Ferralla

A ferralla[1] é o conxunto de refugallos de ferro, ferro fundido ou de aceiro, e xunto coa mena de ferro, son as dúas materias primas máis importantes da siderurxia. Este refugallos poden ser identificados de xeito doado e, polo tanto, poden ser recuperados e reciclados.

A ferralla de ferro é imprescindible para fabriación de aceiro. A gusa de ferro, extraída da mena que sae dun alto forno pasan nunha segunda fase a un convertedor onde son mesturados cun 20 a 40% de ferralla.[2][3] No caso dos fornos eléctricos esta porcentaxe pode atinxir até o 100%. Ademais das empreses especializadas, segundo o Gremio de Recuperación de Cataluña, en 2015 unhas 53 500 persoas recollen ferralla nas rúas dos concellos cataláns. Este número medrou nos últimos anos e por mor dos escasos ingresos, o traballo precarizouse aínda máis.[4][5]

Un caso especial forma a "ferralla espacial": carcasas e outros obxectos perdidos na órbita terrestre que causan un problema para as axencias espaciais. En 2015, estaban inventariadas até vinte mil pezas, que van da medida dunha mazá á dun autobús.[6]

Scrap metal
Ferralla

Categorías

Os resfugallos de ferro pode ser divididos en catro grandes categorías:

  • Refugallos limpos da siderurxia que son reciclados, en xeral, na mesma fábrica que os produciu.
  • Refugallos de fábricas da metalurxia que xeralmente forman parte do negocio da ferralla.
  • Refugallos de demolición de construcións metálicas, de buques, de contedores e de formigón armado
  • A recuperación de bens ós que se lles acabou a vida útil (automóbiles, electrodomésticos...).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ferralla.
  2. "El convertidor LD" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2016.
  3. Viquillibres (ed.). Metal·lúrgia i siderúrgia/Siderúrgia.
  4. Martínez, Guillem; Vilamala, Txell (11 de xuño de 2015). "El creixent nombre de recollidors de ferralla en precaritza encara més l’activitat". BTV.Notícies.
  5. Ortaga, Maria (4 de abril de 2015). "Professionals de la ferralla". Ara.
  6. "L’evolució i multiplicació de la ferralla espacial, del 1957 fins ara". VilaWeb. 12 de decembro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Acerinox

Acerinox (bolsa de Madrid ACX) é unha empresa española fundada en 1970 con sede en Madrid e adicada á produción de aceiro inoxidable.

Cadmio

O cadmio é un elemento químico de número atómico 48 situado no grupo 12 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cd. É un metal pesado, branco azulado, relativamente pouco abundante. É un dos metais máis tóxicos, aínda que podería ser un elemento químico esencial, necesario en moi pequenas cantidades, pero isto non está claro.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Ferrosilicio

O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90 % en peso, das que a que contén un 75 % de Si é a máis utiliada.Os ferrosilicios representan as 3/4 da utilización do silicio metal (agás o SiO2) e o 20 % da produción de ferroaliaxes.

Feísmo

O feísmo, tamén coñecido coma maltrato da paisaxe, é un termo acuñado en Galiza para referirse a unha problemática específica galega, xa que os expertos sosteñen que o fenómeno remata nas fronteiras con Portugal, Asturias e Castela e León. O concepto serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o contorno e que chocan de fronte cos canons estéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeneralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística".En 2015, os arquitectos Pablo Ramil Regoe e Javier Ferreiro da Costa confeccionaron unha clasificación con 34 tipos de construcións dentro do feísmo, após dunha análise da paisaxe galega e os seus principais elementos.

Formigón

O formigón é un material de construción composto por unha mestura de cemento, áridos (area, pedras.. ) e auga, alén de outros materiais eventuais como aditivos.

O seu uso como formigón en masa é moi amplo, pero máis importante é a súa utilización con reforzos de aceiro. O formigón, como todos os materiais pétreos ten moi bo comportamento a compresión e bastante peor á tracción, polo que se combina con reforzos (ferralla) para conseguir un material cun comportamento equilibrado. Isto vese favorecido por teren os dous materiais coeficientes de dilatación similares, e polo tanto non sofren cos cambios de temperatura.

Cando está armado com ferrallas pasivas, recibe o nome de formigón armado, e cando o é con ferrallas activas recibe o nome de formigón pretensado.

Gigatrón

Gigatrón é un grupo musical español de heavy metal.

Trátase dunha banda humorística que parodia o estilo heavy metal dos 80 e 90, esaxerando as actitudes, estética e elementos típicos deste xénero musical.

Hardware

O hardware, a ferralla, é o conxunto de partes física que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

A partir desta palabra criouse a antónima: software.

Evolución do Hardware

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas, perforadas.

Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).

Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.

Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.

Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.

Iván Ares

Rubén Iván Ares Roel, nado en Cambre o 5 de marzo de 1985, mais coñecido como Iván Ares é un piloto de rally galego que compite actualmente no Campionato de Galicia de Rally. Pertence a unha familia con tradición no automobilismo galego, seu pai Santiago Ares foi campión de kartcross e seu irmán Santiago, tamén compite na modalidade kartcross.Comezou sendo piloto de kartcross, logrando os títulos de campión galego da modalidade en 2004 e 2005 e foi subcampión de España en 2005 e 2006. Posteriormente pasouse aos rallys gañando a Volante RACC Junior en 2007 e o Campionato Galego en 2011 e 2014.

Megasa

Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa galega siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia ao fondo da ría de Ferrol. Adícase á laminación de redondos para construción nun forno eléctrico empregando chatarra ou barras de aceiro. Ten unha capacidade de produción de tres millóns de toneladas.

Mesón do Bento Club de Fútbol

O Mesón do Bento Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego, baseado no lugar do Mesón do Vento (Ordes), e que na actualidade xoga na Terceira División.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

New Haven, Connecticut

New Haven é unha cidade costeira do estado estadounidense de Connecticut. Está situada en New Haven Harbor, na ribeira norte do Long Island Sound, no condado de New Haven, Connecticut, e é parte da área metropolitana de Nova York. Cunha poboación de 129 779 segundo o censo do ano 2010, é a segunda cidade máis grande de Connecticut despois de Bridgeport. New Haven é o principal municipio do Gran New Haven, que tiña unha poboación total de 862 477 habitantes en 2010.New Haven foi a primeira cidade planeada en Estados Unidos. Fundada en 1638 por puritanos ingleses, un ano despois creáronse oito rúas nunha cuadrícula de catro por catro, creando o que é comunmente coñecido como o "Nine Square Plan". O bloque central común é o New Haven Green, unha praza de 6 hectáreas, e o centro de New Haven. O Green é no presente un Fito Histórico Nacional e o "Nine Square Plan" está recoñecido pola American Planning Association como un Fito de Planificación Nacional. O Green tamén serve como un hotspot gratuíto de WiFi.New Haven é o fogar da Universidade Yale. Como contribuínte e empregador máis grande de New Haven,[10] Yale serve como unha parte integral da economía da cidade. Os servizos sanitarios (hospitais e biotecnoloxía), servizos profesionais (xurídicos, arquitectónicos, de mercadotecnia e enxeñería), servizos financieiros e o comercio minorista contribuen á actividade económica da cidade.

A cidade foi co-capital de Connecticut dende 1701 ata 1873, cando o goberno foi trasladado á máis central cidade de Hartford. Dende entón New Haven considerouse como a "Capital cultural de Connecticut" pola súa oferta de teatros, museos e salas de concertos. The New York Times dixo que a cidade tiña "arte en case todos os lugares que mirase". New Haven tivo o primeiro programa público de plantación de árbores nos Estados Unidos, producindo un dosel de árbores maduras (incluídos algúns grandes olmos) que lle deron á cidade o alcume de "The Elm City".

Pontevedra Club de Fútbol B

O Pontevedra Club de Fútbol B, coñecido como Pontevedra B, é un club de fútbol galego da cidade de Pontevedra. É o equipo filial do Pontevedra Club de Fútbol. Durante moito tempo levou o nome de Atlético Pontevedrés. Actualmente xoga na Preferente Autonómica de Galicia, tras perder a súa praza na Terceira División ao descender o Pontevedra CF.

Proceso Siemens-Martin

Os fornos Martin-Siemens son fornos de reverbero e utilízanse principalmente para a fusión e afino do aceiro destinado á fabricación de lingotes, e representaron a forma de fabricación de aceiro máis estendido en Gran Bretaña e Estados Unidos até a introdución do conversor de oxíxeno.

A súa capacidade pode variar entre 25 e 500 toneladas. Fai anos empregábanse fornos máis pequenos, de 15 a 30 toneladas, pero estes foron substituídos case completamente polos fornos eléctricos.

Con todo existen aínda en funcionamento algúns fornos para fabricar pezas coadas grandes, con pesos de 50 toneladas ou máis. O forno Martin-Siemens é quentado con aceite, gas de coquería, gas de gasóxenos ou unha mestura dá gas de alto forno e de coquería, se se dispón dela.

Cando se emprega un gas de pouco poder calorífico, como o gas de gasógeno ou a mestura citada, é fundamental preaquecer o gas nun rexenerador. O ar se reaquecese sempre para conseguir a máxima economía térmica e lograr unha elevada temperatura de chama.

O forno é un recipiente rectangular con portas para combustible e gases en ambos os extremos. Estas portas poden responder a diversos deseños, pero en todo caso deben dirixir os gases cara abaixo, cara á carga ou baño do metal. A chama e os gases quentes pasan por encima do baño e saen polo extremo oposto do forno. Os gases da combustión atravesan un ou dúas rexeneradores antes de perderse na cheminea; frecuentemente colócanse caldeiras logo dos rexeneradores para recuperar a calor perdida e conseguir a mellor recuperación posible dos produtos da combustión mediante válvulas refrixeradas con auga e entón ao forno quéntaselle desde o extremo oposto. Se se emprega combustibles de alto poder calorífico, como os aceites ou alcatráns de cerosota e aínda o gas de coquería, non adoita preaquécese o combustible e só hai que preaquecer o ar en cada un dos extremos do forno.

Royal Mail Ship

Royal Mail Ship (RMS: "Buque do Correo Real"), tamén denominado Royal Mail Steamship (ou Steamer), é un prefixo naval utilizado nos transatlánticos que transportan o correo da Royal Mail británica. Algúns barcos famosos con este acrónimo fueron o RMS Olympic, o RMS Titanic, e tamén o RMS Mauretania e mailo RMS Lusitania.

A denominación Royal Mail Ship empezou a ser usada en 1840, e foi utilizada por un gran número de compañías, mais frecuentemente é asociada coa Cunard Line, que fixo coa Royal Mail un gran contrato de transporte e usou o prefixo tradicional RMS en case todas as súas naves. Hoxe en día continúa usándoo no seu buque insignia, o RMS Queen Mary 2.

Sociedad Deportiva Club Órdenes

A Sociedad Deportiva Club Órdenes, coñecido como Club Ordes, é un club de fútbol galego de Ordes, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1953 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.

Viga

Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.

As edificacións basicamente presentan tres tipos de vigas, que difiren na forma en que contactan cos seus apoios:

Viga en balance ou en consola: é unha viga cun só apoio. Toda a carga recibida se transmite a un único punto de fixación.

Viga biapoiada ou simplemente apoiada: dise das vigas con dous apoios, que poden ser simples ou engastados, xerándose vigas do tipo simplemente apoiadas, vigas con apoio simple e engaste, ou vigas biengastadas.

Viga continua: dise da viga con múltiples apoios.As viga feitas en formigón armado son dimensionadas de forma que sexa a súa ferralla lonxitudinal o que resista os esforzos de tracción, non tendo en conta a resistencia á tracción do formigón, por ser esta moi baixa. As vigas de formigón armado reciben unha ferralla secundaria distribuída transversalmente ao longo da viga denominada estribos. Posúen a finalidade de levar até os apoios as forzas cisallantes.

En viadutos e en pontes comunmente as vigas son do tipo biapoiado. Os seus apoios son chamados libres. Así, a estrutura pode oscilar nos seus apoios, evitando a aparición de trincas e permitindo á estrutura oscilar co desprazamento das cargas móbeis recibidas, sen afectar a súa estabilidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.