Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas gastronómicas de Galicia

Artigo principal: Festas gastronómicas de Galicia.

Primeiro trimestre

As festas gastronómicas que se celebran en xaneiro, febreiro e marzo están relacionados con produtos que se comen no inverno, algúns relacionados coa matanza do porco (botelo, chourizo, androlla, cocido...), ou con produtos agrícolas desta época (grelo). Tamén hai celebracións relacionadas co Entroido.

Data Festa Produto Lugar
Terceiro domingo de xaneiro Festa do botelo do Barco de Valdeorras Botelo O Barco de Valdeorras
Terceiro domingo de xaneiro Festa do berberecho de Foz Berberecho Foz
Cuarto domingo de xaneiro Festa do codillo na Rúa Codillo A Rúa
4 de febreiro Festa do chourizo de Vila de Cruces Chourizo Vila de Cruces
Domingo anterior ó entroido Festa do cocido de Lalín Cocido de Lalín Lalín
Domingo anterior ó entroido Festa do butelo da Fonsagrada Butelo A Fonsagrada
Terceiro domingo de febreiro Festa do cocido de porco dcelta da comarca de Sarria Cocido de porco celta Comarca de Sarria
Domingo de entroido Festa da androlla ou botelo de Viana do Bolo Androlla ou botelo Viana do Bolo
Domingo de entroido Festa do grelo das Pontes de García Rodríguez Grelo As Pontes de García Rodríguez
Domingo de entroido Festa da androlla de Navia de Suarna Androlla Navia de Suarna
Febreiro (variable) Festa do queixo de Antas de Ulla Queixo de tetilla Antas de Ulla
Febreiro (variable) Festa do lacón de Cuntis Lacón con grelos Cuntis
Domingo da piñata Festa da filloa de Lestedo Filloa Lestedo (Boqueixón)
Primeiro domingo de marzo Festa do queixo de Arzúa Queixo de Arzúa-Ulloa Arzúa
Segunda fin de semana de marzo Feira do viño de Chantada Viño de Chantada Chantada
Terceiro domingo de marzo Festa do ourizo de Cervo Ourizo de mar Cervo
Terceiro domingo de marzo Festa do queixo e o pan de Ousá de Friol Queixo de tetilla e pan de Ousá Friol
Último domingo de marzo Festa do caldo de Mourente Caldo galego Mourente (Pontevedra)
Marzo (variable) Festa da orella de Sales Orella de porco San Fins de Sales (Vedra)

Segundo trimestre

Tinto Salnés
Festa do viño tinto do Salnés.

Coa chegada da primavera celébranse festas relacionadas co viño e o augardente, así como de peixes de río (lamprea, salmón e troita) e froitas (cereixa).

Data Festa Produto Lugar
Marzo ou maio (variable) Festa da augardente da Ulla Augardente San Mamede de Ribadulla (Vedra)
Marzo ou abril (variable) Festa do viño de Amandi Viño de Amandi Pantón, Quiroga e Sober
Marzo ou abril (variable) Festa da carne ao caldeiro de Piñeiro Carne ao caldeiro Piñeiro (Silleda)
Segunda fin de semana de marzo [1]. Feira do viño de Chantada Viño da Ribeira Sacra Chantada
Primeira semana de abril Festa do queixo de San Simón da Costa Queixo de San Simón da Costa Vilalba
Primeira fin de semana de abril Festa do millo corvo de Bueu Millo corvo Meiro (Bueu)
Segundo domingo de abril Festa do viño da Ulla Viño San Miguel de Sarandón (Vedra)
Terceiro domingo de abril Festa do queixo cebreiro en Pedrafita do Cebreiro Queixo cebreiro Pedrafita do Cebreiro
Último sábado de abril Festa do cogomelo de Ordes Cogomelo Ordes
De finais de abril a comezos de maio Festa do viño de Ribeiro Viño do Ribeiro Ribadavia
Durante o mes de abril (variable) Festa da lamprea de Arbo Lamprea Arbo
Véspera de San Lázaro Festa da lamprea de Pontecesures Lamprea Pontecesures
Semana Santa Feira do viño do Rosal Viño do Rosal O Rosal
Sábado Santo Festa da empanada de lamprea de Padrón Empanada de lamprea Padrón
Domingo de Pascua Festa da rosquilla de Abades Rosquilla Abades (Silleda)
Domingo de Pascua Festa da ostra de Arcade Ostra Arcade (Soutomaior)
Domingo de Pascua Festa da augardente de Portomarín Augardente Portomarín
Domingo de Pascua Festa do meixón de Tui Meixón (cría da anguía) Tui
1 de maio Festa da filloa de Muimenta Filloa Muimenta (Cospeito)
1 de maio Festa da troita da Pontenova Troita A Pontenova
Primeiro domingo de maio Festa da troita de Oroso Troita Oroso
Maio Mostra de aceite de Quiroga Aceite Quiroga
Segundo domingo de maio Festa do choco de Redondela Choco Redondela
Segundo domingo de maio Festa da troita de Sigüeiro Troita Sigüeiro
Segundo domingo de maio Festa do pan de Carral Pan Carral
Terceiro domingo de maio Festa do salmón da Estrada Salmón A Estrada
Terceiro domingo de maio Festa do melindre de Melide Melindre e Rico Melide
Último domingo de maio Festa do galo de curral de Vila de Cruces Galo de curral Vila de Cruces
Ultimo domingo de maio Festa da troita de Ponte Caldelas Troita Ponte Caldelas
Ultima fin de semana de maio Mostra do viño de Vilaboa Troita Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
Ultimo domingo de maio Festa do chicharrón de Feáns Troita Feáns (Elviña, A Coruña)
Primeira fin de semana de xuño Festa do viño tinto do Salnés Viño tinto do Salnés Barrantes (Ribadumia)
Segunda fin de semana de xuño Festa da cereixa de Beade Cereixa Beade (Vigo)
Segunda fin de semana de xuño Festa do requeixo de Corredoira Requeixo Corredoira (Cerdedo-Cotobade)
Ultimo sábado de xuño Festa do roscón de xema da Guarda Roscón de xema A Guarda

Terceiro trimestre

As celebracións adoitan concentrarse nos meses intermedios do ano debido a que no hemisferio norte é verán. De feito, as persoas emigradas en América do Sur que buscan recuperar os seus costumes realízanas contra fin de ano. En realidade non se trata de xuntarse para comer, senón de comer para xuntarse. Na actualidade, coa crecente urbanización de Galicia, as festas gastronómicas non son máis ca unha substitución (ás veces un remedo mal logrado) das romarías que levan xuntando ás parroquias veciñas durante séculos. Xa nas cantigas de amigo da época medieval aparecían as xuntanzas nun subxénero específico: a cantiga de romaría. Esta tradición está tan enraizada na sociedade galega que mesmo no proceso de aculturación actual vive un grande esplendor.

Data Festa Produto Lugar
Primeiro sábado de xullo Festa do percebe de Roncudo Percebe Corme (Ponteceso)
Primeiro domingo de xullo Festa da rosquilla de Gondomar Rosquilla Gondomar
Primeiro domingo de xullo Festa do pan de Cea Pan de Cea San Cristovo de Cea
Primeiro domingo de xullo Festa do cochiño de Cerceda Leitón ao espeto Cerceda
Primeiro domingo de xullo Festa dos callos da Laracha Callos A Laracha
Primeiro domingo de xullo Festa da cereixa de Paiosaco Cereixa Paiosaco (Lestón, A Laracha)
Primeira fin de semana de xullo Festa da langosta da Guarda Langosta A Guarda
Segunda semana de xullo Festa da faguía de Carnés Callos Carnés (Vimianzo)
Segundo sábado de xullo Festa do polbo de Mugardos Polbo Mugardos
Segunda fin de semana de xullo Festa do viño de Valdeorras Viño de Valdeorras O Barco de Valdeorras
Segunda fin de semana de xullo Festa da vieira de Cambados Vieira Cambados
9 de xullo (San Cristovo) Festa dos callos de Carnés Callos Carnés (Vimianzo)
Domingo máis próximo ó 11 de xullo Festa dos callos do Mosteiro Callos O Mosteiro (Meis)
Mediados de xullo Festa do lacón de Silleda Lacón Silleda
Terceira fin de semana de xullo Festa da merluza do pincho de Celeiro Merluza Celeiro (Viveiro)
19 de xullo Festa da paella de Cortegada Paella Cortegada (Silleda)
25 de xullo (Santiago Apóstolo) Festa da xouba de Rianxo Xouba Rianxo
25 de xullo (Santiago Apóstolo) Festa do churrasco de Covelo Churrasco Covelo
Última fin de semana de xullo Festa do percebe de Cedeira Percebe Cedeira
Última fin de semana de xullo Festa do percebe de Aguiño Percebe Aguiño (Ribeira)
Último domingo de xullo Festa do carneiro ó espeto Carneiro ó espeto Moraña
Último domingo de xullo Festa da bica de Manzaneda Bica A Pobra de Trives
Primeiro venres de agosto Romaría da tortilla de Laro Tortilla de patacas Laro (Silleda)
Primeiro sábado de agosto Festa do pemento de Herbón Pemento de Padrón Herbón (Padrón)
Primeiro sábado de agosto Festa do percebe de Rinlo Percebe Rinlo (Ribadeo)
Primeiro sábado de agosto Feira do bonito de Burela Bonito Burela
Primeiro domingo de agosto Festa do albariño Viño albariño Cambados
Primeiro domingo de agosto Festa da navalla de Fisterra Navalla Fisterra
Primeiro domingo de agosto Festa do mexillón de Vilanova de Arousa Mexillón e berberecho Vilanova de Arousa
Primeira fin de semana de agosto Festa do pemento da Arnoia Pemento da Arnoia A Arnoia
Primeira fin de semana de agosto Festa do pemento de Oímbra Pemento de Oímbra Oímbra
Primeira fin de semana de agosto Festa do galo piñeiro e mostra cabalar do Pino Galo piñeiro O Pino
Primeira fin de semana de agosto Mexilloada de Lorbé Mexillón Lorbé (Dexo, Oleiros)
Primeira fin de semana de agosto Festa da cebola chata de Miño Cebola chata Miño
Segunda fin de semana de agosto Festa do viño de Monterrei Viño de Monterrei Monterrei
Segundo domingo de agosto Festa do polbo do Carballiño Polbo O Carballiño
15 de agosto Festa do xamón da Cañiza Xamón A Cañiza
Segunda quincena de agosto Festa da ameixa do Carril Ameixa O Carril (Vilagarcía de Arousa)
Terceiro sábado de agosto Festa da empanada da Bandeira Empanada A Bandeira (Manduas, Silleda)
Terceiro sábado de agosto Festa do berberecho de Baldaio Berberecho Baldaio (Lema, Carballo)
Terceiro domingo de agosto Festa da empanada de Allariz Empanada Allariz
Terceiro domingo de agosto Festa da augardente do Condado Augardente Sela (Arbo)
Terceiro domingo de agosto Festa da ameixa de Campelo Ameixa Campelo (Poio)
Agosto Festa do xurelo de Chaín Xurelo Chaín (Gondomar)
Sábado despois do 16 de agosto Festa da queimada de Cervo Queimada Cervo
18 de agosto Festa da sardiña de Sada Sardiña Sada
Cuarta fin de semana de agosto Festa do polbo de Palmeira Polbo Palmeira (Ribeira)
Último domingo de agosto Festa do requeixo da Capela Requeixo A Capela
Último domingo de agosto Festa do porquiño á brasa de Amil Porco á brasa Amil (Moraña)
Último domingo de agosto Festa do pan de millo de Cabral Pan de millo Cabral (Vigo)
Último domingo de agosto Festa do requeixo da Capela Requeixo A Capela
Último domingo de agosto Festa da empanada de Noia Empanada Noia
Último domingo de agosto Festa do viño do Condado Viño do Condado Salvaterra de Miño
Primeira fin de semana de setembro Festa do pan de Neda Pan Neda
Primeira fin de semana de setembro Festa do polbo de Bueu Polbo Bueu
Primeira fin de semana de setembro Festa da empanada de Carral Empanada Carral
Primeiro sábado de setembro Festa da filloa de Valongo Filloa Valongo (Cerdedo-Cotobade)
Primeiro domingo de setembro Festa do caracol da Graña do Umia Caracol A Graña de Umia (Quintillán, Forcarei)
Terceiro domingo de setembro Festa da pataca de Coristanco Pataca Coristanco
Terceira fin de semana de setembro Mostra de viños e produtos das Mariñas de Betanzos Viño de Betanzos Betanzos
Último domingo de setembro Festa da anguía de Valga Anguía Valga
Finais de setembro Festa do chourizo ao viño de Ponte Chourizo ao viño Ponte (Silleda)

Cuarto trimestre

Os alimentos exaltados van facéndose cada vez de dixestión máis pesada a medida que vai chegando o inverno: cocido, capón, androia, chourizo... Isto débese ás esixencias alimentarias do clima, que piden unha comida máis enerxética.

Asemade tamén van aparecendo nestes meses produtos de tempada, que aparecen especialmente nesta época: queimada (tras a vendima), cogomelos, castañas (co conseguinte magosto) etc, loxicamente coincidindo coa etapa anual de máxima produción.

Data Festa Produto Lugar
Segunda semana de outubro Festa do marisco do Grove Marisco O Grove
Outubro Festa da castaña de Breixa Castaña Breixa (Silleda)
Primeiro domingo de outubro Festa da fabada da Laracha Fabada A Laracha
Domingo anterior ao 9 de outubro Festa da faba de Lourenzá Faba de Lourenzá Lourenzá
Segundo domingo de outubro Festa do caracol de Santa María de Sacos Caracol Sacos (Cerdedo-Cotobade)
Primeira quincena de outubro Festa da tortilla de Betanzos Tortilla de Betanzos Betanzos
Último domingo de outubro Festa da vieira de Bueu Vieira Bueu
Outubro ou novembro Festa do cogomelo de Soutelo de Montes Cogomelo Soutelo de Montes
1 de novembro Festa do cogomelo das Pontes de García Rodríguez Cogomelo As Pontes de García Rodríguez
Primeiro domingo de novembro Feira do mel de Oleiros Mel Oleiros
Primeiro domingo de novembro Festa da castaña e o cogomelo de Riós Castaña e cogomelo Riós
Primeira quincena de novembro Festa da castaña de Seoane do Courel Magosto Seoane do Courel (Folgoso do Courel)
11 de novembro Festa da castaña asada de Ourense Castañas asadas (magosto) Ourense
Penúltimo domingo de novembro Festa do cabazo de Cabral Cabazo Cabral (Vigo)
Fin de semana previa á Noiteboa Feira do galo de Arteixo Galo Arteixo
Fin de semana previa á Noiteboa Feira do capón de Vilalba Capón Vilalba

Notas

  1. "A Feira do Viño de Chantada será coma sempre a segunda fin de semana de marzo", nova na televisión local Televinte, 16 de xaneiro de 2013

Véxase tamén

Bibliografía

VV.AA. (2019): Fiestas gastronómicas 2019. Gadisa.

Bendilló, Quiroga

Santa María de Bendilló é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 24 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

En Bendilló celébrase desde o ano 2000 unha festa gastronómica dedicada ó aceite: a Feira do Aceite de Bendilló, na que se elabora aceite puro de oliva nun muíño de aceite restaurado.

Calçot

Os calçots ou ceballots son unha variedade de cebolas tenras, pouco bulbosas e máis suaves, que se cobren con terra a medida que crecen, e que se comen escalivadas. Son típicas da gastronomía de Cataluña.

A súa orixe crese que está en Xat de Benaiges, un campesiño de Valls de finais do século XIX que inventou este tipo de cultivo, que consiste en cubrir as cebolas conterra (calzar, en catalán calçar) a medida que crecen. Despois cociñounas no fogo. Desde entón, o consumo ce calçots ou calçotada converteuse nunha festa gastronómica en Cataluña.

Os calçots consómense habitualmente entre xaneiro e abril, cócense con leña de bacelos e cómense acompañados dunha salsa típica, a salvitxada, que é unha salsa de tipo romesco.

Carnés, Vimianzo

San Cristovo de Carnés é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Accédese a través da estrada que leva ao concello de Camariñas e cruzando a ponte do Porto, a 3 km desta vila porteña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 733 habitantes (397 mulleres e 336 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 590 habitantes, sendo 283 homes e 307 mulleres.

A festa principal celébrase do 9 ó 12 de xullo, celebrando a festividade de San Cristovo o día 10 e precedido o día 9 da festa gastronómica popular dos callos.

Feira do bonito de Burela

A Feira do Bonito é unha festa gastronómica que se celebra no porto de Burela o primeiro sábado de agosto, coincidindo co ecuador da costeira, desde 1985. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Organizada desde as súas orixes pola Asociación Cultural Ledicia, nela colaboran distintos organismos como a Confraría de Pescadores San Xoán Bautista ou ABSA. Para promocionar o bonito do norte, repártese este túnido cociñado segundo distintas especialidades, á grella, cocido e en empanada aos asistentes.

Feira do cocido de Lalín

A Feira do Cocido de Lalín é unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do Entroido en Lalín. A feira xorde no ano 1968 como iniciativa de difusión e comercialización dos produtos típicos da comarca do Deza levada a cabo polos seis concellos dezaos (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón).

Festa da ameixa do Carril

A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.

Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.

Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño.

Festa da filloa de Lestedo

A Festa da filloa de Lestedo é unha festa gastronómica celebrada desde 1984 na parroquia de Lestedo, no concello coruñés de Boqueixón. En 2008, coincidindo coa 25ª edición, foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Festa da filloa de Valongo

A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo-Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.

Festa da mazá de Redondela

A festa da mazá é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Negros (Redondela) a primeira fin de semana de outubro. A festa consiste nunha degustación desta froita en diferentes pratos, entre os que destacan a empanada de mazá con bacallau, a costela con mazá,o chourizo a sidra, o bacallau con mazá, brochetas de polo con mazá e o lombo con mazá e a degustación de sidra tanto doce como añeja*, tamén conta con vinagre e augardente de mazá.

Festa da orella de Redondela

A Festa da orella é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Cedeira, no concello de Redondela o primeiro domingo de decembro. A orixe desta festa foi en 1994, nun primeiro momento dentro das festas de Santo Andrés. Posteriormente, ambas celebracións desvinculáronse entre si, pasando a seren festas independentes. Dende ese ano celébranse degustacións de este produto procedente do porco, ademais dun concurso gastronómico.

Festa da paella de Cortegada

A festa da paella de Cortegada é unha festa gastronómica que se celebra todos os anos dende o ano 2000 na parroquia de Cortegada, no concello de Silleda na provincia de Pontevedra.

No campo da festa da vila reúnense todos os anos para degustar a xa famosa paella máis de 1.600 persoas. A paella elabórase con máis de 1.000 kg de ingredientes, entre arroz, polo, mexillóns, tomate, fabas...

Festa do Choco

A Festa do Choco é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de Redondela, dende 1987, o segundo fin de semana de maio. Foi declarada Festa de interese turístico de Galicia no ano 2013.

Festa do mexillón de Redondela

A festa do mexillón é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Chapela, no concello de Redondela a primeira ou a segunda fin de semana de setembro. A festa consiste nunha degustación de mexillón en diferentes modalidades, e un concurso gastronómico.

Festa do pan de Cea

A festa do pan de Cea é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de San Cristovo de Cea desde 1991 para promocionar este pan artesán. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa, que ten lugar o primeiro domingo de xullo, logrou que se recuperasen os fornos tradicionais do concello, así como que se construíran outros novos.

Festa do queixo de Arzúa

A festa do queixo de Arzúa é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Arzúa, desde 1975. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa celébrase sempre a primeira fin de semana de marzo. Esta festividade combina feira, festa e festival, tendo o queixo de Arzúa-Ulloa como o seu principal atractivo. As principais actuacións lévanse a cabo no recinto feiral Terra do Queixo.

Festa do requeixo de Corredoira

A festa do requeixo de Corredoira é unha festa gastronómica que ten lugar en Corredoira (Cerdedo-Cotobade) para exaltar o requeixo. Celébrase desde 1980 a medidados de xuño, coincidindo coas festas de Santo Antón (13 de xuño) e Santa Bárbara.

Ousá, Friol

San Xiao de Ousá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 130 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 61 homes e 69 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 150 habitantes (72 homes e 78 mulleres) e 25 menos que en 2004.

Nesta parroquia faise o pan de Ousá, un pan con sona en Galicia e ao que se lle dedica unha festa gastronómica compartida co queixo de Friol.

Rico

O rico é unha galleta de tona exclusiva da repostaría de Melide. A festa gastronómica da festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide festéxase co rico como un dos produtos a degustar.

Romaría da tortilla de Laro

A Romaría da Tortilla é unha festa gastronómica na que se exalta a tortilla de patacas. No ano 2013, foi declarada festa de interese turistico.

Ten lugar cada ano na parroquia de Laro no concello de Silleda. Celébrase o venres da primeira fin de semana de agosto desde 1989. A Romaría é moi popular pola zona da comarca do Deza e arredores, e reúne ao redor de 10.000 persoas todos os anos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.