Ferrari

Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.

Ferrari
DSC00458 (7614921264)
Il cavallino rampante
フェラーリ本社前 (36309429124)
TipoSociedade Anónima
Fundación1929
MatrizFiat S.p.A.
LocalizaciónMaranello, Módena, Italia Italia
FundadorEnzo Ferrari
Persoas claveLuca Cordero di Montezemolo (Presidente)
Piero Ferrari (Vice Presidente)
Amedeo Felisa (Administrador)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados2.695 (2011)
Páxina webferrari.com
Ferrari Werke
Fábrica de Ferrari.

O "Cabalo Rampante"

O famoso símbolo é un cabalo negro rampante nun fondo amarelo, sempre coas letras S F de Scuderia Ferrari. O cabalo era orixinalmente o símbolo do Conde Francesco Baracca, un lendario "ás" da forza aérea italiana durante a Primeira Guerra Mundial, que o pintou na lateral de seus avións. Baracca morreu moi novo o 19 de xuño de 1918, abatido tras 34 duelos vitoriosos e moitas vitorias en grupo, tornándose así nun heroe nacional.

Baracca quería o cabalo rampante nos seus avións porque o seu escuadrón, os "Battaglione Aviatori", fóra inscrito nun rexemento de Cabalaría (as forzas aéreas estaban nos seus primeiros anos e non tiñan administración separada), e tamén porque el mesmo tiña a reputación de mellor cavaliere (cabaleiro) de seu equipo.

Scarsdale Concours Enzo 2
Un Ferrari Enzo
Xcvhjewkrjei0105
No autódromo de Interlagos, antes do GP do Brasil de F1

O 17 de xuño de 1923, Enzo Ferrari gañou unha carreira no circuíto de Savio en Rávena onde coñeceu á Condesa Paolina, nai de Baracca. A Condesa pediulle que usase o deseño dun cabalo nos seus coches, suxerindo que lle daría boa sorte, mais a primeira carreira na que Alfa Romeo permitiulle o uso do cabalo nos coches da Scuderia foi once anos despois, nas 24 Horas de Spa en 1932. A Ferrari gañou.

Ferrari deixou o cabalo negro como no avión de Baracca; pero engadiu un fondo amarelo porque era a cor símbolo de súa terra natal, Módena.

Unha das imaxes da marca de Ferrari é a súa cor "rosso corsa" (vermello de carreira). A utilización desa cor iniciouse nos anos 20, cando a entidade que logo viría a ser a FIA, impuña que as marcas italianas tiñan que presentar cor vermella, as francesas azul, as alemás prateada, as holandesas laranxa, as belgas amarela, as inglesas verde e as norteamericanas branca.

O cabalo rampante non foi sempre identificado como só da marca Ferrari: Fabio Taglioni usouno nas súas motocicletas Ducati. O pai de Tagliani foi de feito compañeiro de Baracca e loitou con el no 91º Escuadrón Aéreo, mais mentres que a fama da Ferrari creceu, Ducati abandonou o cabalo; posiblemente como resultado dun acordo privado entre as dúas marcas.

Historia

En 1940 Alfa Romeo foi absorbida polo goberno de Mussolini e utilizada como porta-estandarte do seu goberno. Nesta época a Scuderia Ferrari, impedida de ingresar en competicións automóbiles, pasa a construír accesorios para avións e pezas para máquinas.

Co final da Segunda Guerra Mundial e a caída do réxime de Mussolini, é fundada a marca Ferrari, co lanzamento do seu primeiro modelo de estrada en 1947. O modelo lanzado ese ano foi o Ferrari 125 Sport cun motor V12 de 1500 cc.

En 1951 Ferrari consegue a súa primeira vitoria na Fórmula 1 e en 1956 Juan Manuel Fangio gaña o campionato mundial ao volante dun Ferrari. Ese foi tamén un ano triste para Enzo Ferrari coa morte do seu fillo Dino.

En 1961 os tempos comezaron a ficar difíciles para Ferrari, despois de conflitos internos que levaron á saída de varios membros da dirección. A Ferrari, mesmo así, conseguiu alcanzar un gran número de vitorias en competición e agrandar o seu nome.

Na década de 1960 a Ford tentou comprar a Ferrari, para as competicións automobilísticas. Mais esa tentativa fallou e a Ford creou o Ford GT40 que conseguiu acabar co dominio da Ferrari nas 24 Horas de Le Mans, que gañara desde 1960 ata 1965.

Como resultado dos problemas financeiros que atravesaba Ferrari, a FIAT adquiriu parte da Ferrari en 1965 aumentándoa ao 50% en 1969.

Para conmemorar os 40 anos de existencia da Ferrari, en 1987 presentou o Ferrari F40, sendo ese o coche de estrada máis rápido do mundo ata o momento.

En 1988 morre Enzo Ferrari a idade de 90 anos e ese mesmo ano a FIAT aumenta o seu control ata o 90%.

En 1997 Ferrari adquire o 50% da Maserati á FIAT, pasando a ter o control total da marca en 1999. Ferrari utilizou a Maserati como a súa división de luxo até 2005, momento en que o control regresaría á FIAT.

Ferrari continuou a lograr grandes feitos na competición automóbil, conseguido vencer na Fórmula Un, na categoría de construtores, de 1999 ata 2004 cos pilotos Michael Schumacher e Rubens Barrichello.

En 2003 a Ferrari, en memoria do seu fundador, presentase o Ferrari Enzo un superdeportivo baseado na tecnoloxía utilizada na Fórmula 1.

Kimi Raikkonen won 2007 Brazil GP
A Scuderia Ferrari gañou o seu máis recente título de pilotos na Fórmula 1 con Kimi Räikkönen en 2007.

Modelos actuais (2016)

488 GTB Ferrari 488 Spider California T F12berlinetta
2015-03-03 Geneva Motor Show 3908 Frankfurt Motor Show 2015 (102) 2014-03-04 Geneva Motor Show 1454 2015-03-03 Geneva Motor Show 3552
F12tdf GTC4 Lusso LaFerrari LaFerrari Aperta
2016-03-01 Geneva Motor Show G184 2013-03-05 Geneva Motor Show 8267

Cronoloxía dos modelos

Artigo principal: Lista de automóbiles Ferrari.
Data Serie Descrición Imaxe

Gran Turismo 2 asentos

1949 Ferrari 166 Inter Foi o primeiro gran turismo de Ferrari. Unha evolución dos coches de competición 125 S e 166 S. O nome de Inter conmemora as vitorias dos modelos 166 S ca Scuderia Inter. Foron construídos 37 166 Inters desde 1948 ata 1950. Ferrari 166 Inter Coupé Touring 1949
1950 Ferrari 195 Inter Presentado no Salón de París de 1950, era similar ós 166 Inter. Producíronse 24 unidades. SC06 1951 Ferrari 195 Inter
1951 Ferrari 212 Inter O Ferrari 212 Inter substituíu con éxito ao 166 e 195 Inter. Presentado no Salón do Automóbil de Bruxelas dese ano, o 212 era unha evolución do 166. Producíronse 82 unidades. 1952-ferrari
1953 Ferrari 375 MM Producíronse 26 unidades Ferrari 375MM Berlinetta - Flickr - exfordy
1953 Ferrari 250 Europa Presentado en París en 1953, parecía completamente diferente. Pininfarina e Vignale deseñaron as carrozarías, con 21 producidas en total. Ferrari 250-Europa Front-view
1953 Ferrari 375 America Outro coche Pinin Farina e Vignale. Os 340 e 375 eran caros e exclusivos, só foron construídos ao redor de 40. Ferrari 375 mm
1954 Ferrari 250 Europa GT Foi presentado no Salón do automóbil de Paris de 1954 e substituíu ó 250 Europa. No principio era tamén chamado "250 Europa", pero pronto engadiuse "GT" para distinguir as dúas series. Ferrari 250 Europa GT 1
1956 Ferrari 410 Superamérica Ferrari produciu outra liña de automóbiles de América, a partir do 1955, o 410 Superamerica. O motor tiña agora ata 5´0 l con 340 CV (250 kW 335 CV). Cada 410 Superamerica tiña carrocería personalizada, algúns de Boano e Ghia, pero a maioría de Pinin Farina. O prezo era moi alto en EE.UU. 16.800 dólares. Só foron construídas 35 unidades. 1959 Ferrari 410 Superamerica
1956 - 1963 Ferrari 250 GT Europa/Boano/Ellena/Pininfarina Coupe/Lusso O motor 250s, non era un gran motor, incluso para a época, pero o seu peso lixeiro e a impresionante saída (ata 300 PS (221 kW; 296 hp) no Testa Rossa e GTO) marcaron unha gran diferenza. O Ferrari V12 pesaba moitos quilos menos que os seus principais competidores. En canto á designación, Ferrari utilizou a capacidade de 1 cilindro como nome. Ferrari Boano av
1957 - 1960 Ferrari 250 GT Berlinetta/Cabriolet/California Spider/SWB . Foi o primeiro Ferrari GT con freos de disco, e a combinación de baixo peso, alta potencia e suspensión ben ordenados logrou unha oferta competitiva Ferrari-250-GT-Berlinetta-1
1960 Ferrari 400 Superamerica O 400 Superamerica tiña un motor Colombo máis pequeno 4.0 L, pero máis potente que o seu predecesor. Estaba dispoñible como coupé, spider ou cabriolet con carrozaría Pinin Farina. Foron construídas 47 unidades. 1960 Ferrari 400 Superamerica
1974 - 1975 Ferrari 275 GTB Coupe Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro V12, tracción traseira e dous asentos. O motor de 3'3 litros ten 300 cabalos de potencia. 1967 Ferrari 275 GTB
1964 - 1965 Ferrari 275 GTS Spider Pininfarina construíu 200 275 Roadster GTS para o mercado estadounidense (incluíndo 14 co volante á dereita) con carrocería totalmente diferente. Foi pensado para ser máis dun coche GT e menos un coche deportivo que o seu irmán GTB. Ferrari 275 GTS - front right 1 (Argyle Place, Carlton, VIC, Australia, 3 March 2007)
1966 - 1968 Ferrari 275 GTB/4 Presentado no Salón de París en outubro de 1966, o 275 GTB/4 (ou 4-cam) era un coche actualizado substancialmente; construído por Scaglietti, contou cunha nova carrocería e foi o primeiro Ferrari que non se ofreceu con lamias de radios. Ferrari 275 1967 2
1964 Ferrari 500 Superfast Foi o final da serie América. O motor era de 5´0 L V12 Ferrari Colombo, cunha velocidade de 275 km/h. A carrocería era de Pininfarina. Fixéronse 37 coches ata 1966, incluíndo 12 modelos da serie "II", cunha transmisión de 5 velocidades. 1966 Ferrari 500 Superfast Coupe
1966 Ferrari 330 GTC O GTC 330 e GTS 330 parecíanse máis aos 275 que aos 330 GT 2+2. Compartiron a curta distancia entre eixes do 275, así como a súa suspensión traseira independente. 1967 Ferrari 330 GTC Zagato sn 10659
1966 -1968 Ferrari 330 GTS O GTS spider foi presentado no Salón do Automóbil de París. Producíronse ao redor de 600 coupés e 100 spiders. 330GTS
1966 Ferrari 365 California Só foron construídos 14 roadsters, incluíndo dous co volante á dereita.
1968 - 1969 Ferrari 365 GTC Foi o substituto do 330 GTC. As diferenzas limitáronse a mover os respiradoiros desde detrás das rodas dianteiras para o capó. Foron construídas 150 unidades. Ferrari 365 GTC front 20020707
1969 - 1970 Ferrari 365 GTS Foi o substituto do 330 GTS. Presentou os mesmos cambios de estilo que o coupé. Só foron construídas 20 unidades.
1968 - 1973 Ferrari 365 GTB4 Máis coñecido polo nome non oficial de Ferrari Daytona, é un automóbil de Gran Turismo producido desde 1968 ata 1973. Foi presentado por primeira vez ao público no Salón do Automóbil de París en 1968 e substituíu á 275 GTB/4 1971 Ferrari GTB4 Daytona
1968 Ferrari 365 GTS/4 Spider Fabricáronse 122 spiders en fábrica (das cales 7 son con volante á dereita) feitos por Scaglietti . 1971 Ferrari 365 GTS Daytona
1996 - 2001 Ferrari 550 Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'5 litros ten 485 cabalos de potencia. Maranello
2001 Ferrari 550 Barchetta Ferrari presentou unha versión convertible do 550 no Salón de París en 2000. O Barchetta foi un verdadeiro roadster sen capota. A fábrica proveu unha capota de lona, pero foi deseñado só para uso temporal como se advertiu contra o uso da parte superior por encima de 110 km/h. Producíronse un total de 448 Barchettas. 550Bar
2002 - 2006 Ferrari 575M Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'7 litros ten 515 cabalos de potencia. Ferrari575M
2005 Ferrari 575M Superamerica Versión innovadora do convertible do 575M Maranello, contou cun teito electrocrómico un panel de cristal que viraba 180° na parte traseira e se deitaba sobre o maleteiro. Ferrari comercializouno como o descapotable máis rápido do mundo, cunha velocidade máxima de 320 km/h.

Un total de 559 Superamericas foron construídos,

2005 Ferrari Superamerica
2006 - 2012 Ferrari 599 Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'0 litros ten 620 cabalos de potencia. Ferrari599 A6 1
2013 - actualidade Ferrari F12berlinetta Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'3 litros ten 730 cabalos de potencia. F12pebblebeach

Motor central V6/V8

1968 – 1969 Ferrari Dino 206 GT Foi o primeiro coche vendido por Ferrari, que utiliza un sistema de acendido electrónico. Tamén foi o primeiro produto de Ferrari cunha dirección de piñón e cremalleira directa. O 206 tiña unha velocidade máxima de 146,235 km/h. Construíronse

152 unidades en total.

Dino 206 GT
1969 - 1974 Ferrari 246 GT Pertence ó segmento de deportivos con motor traseiro e tracción traseira. O motor de 2'4 litros ten 195 cabalos de potencia. Ferrari Dino 246 GT 1969
1972 - 1974 Ferrari Dino 246 GTS O GTS era unha versión spider, fabricáronse 1274 GTS. 1973 Dino 246GTS
1975 - 1979 Ferrari 308 GTB Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 2'9 litros ten 255 cabalos de potencia. 1984 Ferrari 308 GTB qv
1980 - 1986 Ferrari 208 GTB/GTS Debido aos impostos nos motores de máis de 2 litros, montaron un motor de 1.991 cc, un dos motores V8 máis pequenos xamais producidos. Os 208 só producían 155 CV (116 kW) un rendemento decepcionante, especialmente para un Ferrari. A partir de 1982 engadíuselles un turbo e aumentou a potencia a 220 CV (164 kW), a produción terminou en 1986 logo de fabricar 437 GTB turbo e 250 GTS turbo. Ferrari 208 GTS (1980) 1
1980 - 1981 Ferrari 308 GTBi/GTSi Foille engadida unha inxección mecánica de combustible Bosch K-Jetronic nos 308 GTBi e GTSi, quedando con só 214 cabalos de forza (160 kW), pero diminuíndo as emisións. '84 Ferrari 308 GTB (Orange Julep)
1986 - 1989 Ferrari 328 GTB/GTS Os Ferrari 328 GTB e GTS foron os sucesores dos Ferrari 308 GTB e GTS. Ferrari.targa.arp.750pix
1989 - 1994 Ferrari 348 Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 3'4 litros ten 300 cabalos de potencia. Ferrari348
1994 - 1999 Ferrari F355 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'5 litros ten 380 cabalos de potencia. Ferrari F355 Coupé
1999 - 2004 Ferrari 360 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'6 litros ten 400 cabalos de potencia. Ferrari F360 Modena - Flickr - The Car Spy (20)
2005 Ferrari F430 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'3 litros ten 490 cabalos de potencia. Ferrari F430 front 20080605
2007 Ferrari 430 Scuderia Como o sucesor do Challenge Stradale, o 430 Scuderia (scuderia significa "corte de cabalos", pero tamén se utiliza no contexto dos equipos de carreiras de motor, incluíndo a propia Ferrari) foi presentado por Michael Schumacher no 2007 Frankfurt Auto Show. Ferrari 430 Scuderia
2009 Ferrari Scuderia Spider 16M Para conmemorar a 16ª vitoria de Ferrari no Campionato do Mundo de Fórmula 1 de Construtores de 2008, presentou a Scuderia Ferrari Spider 16M en Mugello. Trátase dunha versión convertible do 430 Scuderia. 2009 Ferrari F430 Spider 16M
2010 - actualidade Ferrari 458 Italia Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia. Ferrari 458 Italia -- 05-18-2011

Motor central 2+2

1974 – 1975 Ferrari Dino 308 GT4 O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi a primeira produción de Ferrari en ofrecer unha carrozaría Bertone (en lugar de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari. Véndese con credencialización "Dino" (continuando a marca Dino para diferencialos dos non V12) ata maio de 1976, cando todos os emblemas substituíronse pola credencialización "Ferrari". Ferrari.dino.arp.750pix
1976 – 1980 Ferrari 308 GT4 O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi a primeira produción de Ferrari en ofrecer unha carrozaría Bertone (en lugar de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari. Ferrari 308 GT4 in London
1975 - 1980 Ferrari 208 GT4 Presentado no Salón do Automóbil de Xenebra en 1975, o 208 GT4 2 2 foi unha versión de baixa cilindrada do V8 producida para o mercado italiano, onde había unha rebaixa de impostos nos coches de 2 litros. Ferrari-Dino 208-GT4 Front-view
1980 - 1993 Ferrari Mondial O nome de "Mondial" veu do famoso coche de carreiras 500 Mundial da década de 1950. Deseñado po Pininfarina fabricáronse 6.884 unidades e foi un dos modelos de maior éxito comercial de Ferrari. Red Ferrari Mondial Cabrio

Motor frontal 2+2

1960 - 1963 Ferrari 250 GT/E 2+2 A primeira gran produción de catro prazas de Ferrari, antes fixéranse en cantidades moi pequenas. O espazo interior incrementouse ao mover o motor cara a adiante no chasis. Foron construídos case 1000 GT/E por Pininfarina. 1962 Ferrari 250 GTE
1964 - 1967 Ferrari 330 GT 2+2 Foi o substituto do 250 GTE, cun novo motor , morro máis agudo, faros cuádruplos e unha gran grella. 1967 Ferrari 330 GT 2+2 - red - fvl
1967 - 1971 Ferrari 365 GT 2+2 Foi un coche de luxo con asentos de coiro, dirección asistida e freos, alzavidros eléctrico e aire acondicionado opcional. Rapidamente converteuse no modelo máis vendido da compañía con preto de 800 producidos en catro anos, 52 dos cales foron con volante á dereita. Ferrari 365 GT 2+2 1970
1971 - 1972 Ferrari 365 GTC/4 Aínda que non é xeralmente recoñecido como un verdadeiro "Daytona", o 1971 365 GTC/4 utiliza o mesmo chasis. A súa carrozaría coupé de Pininfarina encerra catro asentos. pero, os asentos traseiros son pequenas e a fiestra traseira inclinada. Fabricáronse 500 unidades en dous anos. SC06 1972 Ferrari 365 GTC 4
1972 - 1976 Ferrari 365 GT4 2+2 Presentado en París contou cunha carrozaría totalmente nova con pouco parecido co Daytona aínda que a mecánica, incluíndo a motor mantívose. Ferrari 365-GT4-2p2
1976 - 1989 Ferrari 400 Foi o primeiro Ferrari en ter unha transmisión automática. engadiuse un beizo para o spoiler dianteiro e catro pilotos traseiros en lugar de seis. Producíronse un total de 502 unidades (355 automáticos/147 manuais). Ferrari 400
1992 - 2003 Ferrari 456 Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'5 litros ten 436 cabalos de potencia. 1995Ferrari456GT
2004 - 2011 Ferrari 612 Scaglietti Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'75 litros ten 540 cabalos de potencia. FERRARI 612 Scaglietti, 2012, IFEVI
2009 - actualidade Ferrari California Pertence ó segmento de coupés deportivos con 2+2 asentos e motor dianteiro V8. O motor de 4'3 litros ten 453 cabalos de potencia. Ferrari California1
2011 - actualidade Ferrari FF Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 6'3 litros ten 660 cabalos de potencia. FF significa "Ferrari Four", de catro prazas e tracción ás catro rodas. Ferrari FF -- 2012 DC front

Motor central 12cilindros

1973 - 1976 Ferrari 365 GT4 BB Foi o primeiro "Berlinetta Boxer" (BB). Deseñado por Pininfarina para competir co Lamborghini Miura. Fabricáronse 387 unidades, dos cales 88 tiñan o volante á dereita. Ferrari 365BB
1976 - 1981 Ferrari 512 BB Actualización do 365 GT4 BB, as principais diferenzas eran un novo spoiler dianteiro, os pneumáticos traseiros máis anchos, aberturas de ventilación lateral que canalizan o aire para os freos, catro tubos de escape e catro loces de cola (en lugar de seis). Producíronse 929 unidades do 512 BB. Ferrari512BB1976
1981 - 1984 Ferrari 512i BB Foi o último da serie. O motor de inxección de combustible producía emisións máis limpas e ofrecía un mellor equilibrio entre rendemento e temperamento. Producíronse 1007 unidades, SC06 1973 Ferrari 512BBi
1984 - 1992 Ferrari Testarossa O nome Testarossa, que significa "cabeza vermella" en italiano, vén da cámara pintada de vermello cobre o motor 12 en liña 061 - Ferrari Testarossa - Flickr - Price-Photography
1992 - 1994 Ferrari 512 TR O Ferrari 512 TR pode acelerar desde 0 ata 97 quilómetros por hora (60 mph) en 4´90 segundos e ata 161 km/h (100 mph) en 10´70 segundos. A velocidade máxima do 512 TR é de 314 quilómetros por hora. Ferrari 512 TR - 001
1994 - 1996 Ferrari 512 M O 512 M foi a última versión do Testarossa. Fabricáronse 500 vehículos en total, dos cales 75 foron con volante á dereita Ferrari F512M 1996

Superdeportivos

1962 - 1964 Ferrari 250 GTO Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro 12V, tracción traseira e dous asentos. O motor de 2'9 litros ten 302 cabalos de potencia. Producíronse 36 unidades 1962 Ferrari 250 GTO 34 2
1964 - 1966 Ferrari 250 LM O motor central do 250 Le Mans parecía un prototipo de carreiras, pero estaba destinado a ser producido como un GT de estrada. Descendente do 250 P, o Le Mans apareceu en 1963 e tiña carrozaría de Pininfarina. Ferrari non puido construír os 100 exemplares necesarios para homologalo como coche de carreiras de GT da FIA. Construíronse 32 LMs ata 1965.
1984 -1985 Ferrari 288 GTO Foi unha versión especial do Ferrari 308 GTB para a competición. Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 400 cabalos de potencia. Ferrari 288 GTO red
1987 - 1992 Ferrari F40 Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 471 cabalos de potencia. Foi creado para competir co Porsche 959 no grupo B das competicións deportivas da FIA, e bautizado F40 polo 40º aniversario da fábrica. Ferrari F40 at the Auto Italia
1995 - 1997 Ferrari F50 Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4´7 litros atmosférico 60-válvula V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3´5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula Un de 1992. Fabricáronse 349 coches. 1995 Ferrari F50
1996 Ferrari F50 GT O Ferrari F50 GT (tamén coñecido como Ferrari F50 GT1) era un derivado de Ferrari F50, destinado a ser utilizado nas BPR Global GT Series. Con todo, Ferrari decidiu non poñer o F50 GT en produción, e só vendéronse tres coches ao público.
2003 - 2005 Ferrari Enzo O Enzo Ferrari é unha berlinetta con motor central V12 que leva o nome do fundador da compañía, Enzo Ferrari. Foi construído en 2002 usando a tecnoloxía dun Fórmula Un. Scarsdale Concours Enzo 2
2010 - 2012 Ferrari 599 GTO O coche é unha versión de estrada do 599XX e Ferrari di que o 599 GTO é o coche de estrada máis rápido, afirma que o 599 GTO pode alcanzar 100 km/h en menos de 3´35 segundos e ten unha velocidade máxima de máis de 335 kmh. A produción está limitada a 599 coches. Ferrari 599 GTO
2013 - Ferrari LaFerrari LaFerrari (tamén coñecido como F150 ou F70) é un automóbil superdeportivo híbrido de edición limitada. O automóbil e o seu nome definitivo foron revelados oficialmente no Salón do Automóbil de Xenebra 2013. É un bipraza con carrocería cupé de dúas portas, equipado con motor central traseiro lonxitudinal e tracción traseira. É o sucesor da Ferrari Enzo, e fabricaranse 499 unidades do modelo. 2013-03-05 Geneva Motor Show 8275

Modelos especiais e prototipos

1962 Ferrari 250GT SWB Breadvan Foi construído para competir nas 24 Horas de Le Mans e outras carreiras do Campionato do Mundo FIA Sportscar. Piero Drogo desenvolveu un corpo aerodinámico avanzado, coa liña do teito estendido ata o extremo posterior seguindo a teoría aerodinámica Kamm. 1961 Ferrari 250GT SWB 'Breadvan'
1970 Ferrari Modulo O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo deseñado por Paolo Martin da Carozzeria Pininfarina. Ten un corpo extremadamente baixo, cun teito de estilo pavillón que se desliza cara a adiante para permitir a entrada á cabina. As catro rodas están parcialmente cubertas. Ferrari Modulo front-right Museo Ferrari
1980 Ferrari Pinin O Ferrari Pinin foi un concept car único creado polo estudo de deseño Pininfarina, para celebrar o 50 aniversario dos estudos de deseño. O coche segue sendo un modelo singular, o primeiro Ferrari de catro portas que se construíu. 1980 Ferrari Pinin
1989 Ferrari Mythos O Mythos era un coche de motor central, tracción traseira deseñado por Pininfarina e producido por Ferrari en 1989. O deseño radical levouse a cabo sobre a base do Ferrari Testarossa, que dita a forma de cuña do coche e a gran toma de aire diante das rodas traseiras. Ferrari Mythos Front
1993 Ferrari FZ93 O FZ93 (Fórmula Zagato 93) foi deseñado por Ercole Spada, era unha continuación da serie de especiais de Ferrari Zagato Zagato FZ93
1995 Ferrari FX O Ferrari FX foi feito a medida para o 29 de Sultan de Brunei por Pininfarina. Fabricáronse só sete coches, seis dos cales foron entregados á familia real de Brunei. O outro está agora en exhibición no Museo Marconi en Tustin, California. 1996 Ferrari FX - dk blu met - fvl (4653162375)
2005 Ferrari FXX FXX é a versión ultradeportiva do Ferrari Enzo (sucesor do Ferrari F50), concibida por Giuseppe Petrotta. A súa velocidade máxima é de 386 km/h, entrando así no vedado terreo dos cinco coches máis rápidos do mundo. Só ten un asento (monopraza), e non está homologado nin para circular pola rúa nin para competición. Ferrari FXX
2006 Ferrari P4/5 O Ferrari P4/5 (oficialmente coñecido como Ferrari P4/5 by Pininfarina) é un único automóbil deportivo feito por Ferrari e redeseñado por Pininfarina para o director de cine e magnate James Glickenhaus. O coche era un Ferrari Enzo, pero o propietario, James Glickenhaus, preferiu o deseño dos coches de carreiras Ferrari dos anos 1960, os Serie P. O custo deste proxecto para Glickenhaus foi de 4 millóns de dólares estadounidenses. Ferrari P45 front right

Liña temporal

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alain Prost

Alain Marie Pascal Prost, que ostenta a Orde do Imperio Británico, nado o 24 de febreiro de 1955 en Lorette, Loira, é un ex-piloto francés de Fórmula 1 que foi catro veces Campión Mundial. Correu con McLaren, con Renault, con Ferrari e con Williams, desde 1980 até 1993. Logo da súa retirada, formuou a súa propia escudaría, Prost Grand Prix, desde 1997 até 2002.

Clay Regazzoni

Gianclaudio Giuseppe "Clay" Regazzoni, nado o 5 de setembro de 1939 e finado o 15 de decembro de 2006, foi un piloto de carreiras suízo. Competiu en carreiras de Fórmula Un de 1970 a 1980, gañou cinco Grandes Premios. O seu primeiro triunfo foi o Gran Premio de Italia en Monza na súa primeira tempada, pilotando un Ferrari. Permaneceu co equipo italiano ata 1972. Logo dunha tempada con BRM, Regazzoni regresou a Ferrari por un período de tres anos, 1974 a 1976. Finalmente, logo de deixar Ferrari a finais de 1976, Regazzoni uniuse aos equipos Ensign e Shadow, antes de trasladarse a Williams en 1979, onde obtivo a primeira vitoria nun Gran Premio para o equipo británico, o Gran Premio do Reino Unido de 1979 en Silverstone.

Foi reemplazado por Carlos Reutemann en Williams para a tempada 1980 e volveu de novo a Ensing. Logo dun accidente no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 quedouse paralizado da cintura para abaixo, terminando a súa carreira na Fórmula Un. Regazzoni non deixou as carreiras, competiu no París-Dakar e nas 12 horas de Sebring cun coche con mando na man durante a década de 1980 e principios de 1990. En 1996, Regazzoni converteuse en comentarista da TV Italiana.

Morreu nun accidente de coche en Italia o 15 de decembro de 2006.

Felipe Massa

Felipe Massa, nado en São Paulo o 25 de abril de 1981, é un piloto brasileiro de Fórmula 1 que na actualidade, e até 2017, corre para Williams. Massa comezou a súa carreira en karting con oito anos de idade, continuando en campionatos nacionais e rexionais durante sete anos. Mudouse á Fórmula Chevrolet e gañou o campionato. Trasladouse á Fórmula Renault italiana en 2000 e gañou o título xunto co campionato de Europa. Massa entrou na Euro Fórmula 3000 acadando o campionato.

Massa comezou a súa carreira de Fórmula Un con Sauber antes de unirse á Ferrari como piloto de probas para 2003. Volveu a Sauber en 2004 e 2005 antes de reincorporarse a Ferrari onde gañou dúas carreiras en 2006 incluíndo o Gran Premio de casa converténdose no primeiro brasileiro, desde Ayrton Senna en gañar o Gran Premio de Brasil. Massa gañou tres carreiras en 2007, terminando 4º no campionato de pilotos. Terminou segundo no Campionato Mundial de Pilotos de 2008 tras unha longa batalla polo título con Lewis Hamilton. No Gran Premio de Hungría de 2009, Massa resultou ferido por un resorte de suspensión que se soltou do Brawn GP de Rubens Barrichello. Massa perdeuse o resto da tempada, pero volveu en 2010. Massa sufriu unha caída na forma en 2011 non logrando ningún podio pero anotando puntos habitualmente. Massa contribuíu á lograr os Campionatos de Construtores de Ferrari en 2007 e 2008 e mantivo contrato para competir co equipo ata o final da tempada de 2013. O 10 de setembro de 2013, confirmou que se iría de Ferrari ao final da tempada 2013. O 10 de setembro de 2013, Massa substituíu a Pastor Maldonado e xunto a Valtteri Bottas correu en Williams a partir de 2014.O 1 de setembro de 2016, Massa anunciou que se retiraba da Fórmula Un ao final da tempada. Con todo, volveu para a tempada 2017 cando Valtteri Bottas marchouse a Mercedes.

Gerhard Berger

Gerhard Berger, nado o 27 de agosto de 1959 en Wörgl, é un expiloto de carreiras austríaco de Fórmula Un, que anteriormente posuía o 50% do equipo de Fórmula Un Scuderia Toro Rosso ata que vendeu a súa parte ao novo propietario da bebida enerxética Dietrich Mateschitz en novembro de 2008.

Berger competiu na Fórmula Un durante 14 tempadas, terminando dúas veces terceiro na xeral do campionato. Durante este tempo gañou dez Grandes Premios, logrou 48 podios, 12 poles e 21 voltas rápidas (dúas máis có seu ex compañeiro de equipo, rival e amigo Ayrton Senna). Con 210 carreiras é un dos pilotos máis experimentados da F1 de todos os tempos. Liderou 33 das 210 carreiras nas que competiu e retirouse de 95 delas. Berger tamén ten a distinción única de lograr a primeira e última vitoria para Benetton, cunha separación de once anos. É coñecido polo seu sentido do humor e estilo de condución agresivo.

Jacky Ickx

Jacques Bernard "Jacky" Ickx (o apelido pronúnciase "Ix" ou "Icks"), nado o 1 de xaneiro de 1945 en Bruxelas , Bélxica, é un expiloto belga de carreiras que logrou 25 podios en Fórmula 1 e seis vitorias nas 24 Horas de Le Mans.

Jean Alesi

Jean Alesi (nado como Giovanni Alesi o 11 de xuño de 1964) é un piloto de carreiras francés de orixe italiana. O seu pai, Franco, era un mecánico de Alcamo, Sicilia, e a súa nai era de Riesi.

Logo de varios éxitos nas categorías menores, o máis notable o campionato da fórmula 3000 de 1989, a súa traxectoria na Fórmula 1 incluíu tempadas en Tyrrell, Benetton, Sauber, Prost, Jordan e Ferrari, onde demostrou ser moi popular entre os tifosi. Durante a súas tempadas en Ferrari de 1991 a 1995, o seu estilo de condución agresivo, combinado co uso do número 27 no seu coche, levou a algúns xornalistas, e aos tifosi, a comparalo con Gilles Villeneuve. Gañou o Gran Premio do Canadá de 1995, pero resultou ser a única vitoria da súa carreira na Fórmula 1. Durante a súa estadía na Fórmula 1, Alesi era particularmente bo en mollado, e era un corredor temperamental e apaixonado, cuxas emocións ás veces mellorábano.Logo de abandonar a Fórmula 1, de 2002 a 2006 Alesi correu no campionato de Deutsche Tourenwagen Masters (DTM), gañando algunhas carreiras, e o seu mellor resultado foi un quinto lugar no campionato de pilotos. Competiu na serie de Speedcar en 2008 e 2009, e correu en Le Mans en 2010. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianapolis en 2012 e converteuse no piloto profesional máis vello en realizar a proba do novato para a admisión á competición. Durante varios anos tamén foi comentarista do programa de televisión italiano Pole Position. En 2006 Alesi recibiu a Chevalier de la Légion d’honneur.

Kimi Räikkönen

Kimi-Matias Räikkönen, nado en Espoo o 17 de outubro de 1979, é un piloto finés de automobilismo, que actualmente compite en Formula 1.

En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.

Agora reside en Zúric, Suíza e está solteiro aínda que ten moza chamada Jenni. Mide 1,80 e pesa 70 kg; a súa bebida favorita é a auga e o zume de mazá, acompaña esta bebida coa súa comida preferida a carne de veado, o polo e a pasta. Cando ten tempo libre, vai ao ximnasio, corre e fai snowboarding ou hípica.

Lista de escuderías campioas do mundo de Fórmula 1

O Campionato do Mundo de Construtores de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) á escudería de Fórmula 1 con máis éxito, que é determinada por un sistema de puntuación baseado no posto final dos seus pilotos nos Grandes Premios durante a tempada. O primeiro Campionato de Construtores foi disputado en 1958, e foi para Vanwall.

As diferentes combinacións de monopraza/motor son consideradas para competir no Campionato. Os puntos son calculados pola suma de tódolos pilotos dese construtor en tódalas carreiras. Até o Campionato de 1979 a meirande parte das tempadas viron como só contribuía o piloto con máis puntos en cada carreira. Só en nove ocasións un piloto da escudería gañadora non acadou o Campionato de Pilotos.

Nas 61 tempadas que disputouse o Campionato de construtores, só 15 escuderías diferentes o gañaron, sendo a que máis veces o acadou a Scuderia Ferrari, con 16 títulos incluíndo 6 consecutivos dende 1999 a 2004. Só cinco países teñen construtores gañadores: Reino Unido (33 campionatos con 10 construtores diferentes), Italia (16 con Ferrari), Austria (4 con Red Bull), Francia (3 con dous construtores) e Alemaña (5 con Mercedes). Con todo, todos os títulos austríacos, franceses e alemáns viron os coches gañadores deseñados e fabricados (agás Matra en 1969 e dirixidos por equipos con sede no Reino Unido. Entre os pilotos que contribuíron con polo menos un punto ao título de construtores, Michael Schumacher ten a marca non oficial, participando en sete deses títulos, seis deles consecutivamente con Ferrari. Schumacher gañou o título mundial de pilotos en seis desas sete ocasións. O Campión actual é Mercedes.

Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1

O Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) ó piloto de Fórmula 1 máis exitoso da tempada, sendo este determinado por un sistema de puntuación baseado nos resultados finais de cada Gran Premio. O primeiro Campionato Mundial de pilotos foi gañado por Nino Farina en 1950, sendo Alberto Ascari o primeiro piloto en conseguir máis dun campionato, en concreto os de 1953 e de 1954.

A FIA non declara oficialmente ó campión até que a tempada estea rematada, pero dícese xa que un piloto acadou o título cando non hai outro que sexa capaz de obter máis puntos que el aínda que consiga o máximo en tódalas carreiras restantes. O Campionato de Pilotos foi gañado 29 das 69 veces que foi disputado na derradeira carreira. A vez que o Campionato foi decidido máis cedo foi en 2002, cando Michael Schumacher o gañou a falta de seis carreiras para o final da tempada.

En total 33 pilotos diferentes gañaron o Campionato, sendo o alemán Michael Schumacher o que máis acadou, con sete. Ademais, o propio Schumacher ten o récord de máis Campionatos consecutivos, con 5 dende o 2000 até o 2004. O asturiano Fernando Alonso e o único español que logrou o título (2005 e 2006). O Reino Unido produciu a maioría dos pilotos gañadores do campionato do mundo con dez; Brasil, Alemaña e Finlandia son os seguintes con tres cada un. Dos 33 pilotos que conseguiron o título mundial, 20 seguen vivos. O último falecido foi John Surtees (1934-2017). O campión actual é Lewis Hamilton. Entre os equipos, a Scuderia Ferrari produciu a maioría dos pilotos gañadores do Campionato Mundial con 15.

McLaren

McLaren, fundado en 1963 por Bruce McLaren (1937-1970), é un equipo de carreiras automobilísticas con sede en Woking, Surrey, Reino Unido, que é sobre todo coñecido como equipo de Fórmula 1, pero que competiu tamén nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 horas de Le Mans. O seu nome completo é actualmente Team McLaren Mercedes; o equipo é dirixido por Ron Dennis e é supervisado por McLaren Racing, membro a súa vez de McLaren Group.

McLaren é un dos equipos con máis éxitos da Fórmula 1, gañou máis grandes premios que calquera outro equipo, á parte de Ferrari e Ford nos seus diferentes equipos, e moitos campionatos de pilotos e construtores.

Michael Schumacher

Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth-Hermülheim o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995, e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004, Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos. Foi nomeado Laureus World Sportsman of the Year dúas veces.Posúe moitas das marcas de pilotos de Fórmula 1, incluíndo o maior número de campionatos, vitorias, voltas rápidas, poles e a maioría de carreiras gañadas nunha soa tempada, 13 en 2004 (a última destas marcas foi igualada polo seu compatriota alemán Sebastian Vettel nove anos máis tarde). En 2002, converteuse no único piloto na historia da Fórmula Un en terminar entre os tres primeiros en todas as carreiras da tempada e logo tamén rompeu a marca de máis podios consecutivos.

De acordo coa web oficial da Fórmula Un, é "estatisticamente o piloto máis grande que viu o deporte".Logo de comezar co karting, Schumacher gañou os campionatos de pilotos alemáns de Fórmula 3 e Fórmula König antes de unirse a Mercedes no World Sportscar Championship. Logo dunha carreira financiada por Mercedes fichou polo equipo Jordan de Fórmula Un, Schumacher asinou como piloto para o equipo Benetton de Fórmula Un en 1991. Terminando terceiro en 1992 e cuarto en 1993, Schumacher converteuse no primeiro alemán campión do mundo de pilotos en 1994 por un punto sobre Damon Hill. En 1995 repetiu o éxito, esta vez cun maior marxe. Schumacher mudouse a Ferrari en 1996. Schumacher estivo preto de gañar os títulos de 1997 e 1998, antes de romperse a perna no Gran Premio do Reino Unido de 1999. A continuación gañou cinco títulos de pilotos consecutivos de 2000 a 2004. Schumacher retirouse da Fórmula Un en 2006, quedando en Ferrari como asesor. Estivo preto dun oitavo título ese ano, pero debido a problemas técnicos nas dúas últimas carreiras quedouse a pouca distancia de Fernando Alonso. Schumacher estivo a punto de volver para Ferrari en 2009, como substituto do gravemente ferido Felipe Massa, pero non puido debido a unha lesión no pescozo. Schumacher regresou á Fórmula Un de forma permanente a partir de 2010 co equipo Mercedes. Retirouse por segunda vez na conclusión da tempada 2012.A súa carreira non estivo exenta de polémicas, incluíndo provocar en dúas ocasións colisións na última carreira da tempada que determinaron o resultado do Campionato do Mundo, con Damon Hill na tempada de 1994 en Adelaide e con Jacques Villeneuve na tempada de 1997 en Xerez. Fóra da pista Schumacher foi embaixador da UNESCO e voceiro de seguridade dos pilotos. Participou en numerosos esforzos humanitarios en toda a súa vida e doou decenas de millóns de dólares á caridade. Schumacher e o seu irmán menor, Ralf, son os únicos irmáns que gañaron carreiras na Fórmula Un, e foron os primeiros irmáns en terminar primeiro e segundo na mesma carreira, unha fazaña que repetiron en catro carreiras posteriores.

En decembro de 2013, Schumacher sufriu unha lesión grave na cabeza mentres esquiaba. Foi trasladado en helicóptero a un hospital e provocóuselle un coma inducido, logo de sufrir unha lesión cerebral traumática. Estivo en coma durante seis meses desde o 29 de decembro 2013 ata o 16 de xuño de 2014. Abandonou o hospital en Grenoble para recibir rehabilitación no Hospital Universitario (CHUV) de Lausana . O 9 de setembro de 2014, Schumacher regresou á súa casa para a súa posterior rehabilitación. En novembro de 2014, informouse de que Schumacher estaba paralizado e en cadeira de rodas, como consecuencia do accidente.

Michele Alboreto

Michele Alboreto, nado en Milán o 23 de decembro de 1956 e finado en Klettwitz (Brandeburgo) o 25 de abril de 2001, foi un piloto italiano de Fórmula 1. É famoso por terminar segundo tras Alain Prost na tempada de Fórmula Un de 1985 así como por gañar as 24 Horas de Le Mans de 1977 e as 12 Horas de Sebring de 2001. Alboreto competiu en Fórmula Un de 1981 ata 1994, con varios equipos, destacando sobre todo as súas cinco tempadas (1984-88) pilotando un Ferrari.

Niki Lauda

Andreas Nikolaus "Niki" Lauda, nado en Viena, Austria, o 22 de febreiro de 1949 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2019, foi un piloto austríaco de Fórmula 1 de orixe galega, tres veces Campión do Mundo de F1. Posteriormente, empresario de aviación, que fundou e dirixiu dúas liñas aéreas e foi xerente do equipo de carreiras Jaguar de Fórmula 1 durante dous anos.

Nürburgring

Nürburgring é un autódromo situado ao redor do pobo e castelo medieval de Nürburg nas montañas Eifel, Alemaña. Considerado como o circuíto máis difícil e esgotador do mundo, coñéceselle como Grüne Hölle ou "inferno verde", apelativo inventado polo piloto de Fórmula 1 Jackie Stewart.

René Arnoux

René Arnoux Alexandre, nado o 4 de xullo de 1948 en Pontcharra, Isère, é un ex piloto francés de Fórmula Un. En 2006 correu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para os pilotos xubilados de F1.

Rubens Barrichello

Rubens Barrichello, nado en São Paulo o 23 de maio de 1972, é un ex piloto brasileiro de Fórmula 1.

Sauber F1

Alfa Romeo Sauber F1 Team, é un equipo suízo de Fórmula 1. Fundado nos anos 70 por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. A firma suíza de investimentos Longbow Finance S.A. é a actual propietaria maioritaria de Sauber.

Logo de non gañar ningú Gran Premio como un independente, o equipo vendeuse a BMW en 2005, e competiu como BMW Sauber de 2006 a 2009, logrando unha vitoria. Ao final da tempada 2009, con todo, BMW retirouse da Fórmula Un e o futuro do equipo permaneceu incerto durante varios meses, ata que vendeuse de novo a Peter Sauber e logrou unha participación para 2010. Con todo, debido ao Acordo da Concordia, o equipo permaneceu como "BMW Sauber" para a tempada 2010. En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome. Ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 2011, o equipo deixou a BMW do seu nome.

Peter Sauber vendeu a súa participación de control do 66,6% no equipo, o resto pertencente á CEO Monisha Kaltenborn tamén se vende. Ela foi unha figura principal no equipo desde a retirada de BMW.O equipo vendeuse durante a tempada 2016 á firma de investimentos Longbow Finance. Pascal Picci asumiu o papel de Peter Sauber como presidente da xunta e presidente, Kaltenborn permaneceu como director do equipo e CEO de Sauber.

Scuderia Ferrari

Scuderia Ferrari S.p.A. coñecida como Scuderia Ferrari é a división deportiva da compañía automobilística Ferrari. O equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula Un, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de autos deportivos. Comezou na Fórmula 1 en 1950. Leva ás súas costas 16 títulos de construtores e 15 de pilotos.

Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Mike Hawthorn, Phil Hill, John Surtees, Niki Lauda, Jody Scheckter, Michael Schumacher e Kimi Räikkönen gañaron campionatos do mundo de pilotos conducindo para o equipo. os pilotos actuais do equipo son Sebastian Vettel e Charles Leclerc.

En sport prototipos e gran turismo, Ferrari conseguiu nove vitorias absolutas nas 24 Horas de Le Mans, oito na Mille Miglia e sete na Targa Florio. Tamén gañou varios títulos de construtor no Campeonato Mundial de Resistencia da FIA.

Sebastian Vettel

Sebastian Vettel, nado en Heppenheim o 3 de xullo de 1987, é un piloto de Fórmula 1 alemán. é piloto do equipo italiano de carreiras Ferrari. Foi Campión do Mundo, catro veces en 2010, 2011, 2012, e 2013. É un dos pilotos de F1 máis exitosos de todos os tempos e é considerado un grande.

No seu primeiro ano como piloto de Red Bull en 2009, Vettel terminou a tempada como o piloto máis novo subcampión do mundo. Ao ano seguinte converteuse no piloto máis novo en gañar o Campionato de Mundo de Pilotos. No mesmo ano que axudou a o equipo Red Bull a gañar o seu primeiro Campionato mundial de construtores. Logo do seu primeiro campionato veu un segundo en 2011, converténdose no máis novo bicampión do mundo na historia deste deporte, así como un terceiro en 2012 e un cuarto en 2013 para converterse no campión máis novo en lograr triplos e cuádruplos campionatos neste deporte, respectivamente. En 2015 firmou pola Scuderia Ferrari.

Modelos de estrada de Ferrari, 1947–1968
Tipo Anos 1940 Anos 1950 Anos 1960
7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8
Deportivos 125 S 166 S 195 S 212 Exp 225 S 250 MM 250 Monza 250 GT Tour de France 250 GT SWB 250 GTO 250 LM
159 S 250 S 250 Export
GT 166 Inter 195 Inter 212 Inter 250 Europa 250 GT Europa 250 GT Boano 250 GT Ellena 250 GT Coupe PF 250 GT Lusso 330 GTC 365 GTC
275 GTB 275 GTB/4
Convertibles 250 GT 275 GTS 330 GTS 365 GTS
2+2 250 GT/E 330 GT 365 GT
America 340 America 375 America/MM 410 Superamerica 400 Superamerica 500 Superfast 365 California
Modelos de estrada de Ferrari, desde 1960
Tipo Anos 1960 Anos 1970 Anos 1980 Anos 1990 Anos 2000 Anos 2010
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0
FR/FMR GT 250 275 365 GTB/4 Daytona 550 575M 599
America 330 365
2+2 250GT 330GT 365GT GTC/4 GT4 400 400i 412 456 456 M 612
V8 California
RMR V6/V8 Dino 206 Dino 246 GT 308GTB 308i 308 QV 328 348 360
246 GTS 308 GTS 208 208 Turbo GTB/GTS Turbo F355 F430 F458 Italia
2+2 Dino GT4 Mondial 8 Mondial QV 3.2 Mondial Mondial t
bóxer-12 365BB 512 BB 512i BB Testarossa 512TR F512M
Modelo halo 250 GTO 250 LM 288 GTO F40 F50 Ferrari Enzo FXX FXX Evolution
F50 GT

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.