Festa do requeixo de Corredoira

A festa do requeixo de Corredoira é unha festa gastronómica que ten lugar en Corredoira (Cerdedo-Cotobade) para exaltar o requeixo. Celébrase desde 1980 a medidados de xuño, coincidindo coas festas de Santo Antón (13 de xuño) e Santa Bárbara.

Coordenadas: 42°29′49″N 08°26′29″O / 42.49694, -8.44139

Cottagecheese200px
Requeixo de callada grosa.

Características

Corredoira é unha parroquia de media montaña, con gando vacún alimentado de pastos. O requeixo faise deixando callar o leite durante 24 e 36 horas. Despois dáselle forma deixándoo dous días nun recipiente cilíndrico de 12 cm de diámetro e 35 cm de altura, con buratos polos que vai soltando o soro. Cando está o suficientemente sólido retírase, para comelo en fresco con azucre, mel ou froitos secos. Tamén se toma regado con viño ou con brandy.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Requeixo

O requeixo é un produto alimentario obtido por escoado do soro do leite callado.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.