Ferrocarril de vía estreita

O ferrocarril de vía estreita é un tipo de transporte ferroviario cuxo largo de vía é inferior ao considerado "normal" do transporte ferroviario. Este largo "normal", que depende das características de cada país, é o utilizado na rede principal de ferrocarrís, sendo o de vía estreita o que se utiliza para liñas de carácter secundario.

AnchosDeVias
Comparación entre largo internacional (en azul) e a vía estreita máis común (en vermello).

En España

En España a lexislación define como ferrocarril de vía estreita a todas aquelas liñas de ferrocarril que o seu ancho de vía sexa inferior a 1674 mm. A rede principal, de ferrocarril aglutinada e explotada por Renfe usa un largo de 1668 mm (o chamado "largo ibérico") a excepción do tren de alta velocidade, que ao manter un ancho de vía internacional (adoptado pola maioría de países europeos), de 1435 mm, entraría dentro dos considerados legalmente como de "vía estreita".

Entre as diferentes liñas de ferrocarril que completan a rede de transporte ferroviario español, a maioría delas manteñen un largo de 1000 mm. Destacan os seguintes ferrocarrís:

  • Largo métrico (1000 mm)

As liñas de Feve, dos FGC, a liña Llobregat-Anoia, FGV na Comunidade Valenciana, Serveis Ferroviaris de Mallorca e as liñas de Euskotren no País Vasco. Renfe explota unha liña de largo métrico entre Cercedilla e Los Cotos, pasando polo Porto de Navacerrada, como excepción dentro da rede.

  • Largo madrileño (1445 mm)

É o utilizado polo Metro de Madrid nalgunhas liñas.

O utilizado polas liñas do AVE, nalgunhas liñas do Metro de Madrid e na liña Barcelona-Vallès Occidental de FGC.

  • Largo de Sóller (914 mm)

O utilizado na mallorquina liña entre Palma de Mallorca e Sóller.

Véxase tamén

Outros artigos

A Devesa, Ribadeo

Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.

Burela

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é burelao, burelense ou burelés.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Cantabria

Cantabria (en cántabro e castelán: Cantabria) é unha comunidade autónoma uniprovincial situada no norte de España, considerada como «comunidade histórica» segundo o seu Estatuto de autonomía. Limita con Asturias ao oeste, con Euskadi (provincia de Biscaia) ao leste, con Castela e León (provincias de León, Palencia e Burgos) ao sur, e co mar Cantábrico ao norte. A súa capital e cidade máis poboada é Santander.

Cantabria está situada na cornixa Cantábrica, nome dado á franxa de terra existente entre o mar Cantábrico e a cordilleira Cantábrica, no norte da Península Ibérica. Posúe un clima oceánico húmido e de temperaturas moderadas, fortemente influenciado polos ventos do océano Atlántico que chocan contra as montañas. A precipitación media é de 1.200 mm, o que permite o crecemento de frondosa vexetación. A súa maior elevación localízase no pico de Torre Blanca (2.619 m). A comunidade está formada por 102 concellos, sendo un deles, Valle de Villaverde, un exclave en Biscaia.

Cantabria é a rexión máis rica do mundo en sitios arqueolóxicos do Paleolítico Superior. Os primeiros signos de ocupación humana datan do Paleolítico Inferior, aínda que este período non estea tan ben representado na rexión. Destacan neste aspecto as pinturas da cova de Altamira, datada entre o 16.000 e 9.000 a.C e declarada, xunto a outras nove covas cántabras máis, Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As súas primeiras referencias datan do ano 195 a. C., momento en que o escritor romano Catón O Vello fala na súa obra Orixes do nacemento do río Ebro do "país dos cántabros". A moderna provincia de Cantabria constituíuse o 28 de xullo de 1778. A Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Cantabria aprobouse o 30 de decembro de 1981, dotando deste xeito á comunidade autónoma de organismos e institucións de autogoberno, co Parlamento de Cantabria como asemblea lexislativa.

Deba, Guipúscoa

Deba, (en español Deva, mais o único nome oficial é Deba), é un concello e localidade costeira situada ao noroeste de Guipúscoa, Euskadi. Está chantada na desembocadura do río Deba, pertencente á comarca de Debabarrena. Ten unha poboación de 5.274 habitantes segundo o censo do ano 2006 e unha superficie de 52 km², cunha densidade poboacional de 102,32 habitantes por quilómetro cadrado.

Coa orixe no próximo núcleo rural de Itziar, estabeleceuse na actual situación en 1343 co nome de Montreal de Deba, que xa tiña no 24 de xuño de 1294. Ten unha gran praia, que é o seu atractivo turístico principal, xunto coa súa grande alameda.

Distribúese por dúas vertentes diferentes, a do río Deba e a do río Urola, e o seu terreo e moi accidentado. A costa destaca pola chamada rasa mareal, que se estende até Zumaia. Sitúase na marxe dereita da río que o río forma na súa desembocadura; nela, noutros tempos, houbo un porto comercial; na actualidade só se emprega como porto deportivo e de recreo.

As súas armas son un escudo de goles cun castelo sostido por un león e un grifón tenantes e, ós seus pés, tres teixos de sinople.

Del Miño al Bidasoa

Del Miño al Bidasoa é un libro de viaxes de Camilo José Cela, publicado en 1952 pola editorial barcelonesa Noguer. Narra a viaxe dun vagabundo desde o río Miño até o río Bidasoa.

Ferrocarril Talyllyn

O Ferrocarril Talyllyn (galés: Rheilffordd Talyllyn) é un ferrocarril de vía estreita conservado en Gales que aínda funciona nun traxecto de 11,6 km dende Tywyn ata Nant Gwernol, preto da vila de Abergynolwyn. A liña foi inaugurada en 1866 para transportar lousa dende as canteiras de Bryn Eglwys ata Tywyn, e foi o primeiro ferrocarril de vía estreita autorizado pola Lei do Parlamento para poder transportar pasaxeiros usando vapor. Malia a escaseza de investimentos, a liña permaneceu aberta, e en 1951 converteuse no primeiro ferrocarril do mundo en ser protexido como patrimonio.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz.

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.​

Mutriku

Mutriku (en castelán Motrico) é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Áchase na costa do mar Cantábrico facendo límite con Biscaia, no noroeste da provincia guipuscoana. Pertence á comarca de Debabarrena cunha poboación de 4.973 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2008.

Mutriku tamén se atopa no noroeste da comarca á que pertence, aínda que non está estritamente na conca do Deba, que está nunha pequena conca independente. Esténdese dende a desembocadura do Deba até a do Aretibai, ficando o núcleo urbano equidistante entre estes puntos. As súas costas son cantís onde se abren dúas pequenas baías, unha é onde está o núcleo urbano e o peirao, e a outra a que comparte con Ondarroa, e está formada pola desembocadura do Artibai, onde se localiza a maior das súas praias, a de Saturrarán.

Ove, Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

As entidades de poboación son As Aceñas (4), Acevedo (4), A Capela (10), As Casas Novas (10), O Chao de Ove (13), O Covo (5), A Eirexa (31), Estación Feve (9), A Faxarda (27), Frieira a Nova (13), Frieira a Vella (11), Os Garitos (10), A Graña (12), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (71), Pastoriza (18), Reme (9), O Río de Ove (9), O Río de Ramos (abandonado), O Río Pequeno (4), Santa Cruz (15), Seixadelo (2), O Valín (3), A Veigadaira (30) e Vilar (1). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Oñati

Oñati é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. O concello pertence á comarca de Debagoiena, cunha poboación de 10.957 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2010. Ten unha área 108,2 km², polo que a súa densidade de poboación é de 100 habitantes/km².

Oñati foi unha vila señorial que pasou a ser condado. Non se integrou na provincia de Guipúscoa até o ano 1845. Nesta localidade fundouse a primeira universidade do País Vasco, a Universidade de Oñati, en 1543. É o concello máis extenso da provincia e o núcleo urbano áchase a unha altitude de 231 msnm, mentres que a altura máxima é de 1.368 metros no cumio do monte Artzanburu.

Reme, Ove, Ribadeo

Reme é un lugar da parroquia de Ove, do concello de Ribadeo.

Limita ó sur con Santalla de Vilausende. O límite entre ambas é o río Grande, que desauga na ría de Ribadeo despois de recibir as augas do río Pequeno. O lugar está atravesado pola estrada N-642, e aquí está un dos extremos da LU-133, estrada que une Reme e Vilamar.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Río Corgo, río Douro

O río Corgo é un dos afluentes do río Douro. Nace no concello de Vila Pouca de Aguiar e desemboca xunto á cidade de Peso da Régua, na marxe dereita do río Douro, pasando antes por Vila Real e o concello de Santa Marta de Penaguião.

Transcantábrico

O Transcantábrico é un tren turístico de FEVE, inaugurado no ano 1983. Neste ano a empresa FEVE (Ferrocarrís de Vía Estreita) crea o primeiro tren-hotel turístico de España. A idea orixinal foi crear un tren turístico, emulando ao mítico Orient Express, que percorrese as vías de FEVE no norte de España, aproveitando a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Villena

Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant, limitando con Castela A Mancha e Murcia ao oeste. Cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó, ten unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abarca unha extensión de 345,6 km². Ten 34.966 habitantes (INE 2011).

Por extensión é o segundo concello máis grande da provincia e por poboación é o décimo municipio máis poboado de Alacant e o vixésimo primeiro da Comunidade Valenciana.

Voo 903 de TWA

O voo 903 de TWA era un servizo regular dende o aeroporto de Bombai na India ata o aeroporto de Idlewild en Nova York, con escalas no aeroporto do Cairo e no aeroporto de Roma-Ciampino.

The Star of Maryland, un Lockheed L-749A Constellation, realizaba a ruta na noite do 31 de agosto de 1950. Engalou do Cairo ás 23:35 cara Roma con 55 persoas a bordo, 48 pasaxeiros e 7 tripulantes, con bo tempo.

Cando o voo 903 estaba trepando aos 10 000 pés (3 000 m), a tripulación informou de que o seu motor número 3 estaba ardendo e necesitaban regresar con prioridade ao Cairo. Cando o avión estaba de volta o motor separouse do avión, forzando á tripulación a intentar unha aterraxe de emerxencia no deserto, a unhas 65 millas ao norte do Cairo. O avión caíu preto da vila de Ityai el Barud, matando aos 55 ocupantes, incluídos 23 estadounidenses e a estrela de cine exipcia Camelia.

Os rescatadores atoparon os restos espallados uns 460 m despois de camiñar 24 km para chegar a eles. O avión estaba case completamente queimado. Os corpos das vítimas estaban moi carbonizados, atrasando a súa identificación. Un correspondente de United Press International informou que o avión esnafrárase nun ferrocarril de vía estreita ao chocar contra o chan e rompera un tramo considerable de vía.

Unha ducia de nacións estaba representada entre os 48 pasaxeiros. Entre os estadounidenses destacaba a presenza de Aubrey William Schofield, executivo dunha compañía petrolífera; e do Dr. Everett Moore Baker, decano de estudantes no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Mr. Schofield era xestor da división de produción do hemisferio leste da Gulf Oil Company e estivera traballando como xestor da Kuwait Oil Company. O Dr. Baker estivera en Bombai para presidir a conferencia anual do Servizo de Estudantes Internacionais. Tamén morreron o arquitecto Maciej Nowicki, que estivera traballando no deseño da nova cidade de Chandigarh, e o matemático indio S. S. Pillai, qe estaba de camiño para participar no Congreso Internacional de Matemática na Universidade Harvard.

Despois dunha intensiva investigación, pénsase que a causa probable do accidente foi un fallo no rolamento mestre do eixo do motor número 3 . O fallo causou que as bielas traseiras se quentasen e fallasen rasgando as paredes do cilindro e o cárter. No proceso, as liñas de combustible abríronse, o que causou o lume. A acumulación de lodo nos cigüeñais, bloqueando o fluxo de aceite, pénsase que foi a causa.

Éibar

Éibar ou Eibar (en éuscaro e oficialmente: Eibar, [ˈejβaɾ] (AFI)), é un municipio de Guipúscoa, pertencente á comarca de Debabarrena no País Vasco. Ten unha extensión de 22 km² e, segundo o INE, o 1 de xaneiro de 2006 tiña 27.530 habitantes, cunha densidade poboacional de 1.121 hab/km².

O seu escudo de armas é unha cruz de Santo André en goles sobre un campo de ouro. Na bordura a lenda Eibar'ko hiri guziz eredugarria. Rodeándoo, unha rama de carballo e outra de loureiro.

A bandeira é o escudo sobre fondo branco.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.