Ficus

Ficus é un xénero de arboriñas da familia Moraceae. Entre as especies do xénero áchanse as figueiras e os ficus. Hai máis de 1.000 especies de figueiras no mundo, especialmente en climas tropicais e subtropicais (o xénero Ficus é un dos maiores do reino vexetal). O representante tipo é a figueira (Ficus carica), cultivada en Galiza. Hai tamén especies ornamentais.

xénero Ficus
Ficus elastica in Franz Eugen Köhler, Medizinal-Pflanzen, 1897

Ficus elastica in Franz Eugen Köhler, Medizinal-Pflanzen, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Urticales
Familia: Moraceae
Tribo: Ficeae
Xénero: Ficus
L., Sp. Pl., 2: 1059, 1753 [1]
Especies

Arredor de 800, véxase no texto

Descrición

As figueiras alcanzan normalmente porte arbóreo, aínda que algunhas especies non crezan moito e permanezan como arbustos, outros teñan hábito rubidor, e haxa até especies rastreiras. En todos os casos son plantas leñosas, moitas con tronco de forma irregular, ou escultural, con raíces adventicias e superficiais. As follas son alternas, usualmente providas de látex. As flores son diminutas, unisexuais, reunidas nunha inflorescencia especial denominada sicóns, que consiste nun receptáculo pechado, coas flores inseridas no interior, e un orificio de saída no ápice, ou ostíolo. Os froitos son aquenios que madurecen dentro do propio sinconio, dándoselle o nome de figo ó conxunto.

As principais diferenzas entre as especies danse no porte, forma do tronco, forma, textura e consistencia das follas, cor, textura e forma dos sinconios etc. Hai 4 subxéneros de Ficus separados entre si por características microscópicas nas súas pequenas flores, e pola ocorrencia de plantas unisexuais ou hermafroditas.

Ecoloxía

Ficus clusiifolia
Ficus clusiifolia crecendo sobre muro.

As figueiras posúen un dos sistemas de reprodución máis curioso da natureza. As súas flores, encerradas nos sinconios, non teñen contacto directo co ambiente exterior, de forma que o pole non pode ser transferido dunha planta a outra espontaneamente.

Hai unha serie de especies de vespas minúsculas que se aproveitan da protección do sinconio para depositar os seus ovos. Procuran sinconios cuxas flores femininas estean maduras, e depositan os ovos nos seus ovarios, de modo que as larvas se alimentarán das sementes. Cando atinxen a fase adulta, os machos rapidamente fecundan ás femias e morren (sen xamais teren saído dos figos). As femias entón procuran sair polo ostíolo, escalando as paredes internas do sinconio. É neste momento que as flores masculinas están maduras, de modo que depositan o seu pole sobre as femias antes destas gañaren a liberdade. As femias entón repetirán o seu ciclo, buscando um sinconio con flores femininas para depositar os seus ovos, e ao mesmo tempo fertilizar as flores que non serán inoculadas.

Algunhas especies de figueiras só producen figos con flores masculinas ou femininas. Neste caso, é común que os sinconios "masculinos" presenten flores femininas estériles, incapaces de producir sementes, mais que aínda así servirán de alimento ás larvas das vespas, asegurando que o proceso antes descrito ocorra.

Especies

Unhas 830 especies aceptadas das máis de 2.700 descritas e uns 75 táxones infra-específicos aceptados dos máis de 800 descritos.[1]

  • F. abutilifolia
  • F. aguaraguensis
  • F. albert-smithii
  • F. albipila
  • F. altissima
  • F. amazonica
  • F. americana
  • F. andamanica
  • F. angladei
  • F. aripuanensis
  • F. aspera
  • F. aurea
  • F. auriculata
  • F. barbata
  • F. beddomei
  • F. benghalensis
  • F. benjamina
  • F. bibracteata
  • F. bizanae
  • F. blepharophylla
  • F. bojeri
  • F. broadwayi
  • F. bubu
  • F. burtt-davyi
  • F. calyptroceras
  • F. capreifolia
  • F. carica
  • F. castellviana
  • F. catappifolia
  • F. citrifolia
  • F. cordata
  • F. coronata
  • F. cotinifolia
  • F. craterostoma
  • F. cristobalensis
  • F. cyclophylla
  • F. dendrocida
  • F. deltoidea
  • F. destruens
  • F. drupacea
  • F. elastica (árbore do caucho)
  • F. erecta
  • F. eugenioides
  • F. faulkneriana
  • F. fischeri
  • F. fistulosa
  • F. fraseri
  • F. gibbosa
  • F. glaberrima
  • F. glabrata
  • F. glomerata
  • F. glumosa
  • F. godeffroyi
  • F. greiffiana
  • F. grenadensis
  • F. grossularioides
  • F. hartii
  • F. hebetifolia
  • F. hederacea
  • F. heterophylla
  • F. hirsuta
  • F. hirta
  • F. hispida
  • F. hispita
  • F. ilicina
  • F. illiberalis
  • F. luschnathiana
  • F. indica
  • F. infectoria
  • F. ingens
  • F. jimenezii
  • F. krukovii
  • F. lacor
  • F. lacunata
  • F. laevigata
  • F. laevis
  • F. lapathifolia
  • F. lateriflora
  • F. lauretana
  • F. lutea
  • F. lyrata
  • F. macbrideii
  • F. macrocarpa
  • F. macrophylla
  • F. magnifolia
  • F. malacocarpa
  • F. mathewsii
  • F. matiziana
  • F. mauritiana
  • F. meizonochlamys
  • F. mexiae
  • F. microchlamys
  • F. microcarpa
  • F. minahasae
  • F. mollior
  • F. monckii
  • F. montana
  • F. muelleri
  • F. muelleriana
  • F. mutabilis
  • F. mysorensis
  • F. natalensis
  • F. nervosa
  • F. noronhae
  • F. nota
  • F. obliqua
  • F. obtusifolia
  • F. opposita
  • F. organensis
  • F. padifolia
  • F. pakkensis
  • F. pallida
  • F. palmata
  • F. palmeri
  • F. pandurata
  • F. panurensis
  • F. pertusa
  • F. pilosa
  • F. platypoda
  • F. pleurocarpa
  • F. polita
  • F. prolixa
  • F. pseudopalma
  • F. pulchella
  • F. pumila
  • F. pyriformis
  • F. racemosa
  • F. ramiflora
  • F. religiosa
  • F. repens
  • F. retusa
  • F. roraimensis
  • F. rubiginosa
  • F. rumphii
  • F. salicifolia
  • F. salzmanniana
  • F. sansibarica
  • F. saussureana
  • F. schippii
  • F. schultesii
  • F. schumacheri
  • F. sinuata
  • F. sphenophylla
  • F. stahlii
  • F. stuhlmannii
  • F. superba
  • F. sur
  • F. sycomorus
  • F. tettensis
  • F. thonningii
  • F. tinctoria
  • F. tobagensis
  • F. tomentosa
  • F. tremula
  • F. triangularis
  • F. trichopoda
  • F. trigona
  • F. trigonata
  • F. tuerckheimii
  • F. ulmifolia
  • F. ursina
  • F. variegata
  • F. variolosa
  • F. velutina
  • F. verruculosa
  • F. virens
  • F. virgata
  • F. vogelii
  • F. wassa
  • F. watkinsiana

Especies de figueiras máis populares

Ficus1
Raíces superficiais de Ficus benjamina.
Ficus2
Tronco estrangulador de Ficus clusiifolia.
Ficus sycomorus
Sicómoro grande mais debilitado na Quinta da Boa Vista, Rio de Janeiro
  • F. carica, ou figueira común, é a árbore que produce os figos comestíbeis. Nativa do Oriente Medio e do Mediterráneo, os seus froitos son consumidos desde a antigüidade. Son popularmente usados ó natural, en compotas ou en doces.
  • F. elastica, árbore do caucho[2] ou falsa-hevea, é unha das árbores tropicais mais cultivadas do mundo. Nativa da India, é unha árbore de porte imponente, cuxo tronco e raíces - e até mesmo o tamaño das follas - se pode presentar de maneiras diferentes, de acordo coa variedade e as condicións de cultivo. Normalmente producen moitas raíces adventicias que, ao alcanzar o solo, engrosan como verdadeiros troncos auxiliares. Algúns usan o seu látex como bronceador. En realidade. este látex é extremamente tóxico, e exposto ao sol, destrúe a pel (o efecto de "bronceamento", na verdade, é consecuencia da morte do tecido). A exposición prolongada aínda pode causar cancro.
  • F. benjamina, ficus ou figueira benxamina, orixinaria da India, é cultivada pola súa follaxe brillante e delicada. É común vela en vasos, con porte baixo e copa podada, mais é unha planta que pode superar os 20 metros de altura, e as súas raíces poden destruír muros e pavimentos con facilidade.
  • F. microcarpa é outra especie indiana introducida no Brasil como ornamental. Ao contrario das anteriores, neste país hai vespas capaces de efectuar a súa polinización, de modo que ela consegue reproducirse libremente. As súas sementes xerminan en case calquera condición, inclusive en rachaduras de construcións, pontes, muros, calzadas etc. Esta especie crece tanto como a figueira benxamina, e en pouco tempo pode destruír todo á súa volta.
  • F. pumila, ou hera, ou figueira-rubideira, é moi apreciada como ornamental. Posúe raíces adventicias pequenas que se prenden a calquera superficie, permitindo que a planta creza sobre muros.
  • F. clusiifolia, ou figueira-vermella, nativa do Brasil, é unha das que se comportan como "estranguladoras". Ocasionalmente xerminan sobre outras árbores, e compórtanse como epífitas até que as súas raíces alcancen o solo. Entón as raíces engrosan, crecen en volta da árbore hospedeira, até que a sufocan por apertamento e destrución dos feixes vasculares, e a matan. Os seus froitos son vermellos, pequenos, mais saborosos.
  • F. gomeleira, ou gameleira branca, é nativa do centro-sur do Brasil, e cultivada polas súas propiedades medicinais.
  • F. benghalensis, ou bánian, nativa da India, posúe raíces adventicias monumentais, por veces crecendo máis en envergadura que en altura. No seu país de orixe, hai feiras e salas de aula construídas en medio das súas raíces.
  • F. sycomorus, ou sicómoro, nativa do Oriente Medio, posúe un tronco forte, de gran circunferencia. É probabelmente a árbore citada na Biblia, no Evanxeo de Lucas, cando Zaqueu tería subido nunha árbore desta especie para ver a chegada de Xesús a Xerusalén.
  • F. doliaria
  • F. pandurata
  • F. utilis

Precaucións

De entre as cerca de 1.000 especies de figueiras hai moitas velenosas e moitas con froitos comestíbeis. As especies do subxénero Pharmacosyce son case todas tóxicas, mentres que os outros tres subxéneros son predominantemente inofensivas. Porén, a principal diferenza entre estes grupos reside nas minúsculas flores inseridas no interior dos sinconios, cuxa observación pode escapar aos ollos até mesmo dun botánico profesional. Polo tanto, antes de consumir figos descoñecidos, ou usar o seu látex ou as súas follas para fins medicinais, procure un botánico que poida identificar as especies correctamente, é dicir se a especie en cuestión é adecuada ao consumo.

Notas

  1. The Plant List
  2. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004

Véxase tamén

Bibliografía

Carauta, J. P. P. & Dias, B. E. (2002). Figueiras do Brasil. Editora UFRJ. 211 pp.

Bandeira de Sri Lanka

A bandeira de Sri Lanka, tamén chamada Bandeira do León foi adoptada o 22 de maio de 1972, e consiste nun león dourado, sostendo unha espada kastane coa súa gadoupa dereita, diante dun fondo granate, con catro follas douradas de Ficus relixiosa, unha en cada esquina. Arredor do fondo ten un marco amarelo, e á esquerda hai 2 franxas verticais de igual tamaño en cor azafrán e en verde, estando a azafrán máis preto do león.

Blastophaga psenes

Blastophaga psenes é un himenóptero apócrito da familia Agaonidae. É unha das especies de avespas encargadas da polinización dos figos. A polinización realízana as avespas femias que entran ao sicono por un orificio natural chamado ostíolo e poñen os ovos dentro deste. B. psenes está especializado nunha soa especie de figos, o figo comestible ou cultivado Ficus carica.

Brosimum alicastrum

Brosimum alicastrum é unha especie botánica arbórea do xénero Brosimum, da familia das moráceas, división das anxiospermas, que inclúe no xénero os Ficus e as moreiras. É endémica de Mesoamérica: dende México até Perú, pasando por Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Güiana, Venezuela, Brasil, Bolivia, Colombia, Ecuador. Tamén se atopa nas illas do Caribe: Cuba, Xamaica e Trinidad e Tobago.

Chumbeira

Para a rede de pesca véxase artigo Chumbeira (pesca) .

Para o instrumento formado por unha pedra atada a un cabo que, ao introducilo no mar, axuda a explorar o fondo polo ruído que produce véxase Chumbeiro.

A chumbeira ou figueira chumba (Opuntia ficus-indica) é unha especie de cacto común en rexións semiáridas de América e naturalizada no mediterráneo. Non aparece nin se cultiva en Galiza. Tamén recibe os nomes galegos de nopal, figueira da India ou opuncia. A froita é comestíbel, recibe o nome de figo chumbo, figo do diaño ou figo indio; posúe alto contido de fibras, vitamina A e ferro.

Escudo de Barbados

O escudo de Barbados é un dos símbolos nacionais de Barbados dende a súa independencia en 1966.

A parte central é coñecida como "escudo dourado". Consiste nun campo de ouro no que figuran dous "Orgullos de Barbados", que son a flor nacional (Caesalpinia pulcherrima do xénero das Poincianas) e unha figueira "barbada" (Ficus citrifolia) que era común na illa no momento no que os portugueses chegaron á illa e de quen recibe o nome.

Ficus elastica

Ficus elastica, coñecida coma árbore do caucho é unha especie perennifolia do xénero do mesmo xénero que a figueira, nativa do nordés da India (Assam), oeste de Indonesia (Sumatra e Xava). Foi introducida en Europa en 1815 como planta de interior.

Figo

O figo é un froito obtido da figueira (Ficus carica).

Dende o punto de vista botánico o figo non é un froito senón unha infrutescencia (ou sexa un conxunto de froitos).

Existen máis de 750 especies de figos diferentes entre as que hai comestíbeis e non comestíbeis.

Esta froita podería provir de Asia Occidental, aínda que posteriormente se distribuíu por todo o Mediterráneo, chegando a Galiza. Sábese que o ser humano xa o coñecía e recollía antes do ano 9000 a. C.

Os figos miden 6 ou 7 cm de longo e 4,5 a 5,5 cm de diámetro. Son moi estacionais e pódense atopar doadamente nos meses de agosto e setembro no hemisferio norte, coma no caso de Galiza; e de febreiro a marzo no hemisferio sur. Algunhas figueiras producen dúas colleitas ao ano.

É un cultivo común en Galiza dende hai séculos, especialmente no sur, que deu lugar a infinidade de topónimos: A Figueira, Figueiras, Figueiredo, Figueiró, Figueiroa, Figueiroá etc.

Figueira

A figueira (Ficus carica) é unha arboriña ou un arbusto da familia das moráceas (Moraceae), unha das numerosísimas especies do xénero Ficus. Orixinaria de Asia suroccidental, medra hoxe brava polo Mediterráneo e noutras rexións do mundo. En Galiza, malia non medrar de xeito espontáneo, é común o seu cultivo dende a antigüidade, especialmente nas Rías Baixas, polo que deu lugar a unha infinidade de topónimos. O consumo de figos pasos era moi común coma sobremesa no inverno.

Figueira (homónimos)

Unha figueira (Ficus carica) é unha árbore froiteira que dá os figos. Por extensión, coñécese como figueira outras especies:

Figueira (xénero Ficus), calquera árbore pertencente ao xénero Ficus;

Figueira chumba, (Opuntia ficus-indica), cacto cos talos en forma de pa recubertos de espiñas, que dá o figo chumbo; chumbeira, opuncia;

Figueira tola, (Datura stramonium), herba silvestre; estramonio, figueira do inferno, herba do demo, herba do gogullo;

Figueira do can, (Bryonia cretica subsp.dioica), boudaña, cabeceira brava, herba dos torneiros.Amais, como topónimo galego e portugués, Figueira pode referirse a:

En Galicia

Figueira, lugar da parroquia de Meirama, no concello de Cerceda;

Figueira, lugar da parroquia de Callobre, no concello da Estrada;

Figueira, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos;

Figueira, lugar da parroquia de Fiolleda, no concello de Monforte de Lemos;

Figueira, lugar da parroquia de Cabanela, no concello de Navia de Suarna;

Figueira, lugar da parroquia de Argalo, no concello de Noia;

A Figueira, lugar da parroquia de Muniferral, no concello de Aranga;

A Figueira, lugar da parroquia de Cures, no concello de Boiro;

A Figueira, lugar da parroquia de Ledoira, no concello de Frades;

A Figueira, lugar da parroquia de Mesos, no concello de Frades;

A Figueira, lugar da parroquia de Papucín, no concello de Frades;

A Figueira, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira;

A Figueira, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal;

A Figueira, lugar da parroquia de Ribadumia, no concello de Ribadumia;

A Figueira, lugar da parroquia de Busto, no concello de Santiago de Compostela;

A Figueira, lugar da parroquia de Esperante, no concello de Taboada;

A Figueira, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño.En Portugal

Figueira, un municipio do Paraná

Figueira, unha freguesía do concello de Lamego.

Figueira, unha freguesía do concello de Penafiel.

Figueira da Foz, concello do distrito de Coimbra.

Figueira de Castelo Rodrigo, concello do distrito da Guarda.

Figueira de Castelo Rodrigo, unha freguesía do concello de Figueira de Castelo Rodrigo.

Figueira de Lorvão, unha freguesía do concello de Penacova.

Figueira dos Cavaleiros, unha freguesía do concello de Ferreira do Alentexo.

Figueira e Barros, unha freguesía do concello de Avis.

Figueira Pavão, freguesía na illa do Fogo.

Inflorescencia

Unha inflorescencia é a parte da planta onde se localizan as flores. Normalmente consiste nun prolongamento semellante ao talo, ou raque, provido de follas modificadas chamadas brácteas. Nas axilas destas brácteas localízanse as flores. Moitas familias botánicas distínguense de xeito doado polo seu tipo de inflorescencia, como o espádice das Araceae, as umbelas das Apiaceae ou os capítulos das Asteraceae.

Moráceas

As Moráceas (Moraceae) son unha familia da orde Rosales. Poden ser árbores ou arbustos, ter a follas caedizas ou perennes, e raramente son herbas (Dortenia, Cannabis, Humulus), monoicas ou dioicas. O zume posúe unha substancia chamada látex. Follas simples dentadas e ás veces de bordo lobado, alternadas e opostas; con estípulas caedizas. Flores miúdas, unisexuais, monoclamídeas, frecuentemente tetrámeras; cáliz con 4 - 6 sépalos; androceo co mesmo número de estames que pezas teña o cáliz; xineceos súperos (Arthocarpus) a ínferos (Castilloa), bicarpelar sincárpico, adoita abortar un, mais fican os dous estilos; reunidas en inflorescencias cimosas. Froitos en núculas aquenios, drupáceos ou que a miúdo constitúen pseudocarpos ou infrutescencias (tales coma o sicono e a sorose).

En total existen unhas 2.500 especies e de 50 a 55 xéneros divididos en cinco tribos, tropicais na súa maioría e moitas con grande importancia económica.

Núcula

Núcula (do latín nucula diminutivo de noz nux) ou clusa é un froito seco indehiscente —que non se abre de súpeto ao chegar—. Xeralmente unilocular e monospermo —contén unha única semente—, aínda que tamén pode ser polispermo e se orixinar dun ovario dotado de varios carpelos dos que só madura un, e procedente da división lonxitudinal da folla carpelar dun xineceo sincárpico en dúas ou máis partes. Son clusas os aquenios das labiadas e boraxináceas e tamén a landra (froito de carballos, sobreiras e aciñeiras) ou a abelá (froito da abeleira).Porén tamén se chama núcula ou nuculanio a unha drupa pluricarpelar con epicarpo e mesocarpo carnosos, zumarentos, coriáceos ou, incluso, fibrosos e co endocarpo lígneo e endurecido, cunha ou máis sementes. Segundo esta interpretación de nuculanio, os tipos de froito pomo (mazá) ou a noz da nogueira inclúense no tipo núcula. Os froitos dos xéneros Rhamnus (sanguiños) e Cornus (sangomiños) son exemplos de nuculanios.

Núcula tamén é cada óso miúdo do nuculanio e sinónimo anticuado de oogonio nas carofíceas.

O figo (Ficus carica) é un sicono cuxas carabuñas, semellantes a sementes, son en realidade cada unha delas unha núcula.

Parc de les Aigües

O Parc de les Aigües (en galego: Parque das Augas) é un parque público situado no barrio do Baix Guinardó no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, rodeado pola Rolda do Guinardó, pola rúa de Abd el-Kader, a rúa Camèlies e os Xardíns de Hiroshima.

Foi inaugurado no ano 1978, logo de ser rehabilitado, e dispón dunha extensión de 2 hectáreas. Foi construído sobre os antigos xardíns e viveiros propiedade da compañía Augas de Barcelona; algúns daqueles espazos aproveitáronse para a construción do parque actual. Unha das características do parque é a abundante vexetación xunto cos numerosos espazos de lecer para os nenos.

O parque dispón de tres especies arbóreas que se atopan incluídas no Catálogo de Árbores de Interese Local de Barcelona que vela pola preservación e catalogación dos exemplares máis valiosos dos que dispón os espazos verdes da cidade de Barcelona; estas árbores son Ficus carica, Liriodendron tulipifera e Photinia glabra. Ademais, dispón dunha gran variedade de árbores froiteiras. O parque ofrece zonas habilitadas para pícnic, xogos infantís, espazos para cans e unha zona polideportiva.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Pradairo

Os pradairos son árbores e arbustos pertencentes ao xénero Acer, da familia das sapindáceas. Moitas especies son ornamentais e salientan pola beleza da súa follaxe outoniza. En Galicia dáse principalmente o pradairo común (Acer pseudoplatanus), chamado moitas veces simplemente pradairo. Nas provincias interiores tamén aparece o pradairo campestre (Acer campestre).

Sicómoro

O sicómoro (Ficus sycomorus) é unha árbore da familia das moráceas e do xénero das figueiras.

Non se debe confundir cos tamén chamados sicómoro europeo (Acer pseudoplatanus), sicómoro americano (Platanus occidentalis), sicómoro de California (Platanus racemosa) ou sicómoro de Arizona (Platanus wrightii).

Sicón

Os sicóns ou siconos son inflorescencias que dan lugar a falsos froitos ou pseudofroitos compostos do xénero Ficus ao que pertencen as figueiras. Están compostos dun receptáculo redondeado, oco no seu interior e cunha abertura apical, protexida por pequenos hipsófilos; dentro e nas paredes deste receptáculo áchanse as flores e máis tarde os diminutos froitos destas plantas. O nome vén do grego e significa figo.

Árbore do caucho

O termo árbore do caucho pode referirse a varias especies botánicas que segregan un látex co que se fabrica o caucho. Fálase principalmente destas dúas:

Hevea brasiliensis, a hevea ou seringueira.

Ficus elastica, cultivada normalmente como ornamental.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.