Ferreira, O Valadouro

Santa María de Ferreira é unha parroquia do concello do Valadouro. Nela está situada a localidade de Ferreira, capitalidade do concello. Segundo o IGE en 2011 tiña 821 habitantes (412 homes e 409 mulleres).

Coordenadas: 43°33′03″N 7°28′25″O / 43.5507849, -7.4736713

Ferreira
Frouxeira 2
Vista do Val dende A Frouxeira
ConcelloO Valadouro
Poboación821 hab. (2011)
Entidades de poboación7

Festas

  • Festas do Oito, do 7 ao 10 de setembro.

Lugares e parroquias

Parroquias do Valadouro

Véxase tamén

Outros artigos

Ferreira, Ferreira, O Valadouro

Ferreira do Valadouro é unha vila da parroquia de Santa María de Ferreira capital do concello lucense do Valadouro na comarca da Mariña Central. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 725 habitantes (364 homes e 361 mulleres).

É a capital do municipio. O título de vila foille concedido pola raíña Dona María Cristina o 27 de febreiro de 1894.

Mor, Alfoz

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2010 tiña 555 habitantes (276 homes e 279 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 147'6 hab/km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.

O Reirado, Ferreira, O Valadouro

O Reirado é un lugar da parroquia de Ferreira do Valadouro no concello do Valadouro, no que se atopa a ermida de San Caetano. Administrativamente non pertence a este concello, senón ao veciño de Alfoz.

Xosé Manuel Casabella López

Xosé Manuel Casabella López, nado en Ferreira (O Valadouro) o 13 de maio de 1941, é un arquitecto galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.