Fermín Bouza-Brey

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901[1] e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Fermín Bouza-Brey
Bouza Brey
Escultura de José Molares en Pontevedra
Nacemento1901
 Ponteareas
Falecemento1973
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónantropólogo e escritor
FillosFermín Bouza Álvarez
XénerosPoesía, narrativa
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1992.

Traxectoria

Era fillo de Luís Bouza Trillo (1869-1941), un polígrafo vilagarcián, que viviu de a cabalo entre os dous séculos, literato en castelán, e, menos, en galego.

Estudou Filosofía e Letras xunto con Dereito, nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, acadando o título de doutor nesta última. Logo opositou á maxistratura, exercendo como xuíz, sucesivamente, en Santiago de Compostela, Lleida, Pontevedra e Oviedo.[2]

En 1919 publicou o seu primeiro artigo, Teatro de antaño en Santiago en castelán. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e ao ano seguinte comezou a escribir pola primeira vez en galego co artigo Os estudantes ao arcebispo. Colaborou en revistas como Cristal, Resol e Nós. O Centro de Estudios Históricos forneceulle unha bolsa de estudos na Bretaña francesa.

Xuíz dende 1929, durante a guerra civil puido salvar a vida de varios veciños: sabendo que ían asasinar a certas persoas, el mandábaas arrestar e gardar na cadea para así protexelas. Por este motivo os falanxistas tentaron tiralo do medio, e desde ese momento e ata 1952, o seu labor como funcionario público viuse constantemente dificultado polo réxime de Franco e os seus inimigos. En 1937 foi denunciado, acusado de masón, galeguista e desafecto ao réxime, e foi apartado do seu posto. O seu pai, tenente de alcalde de Vilagarcía, foi multado, e o seu irmán Luís estivo preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Cortegada.Nao senlleira
Casa de F.B.B. en Cortegada.
Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro
Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro.

En 1939 foi rehabilitado como xuíz de Vielha, para pasar despois á Estrada, Lleida, Santiago, Pontevedra, Oviedo... Tentando manterse neutral no seu traballo pero sen perder os seus principios chegou ata maxistrado en 1945. Pero a presión dos seus inimigos foi crecendo (xa era un intelectual recoñecido, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, impulsor das investigacións prehistóricas) e en 1952 foi expulsado da maxistratura, as intrigas e acusacións deron resultado. En 1948 recibiu a condecoración da Gran Cruz de San Raimundo Peñafort polo seu éxito profesional (criticado e hipocritamente marxinado, presentaríanlle unha denuncia por asuntos extraprofesionais, de feito en 1992 o alcalde do PP de Cortegada rexeitaría en principio que o seu municipio fose sede dos actos de homenaxe polo día das Letras Galegas alegando que el non fixera nada polo concello, finalmente calaría ó ser chamado por Manuel Fraga).[Cómpre referencia]

Vivindo en Santiago de Compostela, na rúa do Vilar, onde abriu despacho de avogado, dirixiu exploracións arqueolóxicas, publicaba traballos de lexislatura e reuníase no café con Ramón Otero Pedrayo.

Obra

Como poeta destaca por ser o iniciador do neotrobadorismo cuxa tendencia vai ser seguida, tamén, por Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez. A súa obra Nao senlleira é a máxima representante xunto con Seitura. Ingresou na Real Academia Galega en 1941. Ademais da súa faceta literaria, Fermín Bouza-Brey foi un investigador en campos variados: folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, historia da literatura e crítica literaria etc. Pódese dicir que foi un dos máximos especialistas en Rosalía de Castro. Posuía unha vasta cultura e estaba ao tanto, como outros membros da xeración do Seminario, das publicacións máis recentes da época, tendo en conta as dificultades inherentes ao franquismo, período no que lle tocou vivir na segunda parte da súa vida. A súa extensa obra escrita - a Biblioteca Universitaria de Santiago ten catalogados máis de 440 títulos seus - foi a dun polígrafo completo que, ademais de atoparse en libros, encóntrase dispersa por innumerábeis publicacións periódicas de Galicia e doutros países. Nalgún caso foi recollida en escolmas.

Creación literaria

15 Cabalgadas en Salnés de Fermín Bouza-Brey, A Cruña, Lar, 1925
Cabalgadas en Salnés, A Cruña, Lar, 1925.

Edicións

Investigación (selección)

Biblioteca Galega 120; 6, 9, 10, 11, 15, 16, 21, 22, 23
Nao senlleira e Seitura compoñen o volume 23 da Biblioteca Galega 120.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Prehistoria e folklore da Barbanza. Ourense 1927.
  • en colaboración con Xosé Ramón Fernández-Oxea e máis Manuel Fontes Canal, A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas. Santiago. 1928.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galicia. Santiago. 1929.
  • Nomes galegos da "Digitalis pupurea L.", in rev. Nós, XIII, 95, Ourense. 1931.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, La civilización neo-eneolítica gallega. Madrid. 1931.
  • en colaboración con Afonso Rodríguez Castelao, Escudos de Rianxo. Santiago de Compostela. 1933.
  • A eirexa prerrománica dos Nogales. Santiago, Arch. Sem. Est. Gal., VI. 1933.
  • Aportación ao diccionario de artistas na Galicia nos séculos XVI ao XIX. in rev. Nós, nª 139-144. Ourense. 1935.
  • La mitología del agua en el noroeste hispánico. A Coruña. 1941.
  • La ceca suevo-visigoda de Laurencio. Madrid. 1942.
  • Vestio Alonieco, nueva deidad galaica. Madrid. 1944.
  • Identificación de cecas suevas y visigodas. Ourense. 1944.
  • Noticia del linaje de Araújo según un genealogista gallego del siglo XVIII. Lugo. 1946.
  • en colaboración con Jorge Lorenzo, La casa, el trabajo y la cantiga en Pías (Mondariz, Pontevedra), in Rev. Dial. Trad. Pop., III, Madrid. 1947.
  • Onomástica y tradición de la fresa en Galicia y Asturias, in Rev. Dial. Trad. Pop., VIII, 1952.
  • La ceca suevo-visigoda de Valencia del Sil. Salamanca. 1954.
  • La joven Rosalía en Santiago, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XXI, Santiago. 1955.
  • Los tesorillos de monedas romanas de Tremoedo y Sarandón y su significación histórica en Galicia. Zaragoza. 1955.
  • El tesoro romano de Deiro. Santiago. 1961.
  • Platería civil compostelana hasta finales del siglo XIX. Santiago. CSIC. 1962.
  • El grabador gallego Luis de al Piedra. Guimarães. 1962.
  • Los "Cantares gallegos" o Rosalía y los suyos entre 1860 y 1863, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII, 56, Santiago. 1963.
  • El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado, 1461-1655. Santiago de Compostela. CSIC. 1965.
  • El origen y descendencia de los Luaces: manuscrito del s. XVII, in Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos (XVII, fasc. III). Ourense.
Placa Bouza Brey
Un xuíz de lei, defensor da lingua e da
galeguización.

Escolmas

Parte da súa obra folclórico-etnográfica foi recollida en:

  • Etnografía e folklore de Galicia, 2 t. Vigo. Ed. Xerais de Galicia. 1982, seleccionada por seu fillo José Luís Bouza Álvarez.

Os traballos sobre Rosalía de Castro en:

En relación con Santiago de Compostela:

  • Artigos xacobeos e compostelanos. Introdución e bibliografía de Xesús Carro Otero; presentación de Manuel Fraga Iribarne. S.l., Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993.

Notas

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
  2. cfr. in Bouza-Brey, F., Etnografía e folklore de Galicia (2). Vigo. 1982, na lapela
  3. Estudo da novela Cabalgadas en Salnés (1925) no Catálogo de novela histórica galega (UDC)
  4. Iglesias, Xabier: Cabalgadas en Salnés en Os libros de Ánxel Casal, 22/9/2012.
  5. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
  6. Bouza-Brey Trillo, Fermín (1992). Estudios rosalianos (PDF). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0434-8. (2º parte)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

11 de xuño

O 11 de xuño é o 162º día do ano do calendario gregoriano e o 163º nos anos bisestos. Quedan 203 días para finalizar o ano.

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

A borracheira na cultura popular galega

A acción de emborracharse, como os termos borracheira e borracho, reciben en Galicia numerosas denominacións, descritivas ou eufemísticas. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que conseguen achispar ou causar contenteira, ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns castelanismos que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, e como tamén acontece con realidades de carácter sexual ou escatolóxico:

Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.Do mesmo xeito, son numerosísimas as formas de designar a un borracho (insistimos, nos seus diferentes graos):

Aballoado, achispado, aforador, afumado, alegre, alustrado, bébedo, bebido, borracheiro, borrachel, borrachento, borrachín, caneco, chiquiteiro, chispo, dipsómano, ebrio, embriagado, mamado, peneco, peneque, tomado.E, por outra banda, as formas de referirse á borracheira:

Asturiana, bebedeira, bebedela, borrachea, cagallón, calcada, candonga, candorga, carena, carpanta, carrada, chea, chispa, coello, cogorza, curda, ebriedade, embriaguez, filomena, gaita, galumera, jesusa, larada, lona, lorbaga, lupanda, merda, merluza, mona, pea, pedo, pelica, petenera, raposa, talanguera, talanquera, taranqueira, tallada, temulencia, toalla, tralla, tranca, trompa, trusca, turca.

Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense ou boirés.

Cespón, Boiro

San Vicenzo de Cespón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.941 habitantes (937 homes e 1.004 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.187 habitantes.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Neotrobadorismo

O neotrobadorismo é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930. debida á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa, a través da edición comentada de José Joaquim Nunes (1928), o que fixo posíbel a aparición dun novo discurso poético. Nesta nova vangarda recréanse temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, con recursos formais (paralelismo, refrán, leixaprén...) e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...). Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.

Hai dous autores significativos do neotrobadorismo:

Fermín Bouza-Brey: Nao senlleira (1933) e Seitura (1955)

Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira (1933). Cunqueiro continuará publicando poesía neotrobadoresca nos anos de posguerra: Dona do corpo delgado (1950).

O Xobre, A Pobra do Caramiñal

Santa María do Xobre ou Santa María do Maño é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.

O can na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou o can na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

O viño na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou o viño na cultura popular galega, na fraseoloxía e na literatura de tradición oral. Inclúense tamén as referencias á viña, á vendima, ó lagar, ás adegas, tabernas e taberneiras, e ó consumo -normal ou en exceso- do viño.

Os cregos na cultura popular galega

Os cregos, curas ou abades, na cultura popular galega, deron pé a abundante fraseoloxía impregnada, en boa parte dos casos, de certa retranca crítica e burlona en relación co seu comportamento sexual e a súa afección á boa mesa. En moitos casos, esa literatura popular nace dun mal disimulado anticlericalismo.

Así, Risco conta que a xente da aldea lles critica moito o seu suposto apego ó diñeiro, do que xorden comentarios como estes: "De que achegan o bico ó cáliz, xa non teñen quebradeiros de cabeza", ou que "o purgatorio fixérono os curas, para sacaren cartos con misas e responsos". Por esta causa foron un obxectivo preferente para as cuadrillas de ladróns que daban por suposto que agochaban unha fortuna nas súas casas.

Entre os mariñeiros era de mal agoiro falar a bordo de curas ou de raposas. Críase que con só mencionalos se aseguraba a falta de pesca ou mesmo un accidente; Eliseo Alonso aumenta a lista de temas vedados a cobras, zapateiros ou xastres. Asegúrase que ningún armador ou patrón levaría nunca un cura a bordo da súa barca, incluso cando non fosen a pescar .

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Paradela, A Estrada

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 189 persoas (101 mulleres e 88 homes), distribuída en 4 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 270 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Premio Fermín Bouza Brey

O Premio de Poesía Fermín Bouza Brey foi convocado en 1992 polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cortegada e Ponteareas en dúas modalidades: para alumnos de EXB e para poetas noveis. No caso dos poetas noveis o premio consistía nunha cantidade en metálico e a publicación da obra en Espiral Maior.

O Concello de Vilagarcía de Arousa convocou en solitario o Premio de poesía Centenario Fermín Bouza Brey en 2001, que gañou Emma Pedreira con Os cadernos d'amor e os velenos, instaurando a partir dese momento unha convocatoria bianual.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Ribeira, Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2013 tiña 14.823 habitantes (7.433 mulleres e 7.390 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.