Festival Internacional Outono de Teatro

O Festival Internacional Outono de Teatro ou FIOT é un festival internacional de teatro que se celebra anualmente dende 1992 na localidade de Carballo (Galiza). O FIOT é organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo.

O FIOT naceu coa vontade de encher un oco na programación teatral da provincia da Coruña (onde non abundaban os festivais teatrais), e de levar a cabo unha proposta para impulsar a feble estrutura teatral da comarca de Bergantiños, que ata aquela carecía de programación teatral estable.

Recoñecemento

Recibiu en 2018 o Premio Cultura Galega de Artes Escénicas[1]

Notas

  1. "Luz Darriba, Xosé María Álvarez Cáccamo e A Roda, entre os galardoados cos Premios da Cultura Galega". Sermos Galiza. 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Alberto Gende

Alberto Gende Díaz, nado en Carballo en 1972 e falecido o 9 de marzo de 2012, foi un pintor e deseñador gráfico galego.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Pazo da Cultura de Carballo

O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e conta con diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña).

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas

O Premio Cultura Galega das Artes Escénicas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no eido das "artes escénicas galegas ou [da] traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas". Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición. A diferenza do anterior, concedido a Manuel Lourenzo, este premio non ten dotación económica.

Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.

Róber Bodegas

Roberto Fernández, coñecido como Róber Bodegas, nado en Carballo o 23 de xuño de 1982, é un actor e guionista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.