Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo.[1] Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Patrulla Águla FAV09
Águila en cuña, debuxando a bandeira de España, na edición de 2009.
Helicóptero Sikorsky 76 C+ (EC-JES) "Pesca 1" del Servicio de Guardascostas de Galicia
Pesca 1 da Xunta de Galicia, no 2009.
Canadair CL-215T, Vigo
Canadair do EA español no FAV 2009.

Descrición

O festival era un espectáculo público, de participación internacional e gratuíto, que se facía na praia de Samil, inda que era perfectamente visible dende outros lugares próximos.

Cheganban a participar máis de cincuenta aeronaves, entre as habituais están a Patrulla Águila, os Canadair CL-215, EF-18 Hornet e a patrulla PAPEA (paracaidista) do Exército do Aire español, o helicóptero Sikorsky S-76C+ Pesca 1 da Xunta de Galicia, as patrullas Asas e Rotores de Portugal, outros paracaidistas, patrullas francesas, italianas e diferentes aparatos acrobáticos.

Inda en cada edición sempre había algunha aparición sorpresa, coma os A-10 Thunderbolt II ou B-52 Stratofortress da USAF, Harrier da Armada española, Eurofighter etc.

Despois de que o concello da cidade renunciara a organizar as edicións de 2013 e 2014, o festival pasou a celebrarse na cidade da Coruña.

Galería de imaxes

Flip-flap do par da patrulla Águila, 2004.
Flip-flap do par da patrulla Águila, 2004. 
Patrulla Rotores coa illa de Toralla ó fondo, FAV 2007.
Patrulla Rotores coa illa de Toralla ó fondo, FAV 2007
A praia en 2008.
A praia en 2008. 
Pioner Team de Italia.
Pioner Team de Italia

Notas

  1. "El Festival Aéreo se va al norte tras renunciar Vigo a organizarlo". Atlántico Diario (en castelán).
Boeing B-52 Stratofortress

O Boeing B-52 Stratofortress é un bombardeiro estratéxico subsónico que voa co exército dos Estados Unidos dende 1955, e é o sucesor do Convair B-36 Peacemaker. Aínda que construído para o rol nuclear da guerra fría, as súas capacidades de bombardeo convencional son máis importantes hoxe en día para os obxectivos da USAF, onde o seu gran radio de acción e a súa gran capacidade, de ata 32 toneladas, de carga probaron a súa valía.

A partir da obtención do contrato o 5 de xuño de 1946, o B-52 pasou por varias etapas de deseño; dende o primeiro prototipo de á recta propulsado por seis motores turbohélice ata o prototipo final YB-52, de á en frecha e propulsado por oito turborreactores. O avión realizou o seu primeiro voo o 15 de abril de 1952. Construído para levar armas nucleares en misións de disuasión durante a guerra fría, o B-52 Stratofortress substituíu ao Convair B-36. A pesar de ser veterano nun feixe de guerras, o Stratofortress só utilizou munición convencional en combate. O seu nome de Stratofortress rara vez se utiliza fóra dos contextos oficiais; adoita a ser coñecido polo persoal da USAF como BUFF (Big Ugly Fat/Flying Fucker/Fellow).

Fairchild Republic A-10 Thunderbolt II

O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototivo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975.

As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros. O A-10 Thunderbolt II estaba pensado para misións lentas de baixa altitude as que se poderían dar contra tanques soviéticos na Europa Oriental.

O A-10 está deseñado en torno ao GAU-8 Avenger, un potente canón automático que forma o principal armamento do aparato. O casco do avión incorpora uns 540 kg de blindaxe e o seu deseño está pensado para dar prioridade á supervivencia do avión, coas medidas de protección necesarias para permitir á aeronave permanecer no aire incluso despois de sufrir danos significativos.

Participou en operacións de combate na Guerra do Golfo, nos conflitos de Bosnia e Kosovo, na Guerra de Afganistán e na Guerra de Iraq. Despois de ser modernizado en varias ocasións, está previsto que o A-10 no sexa substituído polo novo F-35 Lightning II.

Praia de Samil

A praia de Samil é un areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Navia, que conta cunha lonxitude aproximada tres quilómetros. Limita coa Praia de Tombo do Gato (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur.

O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome das Queimadas. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares, recibe o nome da Foz, A Fox ou Cabo da Vella.

Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafetarías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe etc.

Na praia de Samil celébrase anualmente o Festival Aéreo de Vigo.

Sikorsky S-76

O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero medio utilitario fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk. O S-76 conta con dous motores turboeixo, un rotor principal de catro palas e tren de aterraxe retráctil.

Federación
Campos de voo
Aeroliñas comerciais
operando en Galicia
Accidentes
Eventos anuais
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.