Figueirido, Vilaboa

Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 760 habitantes (391 mulleres e 369 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, 79 menos ca en 1999. É a parroquia menos poboada do concello.

Coordenadas: 42°22′10″N 08°37′44″O / 42.36944, -8.62889

Santo André de Figueirido
Figueirido
Vista xeral da parroquia
ConcelloVilaboa
Área3,74 km²
Poboación760 hab. (2013)
Densidade203,21 hab./km²
Entidades de poboación9

Xeografía

Igrexa de Figueirido
Igrexa parroquial.

Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui[1].

Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.

Patrimonio

A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.

Na parroquia está a base militar da BRILAT.

Deportes

Na parroquia está o Figueirido CF que xoga na 2ª División Rexional.

Notas

  1. Madoz Ibáñez, P. (1847). "FIGUEIRIDO (SAN ANDRES)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII. Madrid. p. 84.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vilaboa

Véxase tamén

Outros artigos

A Boullosa, Figueirido, Vilaboa

A Boullosa é un lugar da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa na Comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 25 habitantes (12 homes e 13 mulleres), o mesmo número de habitantes ca en 2010 e 2004.

A Canicouva, Pontevedra

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionado ao de Pontevedra.

Bergunde, Figueirido, Vilaboa

Bergunde é un lugar da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa na Comarca de Pontevedra. Tiña unha poboación censada de 52 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 22 eran homes e 30 mulleres, o que representa un progresivo e continuo descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 57 veciños, e 2004, cando eran 64 veciños.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

O Alcouce

O topónimo O Alcouce indica un conxunto de varias casas que forman un grupo separado dentro dunha aldea ou lugar. Pode referirse a:

O Alcouce, lugar da parroquia de Moura, no concello de Nogueira de Ramuín;

O Alcouce, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives;

O Alcouce, lugar da parroquia de Redemuíños, no concello de Quintela de Leirado;

O Alcouce, lugar da parroquia de Tomeza, no concello de Pontevedra;

O Alcouce, lugar da parroquia de Figueirido, no concello de Vilaboa.

Praza do Alcouce, no lugar de Feás (Feás, Boborás).

O Alcouce, Figueirido, Vilaboa

O Alcouce é un lugar da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa na Comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 131 habitantes (63 homes e 68 mulleres), nove menos ca en 2010 e 26 menos ca en 2004.

A aldea está atravesada de leste a oeste pola vía portuguesa do camiño de Santiago e de norte a sur pola estrada PO-0002.

Río dos Gafos

O río dos Gafos é un curso fluvial galego, de 10,83 km de longo, que desemboca na ría de Pontevedra. Transcorre en boa parte paralelo á vía portuguesa do Camiño de Santiago. Agás nos seus últimos 600 metros, ten unha orientación sur-norte, cousa estraña nun río das Rías Baixas.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Vaipolorío

Vaipolorío é un colectivo que nace en Pontevedra en novembro de 2001 ante a necesidade de recuperar o río dos Gafos, cunha gran deterioración medioambiental. Naceu con 35 socios fundadores, sen cota algunha. Na actualidade (2010), considera que calquera persoa que colabore nas súas actividades, forma parte do colectivo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.