Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Coordenadas: 43°28′25.80″N 8°9′45.05″O / 43.4738333, -8.1625139

Fene
Escudo de Fene
Casa do concello de Fene
Casa do Concello
Situacion Fene
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación13.013 hab. (2018)
Área26,3 km²
Densidade494,79 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloFene
Política (2019[2])
AlcaldeGumersindo Galego Feal (PPdG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: EU 1
Eleccións municipais en Fene
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes23,96%
Na rede
fenecidadan.net
alcaldia@fenecidadan.net

Historia

Da época castrexa existen varios castros: Prismos, Cardoeiro, Magalofes, Orra, Río Castro, Sartego, Barallobre e As Pías[4]. En 1941 fundouse ASTANO, unha empresa que nos seus comezos construía pequenas embarcacións, pero que rematou especializándose na construción de grandes petroleiros. Chegou a converterse nun dos maiores estaleiros da Europa. Grazas ao gran desenvolvemento acadado coa construción naval nestes estaleiros, o concello de Fene é un dos máis poboados da comarca de Ferrolterra. Porén, a reconversión naval trouxo consigo unha decadencia tanto na economía coma na poboación do concello. O estaleiro de Fene pasou posteriormente a denominarse IZAR Fene, e actualmente forma parte do grupo industrial público estatal Navantia, co nome de Navantia Fene, pero sen dedicarse xa á construción de buques.

Poboación

Censo total 2014 13.498 habitantes
Menores de 15 anos 1.492 (11.05 %)
Entre 15 e 64 anos 8.497 (62.95 %)
Maiores de 65 anos 3.509 (26 %)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE; 1857-2011
Evolución da poboación de Fene   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.388 6.540 8.110 15.097 14.485 14.165 13.780 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Goberno municipal

Dende o 6 de abril de 2018 o alcalde de Fene é Gumersindo Galego Feal, quen acadou o posto ao prosperar a moción de censura contra o anterior alcalde Juventino Trigo Rey (do BNG), impulsada polo PP e apoiada por Somos Fene e coa abstención do PSOE.[5] Anteriormente, tamén foi alcalde Iván Puentes Rivera no período 2007-2011. Antes disto, desde as primeiras eleccións municipais democráticas celebradas en 1979, o BNG fora sempre o partido máis apoiado na localidade, mantendo a Xosé María Rivera Arnoso como rexedor.

Economía

A economía de Fene está fortemente vencellada ao sector naval. A historia e evolución de Astano. A súa fundación foi un fito no crecemento do concello xunto coa inauguración da Ponte das Pías e a chegada da autoestrada AP-9 a Ferrol. O polígono industrial Vilar do Colo está entre a autoestrada AP-9 e a estrada Mugardos-As Pontes VG-1.2.

Monumentos de interese

  • Igrexa de San Salvador de Fene
  • Igrexa de San Salvador de Maniños (século XVII)
  • Casa do Concello, deseñada en 1975 polo arquitecto Alberto Campo Baeza e Premio Nacional de Arquitectura. Foi inaugurada como nova sede do Goberno Municipal a finais do ano 1981.[6]
  • Ponte medieval sobre o río Belelle
  • Monumento ao Pallaso, obra en cerámica realizada por Francisco Xosé Pérez Porto e localizada no Parque Castelao, moi preto da Casa do Concello.

Fene posúe ademais unha das máis numerosas e ricas mostras de arquitectura indiana do país, mostra que se concreta en numerosas vivendas particulares, repartidas polas súas oito parroquias, que reproducen o estilo arquitectónico da América latina de finais do s. XIX e principios do XX. Os seus primeiros propietarios, xeralmente emigrantes en Hispanoamérica, reproduciron ao seu regreso ao municipio o estilo das edificacións que coñeceran nas ex-colonias. A principal mostra de arquitectura indiana en Fene constitúea, sen dúbida, a vivenda coñecida como Casa da Maleta, unha orixinal obra de arte situada en Barallobre e rematada por unha cúpula aberta, sobre a que se levanta unha estatua do seu antigo propietario e desde a que se pode apreciar unha das melloras vistas da Ría de Ferrol.

Para poder apreciar estas edificacións, o Concello de Fene ten trazado e sinalizado un camiño, a Ruta da Arquitectura Indiana, que nos leva a través do municipio por algunhas das máis singulares.

Enclaves naturais

O predominio do urbano e o industrial no seu núcleo, non debe facernos esquecer que en Fene podemos atopar paraxes naturais de enorme beleza, nos que gozar das augas tranquilas das rías de Ferrol e Ares ou do ambiente autóctono do bosque atlántico nas fragas do Río Belelle, espazo natural que arestora está proposto como lugar de importancia comunitaria (LIC).[7]

  • Na ría de Ares temos as praias de Río Sandeo, Coído, Almieiras e Río Castro, todas elas na parroquia de Fene. Trátase de calas absolutamente naturais, afastadas dos grandes estradas e núcleos de poboación, nas que un pode tomar o sol e bañarse en contacto directo coa natureza. O mar e a area chocan cos carballos, castaños e eucaliptos que delimitan as praias.
  • Na ría de Ferrol destacan os peiraos de Maniños e Barallobre, antigos centros económicos do municipio, pois aos seus pés situábanse as industrias de salgadura e curtidorías, das que vivía o municipio ata a explosión do naval. Hoxe son tranquilas paraxes nos que fondean as embarcacións os mariscadores locais e un dos poucas mostras que quedan da costa tradicional do municipio.

En pleno centro urbano, na parroquia de San Valentín, podemos gozar dunha tranquila camiñada ás beiras da ría polo paseo marítimo, que decontado conectará co do veciño concello de Neda.

Para rematar, na parroquia de Sillobre atopamos o Monte Marraxón, a paraxe máis natural e quizais máis espectacular de Fene. Desde o cume de Coto do Rei (395 m.) a maior altitude de toda a Ría de Ferrol, apréciase unha das mellores vistas desta baía. Se o ceo está despexado, alén da propia ría, pódese divisar ao Sur a cidade da Coruña e ao Norte o Océano Atlántico no Concello de Valdoviño.

Se a ladeira Oeste do Marraxón dá á Ría de Ferrol, pola Leste discorre o Río Belelle, que serve de fronteira natural co Concello de Neda. Pola ribeira de Fene discorre un sendeiro que nos penetra nunha das reservas de bosque atlántico (fraga) mellor conservadas de Galicia. Ademais da beleza e da tranquilidade do bosque, poderemos gozar das antigas instalacións (pequena presa, canle, cámara de carga e turbinas) dunha central hidroeléctrica aínda en uso e, sobre todo, apreciaremos a espectacular Fervenza pola que cae o río pouco antes de abandonar o territorio de Fene.

Museos

  • Museo do Humor promovido en 1984 polo ilustrador ferrolán Xaquín Marín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Fene.
Estaleiro Navantia Fene

Estaleiro de Navantia

Tiempo detenido

Antigas cocheiras de autobuses de IASA

Fene, Galiza
Autopista AP9 sobre Fene, A Coruña - panoramio

Viaduto da AP-9 en Fene

Lugares de Fene

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fene vexa: Lugares de Fene.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. O boom arqueolóxico de finais do século XX na bisbarra de Ferrol: Análise comparativa. Anuario Brigantino, 2000
  5. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Sermos Galiza. 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018.
  6. Páxina do arquitecto
  7. Xunta de Galicia, eds. (20 de decembro de 2011). "A Consellería do Medio Rural dálle un pulo definitivo á conformación da Rede Natura 2000 de Galicia". Santiago de Compostela. Consultado o 7/8/2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

A Brea de Barallobre, Barallobre, Fene

A Brea de Barallobre é un lugar da parroquia de Barallobre no concello coruñés de Fene na Comarca de Ferrol. Tiña 56 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 30 homes e 26 mulleres.

A Brea de Sillobre, Sillobre, Fene

A Brea de Sillobre é un lugar da parroquia de Sillobre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 12 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 6 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 19 habitantes.

Apeadoiro de Barallobre

Barallobre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Barallobre, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Perlío

Perlío é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Perlío, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

As Bardallas, Sillobre, Fene

As Bardallas é un lugar da parroquia de Sillobre no concello coruñés de Fene, na comarca de Ferrol. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística .

Barallobre, Fene

Santiago de Barallobre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.836 habitantes (964 mulleres e 872 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.045 habitantes.

Belelle, Sillobre, Fene

Belelle é un lugar da parroquia de Sillobre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 34 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 18 homes e 16 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 2000 cando contaba cos mesmos habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Fene, Fene

San Salvador de Fene é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.743 habitantes (1.964 mulleres e 1.779 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.483 habitantes.

Limodre, Fene

Santa Eulalia de Limodre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 468 habitantes (242 mulleres e 226 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes.

Entre 1999 e 2017, na súa pista polideportiva e no parque A Hortiña, celebrouse un festival de música pop chamado Felipop. Limodre tamén ten 4 praias chamadas Río Sandeo, Coido, Almieiras e Río Castro.

Lugares de Fene

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Fene

Magalofes, Fene

San Xurxo de Magalofes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 353 habitantes (160 homes e 193 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 413 habitantes.

Maniños, Fene

San Salvador de Maniños é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo IGE en 2013 tiña 1.451 habitantes (758 mulleres e 693 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.723 habitantes.

O Penedo de Baixo, Barallobre, Fene

O Penedo de Baixo é un lugar da parroquia de Barallobre no concello coruñés de Fene na Comarca de Ferrol. Tiña 18 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales 7 eran homes e 11 mulleres.

Perlío, Fene

Santo Estevo de Perlío é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.507 habitantes (1.837 mulleres e 1.670 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.655 habitantes.

San Valentín, Fene

San Valentín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.407 habitantes (717 mulleres e 690 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.766 habitantes.

San Valentín deu nome á promoción de vivendas: Cooperativa San Valentín de vivendas. Na Chousa de Perlío, propiedade de Astano, cunha superficie de 64.000 m². Do desmonte desta zona saíu material para as ampliacións de Astano. A primeira fase foron 384 vivendas, rematadas en setembro de 1970. Outras 240 vivendas da II Fase inícianse en 1972.

Sillobre, Fene

Santa Mariña de Sillobre é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.098 habitantes (564 mulleres e 534 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.286 habitantes.

Taboado, Sillobre, Fene

Taboado é un lugar da parroquia de Sillobre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 75 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 31 homes e 44 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 83 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.