seu interior aparecían correntes de auga, foron considerados animais (arredor do ano 1825).

Este grupo presenta moitos caracteres especiais que xustifican que se poida recoñecer as esponxas como unha rama especial dos metazoos: os parazoos.

Proteobacterias

As proteobacterias ou Proteobacteria constitúen un dos principais grupos de bacterias, con categoría de filo. Inclúen unha ampla variedade de patóxenos, como Escherichia, Salmonella, Vibrio, Helicobacter, e moitos outros xéneros salientables.

Outros xéneros e especies son de vida libre, e entre eles inclúense moitas das bacterias responsables da fixación do nitróxeno. Tamén é deste grupo a bacteria descuberta en Galicia Gallaecimonas.

Este grupo foi establecido en 1987 por Carl Woese, que as chamou informalmente "bacterias púrpuras e relacionadas".

Debido á grande diversidade de formas que se encontraron neste grupo, as Proteobacteria foron nomeadas así a partir do nome dun deus grego do mar, Proteo, que podía adoptar moitas formas diferentes (non foi nomeado polo nome do xénero Proteus).

Protozoos

Os protozoos ou protozoarios, son organismos xeralmente microscópicos, unicelulares, eucariotas, heterótrofos, fagótrofos, depredadores ou detritívoros, ou parasitos ou ás veces mixótrofos (parcialmente autótrofos); que viven en ambientes húmidos ou directamente en medios acuáticos de auga salgada ou doce ou no corpo doutros seres vivos, e que se reproducen de forma asexual por fisión binaria e tamén sexual por isogametos ou por conxugación intercambiando material xenético. A maioría miden unhas poucas decenas de microns, pero algúns poden verse a simple vista (algúns nummulites fósiles miden varios centímetros). Neste grupo encádranse taxons moi diversos cunha relación de parentesco remota, clasificados en moitos filos distintos do reino Protista. Porén, os protozoos son un grupo polifilético, e o termo non ten valor na clasificación taxonómica actual, pero foi utilizado nas clasificacións anteriores.

Aínda que nas clasificacións modernas foi desaparecendo o termo protozoo, o protistólogo Thomas Cavalier-Smith recuperou recentemente o termo Protozoa para denominar a un reino eucariótico (ver máis abaixo) na súa clasificación dos protistas, pero os límites deste taxon Protozoa non coinciden cos tradicionais.

Quetógnatos

A dos quetógnatos ou quetognatos (Chaetognatha) é un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo. Porén ao redor do 20 % das súas especies coñecidas son bentónicas e poden vivir adheridas ás algas e as rochas do fondo.

Encóntranse en todas as augas mariñas do mundo, desde as auguas superficiais tropicais e as pozas da baixanar até as rexións polares.

Teñen forma de torpedo, con estruturas máis opacas na cabeza. Miden entre os 2 mm e os 12 cm de lonxitude. A maioría dos quetognatos son transparentes, aínda que algunhas especies de augas profundas son de cor alaranxda.

Describíronse unhas 121 especies agrupadas en 20 xéneros, todas incluídas na única clase do filo, a dos saxitoideos (Sagittoidea), que se subdivide en dúas ordes, afragmóforos (Aphragmophora) e fragmóforos (Phragmophora).

Conceptos base
Taxons
Conceptos asociados
Normas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.