Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana

Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV) é unha empresa pública dependente da Generalitat Valenciana (segundo o artigo 20 do Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana) que xestiona as liñas férreas de ancho métrico que se estenden exclusivamente pola Comunidade Valenciana e que estaban anteriormente rexidas por Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE).

FGV posúe dúas grandes redes nas cidades de Valencia (MetroValencia) e Alacant (TRAM).

FGV
Logotipo de FGV
Tram-Tren FGV
Tren-Tram 4100 de FGV ao seu paso por Venta Lanuza.

Rede de MetroValencia

Artigo principal: MetroValencia.

Liñas

Mapa metrovalencia
Esquema das liñas de MetroValencia.
Liña Terminais Lonxitude Paradas Viaxeiros en 2008
Liña 1 de MetroValenciaLínia 1 de Metrovalència.svg
Lliria/Bétera - Torrent Avinguda/Villanueva de Castellón 98,159 km 59 20 650 928
Liña 3 de MetroValenciaLínia 3 de Metrovalència.svg
Rafelbunyol - Aeroport 24,691 km 26 27 306 347
Liña 4 de MetroValenciaLínia 4 de Metrovalència.svg
Mas del Rosari/Fira - Dr. Lluch/Lloma Llarga/Terramelar 15,921 km 33 4 506 164
Liña 5 de MetroValenciaLínia 5 de Metrovalència.svg
Marítim Serrería - Aeroport/Torrent Avinguda 26,502 km 30 15 057 074
Liña 6 de MetroValenciaLínia 6 de Metrovalència.svg
Tranvía de l'Horta Sud 10,067 km 21 432 654
TOTAL (liñas de Metro e Tranvía) 236,8 km

Liñas en proxecto ou construción

Liña Terminais Lonxitude Estacións Estado
Liña 2 de MetroValenciaLínia 2 de Metrovalència.svg
Serrans - Nazaret 7,5 km 12 En construción
Liña 2 de MetroValenciaLínia 2 de Metrovalència.svg
Tabernes Blanques - Serrans - - En proxecto
Liña 6 de MetroValenciaLínia 6 de Metrovalència.svg
Tranvía Orbital - - En proxecto
Liña 7 de MetroValenciaLínia 7 de Metrovalència.svg
Metro Ribera 64,7 km 31 En proxecto
Liña 8 de MetroValenciaLínia 8 de Metrovalència.svg
Tranvía de l'Horta Sud - - En proxecto
Liña 10 de MetroValenciaNo image.svg
Tranvía de la Costa - - En proxecto
TOTAL (liñas de Metro e Tranvía) 236,8 km

Material móbil

Ut 3609 vsud mrtne

FGV UT 3600

FGV 37002

FGV UTA 3700

3900 FGV

FGV UTA 3900

4300 FGV

FGV 4300

Tram3811Empalme

FGV 3800

Bombardier Flexity Outlook Cityrunner Valencia in Krefeld

Bombardier 4200

Rede de TRAM Alacant

Artigo principal: TRAM Metropolità d'Alacant.

Liñas

TRAM - Alicante Esquema de Red
Esquema das liñas do TRAM.
Liña Terminais Lonxitude Estacións Vehículo Plataforma Frecuencia
Liña 1 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L1.svg
Luceros - Benidorm 42,691 km 20 tren-tram 80 m 30 min
Liña 2 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L2.svg
Luceros - Sant Vicent del Raspeig 12 km 12 tranvía 65 m 15 min
Liña 3 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L3.svg
Luceros - El Campello 23,039 km 21 tranvía

tren-tram

80 m 30 min
Liña 4 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L4.svg
Luceros - Plaza de la Coruña 11 km 16 tranvía 65 m 30 min
Liña 4L do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-4L.svg
Puerta del Mar - Sangueta 1,5 km 3 tranvía 65 m (sen servizo)
Liña 9 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L9.svg
Benidorm - Dénia 60 km 18 automotor 80 m 60 min
TOTAL operativo (5 liñas) 97,894 km 51

Liñas en proxecto ou construción

Liña Terminais Lonxitude Estacións Vehículo Plataforma
Liña 5 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L5.svg
La Vila Joiosa - Algar (en estudo) - 14 tranvía 80 m
Liña 6 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L6.svg
Villafranqueza - Mutxamel (en estudo) - - - -
Liña 7 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L7.svg
Estación Central - Elx (en estudo) - - - -
Liña 8 do TRAM Metropolità d'AlacantTRAM - Alicante Logo-L8.svg
Parque Temático ↔ Benidorm Centro (en proxecto) - - - -
TOTAL en proxecto ou estudo (5 liñas)

Material móbil

TRAM Alicante MARQ-C

Tren-tram (serie 4100)

TranviaBombardier

Bombardier 4200

Automotor

Automotor MAN (serie 2500)

MAN 2300 Alicante

Automotor Man (serie 2300)

Limón-Exprés Alicante

Limón-Exprés (en desuso)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Dénia

Dénia é unha cidade da Comunidade Valenciana situada na costa norte da provincia de Alacant. Trátase da capital da comarca da Marina Alta, tamén coñecida parte dela como "Marquesado de Dénia". Ten 45.569 habitantes (INE 2008).

MetroValencia

MetroValencia é a marca comercial coa que a empresa pública Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV) que opera as liñas de metro e tranvía da cidade de Valencia e a súa área metropolitana.

Coa inauguración da liña 1, o 8 de outubro de 1988, converteuse na terceira rede de metro que se formou en España, logo das de Madrid e Barcelona. Actualmente é a cuarta en número de usuarios, logo das de Madrid, Barcelona e Bilbao.Os trens das liñas 1, 2, 3, 5, 7 e 9 de MetroValencia dispón do sistema de condución automática ATO (Automatic Train Operation) en 25,3 quilómetros subterráneos do sistema.

Rede ferroviaria española

Os inicios da rede ferroviaria española remóntanse a mediados do primeiro terzo do século XIX, e desde entón seguiu desenvolvéndose continuamente ata o presente.

Renfe

Renfe ou RENFE, acrónimo de Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, foi o nome comercial do antigo organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

TRAM Metropolità d'Alacant

O TRAM Metropolità d'Alacant é a marca comercial coa que Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV), empresa depenente da Generalitat Valenciana, xestiona a rede de metro e tranvía da cidade de Alacant e as súas proximidades.

A orixe deste sistema de transporte sitúase no antigo Trenet de la Marina, ferrocarril construído no século XIX que percorría toda a Costa Blanca desde Alacant ata Dénia pasando por Benidorm ou Altea, e que pertenceu primeiro a FEVE e logo a FGV e que actualmente deu orixe ao TRAM.

O TRAM é un sistema híbrido de transporte que combina o tranvía en superficie e o tren lixeiro, tanto en superficie como subterráneo (con velocidades de ata 110 km/h) no núcleo urbano e ata poboacións das proximidades de Alacant.

Valencia

Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.

É unha cidade industrial e portuaria. Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de Barcelona, Marsella e Xénova. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, aeroporto de Manises) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da Ciutat Vella (Cidade Vella), a construción da Ciutat de les Arts i de les Ciències (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.