Fión, O Saviñao

San Lourenzo de Fión é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 149 habitantes, deles 75 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Fión
Igrexa de San Lourenzo de Fión, O Saviñao
Igrexa de San Lourenzo de Fión
ConcelloO Saviñao
Poboación123 hab. (2017)
Entidades de poboación17

Situación

A parroquia de Fión está situada ó sur do concello do Saviñao e serve de límite co veciño concello de Pantón.

Patrimonio

  • Pazo de Arxeriz, que foi propiedade de Juan López Suárez (Xan de Forcados). O seu primeiro fundador foi Gonzalo Raxo, cabaleiro da Orde de Santiago, a mediados do século XVI. Ten planta cadrada e destacan os seus dous brasóns situados na fachada norte. Posúe numerosas dependencias anexas, restauradas recentemente.
  • Pazo de Lamaquebrada.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Fión, O Saviñao.
Ábsida da igrexa de San Lourenzo de Fión, O Saviñao

Ábsida da igrexa de Fión.

O Cabo do Mundo visto desde Fión, O Saviñao

O Cabo do Mundo visto desde Fión.

Lugares e parroquias

Parroquias do Saviñao

Véxase tamén

Outros artigos

Arxeriz, Fión, O Saviñao

Arxeriz é un lugar da parroquia de Fión no concello do Saviñao, na comarca da Terra de Lemos. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 19 persoas (11 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 24 habitantes.

Neste lugar está o pazo de Arxeriz, creado pola Fundación Xosé Soto de Fión.

Pazo de Arxeriz

O pazo de Arxeriz é unha construción civil do século XVII situada no lugar de Arxeriz (Fión, O Saviñao), orientado cara á Ribeira Sacra do río Miño. Pertence á Fundación Xosé Soto de Fión, e está acondicionado como museo etnográfico. O pazo está dentro dun terreo dunhas 30 hectáreas, que inclúe numerosas edificacións de arquitectura popular, salas habilitadas e un castro no que se están a levar a cabo prospeccións arqueolóxicas.

Xosé Soto

Xosé Soto Rodríguez, coñecido como Xosé de Arxeriz e anteriormente como Pepiño da Gaita, nado en Arxeriz (Fión, O Saviñao) en 1938, é un empresario, político e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.