Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Fernando II de Aragón e V de Castela
Rei de Aragón e de Castela
Michel Sittow 004
Rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña e Conde de Barcelona
Escudo de Aragón-Sicilia.svg
20 de xaneiro de 1479 - 23 de xaneiro[1] de 1516
PredecesorXoán II
SucesorXoana I e Carlos I
Rei de Castela e de León
(xunto a Isabel I)
Escudo de la Corona de Castilla.svg
15 de xaneiro de 1475[2] - 26 de novembro de 1504[3]
PredecesorIsabel I
SucesorXoana I

Nacemento10 de maio de 1452
Sos del Rey Católico, Siñal d'Aragón.svg Coroa de Aragón
Falecemento23 de xaneiro[1] de 1516
(64 anos)
Madrigalejo, Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
SepulturaCapela Real de Granada
Consorte
  • Descendenciavéxase Matrimonios e descendencia
    Casa realCasa de Trastámara
    ProxenitoresXoán II
    Xoana Enríquez

    Escudo de Fernando II de Aragón e V de Castela

    Yugo y nudo gordiano cortado unido a Tanto Monta emblema de Fernando el Católico
    Tanto Monta[6][7]
    Fernando firma
    FerdinandIIA
    Fernando II de Aragón.

    Orixes familiares

    Era fillo do rei Xoán II de Aragón e da súa segunda esposa, Xoana Enríquez, e polo tanto medio irmán do infante Carlos de Viana. Foi recoñecido como herdeiro no ano seguinte á morte de Carlos, no 1461, sendo nomeado lugartenente de Cataluña, chegando a gobernador xeneral en 1466.

    Durante a Guerra civil catalá (1462-1472), na que participou de forma activa, familiarizouse coa administración estatal a instancias de Xoán II de Aragón.

    Seu pai, cando ascende ao trono de Aragón, en 1458, concedeulle o condado de Ribagorza, que permaneceu no seu poder até 1469, ano no que Xoán II llo concedeu ao seu fillo natural, Afonso de Aragón, duque de Vilafermosa.

    Guerra civil castelá

    IsabellaofCastile05
    Os Reis Católicos.

    En 1468 foi nomeado rei de Sicilia por seu pai, ao morrer o seu curmán, o infante Afonso de Castela (1468). Ao ser recoñecida, como herdeira de Castela, a infanta Isabel de Castela, prima súa e media irmá de Henrique IV de Castela, Xoán II de Aragón porá en xogo toda a súa habilidade para lograr o matrimonio de Fernando coa princesa castelá. A unión terá lugar o 19 de outubro de 1469 en Valladolid.

    A morte de Henrique IV, en 1474, provocará unha Guerra civil nos reinos casteláns, entre os partidarios de Isabel, media irmá do falecido rei, e os de Xoana a Beltranexa, a súa filla. Fernando atinxiu os favores de parte da nobreza castelá, sendo proclamado correxente de Castela, cos mesmos dereitos que Isabel, grazas á Concordia de Segovia (1475). Fernando participaría así de xeito definitivo na dirección militar das tropas enfrontadas ás de Xoana a Beltranexa, que contaba co apoio do seu prometido, o rei Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza.

    En 1479, polo Tratado de Alcáçovas, Xoana renunciou ao trono en favor de Isabel, recluíndose nun convento en Coimbra. Nese mesmo ano, Fernando sucedeu ao seu pai como conde de Barcelona e rei de Aragón. Este é pois o ano no que se pode fixar a unión dinástica de ambas as dúas coroas, que non administrativa.

    Conquista do Reino de Granada

    En 1481 os Reis Católicos iniciaron a Conquista do Reino de Granada (1481-1492). Nas dificultades da guerra Fernando V deixou ver claramente os seus dotes diplomáticos e militares. A guerra finalizou coa capitulación de Granada o 2 de xaneiro de 1492.

    A Conquista de Granada, o último reduto musulmán en España, outorgou aos Reis un prestixio que os axudou a consolidar a súa autoridade. Nos reinos da Coroa de Aragón, Fernando II non modificou o sistema político tradicional (que dificultaba a concentración de poder nas mans do rei, obrigándoo a pactar a miúdo con as Cortes). Con todo acabaría cos problemas das remensas (cat., remences), mercé a abolición dos malos usos, á par que consolida os contratos de enfiteuse, grazas á Sentencia Arbitral de Guadalupe (1486).

    Goberno dos reinos hispanos

    Fernando colaborou activamente con Isabel no goberno dos reinos de Castela, encargándose persoalmente da política exterior, ao tempo que reservou para si mesmo os asuntos relativos aos reinos da Coroa de Aragón. De forma que ditou as primeiras medidas de ordenamento interno do reino, grazas a afirmar a figura do correxedor (1480); a creación da Inquisición en 1481 e a reorganización da Facenda real.

    Fernando introduciu en Castela institucións aragonesas, como o Consulado de Mar, e os gremios, favorecendo así o desenvolvemento económico de Castela, sobre todo no comercio da la.

    No aspecto relixioso, adoptou o programa da súa dona, que asentou as bases ideolóxicas do espírito de cruzada e a uniformidade relixiosa. Promulgáronse así os Decretos de expulsión dos xudeus en 1492 e de conversión forzosa dos mouriscos granadinos en 1503, malia que estes tiñan garantidos os seus dereitos de liberdade de culto nos acordos fixados na Capitulación de Granada.

    Política mediterránea

    A partir de 1492 Fernando concentrou a súa actividade sobre da tradicional expansión aragonesa cara Oriente, principalmente en Italia e o Norte de África. Mercé o Tratado de Barcelona de 1493 recuperou o Rosellón e a Cerdaña, en mans francesas desde 1463.

    En Italia, para oporse ao intento de Carlos VIII de Francia de se anexionar o Reino de Nápoles, organizou a Liga Santa en 1495. Así, as campañas militares dirixidas militarmente por Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, sumadas á astucia do propio monarca, permitirían expulsar os anxevinos do Reino de Nápoles en 1504 e incorporalo novamente á coroa de Aragón.

    No Norte da África, mostrouse contrario a ocupacións a grande escala, restrinxindo as accións a ocupación dalgunhas prazas litorais como Orán e Alxer.

    Política europea

    Na súa loita en contra das pretensións de dominio europeo por parte de Francia, Fernando mostrou un grande saber diplomático, pois a través de ligazóns matrimoniais, atinxiría a integrar Castela en Europa. Casará os seus fillos con reis de Portugal, Austria, Borgoña e máis Inglaterra, illando Francia, fracasando esta en todos os intentos de intervención en Italia.

    Descubrimento de América

    Christopher Columbus7
    Cristovo Colón perante os Reis Católicos na corte en Barcelona.

    Mentres Cristovo Colón iniciaría, en 1492, a expedición que o conduciría a descubrir o Novo Mundo, o continente americano, aínda que Colón e os seus coetáneos coidaban que era o camiño cara as Indias. Polo Tratado de Tordesillas de 1494, o mundo extraeuropeo era repartido entre as coroas de Portugal e Castela, através dunha liña meridiá, que de norte a sur dividía o océano Atlántico.

    Consecuencias do falecemento de Isabel de Castela

    En 1504, logo da morte de Isabel, Fernando foi nomeado rexente de Castela, mais pola oposición de parte da nobreza castelá, que era partidaria de Filipe o Fermoso, esposo da súa filla Xoana I de Castela, provocou que o Católico renunciase ao poder en Castela (non á súa Coroa de Aragón) para evitar un enfrontamento armado.

    Pola concordia de Villafáfila, en 1506, Fernando II retirouse para os reinos aragoneses, sendo Xoana e Filipe proclamados reis de Castela e resto dos reinos occidentais.

    Novo matrimonio

    Fernando casou de novo en 1505 con Xermana de Foix, coa esperanza de que lle dese un herdeiro ao trono aragonés. Á morte Filipe, e ante a incapacidade da súa filla para reinar, aceptou outra vez a rexencia castelá. Porén, centraríase nas cuestións aragonesas de Italia, formando parte da Liga de Cambrai contra Venecia en 1511, deixando o goberno de Castela nas mans do Cardeal Cisneros.

    No seu testamento deixará todas as súas posesións ao seu neto, fillo de Filipe e Xoana, Carlos de Gante, o futuro Carlos I e, até a vinda deste á península, nomeará o seu fillo natural, Afonso de Aragón, rexente dos reinos da Coroa de Aragón, e o Cardeal Cisneros, rexente de Castela.

    Morte

    Fernado morreu o 25 de xaneiro de 1516 en Madrigalejo, na actual provincia de Cáceres. Está sepultado na Catedral de Granada, ao lado de súa esposa, de súa filla Xoana e o marido desta, así como dun de seus netos, Miguel.

    Nupcias e descendentes

    Da súa amizade con Aldonza Roig d'Ivorra tivo un fillo:

    Do seu matrimonio coa raíña Isabel I de Castela en 1469 naceron 5 fillos:

    En 1505 casou con Xermana de Foix, coa que tivo un fillo, que morreu ao nacer:

    Notas

    1. 1,0 1,1 "Fueros, observancias y actos de corte del reino de Aragón. Autores: Penén y Debesa, Santiago; Savall y Dronda, Pascual; Clemente, Miguel (1866), pág 63.". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de maio de 2010.
    2. Pola Concordia de Segovia, Fernando II de Aragón adquiriu poderes como co-soberano en Castela.
    3. Por falecemento da raína titular Isabel I
    4. Tratado de Lyon
    5. Saltus y Ager Vasconum. Cultura y política en Navarra (1870-1960). Autor: Iriarte López, Iñaki cap7: págs 27-28 Tesis doctoral Universidad Pública de Navarra
    6. VV. AA., Isabel la Católica en la Real Academia de la Historia, Real Academia de la Historia, 2004. ISBN 978-84-95983-54-1. Cfr. para el lema o mote pág. 73.
    7. Faustino Menéndez Pidal de Navascués, «"Tanto monta". El escudo de los Reyes Católicos», en Luis Suárez Fernández, Isabel la Católica vista desde la Academia, Real Academia de la Historia de España, (Estudios, 16), 2005, págs. 99-138. ISBN 978-84-95983-65-7

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Casa de Trastámara

    A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

    A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

    A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

    A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

    Catarina de Aragón

    Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.

    Conquista de Navarra

    A Conquista de Navarra foi un proceso iniciado no século XII cos Tratados entre a Coroa de Castela e a de Aragón, nos que se acordou repartirse o Reino de Navarra, cunha conquista parcial e que culminou coa invasión completa no século XVI. Posteriormente, a Baixa Navarra, que logrou revertela, mantívose como reino independente ata o século XVII, en que o seu rei pasou a ter tamén a Coroa Francesa, deixando de ser reino a finais do século XVIII tras a Revolución Francesa. Pola súa banda, a Alta Navarra, integrada na Coroa de España, deixou de ser reino no século XIX.

    Outros títulos
    Rei de Sicilia
    Blason Sicile Insulaire.png
    1468 - 23 de xaneiro de 1516
    Predecesor Xoán II de Aragón
    Sucesor Xoana I e Carlos II
    Rei de Nápoles
    Bandera de Nápoles - Trastámara.svg
    31 de marzo de 1504[4] - 23 de xaneiro de 1516
    Predecesor Luís XII de Francia
    Sucesor Xoana III e Carlos III
    Rei de Navarra
    Blason Royaume Navarre.svg
    24 de agosto de 1512[5] - 7 de xuño de 1515
    Predecesor Xoán III e Catalina de Foix
    Sucesor Xoana I
    Gobernador do Reino de Castela
    26 de novembro de 1504 - 27 de xuño de 1506
    Predecesor Isabel I, Raíña de Castela
    Sucesor Filipe I, Rei de Castela
    Gobernador do Reino de Castela
    17 de agosto de 1507 - 23 de xaneiro de 1516
    Predecesor Cardenal Cisneros, Presidente del Consejo de Regencia
    Sucesor Cardenal Cisneros

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.