Fervenza

Unha fervenza[1], tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.

Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.

Unha gran fervenza recibe o nome de catarata[2] mentres que unha pequena denomínase cachoada[3], ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.

Fervenzas galegas

Fervenza no río Belelle, O Roxal, Neda
Fervenza de Escouridal
FervenzadeFérveda
Fervenza da Freixa, Liñares, Xesta, A Lama
Pozas de Melón
Fervenza de Pedrafigueira
Fervenza do río Mouro, Poio
Fervenza do río San Xusto, Lousame
Fervenza de Entrecruces, Carballo (4467017047)
Fervenza de Sto. Estevo
Fervenzas do Toxa Silleda
Seimeira de Vilagocende
FervenzaXallas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de fervenzas de Galicia.
Fervenza en Meira, Galicia (Spain)

Fervenza en Meira

Fervenza en Vila do Castro, San Xoán de Lóuzara, Samos

Fervenza en Samos

Fervenzas do Toxa Silleda

Fervenzas do río Toxa.

Fervenza Belelle

Fervenza no río Belelle

Cachóns galegos

Fervenzas en Ordesa
Fervenzas e bocarribeira nevada no Parque de Ordesa
  • Cachón do Mao
  • Cachón do Arenteiro, no Carballiño
  • Cachón do Arnoia
  • Cachón do Tambre

Cataratas

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fervenza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catarata.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachoada.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Imaxes de fervenzas de Galicia

Ligazóns externas

A Fervenza, Igrexafeita, San Sadurniño

A Fervenza é un lugar da parroquia de Igrexafeita no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 tiña catro habitantes (un home e tres mulleres).

A Xesta, Lalín

San Fiz da Xesta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes (127 homes e 125 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Anca, Neda

San Pedro de Anca é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Neda. Segundo o IGE en 2013 tiña 604 habitantes (298 mulleres e 306 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 621 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso . Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Coagulación do sangue

A coagulación do sangue é o proceso polo cal o sangue forma unha masa sólida chamada coágulo. É unha parte importante da hemostase, é dicir, da detención da perda de sangue polos vasos sanguíneos lesionados, na cal a zona da parede do vaso danada se cobre de plaquetas e material coagulado que contén fibrina para parar a hemorraxia e empezar a reparar a parede do vaso. Os trastornos na coagulación do sangue poden causar un aumento do risco de hemorraxias ou a formación de coágulos obstrutivos (trombose). Os coágulos formados dentro dun vaso sanguíneo denomínanse trombos.O proceso de coagulación sanguínea está moi conservado entre os seres vivos; en todos os mamíferos a coagulación implica a dous compoñentes: células (plaquetas) e proteínas (factores de coagulación). Nos humanos o sistema investigouse intensamente e é o mellor coñecido.A coagulación empeza case inmediatamente despois de que se produce unha lesión nun vaso sanguíneo que afectou ao endotelio que o reviste internamente. Cando o sangue se expón a proteínas chamadas factores tisulares prodúcense cambios nas plaquetas e na proteína do plasma sanguíneo fibrinóxeno, que é un factor de coagulación. As plaquetas forman inmediatamente un tapón no sitio da lesión, o que se chama hemostase primaria. A hemostase secundaria ocorre simultaneamente: As proteínas do plasma, chamadas factores de coagulación, responden nunha complexa fervenza de activacións formando filamentos de fibrina, que reforzan o tapón plaquetario.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Entrecruces, Carballo

San Xens de Entrecruces é unha parroquia situada ao sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2011 tiña 863 habitantes (441 mulleres e 422 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 968 habitantes.

Entrecruces é unha parroquia que está dividida en dúas partes: Entrecruces da Alta e Entrecruces da Baixa. Estes nomes foron postos polos propios veciños da parroquia, fixándose na posición xeográfica de cada parte.

Esta parroquia posúe unha igrexa na cal se organizan enterros, cabos de ano e misas cada domingo. Tamén dispón dun cemiterio, que coidan os veciños, alternándose cada vez que teñen que limpar os panteóns ou cortar a herba do camposanto. Esta repartición da limpeza tamén o levan a cabo cando teñen que limpar a igrexa ou o xardín que a rodea

A parroquia ten sona pola fervenza do salto da Férveda, situada no río Outón, duns 50 metros de altura. Está rodeada de vexetación, e preto das ruínas dunha antiga central hidroeléctrica (a primeira central que lle proporcionou electricidade ao concello de Carballo) e de muíños restaurados.

Escuadro, Silleda

San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes. É a parroquia rural máis poboada de Silleda, se ben sufriu unha gran perda demográficas durante o século XX, pois en 1930 tiña 1.030 habitantes.

Fervenza do Tequendama

A fervenza do Tequendama (en castelán: salto del Tequendama) é unha fervenza natural de Colombia, que se atopa no concello de Soacha, no Departamento de Cundinamarca. Atópase a preto de 30 km ó suroeste de Bogotá.

Filgueira de Barranca, Oza-Cesuras

San Pedro de Filgueira de Barranca é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (70 mulleres e 57 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

O Pereiro, Alfoz

Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.

Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).

O Ézaro, Dumbría

Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 672 habitantes (351 mulleres e 321 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

Pazos, Silleda

San Martiño de Pazos é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 43 habitantes (23 homes e 20 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 55 habitantes.

Nesta parroquia localízase a fervenza do Toxa que se forma no río Toxa pouco antes de desembocar no Deza

Ribela, A Estrada

Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (93 mulleres e 85 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 255 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Nos vinte anos que van de 1986 a 2006 a poboación pasou de 255 a 194 persoas, o cal significou unha perda do 23,92%. No ano 2019 a poboación é de 135 habitantes.

Destaca por exemplo a Igrexa de Santa Mariña de Ribela, que data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro e o fai en forma de fervenza, no lugar de Aldea Grande.

Destacar tamén a presenza do Outeiro de Trabadela, do Castro de A Aldea Grande e do Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada, ademais de contar cuns petróglifos. Desde o mesmo castro pódense desfrutar de vistas de A Estrada e de Santiago.

Río Belelle

O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita.

Río Xallas

O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e, desde 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.

Santo Estevo de Farnadeiros, O Corgo

Santo Estevo de Farnadeiros é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), 7 menos ca en 2007 (31 homes e 30 mulleres) e 10 menos ca en 2000.

Sinalización celular

A sinalización celular ou comunicación celular é unha parte do complexo sistema de comunicación que controla as actividades celulares básicas e coordina as accións celulares. As células comunícanse liberando moléculas, que chegan a receptores doutra célula e producen nela un efecto ou resposta. A capacidade das células de percibiren e responderen correctamente ao seu microambiente está na base do desenvolvemento, reparación de tecidos, inmunidade e homeostase dos tecidos. Os erros no procesamento da información celular son responsables de enfermidades como o cancro, autoinmunidade, e diabetes.

O traballo tradicional en bioloxía neste campo estaba enfocado ao estudo de partes concretas das vías de sinalización celular. A investigación en bioloxía de sistemas axúdanos a comprender a estrutura subxacente das redes de sinalización celular e como poden afectar os cambios nestas redes á transmisión e fluxo de información. Tales redes son sistemas complexos na súa organización e poden mostrar diversas propiedades emerxentes como a biestabilidade (con dous estados estables) e ultrasensibilidade. A regulación alostérica de amplo rango é a miúdo un compoñente significativo dos procesos de sinalización celular.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.