FerroAtlántica

FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio Torre Espacio. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaliaxes co 15 % do mercado mundial. Ten 15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Suráfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano[2].

FerroAtlántica S.A.
Torre Espacio (Madrid) 08
Sede da empresa
TipoSociedade Anónima
Fundación1903[1]
MatrizGrupo Villar Mir
LocalizaciónPaseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
Persoas claveJuan Miguel Villar Mir
IndustriaMetalurxia
ProdutosAliaxes
Páxina webferroatlantica.es

Historia

Polígono industrial de Sabón, Oseiro, Arteixo
En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón.

A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 litros por segundo e un salto de 19,13 metros[3]. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras. En 1992 compra a División de Ferroaleacións do Grupo Carburos Metálicos, constituíndose o 4 de decembro de ese mesmo ano a sociedade FerroAtlántica, no ano 2007 constitúese o Grupo FerroAtlántica[4].

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas. Dúas das fábricas están na Costa da Morte, provincia da Coruña, nos concellos de Cee e Dumbría. A outra das fábricas está no Polígono Industrial de Sabón, Arteixo.

Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría,Mazaricos, entre eles o encoro da Fervenza e o encoro de Santa Uxía) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente.

O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condeada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xuzgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva[5].

En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%[6] pasando a chamarse Ferroglobe.

A empresa ten as certificacións ISO 9001, OSHAS 18001 e ISO 14001, todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).

Produtos

  • Si Metal
  • SiMn
  • FeMn
  • FeMn Af
  • FeSi
  • Microsílice
  • Pasta Söderberg

Notas

  1. "Un paseo completo desde Carburos hasta Ferroatlántica", La Voz de Galicia.
  2. Ferroatlántica analiza invertir 400 millones para fabricar silicio en Canadá. Expansión
  3. "Medio Ambiente admite que Fraga dio un permiso irregular a Villar Mir", El País.
  4. "Historia de FerroAtlántica". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2012.
  5. "Hernández usa una multa a Ferroatlántica para recuperar el Xallas", El País.
  6. Ferroatlántica se fusiona con la americana Globe y consolida su liderazgo mundial en el sector lavozdegalicia.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agustín Hernández

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Brens, Cee

Santa Baia de Brens é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 967 habitantes (522 mulleres e 445 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1137 habitantes, e 1999 cando tiña 1212 habitantes.

Na parroquia está a fábrica de carburos de Brens, da empresa FerroAtlántica.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Cuarcita

A cuarcita, ás veces chamada metacuarcita, é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo, de textura non foliada. A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.

Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %.

O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese.

Encoro da Fervenza

O encoro da Fervenza é un pantano artificial creado en 1966 no río Xallas (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. A súa capacidade é de 103 hm³ e ocupa unha superficie de 1.250 hectáreas. A presa, cunha altura de 27 m e unha lonxitude de 127 metros, érguese sobre os lindes que separan os concellos de Dumbría e Mazaricos, toma o seu nome dun dos dous pequenos montes que forman a gorxa onde se asentan os seus cimentos: o Castelo da Fervenza (na parroquia de Olveira).

Encoro de Santa Uxía

O encoro de Santa Uxía atopase no tramo final do río Xallas no concello de Dumbría, na provincia da Coruña. Foi construído coma aproveitamento hidroeléctrico e pertence ó Grupo FerroAtlántica, así coma os outros encoros do Xallas, ademais doutros intereses enerxéticos ó longo de España. O encoro que forma ten unha capacidade de 18 hm³.

Ferrosilicio

O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90 % en peso, das que a que contén un 75 % de Si é a máis utiliada.Os ferrosilicios representan as 3/4 da utilización do silicio metal (agás o SiO2) e o 20 % da produción de ferroaliaxes.

Fervenza do Ézaro

O Cadoiro ou fervenza do Ézaro é unha fervenza que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no océano. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días do ano.

Galería de imaxes de Cee

Galería de imaxes do concello de Cee na provincia da Coruña.

Industria

A industria é un proceso de transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.

Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.

Para que o sistema así concibido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.

En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un produto exclusivo.

Tamén se coñece como industria ó conxunto de actividades económicas clasificadas no sector secundario.

Lista de encoros de Galicia

Esta é unha lista dos encoros existentes nos ríos galegos, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan.

Mártires de Brens

Os mártires de Brens foron un grupo de oito veciños de Cee e da bisbarra da Costa da Morte, todos operarios e nalgúns casos dirixentes sindicais da Fábrica de Brens, pertencente na altura á empresa Sociedade Hidroeléctrica do Pindo, e que foron fusilados en 1936 polo réxime franquista pola súa militancia política e sindical, e especialmente por liderar unha folga sindical en oposición ao golpe militar de Franco, e en defensa do goberno da República, da propia fábrica e da liberdade do pobo.

O grupo estaba formado por Norberto Recamán Lago, Florentino Canosa Barreiro, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira e Domingo López Domínguez. Outras persoas relacionadas cos feitos foron, entre outras, Jacobo González Mosquera, Avelino Trillo Casal (de Berroxe), Cándido Lema Santos (de Fadibón), José Díaz Cernadas, Manuel López, Domingo Trillo (de Berroxe) e Roberto Mayán.

As causas abertas contra a maioría dos acusados, e a maioría da información que conservamos do suceso, débense a sucesivas declaracións e informes do daquela xefe da fábrica Eduardo Garrone de Cristóforis, colaborador do golpe.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

Polígono industrial de Sabón

O Polígono Industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.

Río Xallas

O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e, desde 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.

Sociedad Deportiva de Remo Astillero

A Sociedad Deportiva de Remo Astillero é un club de remo da localidade de El Astillero, Cantabria (España) fundado por José del Castillo en 1966 e que ten acadado importantes éxitos ao longo da súa historia. Dende a súa fundación ten disputado regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo (traiñeiras, traiñeiriñas e bateis) e mesmo de banco móbil no Estado español e en Europa. O seu palmarés é moi extenso e cómpre salientar a consecución de dúas Bandeiras da Concha en Donostia (País Vasco), 8 Campionatos de España de Traiñeras e diversas regatas de gran importancia como a Bandeira de Santander. Actualmente compite na Liga San Miguel, a máxima competición de clubs de remo do mar Cantábrico.

O 1 de maio do 2011, Astillero volveu converterse en campión de España de bateis na proba disputada en Ferrol (Galiza).

Torre Espacio

A Torre Espacio é un rañaceos da cidade de Madrid, o cuarto edificio máis alto de España e o décimo sexto de Europa.

Ten unha altura de 230 metros e 57 plantas sobre o nivel do chan. A fachada está cuberta exclusivamente de vidro, as plantas, que teñen forma cadrada na base, modifícanse a medida que aumenta a altura ata alcanzar unha forma oxival, formando unha curva que matematicamente representa a función coseno.Está situado, xunto a outros tres, no complexo Cuatro Torres Business Area (CTBA), entre os distritos de Fuencarral-El Pardo e Chamartín. A Torre Espacio foi a primeira en acabar de construirse. Foi proxectada polo arquitecto Henry N. Cobb, membro da firma Pei Cobb Freed & Partners, fundada por Ieoh Ming Pei. O edificio alberga oficinas de empresas como a Inmobiliaria Espacio S.L., OHL, Fertiberia, Ferroatlántica e tamén varias embaixadas.

Unión Club Cee

O Unión Club Cee é un equipo de fútbol do concello de Cee, provincia da Coruña. Foi fundado no ano 1933 e compite na Segunda Autonómica de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.