Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Fernando Cabeza Quiles
Nacemento1953
 Ponferrada
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPolígrafo

Traxectoria

Nado en Ponferrada, pero ligado toda a súa vida a Galicia, Cabeza Quiles diplomouse primeiramente en Maxisterio e despois licenciouse en Filoloxía Hispánica. Bergantiñán por residencia, viviu primeiro na Estrada e Ribeira, e actualmente mora en Carballo (A Coruña). Colaborador en prensa e radio, é socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Tamén pertence á Asociación Galega de Onomástica. É sobriño-bisneto de Salvador Cabeza de León.

Nos anos da década de 1980 comezou a publicar artigos monográficos escritos en castelán no suplemento cultural de La Voz de Galicia, normalmente sobre un topónimo determinado de Galicia, cunha metodoloxía en que adoitaba expor paralelos polo normal peninsulares e engadía documentación, ao tempo que fornecía unha explicación etimolóxica. Estes artigos foron recollidos posteriormente en libro en 1992. Por eses anos redactou tamén artigos para a Gran Enciclopedia Gallega.

Cabeza Quiles, paralelamente ás súas investigacións toponímicas, desde mediados da década de 1990 publicou varios libros de relatos en galego, especialmente de narrativa infantil ou xuvenil. Escribe tamén poesía e forma parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

Algúns dos seus traballos desenvolven temática etnográfica, histórico-ensaística e mesmo xacobea.

Obra en galego

Toponimia

  • Os nomes de lugar: topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Vigo. Xerais. 1992, 561 páxs ISBN 84-7507-688-2.
  • Os nomes da terra: topónimos galegos. Noia. Toxosoutos. 2000, 480 páxs ISBN 84-89129-97-5.
  • Toponimia de Galicia. Vigo. Galaxia. 2008, 703 páxs ISBN 978-84-9865-892-1.
  • A toponimia celta de Galicia. Noia. Toxosoutos. 2014, 526 páxs ISBN 978-84-942224-4-3.
  • Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. 2018. ISBN 978-84-947823-6-7.

Ensaio

Relatos

Poesía

  • AA. VV., Nós. Corcubión. Concello de Corcubión. 1997.
  • AA. VV., Rumbo ás illas. Ponteceso. Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso. 1997.

Varios

  • A toponimia de Santa Uxía, en O Imo, Revista Cultural da Barbanza. Ribeira. Asociación Cultural Vionta, 1984.
  • A pesca da balea nos mares de Bergantiños, en A Regueifa nº 4, Revista Cultural de Bergantiños. Carballo. Agrupación Cultural Lumieira, 1988.
  • As preocupacións mariñeiras no folklore popular, en Coloquio de Etnografía Marítima (Santiago, 1984). Santiago. Consellería de Pesca. 1988, páxs. 149-161.
  • A toponimia dalgunhas romarías galegas, un exemplo de etnolingüística, en As Linguas e as Identidades, Universidade de Santiago de Compostela. 1997, páxs. 291-294.
  • O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte). Asociación Neria, Vimianzo e Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso, 1997.
  • Os xalleiros na olería de Buño, en De propostas. Concello de Malpica de Bergantiños. 2000.
  • Sobre o nome da Estrada, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 4, 2001, páxs. 11-22.
  • Sobre o topónimo Brea, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 5, 2002, páxs. 123-132.
  • En torno ó topónimo Toedo, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 6, 2003, páxs. 155-161.
  • Borobó en Bergantiños, en Homenaxe a Borobó. Sada. Edicións do Castro. 2003, páxs. 111-115.
  • O topónimo Baloira, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 7, 2004, páxs. 149-153.
  • Algúns topónimos da parroquia de Guimarei, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 8, 2005, páxs. 21-29.
  • Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 9, 2006, páxs. 115-133.
  • A toponimia das parroquias de Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo, en Andando por Bergantiños 9. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006, páxs.49-56.
  • Toponimia ribadaviense, en A Fundación, Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, Boletín nº 11 (xullo-decembro), 2006.
  • Algúns topónimos das parroquias de Sabucedo, Liripio, Codeseda e Souto, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 10, 2007, páxs. 147-156.
  • Olives, un topónimo singular, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 13, 2010, páxs. 171-178.
  • As pegadas xacobeas do concello da Estrada (I), en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 14, 2011, páxs. 199-223.
  • Follas de Carballo (relatos). Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.
  • A toponimia das parroquias de Artes, Sofán e Berdillo, en Andando por Bergantiños 12. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2011, páxs. 27-32.
  • A toponimia das parroquias de Barizo, Mens e Vilanova, en Andando por Bergantiños 13. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2012, páxs. 21-30.
  • As pegadas xacobeas do concello da Estrada (e II), en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 15, 2012, páxs. 261-281.
  • Meavía, A Estrada e outros topónimos viarios e xacobeos de Tabeirós-Terra de Montes, en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 16, 2013, páxs. 107-126.
  • Contos da taberna. Ferrol, Edicións Embora, 2014.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, Alvarellos, 2017.

Obra en castelán

Ensaio

Varios

  • Los topónimos Carregal, Carracedo y Carrizal, en El Museo de Pontevedra XXXVII. Diputación Provincial de Pontevedra, CSIC. 1983, p. 423-427.
  • El caballo en las peregrinaciones a Compostela, en Galicia en Madrid, nº 3, xullo-agosto de 1992, p. 16-17.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Agualada, Coristanco

San Lourenzo da Agualada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 678 habitantes (345 mulleres e 333 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 577 habitantes, sendo 262 homes e 315 mulleres.

Desta parroquia, provén a nai de Arturo Cuadrado e máis tarde este viría a vivir aquí ao falecer seu pai.

A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés» (forma oficial), estradense (forma popular) ou estratense (forma culta).

Abadín

Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» .

Barizo, Malpica de Bergantiños

San Pedro de Barizo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Malpica de Bergantiños, na costa da Morte. Segundo o IGE en 2018 tiña 292 habitantes (147 homes e 145 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 327 habitantes. Fernando Cabeza Quiles opina que Barizo debería escribirse con v, de acordo coa orixe deste topónimo, que, segundo o devandito lingüista, alude á antiga existencia no lugar dun piñeiro varizo ou variço, isto é, dun piñeiro novo alto e delgado.

Batallón Literario da Costa da Morte

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo poético xurdido nunha cafetaría de Cee o 1 de maio de 1996 cuxo nome está inspirado no Batallón Literario de Santiago, emerxido na Universidade de Santiago de Compostela no século XIX. Considérase ao grupo literario “Arre Sentelha!” como xerme do batallón así como tamén “Blas Espín” ou o colectivo “Un medio”, desenvolvidos tamén na Costa da Morte, xa que algúns dos seus membros participaron neses grupos. Nesta primeira xuntanza reuníronse os fundadores que eran Miro Villar, Federico L. Santalla (secretario), Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.

O Batallón inclúe un amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como Alexandre Nerium, Mónica Góñez ou Concha Blanco. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo María Canosa.

É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Canido, Ferrol

Canido é un barrio con identidade de seu, situado na parte alta da cidade de Ferrol .

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Couso, Coristanco

San Miguel de Couso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2016 tiña 301 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación (139 homes e 162 mulleres), 139 menos ca en 1999. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 396 habitantes (211 mulleres e 185 homes), e segundo o IGE en 2014 tiña 336 habitantes (152 homes e 184 mulleres).

Cuns, Coristanco

San Vicenzo de Cuns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 273 habitantes, sendo 135 homes e 138 mulleres.

Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.

Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Fornas, Chantada

San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres. O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Riós

Riós (ocasionalmente O Riós) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 684 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orriolense.

Río Salgueiro

O río Salgueiro é un pequeno río do concello de Narón. O seu nacemento fórmano pequenos mananciais e regos. Como corrente de auga que nunca seca crea brañas e unha zona sempre verde, no val de Sequeiro. Na zona existen varios castros:

A súa importancia histórica viría tamén por dar nome ao concello. «Narón» sería da raíz preindoeuropea “nar-“ que significa auga, curso de auga. San Xiao de Narón por onde pasa o río Salgueiro deu nome ao concello ao ser onde se reunía o concello no século XIX, dende 1837 na Pena de Embade.

Santa Baia de Castro, Coristanco

Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 347 habitantes: 183 mulleres e 164 homes distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 354 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 292 habitantes, sendo 145 homes e 147 mulleres.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Xosé Manuel Varela

Xosé Manuel Varela Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1967, é docente de lingua e literatura galega, escritor, divulgador cultural e músico tradicional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.