Filipe I de Parma

Filipe I de Parma (Madrid, 15 de marzo de 1720 - Alessandria 18 de xullo de 1765), foi duque de Parma (1748-1765), o primeiro da dinastía Borbón.

Era fillo de Filipe V, rei de España e da súa segunda muller Isabel de Farnesio e como tal infante de España, foi tamén conde de Chincón, con grandeza de España entre 1738 e 1754. En 1739 casou en Alcalá de Henares con Luísa Isabel de Francia (1727-1759), princesa de Francia, filla do rei Luís XV e María Leszczyńska.

Filipe I de Parma
Felipe de Parma
Filipe I de Borbón-Parma
Nacemento15 de marzo de 1720
 Madrid
Falecemento18 de xullo de 1765
 Alessandria
SoterradoSanctuary of Santa Maria della Steccata
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónaristócrata
PaiFilipe V de España
NaiIsabel de Farnesio
CónxuxeLuísa Isabel de França
FillosIsabel de Parma, Fernando I de Parma e María Luísa de Parma
IrmánsMaria Antonieta de Bourbon, Mariana Vitória de Bourbon, Maria Rafaela Teresa de Espanha, Fernando VI de España, Luís I de España, Luis Antonio de Borbón y Farnesio, Carlos III de España e Filipe Pedro de Espanha
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
The signature of the Duke of Parma in 1764

Biografía

En 1744, durante a Guerra de Sucesión Austríaca,o infante Filipe asumiu o mando do exército conxunto hispanofrancés duante a campaña contra Carlos Manuel III de Sardeña. En 1748 en virtude dos acordo da Paz de Aquisgrán convértese no duque de Parma, Piacenza e Guastalla, a coroación foi o 18 de outubro dese ano .

O duque Filipe desenvolveu unha política ilustrada, expansiva e xansenista, nomeou ministro a Guillaume du Tillot que introduciu reformas que sanearon as finanzas, reforzou o poder do Estado, creou escolas públicas. En 1768 decretou a expulsión dos xesuítas, a confiscación das propiedades da Igrexa Católica e a supresión dos tribunais eclesiásticos do ducado.

Felipe de Parma1
Filipe de Parma

Fillos

La famiglia di Don Filippo di Borbone by Giuseppe Baldrighi (C. 1757)
Filipe coa súa dona e fillos

Filipe de Parma deu orixe á póla Borbón-Parma da dinastía de Borbón, e tivo tres fillos

  • María Isabel (1741 -1763), muller de Xosé II do Sacro Imperio Romano
  • Fernando I (1751 - 1759), duque de Parma á morte do seu pai.
  • María Luísa (1751 - 1819), esposa de Carlos IV de España
Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlota Xoaquina de Borbón

Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma (en portugués Carlota Joaquina Caetana de Bourbon e Bourbon), nada en Aranjuez o 25 de abril de 1775 e finada en Sintra o 7 de xaneiro de 1830, foi unha infanta española, raíña consorte de Portugal e emperatriz consorte de iure de Brasil.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Casa de Farnesio

Os Farnesio, en italiano Farnese, foron unha influente familia da aristocracia italiana que ostentou o ducado de Castro, entre 1537 e 1649, e o ducado de Parma entre 1545 e 1731.

Entre os seus máis importantes membros destacaron o papa Paulo III e os duques de Parma.

Dinastía dos Capetos

Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.

A dinastía dos Capetos (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques de Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O actual rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertecen agnaticamente á dinastía, ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Filipe I

Filipe I pode referirse a:

Filipe de Bélxica (1960 - )

Filipe I de Castela (1478 — 1506)

Filipe I de Parma (1720 — 1765)

Filipe I de Savoia (1207 — 1285)

Filipe I de Borgoña (1346 - 1361)

Francisco de Asís de Borbón

Francisco de Asís María Fernando de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Aranjuez o 13 de maio de 1822 e finado en Épinay-sur-Seine (Francia) o 17 de abril de 1902), foi fillo do infante de España Francisco de Paula de Borbón e de Luisa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias, foi rei consorte de España (1846-1868) e II duque de Cádiz.

Isabel de Francia

Co nome de Isabel de Francia se coñece a numerosas princesas francesas:

Isabel de Francia, (1225-1270), abadesa de Longchamp, filla de Luís VIII de Francia e de Branca de Castela ;

Isabel de Francia, (1242-1271), raíña consorte de Teobaldo II de Navarra, filla de Luís IX de Francia e Margarida da Provenza;

Isabel de Francia, (1292-1358), coñecida como a loba de Francia, raíña consorte de Eduardo II de Inglaterra e filla de Filipe IV de Francia e Xoana I de Navarra;

Isabel de Francia, (1312-1348), filla de Filipe V de Francia e de Xoana de Borgoña,

Isabel de Francia ou Isabel de Valois, (1348-1372), duquesa de Milán, filla de Xoán II de Francia e de Bona de Luxemburgo;

Isabel de Francia ou Isabel de Valois, (1389-1409), duquesa de Orleáns e raíña consorte de Ricardo II de Inglaterra e filla de Carlos VI de Francia e Isabel de Baviera;

Isabel de Francia ou Isabel de Valois, (1546-1568), raíña consorte de Filipe II de España e filla de Henrique II de Francia e Catalina de Médicis;

Isabel de Francia ou Isabel de Borbón, (1602-1644), raíña consorte de Filipe IV de España e filla de Henrique IV de Francia e María de Médicis;

Luisa Isabel de Francia, (1727-1759), duquesa de Parma, esposa de Filipe I de Parma e hija de Luís XV de Francia e María Leszczynska;

Isabel de Francia, (1764-1794), hija de Luís, Delfín de Francia e María Xosefina de Saxonia, morreu guillotinada durante a Revolución Francesa.

Jean Ranc

Jean Ranc, nado en Montpellier o 28 de xaneiro de 1674 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1735, foi un retratista barroco francés, que serviu na corte de Luís XV de Francia e de Filipe V de España.

Luís XV de Francia

Luís XV de Francia, nado no Palacio de Versalles o 15 de febreiro de 1710 e falecido no mesmo lugar o 10 de maio de 1774, foi rei de Francia e de Navarra e copríncipe de Andorra entre os anos 1715 e 1774. Ademais, ostentou o título de duque de Anjou.

Herdou o trono do seu bisavó Luís XIV á idade de cinco anos, e pasou os seus primeiros anos de reinado en relativa tranquilidade, rodeado de preceptores que o proveron dunha gran cultura, mentres que o poder efectivo foi entregado a varios rexentes. Ao alcanzar a maioría de idade confioulle o goberno ao cardeal Fleury, o seu antigo preceptor.

A diferenza de Luís XIV non tivo contacto directo coa vida política do seu país: reuníase con pouca frecuencia cos seus ministros e actuou en contra das súas expectativas, tramando unha rede de diplomáticos e espías. O seu desinterese pola política e a constante sucesión de ministros que debilitaban o poder de Francia en Europa contribuíron en sentar as bases para a Revolución Francesa.

Ao inicio do seu reinado foi amado polo pobo, que rapidamente o alcumou como O Ben Amado (en francés, Le Bien-Aimé). Porén, cos anos, a súa debilidade na toma de decisións e a constante e intrigante presenza das súas amantes dinamitou a súa popularidade, producíndose en París algunhas celebracións á súa morte. Por iso houbo de celebrarse en segredo o seu funeral, para evitar que se produciran burlas públicas ante o seu cadaleito, tal e coma ocorrera co seu predecesor.

Baixo o seu reinado, Francia logrou grandes éxitos militares, como a anexión do Ducado de Lorena e Córsega; porén, perdeu gran parte do seu imperio colonial en favor de Gran Bretaña.

María Amelia de Braganza

María Amelia de Braganza, nada en París o 1 de decembro de 1831 e finada en Funchal (Madeira) o 4 de febreiro de 1853, foi unha princesa do Imperio do Brasil e membro da rama brasileira da casa de Braganza. Os seus pais foron o emperador Pedro I, primeiro rexente do Brasil, e Amelia de Leuchtenberg. Única filla do segundo matrimonio do seu pai, María Amelia naceu en Francia trala abdicación de Pedro I en favor do seu fillo Pedro II. Antes de que María Amelia cumprise un ano de idade Pedro I viaxou ata Portugal para restablecer a coroa da filla maior do seu primeiro matrimonio, María II, librando con éxito unha guerra contra o seu irmán Miguel I, quen usurpara o trono de María II.

Poucos meses trala súa vitoria Pedro I faleceu a causa dunha tuberculose. A nai de María Amelia levouna a Portugal, onde permaneceu a maior parte da súa vida sen chegar a visitar o Brasil. O goberno brasileiro non recoñeceu a María Amelia como membro da casa imperial do Brasil xa que nacera no estranxeiro, pero cando o seu medio irmán maior Pedro II foi declarado maior de idade en 1840, este interveu en favor de María Amelia con éxito.

Prometeuse co arquiduque Maximiliano de Austria a comezos do ano 1852, pero antes de que tivera lugar o matrimonio ela contraeu tuberculose e foi trasladada a vila de Funchal na illa portuguesa de Madeira. Malia o clima de saudable reputación que tiña aquel lugar, a saúde de María Amelia continuou deteriorándose, e faleceu o 4 de febreiro de 1853. O seu corpo foi levado ó continente e soterrado no panteón familiar do mosteiro de São Vicente de Fora. Uns 130 anos despois os seus restos trasladáronse ó Brasil. En conmemoración da súa filla, Amelia de Leuchtenberg financiou a construción do hospital "Princesa D. Maria Amélia" en Funchal. O prometido de María Amelia, Maximiliano, fixo unha peregrinación ata o Brasil e Madeira, viaxe que influíu na súa aceptación do trono de México en 1864.

María Luísa de Parma

María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819, foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.

Pedro II do Brasil

Pedro II do Brasil, nado no pazo de São Cristóvão, Río de Xaneiro, o 2 de decembro de 1825 e finado en París o 5 de decembro de 1891, foi o segundo e último emperador do Brasil. Alcumado "o magnánimo", o seu reinado como emperador durou máis de 58 anos. Foi o sétimo fillo do emperador Pedro I do Brasil e a emperatriz María Leopoldina, e polo tanto membro da rama brasileira da casa de Braganza. A abrupta abdicación e marcha cara a Europa do seu pai en 1831 deixou a Pedro II como emperador, legándolle unha infancia e adolescencia desalentadora e solitaria. Obrigado a pasar o tempo estudando en preparación para o seu reinado, só conseguiu ter breves momentos de felicidade e tivo poucas amizades da súa idade. As súas experiencias coas intrigas da corte e coas disputas políticas durante este período afectaron en gran medida o seu carácter posterior, converténdose nun home cun forte sentido do deber e devoción cara ó seu país e a súa xente, mais resentido polo seu papel de monarca.

Herdando un imperio ó bordo da desintegración, Pedro II levou o Brasil de fala portuguesa a ser unha potencia emerxente no ámbito internacional. A nación medrou ata distinguirse dos seus veciños hispánicos grazas á súa estabilidade política, a celosamente protexida liberdade de expresión, o respecto polos dereitos civís, un crecemento económico vibrante e especialmente pola súa forma de goberno: unha monarquía parlamentaria representativa funcional. O Brasil tamén obtivo a vitoria en tres conflitos internacionais (a guerra da Prata, a guerra do Uruguai e a guerra do Paraguai) baixo o seu reinado, e prevaleceu en varias outras disputas internacionais e tensións domésticas. Pedro II promoveu incondicionalmente a abolición da escravitude malia a oposición de poderosos intereses políticos e económicos. Considerado un sabio por propio dereito, o emperador estableceu unha reputación de vigoroso patrocinador da aprendizaxe, da cultura e das ciencias. Conseguiu o respecto e admiración de eruditos como Darwin, Victor Hugo e Nietzsche, e trabou amizade con Wagner, Pasteur e Henry Wadsworth entre outros.

Malia que non existía un desexo de cambio na forma de goberno entre a maioría de brasileiros, o emperador foi derrocado nun repentino golpe de estado apoiado só por unha camarilla de líderes militares que procuraban instaurar unha forma de república liderada por un ditador. Para entón Pedro II estaba esgotado de ser emperador e perdera a esperanza nas perspectivas futuras da monarquía, malia contar cun apoio popular maioritario. Non permitiu que ninguén se opuxese á súa destitución e non apoiou ningún intento de restaurar a monarquía. Pasou os últimos dous anos da súa vida exiliado en Europa, vivindo só e cun baixo nivel económico. Algúns dos seus logros como emperador quedarían posteriormente en nada por mor dun longo período de gobernos débiles, ditaduras e crises económicas e constitucionais no Brasil, e os propios homes que o exiliaran acabaron por consideralo un modelo para a república brasileira. Poucas décadas trala súa morte restaurouse a súa reputación e trasladáronse os seus restos de volta ó Brasil, con celebracións a nivel nacional. A maioría de historiadores presentan a Pedro II dunha forma extremadamente positiva, e varios deles cualificárono como o "máis grande dos brasileiros".

Pedro I do Brasil

Pedro I do Brasil, nado en Queluz, Lisboa, o 12 de outubro de 1798 e finado nesa mesma vila o 24 de setembro de 1834, foi o fundador e primeiro gobernante do Imperio do Brasil. Tivo tamén un breve reinado no Reino de Portugal coma Pedro IV de Portugal, onde foi alcumado como "o Liberador" e "o rei Soldado". Nado no pazo de Queluz, Pedro I foi o cuarto fillo do rei Xoán VI de Portugal e da raíña Carlota Xoaquina de Borbón, pertencendo á casa de Braganza. Cando as tropas francesas invadiron o seu país no ano 1807 fuxiu xunto á súa familia ó Brasil, naquel entón a maior e máis rica colonia de Portugal.

A expansión da revolución liberal de 1820 ata Lisboa levou ó pai de Pedro I a volver a Portugal en abril de 1821, deixándoo a el como rexente do Brasil. Tivo que tratar coas ameazas de revolucionarios e de insubordinación das tropas portuguesas, que conseguiu superar. A ameaza do goberno portugués de revogar a autonomía política da que gozara o Brasil dende 1808 recibiuse alí cun descontento xeral. Pedro I escolleu o bando brasileiro e declarou a independencia do Brasil de Portugal o 7 de setembro de 1822. O 12 de outubro dese mesmo ano foi aclamado como emperador do Brasil e para marzo de 1824 tiña derrotado a tódolos exércitos leais a Portugal. Uns poucos meses despois Pedro I abateu a Confederación do Ecuador, un intento de secesión sen éxito por parte de rebeldes no nordeste do Brasil.

Unha rebelión secesionista na provincia de Cisplatina no sur do país a comezos de 1825, e o subsecuente intento por parte das Provincias Unidas do Río da Prata de anexionala, levaron ó imperio á guerra cisplatina. En marzo de 1826 Pedro I converteuse brevemente no rei de Portugal antes de abdicar en favor da súa filla maior, María II. A situación agravouse en 1828 cando a guerra no sur tivo como resultado a perda de Cisplatina para o Brasil. Ese mesmo ano en Lisboa, Miguel, irmán menor de Pedro, usurpou o trono de María II. Pola súa parte, a relación concorrente do emperador cunha cortesá manchou a súa reputación. Tivo tamén que lidar con varias dificultades xurdidas no parlamento do Brasil, onde tivo lugar unha loita sobre se o goberno debía estar escollido polo monarca ou pola lexislatura, que dominou os debates políticos dende 1826 ata 1831. Incapaz de tratar cos problemas tanto no Brasil coma en Portugal de forma simultánea, o 7 de abril de 1831 Pedro I abdicou en favor do seu fillo Pedro II e viaxou cara a Europa.

Pedro I invadiu Portugal liderando ó seu exército en xullo de 1832. Inicialmente encarando o que semellaba ser unha guerra civil, ó pouco tempo viuse involucrado nun conflito maior que abarcou toda a península Ibérica nunha loita entre os propoñentes do liberalismo e os que procuraban un retorno ó absolutismo. Pedro I faleceu a causa dunha tuberculose o 24 de setembro de 1834, poucos meses antes de conseguir a vitoria xunto ós liberais. Tanto os seus coetáneos coma historiadores posteriores considerárono unha figura chave que axudou a espallar os ideais liberais que permitiron que o Brasil e Portugal pasasen dos réximes absolutistas a outras formas de goberno representativo.

Xosé II de Habsburgo

Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.