Fernando Echavarri

Fernando Echavarri Erasun, nado en Santander o 13 de agosto de 1971, é un regatista galego de orixe cántabra, campión mundial da clase tornado. Criado en Pontevedra, compite no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Antón Paz.

Fernando Echavarri
Nome completoFernando Echavarri Erasun
Nacemento13 de agosto de 1972
 Santander
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónregatista
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo

Biografía

Fillo dun médico santanderino trasladado a Pontevedra, medrou como deportista en Galicia: aos oito anos xa practicaba a vela na ría. Echavarri comezou navegando na clase infantil optimist e aos 15 anos pasa a láser, categoría que cinco anos despois (1992) é sinalada como olímpica para os vindeiros Xogos de Atlanta.

En primavera de 1993, entra por primeira vez no equipo preolímpico de España como número dous da clase láser, e proclámase subcampión estatal en 1994, 1995 e 1996. Non participa nos Xogos de Atlanta, e en 1997 forma equipo con Antón Paz na clase tornado para tentar acceder aos Xogos de Sydney, pero quedaron cualificados como equipo B e non acudiron á cita olímpica.

A primeira participación olímpica de Echavarri e Paz ten lugar en 2004, onde obteñen unha oitava praza. En 2005 proclámanse campións do mundo de tornado en La Rochelle, campións de Europa en Vastervik e de España en Palma (triunfo este que obtiveron consecutivamente dende 2000 a 2007), e dominan a maior parte das probas do circuíto euroolímpico. Por iso a ISAF os nomea mellores navegantes do ano e concédelles o Rolex-ISAF ao Regatista Mundial do Ano.

En 2006 participa Echavarri en tres tiradas da edición de 2005-06 da Volvo Ocean Race dentro da tripulación do barco español Movistar, e en clase tornado consegue, sempre canda Paz, o campionato Sudamericano e a sexta posición no mundial, celebrado nas augas arxentinas de San Isidro. Pero o máximo trofeo mundial volveu ao seu barco en 2007, neste caso nas augas portuguesas de Cascais, o que lles outorgou a clasificación directa para os Xogos de Beixín.

Principais títulos

  • Medalla Olímpica de Ouro na clase tornado nos Xogos Olímpicos de 2008
  • Campión do mundo de tiger en 2005
  • Campión do mundo de tornado en 2005 e 2007
  • Elixido, canda Antón Paz, mellor regatista do mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela
  • Sétimo clasificado, e diploma olímpico, na proba de clase tornado dos Xogos Olímpicos de Atenas
  • Campión de España na categoría tornado en todas as tempadas entre 2000 e 2007
  • Cuarto clasificado na Spa Regatta (2001) e no Campionato de Europa de Cagliari de clase tornado (2003).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Paz Blanco

Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.

Compite no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri.

Clase tornado

O tornado é un catamarán de clase olímpica con dous tripulantes.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lista de medallistas olímpicos galegos

Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de verán.

Volvo Ocean Race

A Volvo Ocean Race é unha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.

As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.

A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.

Xogos Olímpicos de 2008

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades de China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica. A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.