Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez.[1] No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.[2]

Ferrol en Común
Candidatura municipal
Ferrol en Común política
Dirixentes e organización
LíderJorge Suárez
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Ferrol
3 / 25
Outros datos
Páxina webferrolencomun.gal

Historia

Nas eleccións municipais de 2015 FeC foi o segundo partido máis votado (7 142 votos, 21,98%), conseguindo 6 asentos no concello.[3] Ao ser a forza de esquerdas máis votada, Jorge Suárez saíu elixido como alcalde cos votos de FeC, o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego.[4]

Nas eleccións municipais de 2019 conseguiron tres escanos, a metade que na lexislatura anterior, pasando a ser a terceira forza, por detrás de PP e PSdeG.[5]

Notas

  1. "Jorge Suárez, candidato por unanimidad de Ferrol en Común". La Voz de Galicia. 10 de abril de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2018.
  2. "EU, Anova e independientes, a la cabeza de Ferrol en Común". Diario de Ferrol. 9 de abril de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2018.
  3. "Ferrol". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23-6-2019.
  4. "Jorge Suárez, alcalde de Ferrol con los votos de PSOE y BNG". europapress.es (en castelán). 13-6-2015. Consultado o 23-6-2019.
  5. "ELECCIÓNS LOCAIS 2019". Ministerio do Interior. 28-5-2019. Consultado o 22-6-2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alcaldes de Ferrol

O alcalde de Ferrol é a máxima autoridade política do Concello de Ferrol. De acordo coa "Lei Orgánica 5/1985", de 19 de xuño, do "Réxime Electoral Xeral" (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Ferrol con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.

A actual corporación municipal ferrolá está composta por 25 concelleiros e o alcalde da cidade, desde o 13 de xuño de 2015 é Jorge Suárez de Ferrol en Común, quen resultando o segundo candidato máis votado nas urnas, accedeu á alcaldía ao contar co apoio na investidura dos seus 6 concelleiros, 5 do PSdeG-PSOE e 2 do BNG. Posteriormente, asinou un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, sumando un total de 11 concelleiros.

Ames Novo

Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.

A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia, anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG. No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego. A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese. Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Carlos del Río

Jesús Carlos del Río López, nado en 1967 en Cedeira, é un político e sindicalista galego.

Compostela Aberta

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Jorge Suárez

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

Lugonovo

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, negándose a apoiar a persoas imputadas como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Marea Pontevedra

Marea Pontevedra é un movemento cidadán e político creado na cidade de Pontevedra que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015.

O candidato é o escritor e xornalista, Luís Rei Núñez. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Espazo Ecosocialista Galego e Equo.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo dous escanos.Nas eleccións municipais de 2019 non obtivo escanos.

Mareas cidadás

As mareas cidadás son un tipo de formación política creado para as Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Aínda que poden tomar a forma xurídica de partido político, coalición ou agrupación de electores caracterízanse pola diversidade de membros e de asociacións que as compoñen. Os candidatos se elixen por votación directa e se someten a votación todas as decisións importantes tomadas no concello ou na formación durante toda a lexislatura.

Por funcionalidade, pode ser que decisións pequenas as tomen directamente un grupo máis reducido de traballo.

Ourense en Común

Ourense en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ourense que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, obtendo 3 concelleiros na cámara municipal. O seu candidato á alcaldía foi Miguel Doval Garza.

David Bruzos, membro de OuEC, foi escollido deputado nas eleccións xerais de 2015 nas listas de En Marea.

Nas eleccións municipais de 2019 non obtiveron escanos.

Son (partido político)

SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.

A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais.

As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.

Ángel Mato

Ángel Manuel Mato Escalona, nado en 1971 en Ferrol, é un político galego, alcalde de Ferrol desde o 15 de xuño de 2019.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.