Filipinas

A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das Illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo mar das Filipinas ó leste, mar das Celebes e mar de Sulu ó sur e mar da China Meridional ó oeste. O estreito de Luzon, ó norte, separa as Illas Filipinas de Taiwán; o estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia; e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.

Coordenadas: 13°N 122°L / 13, -122

República de Filipinas
Repúblika ng Pilipinas
Republic of the Philippines
Bandeira de Filipinas
Escudo de Filipinas
BandeiraEscudo
PHL orthographic
Lema: Maka-Diyos, Maka-Tao, Makakalikasan at Makabansa
(Filipino: «Polo amor de Deus, a xente, a natureza e o país»)
Capital
 • Poboación
Manila
3 702 757 (2005)
Cidade máis poboadaQuezón
Linguas oficiaisFilipino (Tagalo)
Forma de gobernoRepública presidencialista
Rodrigo Duterte
Leni Robredo
 · declarada
 · recoñecida
12 de xuño de 1898
4 de xullo de 1946
SuperficiePosto 71º
 • Total300 000 km²
 • % auga0,6
Fronteiras0 km
Costas36 289 km
PoboaciónPosto 12º
 • Total88 706 300 hab.
 • Densidade276 hab./km²
PIB (nominal)Posto 47º
 • Total (2006)116 931 millóns US$
 • per cápita1 345 US$
PIB (PPA)Posto 25º
 • Total (2006)443 369 millóns US$
 • per cápita5 160 US$
MoedaPeso filipino (PHP)
IDHn/d
XentilicioFilipino, filipina
Fuso horarioUTC + 8
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ph
Prefixo telefónico+63
Prefixo radiofónicoDUA-DZZ / 4DA-4IZ
Código ISO608 / PHL / PH
Membro de: ONU, ASEAN, APEC, UL

Historia

Artigo principal: Historia de Filipinas.

Política

Artigo principal: Política de Filipinas.

Filipinas é unha república presidencialista organizada como un estado unitario. O presidente é o xefe de estado e tamén o xefe de goberno, e é elixido pola poboación para un período de 6 anos.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Filipinas.

A República de Filipinas está organizada nunha xerarquía de unidades de goberno local, en que a provincia é a unidade primaria. As provincias subdivídense en cidades e municipios que, á súa vez, se compoñen de “barangays”, que son a máis pequenas unidade de goberno. Ten oitenta e un provincias, 131 cidades, 1,497 municipios, e 41,994 barangays.

As provincias encóntranse agrupadas en 17 rexións administrativas, onde os diversos ministerios establecen escritorios rexionais, mais non ten un goberno local separado, coa excepción da Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán (Autonomous Region in Muslim Mindanao ou ARMM) e Cordilleira.

Á súa vez, varias rexións xúntanse en grupos de illas:

Rexión Designación Centro de goberno
Ilocos Rexión I San Fernando, A Unión
Val do Cagayán Rexión II Tuguegarao, Cagayan
Luzón Central Rexión III San Fernando, Pampanga
CALABARZON¹ ² Rexión IV-A Calamba, Lagoa
MIMARO¹ ² ³ Rexión IV-B Calapan, Mindoro Oriental
Bicolandia Rexión V Legazpi, Albáy
Visayas Occidental³ Rexión VI Iloílo
Visayas Central Rexión VII Cebú
Visayas Oriental Rexión VIII Tacloban, Leyte
Península de Zamboanga Rexión IX Pagadían, Zamboanga do Sur
Mindanao do Norte Rexión X Cagayán de Ouro
Rexión de Davao Rexión XI Davao
SOCCSKSARGEN¹ Rexión XII Koronadal, Cotabato do Sur
Caraga Rexión XIII Butuan
Rexión Autónoma para o Mindanao Musulmán RAMM Cidade Cotabato
Rexión Administrativa de Cordilleira RAC Baguio
Metro Manila RCN Manila
Ph regions and provinces
Provincias e rexións de Filipinas.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Filipinas.

Filipinas son un arquipélago de 7107 illas cunha área terrestre total de preto de 300 mil km², localizadas entre as lonxitudes 116° 40' e 126° 34' E e as latitudes 4° 40' e 21° 10' N, entre Taiwán, ó norte, o mar das Filipinas ó leste, o mar das Celebes, ó sur e o mar da China Meridional ó oeste.

As illas acostuman ser divididas en tres grupos: Luzón, ó norte, Visayas, no centro e Mindanao, no sur.

Manila, en Luzón (que é a maior illa), é a capital do país e a súa segunda maior cidade, despois de Quezón.

O clima é quente, húmido e tropical. A temperatura media anual ronda os 26,5 °C. Os filipinos acostuman falar de tres estacións: o Tag-init ou Tag-araw (a estación quente, ou verán, que dura de marzo a maio), o Tag-ulan (a estación chuviosa entre xuño e novembro) e o Tag-lamig (a estación fría, de decembro a febreiro).

A maior parte das accidentadas illas estaba orixinalmente cuberta por forestas húmidas. A orixe das illas é volcánica. O punto máis elevado é o monte Apo en Mindanao, con 2954 m. Moitos dos volcáns do país, como o Pinatubo, están activos. O país está tamén integrado na rexión de tifóns do Pacífico occidental e é atinxido por unha media de 19 tifóns por ano.

Gran parte das illas encóntranse nunha placa tectónica encravada entre as placas euroasiática e do Pacífico; a placa das Filipinas.

Economía

Artigo principal: Economía de Filipinas.

Cultura

A lingua máis usada é o tagalo, sendo o castelán utilizado tamén nas rexións do norte e do sur.

Etimoloxía

O nome provén do rei Filipe II de España, dado no seu honor polo explorador Ruy López de Villalobos na súa exploración nun galeón de Manila na súa expedición de 1542-1543. O nome do país non leva artigo[1], o cal non impide que si o leve en feminino plural cando se refire ás illas, mesmo por omisión (mar das Filipinas, placa das Filipinas).

Mapas e imaxes

Ph regions and provinces

Mapa administrativo

MajorVolcanoesOfThePhilippines-USGS

Localización dos volcáns

Philippines-CIA WFB Map (2004)

Mapa (2005)

Ph map manila

Mapa Manila

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bétel.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para filipino.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peso.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tagalo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.ph

.ph é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Filipinas.

12 de xuño

O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.

Aliados da segunda guerra mundial

Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixo durante a segunda guerra mundial.

Arquipélago

Un arquipélago é un conxunto de illas relativamente próximas unhas das outras. A proximidade débese, xeralmente, a unha orixe xeolóxica común para a totalidade do arquipélago, que normalmente se forma ao longo dunha dorsal oceánica.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Fernão de Magalhães

Fernão de Magalhães, nado en Sabrosa (distrito de Vila Real) na primavera de 1480 e finado en Filipinas o 27 de abril de 1521, foi un navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do Océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

Guam

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán, Territory of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Imperio do Xapón

O Imperio do Xapón (大日本帝国, Dai-Nippon/-Nihon Teikoku) refírese comunmente a Xapón desde a Restauración Meiji en 1868, pero non foi oficial ata 1895 cando comezaron as guerras chino-xaponesa e ruso-xaponesa ata a fin da Segunda Guerra Mundial e a nova constitución do Xapón de 1947.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Manila

Manila é a capital e cidade principal de Filipinas. Localízase na illa de Luzón, á beira da ampla baía do seu nome que se abre ó Mar do Sur da China. Con diferenza é o máis importante centro económico, comercial, industrial, financeiro e cultural do país a máis do seu maior porto. Aínda que a cidade en si ten 1 581 082 habitantes (2000), arrodéase dunha vasta coroa metropolitana que fai da aglomeración resultante unha das maiores do mundo (15 980 000, 2001)

Había un asentamento musulmán na desembocadura do río Pasig cando, en 1571, arribaron conquistadores españois ao mando de Miguel López de Legazpi que o destruíron, fundando no seu lugar unha colonia amurallada, berce da cidade actual.

Mar de Bohol

O Mar de Bohol, tamén chamado o Mar de Mindanao, está situado entre as illas Visayas e Mindanao nas Filipinas. Atópase ao sur de Bohol e Leyte e ao norte de Mindanao. Siquijor e Camiguin son ​​as súas dúas principais illas.As principais cidades ao longo da costa do mar son Cagayan de Oro, Iligan, Butuan, Dumaguete, Ozamiz e Tagbilaran.

O mar se conecta ao mar de Filipinas a través do Estreito de Surigao cara ao Mar de Camotes a través da canle de Canigao e do Estreito de Cebu e ao mar de Sulu a través do estreito entre a Illa Negros e a Península de Zamboanga.

Mar de Camotes

O Mar de Camotes é un pequeno mar dentro do arquipélago das Filipinas, situado entre as Visayas orientais e a rexión das Visayas centrais. Está rodeada polas illas de Leyte ao norte e leste, Bohol ao sur e Cebu ao oeste. O mar está conectado ao Mar de Visayas ao noroeste e ao Mar de Bohol (tamén chamado o Mar de Mindanao) e a canle Canigao que se atopa no lado sueste do Mar de Camotes. Contén as Illas Camotes, Illa Lapinig, Illa Olango, Illa Mactan, e outros pequenos illotes.

O mar de Camotes tamén contén o Banco Danajon, que é unha dobre barreira de coral en Filipinas, é unha formación xeolóxica moi rara e só hai 6 arrecifes de dobre barreira no mundo. Comprende dous conxuntos de grandes arrecifes de coral que se formaron nun costado submarino debido a unha combinación de correntes de marea favorables e crecemento de coral na zona.

As principais cidades da rexión son Ormoc & Baybay na provincia de Leyte, Talibon & Ubay, na provincia de Bohol, e Cebu City, na provincia de Cebú.

Mar de Célebes

O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao nas Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa unha área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Sulu

8°25′6″N 120°19′10″L

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Mar de Visayas

O Mar de Visayas é un mar interior das Filipinas, un pequeno mar que xeralmente se considera parte do mar de Filipinas (á súa vez parte do Océano Pacífico), situado no interior do arquipélago das illas Visayas, Visayas orientais e Visayas occidentais situadas ao leste e oeste, mentres que o Visayas centrais están situadas ao sur. Está limitada polas illas Masbate ao norte, Leyte ao leste, Cebú e Negros no sur e Panay ao oeste.

Océano Pacífico

O océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre América, ao leste, Asia e Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano. Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).

Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.