Filipe VI de España

Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o actual rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI.

Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Filipe VI de España
Rei de España
Felipe VI 2015 (cropped)
Filipe VI de España

Coroación19 de xuño de 2014
Nome completoFelipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia
Nacemento30 de xaneiro de 1968 (51 anos)
Madrid, España España
ConsorteLetizia Ortiz Rocasolano (2004-)
Descendencia
  • Casa realCasa de Borbón
    Himno realMarcha Real
    ProxenitoresXoán Carlos I de España
    Sofía de Grecia

    Escudo de Filipe VI de España
    Felipe VI signature

    Traxectoria

    Escudo Felipe VI de España

    O Rei
    A Raíña consorte

    O rei Xoán Carlos
    A raíña Sofía

    O 8 de febreiro de 1968 foi bautizado no Palacio da Zarzuela polo Arcebispo de Madrid, recibindo os nomes de Filipe Xoán Paulo Afonso de Todos os Santos de Borbón e Grecia; Filipe, por Filipe V, o primeiro Borbón que ocupou o trono de España; Xoán, polo seu avó paterno, Xoán de Borbón, conde de Barcelona, Paulo polo seu avó materno, o rei Paulo de Grecia, Afonso polo seu bisavó, o rei Afonso XIII, nese momento, o último rei que reinara en España, e de Todos os Santos, por tradición da casa real española. Os seus padriños foron o conde de Barcelona, Xoán de Borbón, e a raíña viúva Vitoria Euxenia de España.

    Ostentou por Real Decreto entre 1977 e 2014 os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos: Príncipe de Asturias, Príncipe de Xirona, Príncipe de Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer como heredeiro dos Reinos de Castela, Aragón, Navarra, Cataluña, Valencia e Mallorca. As súas orixes proveñen de 1388, 1351, 1424, 1387, 1351, 1413, respectivamente. Tamén podía ostentar o título de Príncipe de Xaén. Tiña o tratamento de Alteza Real.

    Recibiu a formación militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza, a Escola Naval Militar de Marín e a Academia Xeral do Aire de San Javier, exercendo agora os cargos de Comandante do Corpo Xeral das Armas do Exército de Terra de Infantería, Capitán de Corveta do Corpo Xeral da Armada e Comandante do Corpo Xeral do Exército do Aire. Tras finalizar o seu período militar comezou a súa formación académica (Dereito na Universidade Autónoma de Madrid e Máster en Relacións Internacionais na Edmund Walsh School of Foreign Service da Universidade de Georgetown).

    O 1 de novembro de 2003 anunciou o seu compromiso matrimonial coa xornalista asturiana Letizia Ortiz Rocasolano. A voda celebrouse o 22 de maio de 2004 na catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. O 31 de outubro de 2005 ás 1:45 horas, Letizia Ortiz deu a luz a unha nena, Leonor de Borbón, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española.

    O 29 de abril de 2007, naceu a súa segunda filla, bautizada como Sofía de Borbón de Todos os Santos. A nova infanta naceu por cesárea como Leonor, pesou 3,310 quilos e mediu 50 centímetros. Ocupa o primeiro lugar na sucesión ó trono de España.

    O 19 de xuño de 2014 foi proclamado Rei polas Cortes Xerais, logo da aprobación da Lei pola que se acetaba a abdicación do seu pai o Rei Xoán Carlos I.

    Títulos, honores e nomeamentos

    A Constitución Española, no seu título II, artigo 56, parágrafo 2, designa que o rei pode facer uso doutros títulos e dignidades, polo xeral referidas a entidades históricas, e que estiveron tradicionalmente asociadas á Coroa española:[1]

    Ascendencia

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Afonso XII, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
    8. Afonso XIII, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Archiduquesa María Cristina de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    4. Infante Xoán, Conde de Barcelona
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Príncipe Henrique de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
    9. Princesa Vitoria Euxenia de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    19. Princesa Beatriz do Reino Unido
     
     
     
     
     
     
     
    2. Xoán Carlos I, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Príncipe Afonso, Conde de Caserta
     
     
     
     
     
     
     
    10. Príncipe Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Princesa Antonieta das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    5. Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Filipe, Conde de París
     
     
     
     
     
     
     
    11. Princesa Luisa de Orleans
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Princesa María Isabel de Orleans
     
     
     
     
     
     
     
    1. Filipe VI, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Xurxo I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
    12. Constantino I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia
     
     
     
     
     
     
     
    6. Paulo I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Federico III, Emperador de Alemaña
     
     
     
     
     
     
     
    13. Princesa Sofía de Prusia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Vitoria, Princesa Real
     
     
     
     
     
     
     
    3. Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Ernesto Augusto, Príncipe herdeiro de Hanover
     
     
     
     
     
     
     
    14. Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. Princesa Tyra de Dinamarca
     
     
     
     
     
     
     
    7. Princesa Federica de Hannover
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Guillerme II, Emperador de Alemaña
     
     
     
     
     
     
     
    15. Princesa Vitoria Luisa de Prusia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Princesa Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein
     
     
     
     
     
     

    Notas

    1. Royal Styles Spain. En heráldica.org
    2. Debido á gran cantidade de títulos asociados á Monarquía Hispánica, só se escribían os máis importantes, terminando a lista cun «etc.» Referíndose así a títulos secundarios e en desuso. Estes son: Rei de Hungría, Dalmacia e Croacia Duque de Limburgo, Lotaringia, Luxemburgo, Güeldres, Estiria, Carniola, Carintia e Württemberg Landgrave de Alsacia Príncipe de Suabia Conde Palatino de Borgoña Conde de Artois, Hainaut, Namur, Gorizia, Ferrete e Kyburgo Marqués de Oristán e Gocíano Margrave do Sacro Imperio Romano e Burgau Señor de Salins, Malinas, a Marca Eslovena, Pordenone e Trípoli.

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Predecesor:
    Xoán Carlos de Borbón
    (como Príncipe de España)
    CoA Principe de Asturias.svg
    Príncipe de Asturias

    1977 - 2014
    Sucesor:
    Leonor de Borbón
    Predecesor:
    Xoán Carlos I de España
    Escudo Felipe VI de España.svg
    Rei de España

    2014 -
    Sucesor:
    No cargo
    Predecesor:
    Cristina de Borbón e Grecia

    Flag of South Korea.svg Seúl 1988

    Olympic flag.svg
    Flag of Spain.svg
    Abandeirado de España nos Xogos Olímpicos de verán

    España Barcelona 1992
    Sucesor:
    Luis Doreste

    Flag of the United States.svg Atlanta 1996

    2014

    2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

    Casa de Borbón

    A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

    Ducado de Atenas

    O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.

    O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España, polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.

    Ducado de Montblanc

    O Ducado de Montblanc é un título nobiliario creado por primeira vez polo rei Xoán I de Aragón. Actualmente é un dos títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa, por telo sido dos reis de Aragón, sendo a súa titular actual Leonor de Borbón, princesa de Xirona.

    Egilmar II de Oldemburgo

    Egilmar II, tamén coñecido como Elimar, fl. 1108 e finado en 1142, foi un conde de Oldemburgo. Era o fillo de Egilmar I, conde de Aldenbuch e a súa esposa Riquilda de Ditmarschen. Estendeu os seus territorios até Frisia.

    É un antepasado directo, por liña materna, do rei Filipe VI de España e, por liña masculina, de Filipe de Edimburgo e por tanto, do príncipe Carlos de Gales, herdeiro da coroa británica.

    Eleccións xerais de España de 2016

    O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

    O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

    España

    España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

    España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

    Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

    De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

    A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

    Exército do Aire de España

    O Exército do Aire é unha das tres ramas en que se dividen as Forzas Armadas de España. Conxuntamente coa Armada e o Exército de Terra, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

    Isabel I de Castela

    Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

    Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

    Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

    Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

    Leonor de Borbón

    Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual Princesa de Asturias. É a filla primoxénita dos reis, Filipe VI de España e Letizia. Ten unha irmá menor, a infanta Sofía.

    Letizia Ortiz

    Letizia Ortiz Rocasolano, nada en Oviedo o 15 de setembro de 1972, é a raíña consorte de España polo seu casamento co entón príncipe Filipe de Borbón. Teñen dúas fillas, a Princesa Leonor e a infanta Sofía, primeira e segunda na liña sucesoria, respectivamente.

    Antes do seu matrimonio co Príncipe, traballou como xornalista para varios xornais e cadeas de televisión.

    Monarca

    Un monarca é aquela persoa que ostenta unha autoridade única e suprema sobre un pobo, e que normalmente asume de xeito hereditario. A autoridade que posúe pode variar desde a estritamente nominal ata a absoluta. Tipicamente esta autoridade exércea sobre un país e de forma vitalicia.

    O sistema de autoridade encabezado polo monarca chámase monarquía.

    Monarquía

    Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

    por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

    recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

    Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

    Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

    Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

    Real Academia Nacional de Farmacia

    A Real Academia Nacional de Farmacia (RANF) de España ten a súa orixe en 1737, ano no que nunha real cédula de Filipe V aprobou os estatutos do "Real Colegio de Profesores Boticarios" de Madrid.

    Sofía de Borbón

    Sofía de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 29 de abril de 2007, é unha Infanta de España. É a segunda filla dos Reis de España, Filipe VI e dona Letizia e a irmá menor da Princesa de Asturias, Leonor, nacida o 31 de outubro de 2005.

    Por ser filla do herdeiro da Coroa recibe a dignidade de infanta de España e tratamento de alteza real. Ocupa o segundo lugar na Liña de sucesión ao Trono de España, e podería reinar en virtude da Constitución de 1978 se:

    O Rei Filipe VI non tivese un fillo home ou, se o tivese, este renunciase á Coroa ou non tivese descendentes;

    A Princesa de Asturias renunciase á Coroa ou falecese sen descendentes que sobrevivisen á infanta Sofía.A infanta Sofía naceu mediante cesárea no Hospital Ruber Internacional de Madrid ás 15:50 IMC (16:50 hora española). Pesou 3.310 gramos e mediu 50 centímetros no momento do seu nacemento.É a primeira Sofía que nace no seo da Coroa Española. O seu nome foille dado en honra á súa avoa, a Raíña Sofía, primeira Sofía na Casa Real Española.

    A infanta foi bautizada co nome de Sofía de Todos los Santos con augas do río Xordán o 15 de xullo de 2007 no palacio da Zarzuela polo Arcebispo de Madrid. Os seus padriños son a súa avoa materna, Paloma Rocasolano e Konstantin de Bulgaria, íntimo amigo do Príncipe Filipe.

    A infanta Sofía asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Leonor, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Elena.

    Sofía de Grecia

    Sofía de Grecia (Sofía Margarida Vitoria Federica de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg), nada en Atenas o 2 de novembro de 1938, é princesa de Grecia e Dinamarca e a raíña consorte de España polo seu matrimonio con Xoán Carlos I de España desde o 22 de novembro de 1975 ata o 19 de xuño de 2014, data da abdicación do Rei e do acceso á xefatura do Estado do seu fillo Filipe VI. Ostenta de forma vitalicia o título honorífico de Raíña.

    Vitoria Uxía de Battenberg

    Vitoria Uxía Xulia Ena de Battenberg, nada no Castelo de Balmoral (Aberdeenshire, Escocia) o 24 de outubro de 1887 e finada en Lausana (Suíza) o 15 de abril de 1969, era neta da raíña Vitoria de Inglaterra, e converteuse en raíña consorte de España polo seu matrimonio co rei Afonso XIII. Foi a bisavoa do actual monarca Filipe VI de España.

    Xoán Carlos I de España

    Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico.

    Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado. A Carta Magna confire á súa dignidade o rango de símbolo da unidade nacional. Anteriormente ao seu proclamación, desempeñara funcións interinas na xefatura do Estado durante a enfermidade de Franco.

    Ao longo do seu reinado, o rei gozou dun elevado apoio popular tanto en España como en Iberoamérica. Con todo, en 2012 esta tendencia cambiou de forma drástica e o apoio reduciuse ata o punto de que, en abril de 2013, un 53% da poboación desaprobaba a forma en que desempeñaba as súas funcións, aínda que mantendo unha valoración positiva superior con respecto ás diferentes partes do organigrama político español.

    O papel do rei durante a Transición española e a súa intervención para frear o intento de Golpe de Estado de 1981, o seu apoio á unidade europea e a súa contribución á hora de estreitar relacións diplomáticas, foron obxecto de diversas homenaxes, recoñecementos, premios e galardóns internacionais como o Premio Carlomagno (1982), o Premio Félix Houphouët-Boigny para a Procura da Paz da Unesco (1995), a «Medalla da Democracia» da Universidade Yeshiva (1997), o Premio «Estadista Mundial» da Fundación Appeal of Conscience (1997) ou o Premio Estatal da Federación Rusa (2011), entre outros. Sobre o seu papel durante os primeiros anos do seu reinado, a revista Estafe publicaría que o rei Xoán Carlos xurdiu «como un dos heroes máis improbables e inspiradores da liberdade do século XX, desafiando un intento de vez militar que buscaba subverter á nova democracia posfranquista de España».O 2 de xuño de 2014, anunciou a súa abdicación á coroa de España. Sucedeuno o seu fillo Filipe VI tras a aprobación por parte das Cortes Xerais da Lei de Abdicación, que se fixo efectiva o 19 de xuño de 2014.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.