Fernando Romay

Fernando Romay Pereiro, nado na Coruña o 23 de setembro de 1959, é un ex-xogador de baloncesto galego. Mide 2,13 m.[2]

Fernando Romay Pereiro
Medalla de Galiza.svg
Fernando Romay 2015
Posición Pívot
Altura 2,13 m
Peso oficial 141 kg
Nacemento 23 de setembro de 1959 (59 anos)
Galicia A Coruña
Carreira
Tempadas 19761995
Canteira Real Madrid
Internacional 174
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos (ACB)     1 921 (4,6 pp)[1]
Rebotes (ACB)     1 835 (4,4 pp)[1]
Tapóns (ACB)     677 (1,6 pp)[1]
Premios
  • Ningún premio notable

Traxectoria

Xogou no Real Madrid dende 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga, cinco de Copa do Rei, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dous da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs.

Xogou na selección de baloncesto de España, coa que conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.

Nos últimos anos adicou o seu tempo a colaborar en diferentes programas de televisión (chegou incluso a actuar nun capítulo da serie Pratos combinados) e apoiar diferentes organizacións non gobernamentais. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1998.

Estatísticas

Liga ACB

Ano Equipo PX MPP %T2 %3P %TL RPP ROP APP ROB TPP PPP
1983-84 LR Real Madrid 25 20.6 59 0 73 5.0 1.6 0.1 0.4 3.1 7.0
1983-84 PO Real Madrid 7 17.0 62 0 83 4.5 1.7 0.1 0.7 2.2 13.0
1984-85 LR Real Madrid 25 16.2 66 0 79 5.4 1.4 0.1 0.5 2.7 5.4
1984-85 PO Real Madrid 7 17.0 83 0 92 3.0 0.8 0.0 0.4 1,4 7.3
1985-86 LR Real Madrid 27 18.8 54 0 71 5.4 1.5 0.2 0.8 2.5 6.0
1985-86 PO Real Madrid 4 21.2 75 0 69 5.0 1.7 0.0 0.2 0.7 7.2
1986-87 LR Real Madrid 28 28.2 62 0 70 7.5 1.8 0.3 1.0 3.0 8.6
1986-87 PO Real Madrid 7 32.5 67 0 50 9.0 2.4 0.1 0.4 2.0 10.0
1987-88 LR Real Madrid 28 17.9 63 0 73 5.2 0.7 0.2 1.0 2.6 5.3
1987-88 PO Real Madrid 5 28.2 59 0 67 6.8 3.0 0.2 0.6 1.4 7.2
1988-89 LR Real Madrid 26 18.0 48 50 64 4.4 1.1 0.2 0.3 1.7 4.3
1988-89 PO Real Madrid 6 12.8 47 0 75 4.5 1.0 0.5 0.2 0.8 4.3
1989-90 LR Real Madrid 34 20.0 50 0 84 6.0 1.7 0.4 0.7 1.8 5.6
1989-90 PO Real Madrid 5 17.8 59 0 67 2.4 0.8 0.2 0.4 0.8 4.8
1990-91 LR Real Madrid 31 13.6 49 0 75 3.1 1.0 0.2 0.2 1.0 3.4
1990-91 PO Real Madrid 3 9.6 33 0 100 1.3 1.0 0.3 0.3 0.6 5.6
1991-92 LR Real Madrid 32 13.0 46 0 63 3.3 1.0 0.3 0.5 1.1 2.4
1991-92 PO Real Madrid 1 14.0 0 0 100 2.0 0.0 0.0 0.0 2.0 2.0
1992-93 LR Real Madrid 28 9.1 64 0 60 2.4 0.7 0.2 0.3 0.6 1.6
1992-93 PO Real Madrid 6 2.8 0 75 0 1.1 0.2 0.0 0.0 0.0 1.0
1993-94 LR OAR Ferrol 27 17.2 56 0 70 4.7 1.5 0.3 0.7 1.0 4.6
1993-94 PO OAR Ferrol 2 11.5 100 0 0 3.0 0.0 0.0 0.0 0.0 1.0
1994-95 LR CB Zaragoza 37 12.4 59 0 58 2.5 0.8 0.2 0.3 0.4 2.5
1994-95 PO CB Zaragoza 3 6.6 33 0 75 1.6 0.6 0.3 0.3 0.3 1.6

Traxectoria

  • Real Madrid. Categorías inferiores.
  • 1976-78 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1978-79 Liga Nacional. C.B. Tempus Madrid.
  • 1979-83 Liga Nacional. Real Madrid.
  • 1983-93 ACB. Real Madrid.
  • 1993-94 ACB. OAR Ferrol.
  • 1994-95 ACB. CB Zaragoza.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historial estadístico. Romay, Fernando" (en castelán). ACB.com. Consultado o 23 de setembro de 2015.
  2. "Fernando Romay" (en castelán). ACB.com. Consultado o 23 de setembro de 2015.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Equiocio

Equiocio é un evento multidisciplinar cun eixe no mundo dos cabalos que se celebra en Covas desde 1992. Nel desenvólvense competicións que abarcan múltiples disciplinas relacionadas co deporte pero tamén coa industria ecuestre e que ten como complemento unha gran oferta de lecer dirixida a toda a familia.

En 2017, o mesmo escenario, representa o nacemento dun novo Equiocio, con máis deporte, máis actividades, máis natureza, máis conciencia ... 26 anos avalan este evento que foi pioneiro no seu formato, que combina o deporte coa cultura, o turismo, o lecer ea súa crecente participación con diferentes organizacións cun obxectivo común. Cun programa de actividades que serven de polo de atracción para persoas de todas as idades, especialmente para os miles de nenos que participan nos diferentes talleres cada ano, converténdose nunha das principais obras de Equiocio, que representa a a contratación dun gran número de familias.

Catalogada pola prensa como "referencia ecuestre", Equiocio conta co apoio de cabaleiros e amazonas, cun promedio de 220 cabalos, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e unha ampla representación de Portugal. Unha porcentaxe importante de atletas de fóra da comunidade, todos con alto poder adquisitivo, que tamén representan un gran predio para a industria hoteleira local, que, xunto co evento como centro de atracción para os buscadores de lecer, confirman a importante contribución de Equiocio ao turismo da rexión.

Equiocio ten desde o principio o apoio de grandes empresas como Gadis, Coca-Cola, Mahou ou Abanca, entre outros, e tamén con apoio institucional, tanto a nivel provincial como rexional, contando ao longo da súa historia coa presenza dos presidentes da Xunta, da Deputación Provincial da Coruña, e numerosos conselleiros e alcaldes que hoxe manteñen a súa aposta.

Ademais de empresas e institucións, tamén se uniron moitas caras coñecidas do mundo do deporte, o audiovisual e a música, que coa súa presenza impulsaron o evento a nivel de medios. Deste xeito puideron verse lendas deportivas como Juan Antonio Corbalán, Fernando Romay, Paco Fernández Ochoa, Lorenzo Rico, Sandra Azón e Alvaro Bultó. Presentadores de televisión como Paloma Lago, sempre incondicional ao evento, Belinda Washington, Yolanda Vázquez, Carlos Lozano, Jordi Hurtado ou Luís del Olmo. Diseñadores como Roberto Verino; os actores Javier Gutiérrez, Carlos Iglesias, María Castro, Serxio Pazos, Isabel Branca, Lucía Regueiro, Estíbaliz Veiga, Susana Sampedro, Monti Castiñeiras; o productor Mamen Casal ou os directores Ben Kendall e Paula Cons

Fernando

Son equivalentes a Fernando: Fernán.Fernando é un nome propio de home, de orixe xermana, godo, Firthunands. Firthu quere dicir "paz", que en alemán é Friede e nands, que significa audaz. Unha tradución sería "O que se atreve a todo con tal de conservar a paz". O nome é moi común en países onde se estableceron os visigodos. A América chegou proveniente de España e Portugal.

Fernando Martín Espina

Fernando Martín Espina, nado o 25 de marzo de 1962 en Madrid e falecido na mesma cidade o 3 de decembro de 1989 aos vinte e sete anos, foi un xogador profesional de baloncesto internacional español, formado na canteira do Club Baloncesto Estudiantes, aínda que pasando a meirande parte no Real Madrid. Cunha estatura de 2,06 metros xogaba na posición de pivote.

Fernando Martín foi o primeiro xogador español en xogar na NBA, debutando nese campionato o 1 de novembro de 1986 cos Portland Trail Blazers. Xogou sempre coa camiseta número 10, sendo retirado ese dorsal polo Real Madrid para que ningún outro xogador o poida levar. Membro dende o 1 de marzo de 2007 do Salón da Fama FIBA. O seu irmán Antonio Martín foi tamén xogador profesional de baloncesto.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Hay una cosa que te quiero decir

Hay una cosa que te quiero decir é un programa de televisión producido por Magnolia TV e emitido en Telecinco desde o 24 de abril de 2012 con bos rexistros de audiencia. A nova versión do formato italiano C'è posta per te obtivo na súa estrea un 15,8% de share e foi líder en varias emisións durante a primeira tempada. En canto á mecánica, en cada programa adoitan haber unha ou máis celebridades para sorprender aos invitados.

A adaptación está baseada no programa Hay una carta para ti, presentado por Isabel Gemio e emitido en Antena 3 entre 2002 e 2004. Agora oito anos despois, a súa competidora recupera o formato e preséntao Jorge Javier Vázquez.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Lista de medallistas olímpicos galegos

Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de verán.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

OAR Ferrol

O OAR Ferrol foi un club de baloncesto galego da cidade de Ferrol fundado en 1951 e desaparecido en 1996.

Pratos combinados

Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.

Estreouse o 1 de decembro de 1995 e tivo un gran éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións á dura competencia de serie de televisión españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.

A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.

Programas e audiencia de Land Rober Tunai Show

Listado de programas de Land Róber Tunai Show na TVG.

Selección de baloncesto de España

A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.

A Selección española está considerada, no ano 2006, a terceira mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só están as seleccións de Estados Unidos e Arxentina.

A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.

A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.

O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.

A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006.

O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.

Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.

A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.

¡Mira quién baila!

¡Mira quién baila! é a edición española do programa británico Strictly Come Dancing, no cal un conxunto de famosos compite entre si nun concurso de baile de varios estilos e varias semanas de duración adestrados por profesores de baile. O premio que obtén o gañador é entregado a organizacións benéficas.

O programa, producido por Gestmusic, estreouse en La 1 de Televisión Española o 13 de xuño de 2005, presentado por Anne Igartiburu durante 7 edicións. Tras cinco anos na televisión pública, o formato foi adquirido por Telecinco e foi presentado por Pilar Rubio baixo o nome ¡Más que baile!. O 28 de xaneiro de 2014 o programa regresa a Televisión Española, onde é presentado por Jaime Cantizano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.