Fervenza de Entrecruces

A fervenza de Entrecruces, tamén coñecida como salto da Férveda, férveda de Sampaio ou fervenza de San Paio, é un salto de auga natural situado na parroquia de Entrecruces (Carballo) no río Outón, preto da súa desembocadura no río Grande.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 43°7′24.24″N 8°40′32.05″O / 43.1234000, -8.6755694

Fervenza de Entrecruces, Carballo (4467017047)
Fervenza de Entrecruces.
Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Fervenza

Unha fervenza, tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.

Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.

Unha gran fervenza recibe o nome de catarata mentres que unha pequena denomínase cachoada, ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.

Monte Neme

Monte Neme é un lugar situado como límite entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. O monte ten 387 metros de altura. Preto do cumio había un crómlech que foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba.

Río Outón

O río Outón é un afluente do Grande pola marxe dereita. A fervenza de Entrecruces atópase no seu curso.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.