Festival Internacional do Mundo Celta

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos[1]. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).

Festival Internacional do Mundo Celta
Ortigueira.Festival celta.Concerto
Localización Ortigueira, Galicia Flag of Galicia.svg
Anos 1978–1987, 1995–presente
Nº edicións 32
Fundadores Escola de Gaitas de Ortigueira
Data Catro días, en xullo
Xénero Folk
Organizador Concello de Ortigueira
Web oficial www.festivaldeortigueira.com

Grupos participantes no Festival

Artigo principal: Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira.

Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains ou Ialma.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Ortigueira.Festival celta Galiza

O ambiente festivo das rúas de Ortigueira

Ortigueira.Festival celta.Galicia

Zona de acampada no piñeiral da praia de Ortigueira

Ortigueira.Festival celta.Xigantes

Zancudos na vila os días do festival

Ortigueiraaaa

Imaxe da vila durante o festival

Notas

  1. P., E. (30 de maio de 2018). "Milladoiro, nos 40 anos do Festival de Ortigueira". Galicia Confidencial. Consultado o 31 de maio de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Berrogüetto

Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais.

No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk".

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.

Cristina Pato

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

DOA (grupo musical)

DOA é un grupo musical galego de música popular, medieval e moderna.

Emilio Cao

Emilio Cao Losada, nado en 1953, é un músico e compositor compostelán, destacado intérprete de arpa celta, e primeiro recuperador de tal instrumento en Galiza dende a Idade Media.

Festival Internacional do Mundo Celta 2012

O Festival Internacional do Mundo Celta do ano 2012 trascurriu entre os días 12 e 15 de xullo, e contou ademais de moitas outras actividades cunha ampla programación de concertos.

José Ángel Hevia

José Ángel Hevia Velasco, nado en Villaviciosa o 11 de outubro de 1967, é un gaiteiro asturiano máis coñecido polo seu nome artístico Hevia. Académico de honra da Academia de la Llingua Asturiana, é coñecido tamén por desenvolver xunto con Alberto Arias e Miguel Dopico a "gaita electrónica multitímbrica" MIDI.

Kepa Junkera

Kepa Junkera Urraza, nacido o 10 de abril de 1965 en Bilbao, Euskadi, é un músico e compositor vasco. Mestre da trikitixa, editou ata agora 13 álbums [cando?], gañando no 2004 o premio Grammy Latino ó Mellor Álbum Folk polo seu disco en directo 'K'.

Leilía

Leilía é un grupo de cantareiras-pandereiteiras que naceu no verán de 1989, seis voces femininas que fan recollidas de coplas tradicionais galegas. As súas interpretacións son moi respetuosas coas versións tradicionais na letra e na execución vocal.

Luar na lubre

Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Malvela

Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).

Está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).

Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.

Marful (grupo)

Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Mercedes Peón

Mercedes Peón, nada en Oza dos Ríos en 1967, é unha música, cantante e instrumentista galega.

Rosa Cedrón

Rosa Cedrón, nada en Monforte de Lemos o 25 de outubro de 1972, é unha cantante galega e intérprete de violoncello, coñecida por ser a voz durante nove anos no grupo Luar na lubre, así como en colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield.

SonDeSeu

SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa, formada por 67 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galiza, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Susana Seivane

Susana Seivane Hoyo, nada en Barcelona o 25 de agosto de 1976, é unha gaiteira cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas.

The Chieftains

The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta polo cine.

Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ultimamente o grupo intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Uxía Senlle

Uxía Domínguez Senlle, nada en Sanguiñeda (Mos), o 19 de novembro de 1962, é unha cantante galega.

Xosé Manuel Budiño

Xosé Manuel Budiño é un gaiteiro galego nacido en Moaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.