Fernando Acuña Castroviejo

Fernando Acuña Castroviejo, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado o 13 de setembro de 2016[1], foi un arqueólogo galego.

Fernando Acuña Castroviejo
Nacemento1945
 Santiago de Compostela
Falecemento13 de setembro de 2016
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarqueólogo

Traxectoria

Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. foi membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

Os seus traballos céntranse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática.

Obra en galego

Ensaio

  • Arredor da arqueoloxía, 2002, Universidade de Santiago de Compostela.

Obras colectivas

Obra en castelán

Ensaio

  • Mosaicos romanos de Hispania citerior: Conventus Lucensis, 1974.

Obras colectivas

Notas

  1. Muere el catedrático de Arqueoloxía de la USC Fernando Acuña Castroviejo, nova en La Voz de Galicia o 13 de setembro de 2016. (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

13 de setembro

O 13 de setembro é o 256º día do ano do calendario gregoriano e o 257º nos anos bisestos. Quedan 109 días para finalizar o ano.

2016

2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

Adolfo de Abel Vilela

Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un profesor, historiador, publicista, gravador, pintor e político galego.

Castelo da Rocha Forte

O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.

Castros de Punta Neixón

Os coñecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos (Castro Pequeno e Castro Grande) cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade de Bronce ata época tardorromana. Atópanse na parroquia de Cespón, no concello de Boiro, nun promontorio que sobresae á ría: Punta Neixón.

Castroviejo

O topónimo castelán Castroviejo pode referirse a:

Castroviejo, concello da Rioxa;Amais, como apelido pode referirse a:

Armando Castroviejo Novajas, político e profesor rioxano (1874-1934);

Xosé María Castroviejo, escritor e xornalista galego, fillo do anterior (1909 - 1974);

Concha Castroviejo, xornalista e escritora galega, irmán do anterior e filla do primeiro (1913 - 1995);

Javier Castroviejo Bolívar, biólogo galego, fillo do de Xosé María (n. 1940);

Santiago Castroviejo Bolíbar, botánico galego, filo de Xosé María (1946 - 2009);

Fernando Acuña Castroviejo, arqueólogo galego (n. 1945).

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Fernando Acuña

Fernando Acuña pode referirse a:

Fernando Acuña Castroviejo, arqueólogo galego (1945-2016).

Fernando Acuña Rúa, sindicalista galego (n. 1954).

Finados en 2016

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2016. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2016".

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.